(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pereiro o poeta
foto de Pastor Outeiralnomear a Lois Pereiro como homenaxeado nas Letras galegas é desruralizar de vez ao galego.
-A xeración perdida dos 80 en Monforte
-como se di No Future en galego?

ese verso da canción (será este ano?)"...yo viajaba en ambulancias... la sangre se espesa en las venas como la melaza... y el sol es tan gris, tan tremendo, como amenaza"

SAüdo, aos grandes supervivintes


XA temos o a historia, as cancións... só falta que morra certa xente importante... e impertinente

A foto da dereita é de Pastor Outeiral
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-08-2010 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
torres, nadal, rossi...
¿Terán algo que ver
Torres
Nadal
Rossi

e Teo



Se dixésemos que si, falaríamos dunha certa mafia, que fai que
-a un parapléxico non se lle permita por 300 euros
-o que a un deportista de élite se lle permite por 60.000.

Unha revolución dos límites da medicina, estase a forxar en Santiago de Compostela.


Pero vós non o v€r€d€$
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-07-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
sen máis, con máis, ou memos
Voltar é unha constante, unha vergonza, unha carraxe, un esluimento, unha prótese, unha victoria, un arredemo, unha escea central dunha película, un esbirro no medio dunha curva, un soño vespertino nun incendio, un caldeiro de auga no inverno

Rectificar é de sabi+s, pero recoller un intento
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 13-07-2010 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
Que guapo e que diferencia
A verdade é que é a noticia guapa do mes.

Un cineasta que se recoñece como galego é universal. Oliver Laxe.

Que diferencia, tratando ao desfavorecido.

Que bon, que o recoñezamos como propio da nosa tribu.

E o queda por saír este ano, non é?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 23-05-2010 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Begoña Muñoz, GRACIÑAS por ser
Recentemente foise, e por moito tempo estará.

O texto que inspira este Blog, é deudor, entre moitas cousas, da paixón desta profesora, muller, e ser pensante e sentinte, máxico, e

IMPRESCINDIBLE

Era desas profesoras de instituto que che deixa libros ou DVDs para levar á casa.

Era desas persoas que che transmitía paixón pola lingua, pola loita da muller, pola educación, pola mellora persoal.

E dígoo sen ser nunca alumno, e tan só cruzar palabras en contadas ocasións con ela.

COMO PODE SER

Adaptadora teatral para Sarabela TEatro, e gañadora coa adaptación de A Esmorga

Se cadra un ser de pensar libre, un ser de vida xenerosa, nai de moitos máis ca os seus fillos co seu compañeiro.


UNHA MULLER

Bicos
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 22-04-2010 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Argumentar o
En inglés to argue
: dar argumentos, non só discutir.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 06-02-2010 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Benito Losada, un dos grandírmos
Estaba eu reflexionando en traballos de Servizos Culturais, e
en chegando a Referentes básicos na miña vida, referentes persoais, culturais, sociais, profesionais.
Saía como caldo de todas esas sopas
un tal Benito Losada, que a xente da cultura de Ourense da por obvio, como moita xente asocia o viño ao Ribeiro, ou a catedral á zona de marcha. Na Cultura é o referente.


Esta na Voz é a declaración pública máis subida que lle escoitei, porque o asunto é facer, facer de p.m. e non andar con máis historias. Non é típica del, e só resume unhas poucas cousas das que tén levado ao cabo.
Unha discreción propia dun secretario xeral.

Unha persoa afable, xenerosa, desas persoas do servizo público que fan e fan para que outras persoas fagan máis, a ver se se pode.
Retranqueiro, activista, amigo de todos e dos amigos, creador de modelos de xestión cultural, e restándose toda a importancia, e aceptando os seus defectos ou limitacións como ventaxas para que outra persoa os poida cubrir.

Unha caterva de mocetes e mocetas fixemos alí a mili cultural, coma paxaros, medramos naquel xardín.

¿Quen da máis?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-01-2010 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Cine na casa propia
Cando o mellor do cine en DVD son os comentarios que se fan sobre a película, eses nos que dirección, ou alguén comenta as anécdotas do acontecido, non se sabe cal é o contido real da experiencia.

Para que se fai o esforzo de facer a película? ¿Porque hai que contala, porque hai que comer, porque é unha das mellores experiencias vivibles (a de inventarse a realidade), ou porque

Ao mellor pasáballe o mesmo a Velázquez.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 29-12-2009 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os xornalistas non van ao interior
tén razón Jaureguizar: Se o festival de Jazz de Lugo fose en Santiago, ocuparía unha chea de portadas


Teño escoitado de varias persoas que se adican ao Xornalismo en Santiago de Capitalostela,

que á xente cústalle facer kilómetros para o interior

Lugo está lonxísimos, moito máis ca NOva Iorque

Porque se queres ver dunha sentada , e gratis
a Kenny BArron, ,Chris Kase, Kurt Elling con Jesse Davis, ou Roy Hargrove ETC ETC

ou te vas a América,



ou rabeas


-Coruña Lugo: 1 hora
-Ourense Lugo: 1 hora e 10
-Santiago Lugo: 1 hora e 15
-Ponferrada Lugo: 1 hora e 12

Se estivesemos en Madrid non nos importaría ir a Alcalá de Henares, a hora e tal, para pagar 50 euros para ver a un de calquera deses

Pailáns de cidade


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 13-11-2009 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
EN BIC IANDO
Estes días estase a crear unha Asociacion pola Mobilidade en Ourense.

Estou pensando en publicitar a miña experiencia de Mobilidade, iniciada en este outono demasiado benigno.

Chamaríase: desintoxicación de coche en Lugo. Superar a dependencia.


Andando, buseando, e cicleando, vaise a moitos sitios. E téñense un carro de experiencias, desas pequenograndochas.

andándo




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-11-2009 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua é economía
Os nosos pais e nais, nais de Neofalantes como somos, non quixeron falarnos en Galego. E aceptan con resignación que falemos con el+s na lingua que teñen como propia.

Agora, claro, queren que falemos en Inglés

Era para que nos fosen mellor as cousas na vida.




Marcelino Fdez Mallo é economista, e escribe ben delo, pero fala ben tamén da lingua e cultura. Para a xente de fora

Traduce as cousas para entender mellor, non só o evidente.

E logo vai máis aló, e recolle no seu blog ideas como que se incentiva o consumo interno cando expós os productos en galego, ou que a xente de fora merca mellor unha Ola en galego que una olla de barro en castellano

Anque hai outro tipo de economías máis baratas

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 26-10-2009 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
REDEFUNIR
-voltar a unir
-voltar a definir
-recargar
-ir, ou sexa fun, e cain na rede

reciclarte

Coma Fuxan os Ventos
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 11-10-2009 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
ata que o destino nos atope


Mira o video aqui:

Un xudeo actor e personaxe, nunha Terra apocalíptica e postnuclear, anda en bicicleta para producir enerxía.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 30-08-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
ANDAR ELECTRIZAD+ ou ALUAD+
Nestes días de conmemoración da chegada televisada de 3 humanos á Lúa
que mellor que ler "Viaxe á Lúa" de Cyrano de Bergerac. Unha alfaia, do XVII, pero con imaxinación do XXI. Alí xa se fala do mp3 e o móbil.


Estou metendolle man á adaptación da historia de Cyrano, pero dende a perspectiva de muller.

Así, a ver se a fin do verán damos a publicitar a Bioloxía das Grandezas :) con :
1.-"A doma da donicela", de W. Shakespeare (que xa están feitas as 2 versións),
2.-E esta preciosa historia (que non acadarei en verso, senon en prosa parafraseada)
-"Cyrana de Bergerac", de E. Rostand (e un servidor).

Xa falaremos.

Pero mentras, andivemos a presentar o Bici Espectáculo para este xoves 30.
Un espectáculo de Luz e Son, xerando electricidade con bicicletas, en Ourense.


Estando tan fora de órbita coma Cyrano, é normal facer toladas, e facer o mundo ao revés.
Comentarios (2) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 29-07-2009 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
ONCE só é unha vez, non once
Proxectos chulos coma os de ONCE (léxase "uanss").

Eses proxectos que lle apetecería facer a un coma min.

Resulta que o rapaz-director foi músico, e tocaba nunha banda cun tal Glen.
Pásase ao cine, pero decide facer unha peli con música. E fan entre os dous colegas 10 ou 12 cancións. E constrúen unha peli dun músico de rúa, que arranxa aspiradoras, e que se pasa a hora e media da peli cantando cancións con máis fibra ca un bañador moderno, e coñece a unha moza checa que toca o piano e se lle mete na vida.

E non lle importan os planos trementes, nin aguantalos para ver como miran os personaxes. E van pasando as cousas, e os persoaxes son interesantes porque viven unha vida con emocións reais, e complexas. E parece que contan a historia dun fulano que ves pola rúa calquera día na túa cidade preferida.

E a vida segue, e as emocións son case sempre dúbidas, e nunca certezas, e non é emotional ter unha vida sen motion (ou mouxion picxure)
.


Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 18-07-2009 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal