(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LER TEATRO (II)
As acotacións
Tamén chamadas didascalias.

Tamén chamadas "o dos parénteses"

Neste texto, se cadra, segundo din persoas que o leron e non o queren comentar aqui, hai moitas acotacións escénicas.

É certo, eu dirixo, e eu tentei facer un texto coa idea de poñerse en escea.


Gloriosas as didascalias de Valle Inclán. Excesivas se cadra as de Eugene O`Neill, investigando máis ben o pensamento ou subtexto do personaxe. Nulas en Xéspir, porque eran para facer notar cando entraba simplemente o actor (non deixaban actuar a actrices daquela!) a escea.


¿Son innecesarias as acotacións? ¿Son só para marcar o "tráfico escénico", ou para ilustrar o que non se deu ilustrado co texto?

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2008 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Aportacións, opinións...
1 "¿Son innecesarias as acotacións?"

: ... hai autores que non as usan, e que nin dividen o texto en diálogos, como Heiner Muller por exemplo. Pero en xeral son un recurso útil. Hai que diferenciar ó autor do director, especialmente cando son a mesma persoa. Sei por experiencia que non é doado, pero si que é importante disciplinarse e facer a diferencia.

A dramaturxia (o traballo creativo do director), é, como se dixeramos, traducir as palabras, a historia, a seres vivos de carne e sentimentos, os actores#blgtk08#. A un espacio imaxinado pra contar, mellor dito, pra dar vida ás palabras. A un pentagrama, no que os alegros, os andantes, os adaxios, os molto vivache, etc. formen parte da posta en escena. Pentagrama interpretativo, que non banda sonora, entendámonos.

¿Como facer, no caso de coincidir autoría e escrita? Lendo o texto como se non fose teu.
Intenta ler o texto limpo de acotacións. E en todo caso, deixa as indicacións de iluminación e outras pro caderno de dramaturxia, que ven a posteriori do texto.
Comentario deitado por vicente montoto (11-06-2008 16:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal