(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tra-adicional
Recorrer o camiño da música tradicional é coma voltar polo río arriba dende unha praia dun mar en calma.
O interesante non é só rabear polo picor do sal, do sol, da areisca.

O mellor son os comos e os porqués.

Facer unha frauta cunha palla de centeo, cun talo de cabaza, ou facer un rabel en forma de cabaza, ou tocar como tambor un cubo de pintura acompañando unha gaita de 2 ronquetas.

Falamos da recuperación das sensacións puras, do contacto material co espiritual.

Mover as mans para construir música, mover o espíritu cantando emocións doutra época. Bailar sen vergonza nas verbenas

Sonoridades sublimadas, destiladas, cocidas a lume lento.


Toda época tén un pasado e un bó futuro.
Todo lugar un arredor inmenso.



E ningunha planta ben aproveita para froito se non é enxertada
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 26-07-2011 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Aportacións, opinións...
1 Pues muy buenos los consejos que nos habeis dejado por aqui, la verdad q#blgtk08#ue se nota que sabeis de lo que hablais y como enseñarnoslo a nosotros.
Comentario deitado por Mascotas (30-08-2011 15:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal