(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cine independente galego (I)
O primeiro as miñas desculpas. Non vou de listo.
Seguimos con cineastas independentes: ¿como relacionar Jim Jarmush con Galicia?

O cine galego ándase buscando. Non tén identidade. Por eso hai xente á que se lle asocia con coñecidos cineastas.

Plantexemos un caso práctico (e real):
Temos dous cineastas galegos (que vostedes terán que buscar, porque non vou dar nomes, polo de agora). Aos dous asóciaselles con Jim Jarmush.

-Un deles quere ser a próxima xeración do cine galego. Ao outro dalle absolutamente igual.
-Un deles fará pelis ( e outras obras artisticas)durante varias xeracións. En tódolos formatos posibles. O outro depende.
-A un deles déronlle varios centos de miles de euros para facer unha peli. O outro búscase bastante a vida.
-A un deles non lle gostan os saraos, compadreos, capeliñas, e vai ao seu.
-A un deles déronlle moitos premios.
-A un deles dinlle que é moi radical e independiente nas súas propostas.


¿Que cren vostedes que acontecerá? (co cine galego, e con estas dúas persoas)


Comentarios (3) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-02-2009 02:00
# Ligazón permanente a este artigo
GUSTOS E DISGUSTOS
Nestas épocas de reflexión-acción e reconciliación co teatro, doume conta:

Gústame poñerme na última fila
Gústame ver ao público todo, coas caras iluminadas nas primeiras filas
Non me gusta poñerme en 1ª fila
Adoito chegar tarde sempre
Adoito alongarme nos espectáculos
Góstame quedar a charlar das impresións en fresco da obra, na entrada, mirar as caras da xente que sae
Non me gosta afogar +s artistas cando saen
Gosto moito de falar dos procesos de creación
Prefiro a sesión de autocrítica ao rematar, en fresco, coa xente que estivemos ali riba
Non me gustan as maquillaxes
Sorpréndenme as maquillaxes, ocúltanme a cara d+ act+riz
Gosto de actuar coa miña propia roupa de diario
Encantariame saber coser un vestiario
Debezo por mellorar a obra en cada función
Adoro ter a sensación de que o texto é inmellorable
Gústame ensaiar tanto coma actuar
Gústame ver as obras a medio rematar
Encántanme os dobles finales



E a vos?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-02-2009 02:50
# Ligazón permanente a este artigo
OPENING NIGHT, a peli sobre o teatro
Chula, desacougante, e emocionalmente saturante (para min, nestes intres).

Opening Night (Día de Estrea), escrita, dirixida e interpretada mesmo por John Cassavetes, e a súa propia muller Gena Rowlands...



Para os que somos afeccionados ao teatro, eso de que nos amosen a parte persoal e crúa das personiñas que argallan unha función, tentando vivir do asunto...

A escritora esixindo que se respete o texto
Os actores-ices querendo quitarse as pantasmas persoais
O director tentando seducir máis alá do profesional á actriz.
O público que non se decata dos erros, os desastres hecatómbicos da peza, e rí ou desfruta dalgo estrambótico mirando o que se ensaiou de verdade
As actrices-ores, que tentan aportar a súa mesmísima vida á escea, e ás veces, simplemente contándoa no proscenio
A mentira do decorado, o atrezzista despistado, o champán e as flores preparadas
As actrices exprimidas pola súa beleza e ninguneadas pola súa sensibilidade
As ducias de días que a un minuto de empezar estase a un tris de suspender a función por unha catástrofe do máis sinxela

As miserias dunha profesión que depende de tantas cousas imprevisible, evitable e descaradamente humanas...


-----------------------------------
Quen queira rir, en vez de apretar o estómago, que vexa "Que ruina de función",de outro mítico "Independente": Peter Bogdanovich
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 04-02-2009 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
ESPAZO TEATRAL PARA O CINE

A Caixa dos Aforros está facendo (co seu porcentaxe por lei de obrigado emprego en fins sociais e culturais)
un ciclo de Espazos Teatrais no Cine.

o curioso é o de poder reservar por sms

Calquera delas é ben chula

Hoxe mesmo "botan" unha peli do mítico John Cassavetes
"Opening Nights" na sede da Caixa en Santiago.


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 03-02-2009 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
O CINE TAMEN SE APRENDE

No concello de Vedra, perto de SAntiago

a asociacion VEREA está a promover Obradoiros de introducción ao audiovisual.

Ainda hai prazas libres hoxe.

-Interpretar, editar o video, facer o guión, facer curtametraxes...
Escolle o teu.

Eu creo que o que me falta por iniciarme (digo partir de "0 pataqueiro". Nos outros estou no Libro II coma quen di) é na Iluminación.

E hai cousas que se aprenden dunhas e as aplicas noutras. A luz é a luz, non?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 31-01-2009 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
RAMON OTERO PEDRAYO tamén tiña teatro
Estiven este sábado na Casa Museo de Otero Pedraio.
E á parte de apreciar a inmensidade das vistas e entorno do lugar, con frontal ao Castro de San Cibrán de Las,(o máis grande do mundo se cadra)

O mellor por suposto foi a cálida e amable acollida da persoa que alí recibe, e de quen me levou, coñecedora dos entresixos da Vida de Don Ramón.

Un gusto ir ao miolo da cultura galega.

Agora falta que retomemos aos clásicos, e deixarnos de literatura barateira de hoxe para mañá.

A min gústame o Desengano do Prioiro, anque neste mesmo patio de abaixo o Centro Drmático Galego representou A Lagarada, como me explicou Susana

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 21-01-2009 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO AMATEUR, AMADOR ou AFECCIONADO


-din por aí que o teatro amador é a semente do teatro, e namáis.

O de teatro Amateur dáballe un toque máis de cultismo afrancesado e de élite.

E o de afeccionado dalle o que para moitos é: Unha afección, unha doenza incurable, irreversible, crónica e simbiótica.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-12-2008 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
DESAPARECE O GALEGO?
Como as abellas, que din que desaparecen por un virus.

Manuel Rivas tamén di que o galego é algo exótico


¿É certo que se fai teatro en galego "porque hai que facelo, e é así", e logo falamos castelán habitualmente, evidenciando que o galego é unha lingua coma o latín, de ritual, de "boquilla" pero non vivenciada?

¿En que fase estamos do teatro galego?
Comentarios (2) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 27-11-2008 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
POBREZA
HOxe é o día dos Blogs Contra a Pobreza.
Queda guai.

Podedes ver neste video de dous tremendos actores ingleses que é o que é a Crise Económica do 08

Logo a Pobreza é a loita que facemos no 1º Mundo para que o 3º Mundo siga como está

¿?ou é ao revés?

Ui, mentres non me pique a min no peto...
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-10-2008 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS XUNTARNOS CON OUTR+S
Resulta que hai un tempo, uns amig+s do Centro Xeométrico do País, ou sexa, tirando entre Melide e Agolada, que constrúen cos seus blogs tan chulos unha cultura de País máis completa se cabe...

Convocaron reunión ou concilio, unha XUNTANZA DE BLOGUEIR+S.

Os Amigos dos Pendellos (que son quen está tentando recuperar os Pendellos da Agolada, unhas estructura de feira histórica) van facer o anfitrionádego, e imos coñecer tamén o marabilloso Sobreiral do Arnego.

Por amizade, por curiosidade, por interese, e por que non, alí me vou, a coñecer compas.

Xa vos contarei
(mirade no Blog da Xuntanza, e as derivacións, comentarios, fotos e achuchós)

---------------------------------------------
E XA ESTOU RUMIANDO A RESPOSTA AOS COMENTARIOS DE "R" sobre a Triloxía das Miniaturas, que están na anterior entrada
Comentarios (11) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 30-05-2008 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal