(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un resumo nun CUAC
Resumo I Congreso na UDC Cuac Fm, AlfabMedia, coordinado por Isabel
SABADO 26 de novembro de 2022.
Aparte da miña experiencia de presentar un avance da miña tese sobre os teleclubs, ante a presentación de iniciativas tan interesantes dende distintos puntos de Galicia, España e Europa, de ONGDs, Asociacións, Centros de Ensino ou Universidades solo se pode facer un breve resumo, apenas enfiado.
En exposición de experiencias de ONGS coma as de Arquitectura sen Fronteiras, comunicadores como Agareso, programa Familias de ACCEM, inclusión "por defecto" www.creemoseducacioninclusiva.com, etc. a pregunta xurde sen remisión:
¿Por que non se coñece máis todo este traballo, e como facelo chegar, xa que falamos de Medios de Comuniación? Algunhas das respostas dos propios ponentes dan no cravo:
1º- (AsF) As ONGs e Movementos non son profesionais de certas áreas de xestión, mercadotecnia ou comunicación audiovisual, e vense eivados e necesitados de apoio técnico externo ou formación.
2º- Moitas das propostas de profesionais non son aceptables en termos de estratexia ou principios, pois moitas das ONG sitúanse en contra de sistemas economicistas, sesgos ideolóxicos ou unha presencia impersonal no mundo.
3º– (Agareso) As ONG cústalles reducir ou simplificar as mensaxes, e son tendentes a cuestionar aspectos complexos e pouco abordados pola sociedade, que precisan máis que 50 minutos de programa (vale para o medio e tamén para a clase da escola).
4º – (ACCEM) Ás ONG e outras entidades cústalles ceder ou compartir as ferramentas ou contidos.
5º -Pode ser que os microproxectos para microaudiencias, sexan abondas, ben porque son proxectos para persoas que poden influir noutras moitas, ou porque atenden xusto a quen precisa dese proxecto.
6º- A fase de sensibilización unha vez conseguida a toma de conciencia dun problema, enfróntase á fase complexa de construir iniciativas, e para iso precísanse de referentes ou experiencias exitosas, e por eso voltamos a precisar da resposta á pregunta:
¿Por que non se coñece máis todo este traballo, e como facelo chegar? A resposta pode ser o traballo nos Medios Comunitarios, porque son as experiencias exitosas presentadas que falan diso.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 28-11-2022 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0