(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OURENSE xoven quédase CURTA, si
De súpeto, dentro da multiactividade do Maio Xove da Casa da Xuventude, Ourense énchese de cultura varia, xuvenil e adulta.

Podes descargar o programa


Naquela altura, o 21 de maio preséntanse varias curtametraxes realizadas por realizador+s ourensáns.

Tamen este venres 8, unhas poucas desas curtas se presentan no entorno do Programa da Intercultural, na Universidade.

Unha boa maneira de ver o que hai. E o que resta por facer. ¿Será repetirse? Haberá que velo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
A FORTALEZA DAS PERSONAXES
Onte mesmo recibo apreciacions moi interesantes sobre a peza.

Se nun principio esta claro que a protagonista e unha muller, parece que non cumpre cos "estereotipos de protagonista"

Se cadra o estereotipo de "protagonista" cadra moito co "Ser Masculino": explorar, buscar obxetivos lonxe de si, ser teimudos ata acadalos a si, e loitar contra todo o mundo, morrendo e matando se fose preciso.


En todo caso, na Teoría de Personaxes dise que as personaxes deberían de ter
=Un obxetivo claro a conseguir
=Unha evolución ao longo dos sucesos
=Un conflicto cun/ha antagonista

¿Enton?


¿Está definido o personaxe da Muller nosa obra como: demasiado pasivo. Acontecenlle cousas, que acepta con valentía, pero con demasiada resignación?
¿Non consegue ser heroica?
¿Deberia ter outros empeños?

¿que muller se identificaria con alguen así?
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2008 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
REVISAR O TEXTO DAS MINIATURAS
Xa andan os paxaros dicindo que temos que "darlle unha volta ao teu texto".

Pero por favor, especificade algo máis.


¿Perfílanse ben os personaxes?

¿Afrouxa especialmente descarado nalgunha das partes?

¿É máis ben na posible posta en escea?

¿Hai frases moi obvias? ¿Ou moi escuras? ¿Ou chorras?



Estou á vosa disposición.



Tamén me din "hai bos xogos", "vexo meterlle música"...

¿Por que non o contades por extenso aqui, nos Comentarios
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2008 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
LER TEATRO (II)
As acotacións
Tamén chamadas didascalias.

Tamén chamadas "o dos parénteses"

Neste texto, se cadra, segundo din persoas que o leron e non o queren comentar aqui, hai moitas acotacións escénicas.

É certo, eu dirixo, e eu tentei facer un texto coa idea de poñerse en escea.


Gloriosas as didascalias de Valle Inclán. Excesivas se cadra as de Eugene O`Neill, investigando máis ben o pensamento ou subtexto do personaxe. Nulas en Xéspir, porque eran para facer notar cando entraba simplemente o actor (non deixaban actuar a actrices daquela!) a escea.


¿Son innecesarias as acotacións? ¿Son só para marcar o "tráfico escénico", ou para ilustrar o que non se deu ilustrado co texto?

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2008 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS UNHA APORTACION AO PROXECTO MINIATURAS
Acábame de chegar unha aportación dun deseñador gráfico chamado

Rober Araújo

.

Unha imaxe para o enlace na web da REGUEIFA.NET, e para a propia portada do texto.

Gústame a idea de encabezar o proxecto co interrogante, os 3 puntos suspensos, o misterio de que será, de continuará, de vaia vostede saber, de ...


Efectivamente. Un texto cunha portada pode gañar en interese. Un enlace dunha web tamén.

Pero ¿non diciamos que un texto é un texto?

Deste xeito imos/ides ir vendo o proceso de EDICION. Escolla de texto, mellora do texto, mellora da presentación, da difusión...


Ainda falta que a xente que non fala (...), a que está en silencio intermitente, dubitativo, stand by... fale

Non creo que ninguén nos escandalicemos a estas alturas da peli...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2008 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
LER TEATRO (I)
A xente normalmente non le teatro...

Porque o teatro vaise a ver, a sentir, a escoitar.
Pero ao lelo hai quen non se fai unha idea.

¿E se é teatro como o de Xespir, que é poesía pura?

Gordon Craig dicía que Shakespeare non podía ser teatro (e produciu algúns dos Xespir históricos), porque era demasiado bo simplemente léndoo.

LER TEATRO é participar da representación, igual que ler novela é algo coma montarse a película.

Só que lese a ringleiras, non só en párrafos. E lese case dunha sentada, porque non hai letra.

A Triloxía das Miniaturas, que nos reúne aqui, tén só case 40 páxinas.

Pero ¿lemos teatro mellor os que diriximos ou montamos teatro?

Se cadra o texto teatral require doutras habilidades á parte da mera interpretación textual

¿que dicides?
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2008 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
E MINIATURAS (III)
Hoxe ponse a vosa disposición o texto de teatro
A TRILOXIA DAS MINIATURAS.

É un verdadeiro pracer e privilexio estar na REGUEIFA , compartindo esta pequena creación.


NEste blog :
Eu irei poñendo lugares comúns, arredor da peza, do teatro, cos que poder conversar coevosco.

Gostaríame enormemente recibir eco do escrito, anque fora hai xa tanto tempo.


Ao mellor podemos chegar máis alá do que a simple e solitaria escrita.

Un saúdo
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-03-2008 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
MINIATURAS (II)
Un texto é un texto.
Tres textos poden ser un texto.

¿Onde empeza a peza de teatro Breve? Onde empeza a hora e media de representación.

Unha cousa é o texto literario, e outra o texto en escea.

¿Canto dura unha representación media?

¿CAnto tén que durar?

Pero un texto é tan só un texto.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2008 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
MINIATURAS
O que é pequen+ medra
O que é consciente de ser pequeno ha medrar
O que é pequen+ mira dende abaixo
O que é pequen+ é manipulable?
O que é pequen+ aprende
O que é pequen+ escoita
O que é pequen+ é grande
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2008 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal