(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O teatro é imprescindible no Entroido, e haai que recuperalo
Este ano, despois da volta que dimos polos entroidos, buscando aqueles que tiñan Esceas Teatrais e elementos escénicos xa constatamos que están repartidos por todo o País.
Van acompañando ás Mascaras propias de cada lugar, representando un papel definido, interiorizado. Outro día falaremos das Máscaras ou Criaturas, que capitalizan o Entroido. Hoxe vemos teatro...

-Coa Pita das Eiroás de Ourense
-Coas Bonitas de Sande de Cartelle (Ourense)
-Coas máscaras, farandulos e vexigueiros de Samede de Paderne (COruña)
-Cos Puchos, volantes e Peliqueiros de SAntiago de Arriba na Ribeira de Chantada, onde lle chaman "oficios".
-E por suposto cos sermóns, prédicas e testamentos e vellos e comparsas varios por toda a xeografía, sexa Manzaneda (Ourense), Val de Francos de CAstro de REi (Lugo,) Cobres- Vilaboa (Pontevedra), xenerais do Ulla (Pontevedra e Coruña)ou as Comparsas que se queren recuperar o ano que vén en Viana do Bolo.



´Sendo como é o berce e xermolo do teatro, non deberamos esquecer as xentes da farándula galega ao Entroido, non solo porque foi nome do primeiro grupo profesional galego no século XX: Teatro Do Antroido de Vidal Bolaño

Irmanemos ao pai e ao fillo/a
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 12-03-2017 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
a Tradicion do Don Xoán de Defuntos é Galega
A tradicion di que o día de Defuntos chega ao teatro o Don Juan que Zorrilla redactou de encarga en 20 días, e que a leva a ser unha das obras máis representadas de tódolos tempos.

G. Sobejano, no seu estudo preliminar de La Regenta (1) (C. Castalia, 1982, nota 31) cita a enciclopedia Espasa Calpe para atestiguar que foi o actor Pedro Delgado a partir do 1860 que:

"...ha resucitado el Tenorio, convirtiendo en costumbre su representacion en los primeros días de noviembre de cada año".

Uns din que é por ser o día desa estrea o 2 de novembro o que perpetúa o costume, e outras din que é porque a última escea, --na que dona Inés libra da perdición, por amor certo, ao pecador infame D. Xoán--, trascurre no cemiterio entre sepulcros, incluido o de seu pai.

A tradición dese galán xa foi pescudada e RE-presentada en Galicia por Roberto Vidal Bolaño.

Tampouco hai que ir ás recomendacións do bispo de Mondoñedo do XVI Guevara, aquel que laiaba de que a xente tiña o costume pagán de comer e bailar nas tumbas dos seus defuntiños. Pero a tradición é galega igual ca é o Magosto, --non o Samhain-- unha nosa tradición galega--. E non imos buscar, coma con Cervantes, o do topónimo galego Tenorio.

En Alcalá, cuna das letras españolas, e en Sevilla representa nos Cemiterios, e con moi boa acollida de público. Asimesmo, en Lugo, no fermoso cemiterio de San Froilán leva representándose uns anos.


Nota: o da relación da Regenta co D. Juan non é casual, xa que Clarín era un experto no teatro de Zorrilla, e fai que a súa protagonista Ana Ozores vexa unha escea desta obra, nos inicios da novela, que axuda a entender o que lle acontece.
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 03-11-2016 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
FIOT e FITO, as coincidencias non existen
En Galicia, os Festivais de Teatro danse en lugares con tradición teatral, pois os públicos están afeitos a asisitr, e auguran aos patrocinadores un éxito case de antemán.

Acábase de pechar o festival de Carballo, o FIOT, e o de Ourense, o FITO. A confusión pode estar asegurada. En Ourense está a MIT, a MITEU, a MOTI, a MOTA,.... ¿Falta orixinalidade?

O que leva facendo o FIOT en Carballo é unha xesta comparable á de Roldan en Roncesvalles. 25 anos progamando "lo mejorcito del teatro por España adelante". Compañías como Yllana ou Ron Lalá querendo ir anque sexa de balde (ha). E a xente podendo disfrutar

Se cadra aquela tradicion do Teleclub de Carballo e a Asociacion NOS polos 1975 non tén moito a ver co que acontecería despois. E se cadra tampouco moito en Ourense, a implantación de grupos semiprofesionais de teatro xa dende os finais dos 70s empezando a ensaiar na Casa da Xuventude.

O que está claro é que a tradición crease, manténse e se consolida, porque toda unha comunidade adora o rito de xuntarse a escoitar risos e choros da humanidade.


Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 03-11-2016 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
O dramaret musical do artista chamado (me llamo) Sebastian
Estivo en Lugo, un día destes.
Un artista posmoderno. Chileno. Universal. Teatral e Musical.
Merecería outras honras. Pero fai o "Homeless Tour": a Amsterdam, Berlin, Madrid, Compostela...
Recomendado por Julieta Benegas e outros artistas.

Talento infantil, dende os 5 anos en carreira cara o estrelato, en programas de TV e academias famosas. Rise de todo eso, de corazón. Con vozarrón ou un agudo extremo.

O seu é un pop barroco e emocional, que quere dicir que as armonías a piano solo son universais coma as de Mozart ou Bach, e que están ao servizo das emocións do que se está a contar.
Que si o fredy Mércury chileno, que si o Mozart do pop, que si o apólogo da cultura queer...
Deixémonos de tontadas. Pura arte. Si, fala da súa experiencia como gay nunha cultura como a chilena. Simplemente fala da súa vida. A beleza

Un poeta, como os que agora gañan premios Nobel cantando. Agarrándose a pequenas situacións cotiás,que expresan o drama da túa vida.

"...mi mamá ...me daba un auto,.. era entretenido igual, pero yo quería a mi Barbie", (300.000 visitas hoxe)
"Cuidate, sol, te acuerdas cuando tomabamos papas fritas...",
facendo un ridículo glorioso en "la fiesta no está afuera, está adentro"
Ou cando se marca un tema no disco comendo papas fritas, e cantando "el hambre no se va"., tragando cada bocado. O video que máis aquelado me parece é o de "<3" ¡que actual"!

Postmoderno, por todo esto. Porque tén inmersión e distanciamento a partes iguais; humor, trascendecia, "todos los ´musicos somos políticos, pero unos van con el statement (entrevista e live)", "no nos digan como vivirelamor vivirelamor(son de vomito)"

Estivo no Clavi en Lugo con Ramil, outro queerfenómeno, que nun pais normalizado serían estrelas do pop-soul. Ah, e tamén Seb,que fixo a bso de "Stockholm"


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 18-10-2016 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
O Mundo Persistente de Fer Epelde e Tito Asorey, nowadays
Si, está ai. Tan cerca que da medo. E non hai valados. O mundo virtual é unha parte do mundo real. Está insistentemente aí. Revirtual.



A peza de Fernando Epelde (O Mundo Persistente, (CDG 2016)é encarnada por Tito Asorey pero é o resultado dun traballo común. ¿Que queremos contar? Porque se nos pode ir das mans. Coma os xogadores. Xa non hai xogadores compulsivos. Hai xogadores como hai futbolistas, hiphoperos, jevis, folkis. E ainda máis ca un xeito de vivir, unha filosofía, é un método. Xa non é underground nin ciberpunk. Por iso debe aparecer no teatro público.

A min produciume sensacións constantes de estranamento e afirmación. Estranamento porque eu non son un gamer en liña, e afirmación porque sei que esa é tan realidade coma a dun veciño que vive no piso do lado, e escoito pegar tiros, facer carreiras, ou comer nachos.

Haberá algun dia refuxiados virtuais? Haberá que facerlles un sitio.
Haberá que cambiar a morriña e a saudade por gamerriña ou saudade off line?

Unha das películas máis emocionais e descorazonadoras que teño visto é Her, de Spike Jonze. O virtual, se produce sentementos reais, é real. Igual ca ser do Barça, comer comida envasada, facer turismo en avión, votar nas eleccións por unha persoa que viches na tele. Xa solo son gustos, pero están incorporados.

Que as personaxes que se encarnan en xogos virtuais comproben que teñen emocións de vida e morte, desexo e diversión, manada e soidade. E que sufrirán por moito que exista un Master programador ou un sistema intelixente en constante evolución. Que sufrirán, anque permanezan.

O mundo virtual non é unha relixión, non tés que te converter. Solo deberiamos elixir aos sacerdotes e aos servidor@s.

O teatro servenos para encarar as realidades. E viva este teatro, de xente nova e real.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 10-06-2016 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Nova xeracion Ourensán do teatro nos María Casares
Lembro a primeira improvisación de Tito Asorey no outono de 1995 cando empezou na aula Universitaria de Ourense. XA estaba o seu universo de universos aí.
Ese ano, Quico Cadaval estaba por Ourense de axudante de Dirección de Anxeles Cuña na paradigmática "A Esmorga".


Lembro os rizos de Fer e Laura nas innúmeras sesións de teatro anti-clásico (parodias dos clásicos) da Casa da xuventude de Ourense. Ou nas 24 horas de teatro que este ano imos facer os 10 anos en Ourense, se a Xunta o permite coma os Touros.
Lembro cando deciden, a media carreira sen rematar, irse a Vigo a estudar o que non aprenderan xa.
Lembro cando fixeron "Soño dunha noite de verán" sobre unha adaptación miña do Xespir, e gañaron con direccion de Monica Sueiro o premio xuventude.

Lembro a Manolo Cortés recitando aquela mítica "Cantiga de amigo, escarnie e maldizer" de Ronseltz, aos principios da entrada na NASA:

E lembro xa o contei, a Fernando Epelde, un ano en que fixemos, todo de corrido, 6 funcións de teatro, con 15 anos.


E Vicente Montoto, recibindo o premio de honra.

Como dicia o Jai Jai de CAbana:
"Que viva a Juventú, e que non morran os vellos"





Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 27-03-2015 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín non é Ourensán
Estando na Galleira de Ourense (o local social, porque Galleira en Ourense é tamén outra cousa )), na ponencia de Miguel Losada (da SAGA) sobre a Orixe do Samaín galego e o culto aos mortos, á parte dunhas risas e varios axiomas antropolóxicos descubrimos, entre uns e outros:

-Que nós xa temos Magosto, que non fai falta Samaín nin lerias. A xente de Ourense xa iamos a Montealegre antes de que fora un Xardín Botánico, a queimar leña vella para asar chourizos e beber algo pola friaxe.

-Que os que sacamos as cabazas e calacús ás rúas dos viños de Ourense polos 2000 ainda estamos viv@s.
Porque os nosos pais (de Verín ou o Ribeiro ou...) ían roubar as cabazas nesta época, antes de que o Corte Inglés... se puxese a vendelas.

-Que nos tiznamos a cara porque do lume saen cinsas, e ese é o disfraz maior: mancharse.

-Que resulta que as cabazas viñeron da América no século XIX, e entón debían ser nabos o que sacabamos aos camiños... Ou as cabazas dos peregríns máis ben.

-Que houbo moito cachondeo e un sindiós en Galicia durante miles de anos, e as autortidades nos tiveron que meter en verea do asilvestrados que eramos. Porque nós sempre eramos de festexar os catro puntos cardinais do ano: Os solsticios, o antroido, e a chegada do Infverno.

-Que os mortos nos acompañan e nos falan, porque estamos conectados cos nosos ancestros que nos civilizaron e nos seguen dicindo: "empeza o inverno... colle castañas... que veñen días duros..."

-E que o día 11 de san Martiño era o 1... antes do calendario gregoriano.. E nós conservámolo.

-E que o Halloween o trouxeron as mestras de inglés da LOXSE, e a marca de disfraces César en 1992.

Toma castaña...
Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 30-10-2014 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Davide Salvado é un dos grandes
Topeime con Davide no 2000, nas festas do Carme de Marín, onde fixen un proxecto de teatro con veciños do lugar, porque o concelleiro quería darlle outro enfoque ás festas. Por exemplo, tocaban Lamatumbá, e había unha carpa de 1000 persoas para ver Teatro.

Fixemos varias representacións, unha de danza-teatro á luz dos fachos en Mogor, cos petróglifos de fondo. E un lema "Somos os que somos".

E outra na praza da Verdura creo que se chama, que baixa dende a Torre, cunha representación máis costumista. As arengas dende os balcons, os contos dos mariñeiros. E Davide baixaba cantando as escaleiras con ánimo mariñeiro e puro.

Outra alma libre. Anque diga que eu fun seu profesor de teatro, é coma dicir que Einstein tivo profesor de matemáticas...

Hoxe é o artista seleccionado no WOMEX, e por David Rothenberg (con Peter Gabriel)como artista galego.

Ajrú!
Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 26-10-2014 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro de Regueifa Ibérico en Valadares
Aló estivemos...

Se existe unha arte máxica e que nos fai máis humanos ca outras é a arte da palabra.

Se á parte da palabra esta a matemática da rima, subimos un socalco.

E se engadimos o enxeño e o senso do humor, aparece toda a intelixencia da civilización humana


O domingo 5 aló estivemos, no Encontro ibérico de IMPROVISACION ORAL

E descubrimos, que ibérico non solo é o xamón

-GALEGOS
Pinto de Herbón e o seu fillo XAiro
Benito Lobariñas

E a xente que estivo aprendendo no CIOV con Josito da Teixeira diurante un Ano: kike, YOlanda e LAra

-CATALANS
Carles, Mireia e Marc ensináronos que "GArrotín, garrotán" é un ritmo para improvisar que os xitanos de Lleida mantiveron.

-VASCAS
Miren, Ane e EStibaliz traducindo os seus propios cantos,e con preciosa voz.
NO pais vaco, as finais cuatrianuais son seguidas por decenas de miles de persoas! e se practican na Secundaria, primeiro por escrito, antes da declamación en público.

-PORTUGUESES
O Amigo Loureiro e Fernando Correia coa concertina, con ese estilo popular do norte portugués

E nós levamos a nosa aportación, áparte da conducción do evento
-A improvisación do xogo do TRUCO, que recollimos en S Fiz de Cangas, Pantón
-A improvisación do Instrumento vexetal: a gaita de Palla.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 06-10-2014 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
RAdioteatro Galego
Coa puxanza da RTVG dende hai uns anos se promove o TEatro RAdiofónico


Por medio de plataformas de almacenamento de música como bandcamp pódense subir cancións... ou teatro

Mirade o proxecto de Fernando Epelde, CArlos Losada e Eva Gontad.. Walkitalkis


Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 10-06-2014 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
A Tempestade, da nova xeración do teatro galego

Queren facer un Shakespeare

Queren financiar a 2 actores por medio de VErkami

Teñen 20 funcións, entre elas 3 semanas no Salón Teatro en Outono

Teñen no elenco a varios dos mellores artistas polifacéticos da súa xeración

Pode ser o espectáculo dunha nova Era do teatro galego
Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 26-04-2014 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
O Antroido é Teatro en estado puro
Purismo e granpurismo.
Cal é o antroido máis puro e fondo de Galicia e parte do estranxeiro?


Disfraz e cotío.
Imos disfrazad@s igual. O caso é cambiar, trastocar e mudar.


Tradición e invento.
REcuperar os lugares onde houbo, e reinventalo con novos ollos.


Turismo e farra privada
Acudir a mirar, ou a participar. Sairse da propia manada e camuflarse na allea.

Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 23-02-2014 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Santi Cortegoso. Nova xeración de autores de teatro.
Parece que Santiago Cortegoso é un dos autores a seguir a pista, por ser un dos máis premiados últimamente. E porque escribe ben.

Cunha estética claramente pegada á modernidade. Con referentes variados, pero precisos. O texto sae da boca dos personaxes con mesmo raiba e gañas de deixar sentado que as cousas vívense ou non se viven. Síntense ou non se sinten.

El mesmo di "cando empecei a escribir o que me saía realmente da gaña é cando me empezaron a dar premios"


É docente do curso de Dramaturxia do programa Buxiganga, da Deputación de Lugo, onde acudimos debecentes de aprender a escribir a eito.

A súa compañía Vai estar no Programa do servizo de normalización da UDC este novembro. Clic no programa.



Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 24-11-2013 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
XA estamos para gaitas

No festival LUDARIA, festival europeo dos xogos populares.


Un xoguete nas mans dun neno, un instrumento nas mans dun músico.

Mira a promo



Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 11-06-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
I Jam Festival de Teatro no Clavi, Lugo

O Club Clavicémbalo é un dos veteranos clubes de cultura e jazz do Estado. Sempre receptivo a novas propostas.
Esta vez, en primicia en Lugo, e inicialmente fora de programa pero con gañas de máis...
a I JAM DE TEATRO do Clavi



En Galicia hai un tempo están xurdindo iniciativas de Microteatro, match de impro, variedades...
(entre outros, disculpade non ser exhaustivo):

A Coruña: Tuerka 27,
Santiago: Camalea (noites improbables), Regadera de Adela...
Ourense (Grándola, Casa da Xuventude (24hrs de teatro)... )
Vigo...
...Madrid (onde hai unha compañía que se adica en exclusiva a Impro)

.............................................................

As Jams de Jazz son actuacións nas que despois de varios temas xa preparados e acordados entre varios/as músicos, abrese unha ronda de participación entre outra xente que aparece polo local, e flúe a creatividade para deleite de público e artistas, que viven momentos únicos e imposibles de repetir.

Fagamos unha JAM DE TEATRO...!

-Pepa Yañez
-Carmen Conde
-Randi Montero
-Victor Grande
-Simón Piñón
-Jandro Darriba
-Randi Montero
-Manuel Moledo
-Alberto da Sinda
-Juanjo Rodicio
-e outr+s en cociña...

PRIMEIRA PARTE

-Equipo Lugo: Do tradicional ao contemporáneo
-Equipo Coruña: A modernidade da comedia

SEGUNDA PARTE
TORNEO AMISTOSO DE IMPROVISACIÓN



24 de abril MERCORES




Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 20-04-2013 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal