(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III 24 hrs de teatro na Casa de Ourense
A xente de teatro relacionados coa Casa da xuventude de Ourense (que é a "Factory" Cultural máis importante do interior) están hoxe 29 de marzo 08 a argallar por 3º ano consecutivo as
24 hrs de teatro.

Empezamos ás 9,30 de onte venres 28, con esceas (Ale e Rebeca, con texto de Luis), música acústica (Marea Negra) e étnica (Pedro), maxia de cerca (Mago Pei), malabares de luz negra (Olmo e Celso), e o Match de Improvisación (Catro Equipos, pero Fer, Luis, Rosa e Elva (equipo dos corazóns, --leivmotiv: Xogos de cartas--) gañador+s na votación do público!)

O Tema co cal 6 persoas (Luis e Alejandra, Iago, Manuel e Fer, e Juanjo) pasaron a noite a escribir esceas a partir da frase que saíu dunha das tarxetas ao azar escritas polo público foi:
"En Londres, no séc. XVII interpretando a Shakespeare"

Hoxe ás 8 representamos esas esceas que estamos XA ensaiando.

En Londres, hoxe, Kevin Spacey dirixe un grupo, entre os cales están 20 asturianos, facendo tamén --ás oficiais-- 24 hours plays.

Non hai color, claro (Si talento a eito).
E aqui a xente está pasándoo como na vida.
Por 3º ano consecutivo.


(En que se diferencia, ao sentir do público, un espectáculo ferozmente improvisado e producido, dunha gran producción de meses do teatro profesional que pasa por provincias?)
Comentarios (4) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 29-03-2008 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Aportacións, opinións...
1 Que sorte tedes, dis#blgtk08#frutádeo. Biquiños.
Comentario deitado por Iria (31-03-2008 23:50)
2 Ai muller, vese que ti tamén andas ben ocupada en temas creativos...
TEño gañas de vervos a película.
Noraboa tamén, Iria.

Invitámoste a participar o ano que vén, a ti e a toda a xente de esa c#blgtk08#omarca tan teatreira, da que o teu mestre Artur é tan bó exemplo.
Participar participou xente de tódalas idades, dende 11-12 anos ata 60 e pico.

Coma unha familia!

Bicos a ti e aos teus
Comentario deitado por jj (01-04-2008 14:08)
3 Ai muller, vese que ti tamén andas ben ocupada en temas creativos...
TEño gañas de vervos a película.
Noraboa tamén, Iria.

Invitámoste a participar o ano que vén, a ti e a toda a xente de esa c#blgtk08#omarca tan teatreira, da que o teu mestre Artur é tan bó exemplo.
Participar participou xente de tódalas idades, dende 11-12 anos ata 60 e pico.

Coma unha familia!

Bicos a ti e aos teus
Comentario deitado por jj (01-04-2008 16:41)
4 Non me importaría na#blgtk08#da. Je je. Biquiños.
Comentario deitado por Iria (01-04-2008 17:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal