Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela . Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.
a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO
Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.
A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción
Enviade ideas e opinións a@gmail.com,
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O teatro é imprescindible no Entroido, e haai que recuperalo |
|
Este ano, despois da volta que dimos polos entroidos, buscando aqueles que tiñan Esceas Teatrais e elementos escénicos xa constatamos que están repartidos por todo o País.
Van acompañando ás Mascaras propias de cada lugar, representando un papel definido, interiorizado. Outro día falaremos das Máscaras ou Criaturas, que capitalizan o Entroido. Hoxe vemos teatro...
-Coa Pita das Eiroás de Ourense
-Coas Bonitas de Sande de Cartelle (Ourense)
-Coas máscaras, farandulos e vexigueiros de Samede de Paderne (COruña)
-Cos Puchos, volantes e Peliqueiros de SAntiago de Arriba na Ribeira de Chantada, onde lle chaman "oficios".
-E por suposto cos sermóns, prédicas e testamentos e vellos e comparsas varios por toda a xeografía, sexa Manzaneda (Ourense), Val de Francos de CAstro de REi (Lugo,) Cobres- Vilaboa (Pontevedra), xenerais do Ulla (Pontevedra e Coruña)ou as Comparsas que se queren recuperar o ano que vén en Viana do Bolo.
´Sendo como é o berce e xermolo do teatro, non deberamos esquecer as xentes da farándula galega ao Entroido, non solo porque foi nome do primeiro grupo profesional galego no século XX: Teatro Do Antroido de Vidal Bolaño
Irmanemos ao pai e ao fillo/a
 |
|
|
|
1 Aportacións, opinións... |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|