(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

sábado CUAC II (respostas ou o amperio contra Paca)
O traballo de Onda Merlin Comunitaria en Villlaverde presenta unha autopresentación de dificultades superadas polas propias usuarias máis novas e unha serie de indicadores do éxito divididos en 3 ou 4 bloques de traballo: Plantexar retos asumibles e tanxibles; ser conscientes da necesaria mellora continua (ou infinita) do proceso (persoal e técnico) e da persoa que educa ou coordina, e non perder de vista a experiencia lúdica e emocionante (tipo “Lab”) sobre todo na iniciación.
Experiencias en colexios públicos e privados nos catro puntos cardinais (www.escolanasondas.com do Baixo Minho todo, proxecto NEO de Burela ou o de Fume de Carozo das Calasancias, Agareso ata en Viana do Bolo) ou dende universidades (UDC, Málaga, UNED), plantexan respostas aos retos como os da continuidade, a renovación e a sostibilidade económica e asociativa. Fanse precisas as análises dende a universidade nos que aunar principios reitores das actividades, como a unión de múltiples lugares de praxes exitosas para que se poidan analizar máis aló da casuística puntual, e ese sería un gran aval dende a ciencia da comunicación.
A experta de Teleeduca.org Carme Mayugo da tamén chaves para traballar en espazos de aprendizaxe colectivos non institucionais (nas que se rachan as paredes dos Centros) sobre comunicación social, partindo das necesidades sociais e educativas do grupo local, pasando por unha mediación artística na que a máquina é un actor máis e a creatividade e o relato son o locus común, sen temor ao narrow-casting ou os nonomedios pois o obxetivo é chegar á visibilidade auténtica que da tanto a autorepresentación coma a expresión de cara outras.
O ter en conta as necesidades socioafectivas tanto coma as sociopolíticas é un achádego imprescindible xa en traballos académicos coma os que parten en Onda Moratalaz.
En resumo, que aprender a ferramenta é o resultado e motivo de convivir co propio medio (radio, tele, tecnoloxías web, APIs,), pero convivir cun nosoutros cada vez máis amplo e menos mediatizado é unha das garantías de ter o obxetivo cumprido.
E tamén lembrar ser conscientes que nunha sociedade programable e cibervixilada (ver plugin de Firefox: trakula), contra o argumento Nothing to hide solo vale a teimudez do pato por terra, mar e aire.



Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 28-11-2022 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0