Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro.
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas)
o TEXTO que vos propuña DESCARGAR (e que xa descargaron máis de 1200 1500!! persoas (xuño09, graciñas peña que fai clic)) é :
a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO
Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.
A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas vnese flotando alí coma nos volcáns en erupción
Enviade ideas e opinións sobre o texto a tresminiaturas@gmail.com, e iremos publicándoas, para construir (un mundo mellor... haha) esta obra teatral!
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Falando de Torres |
|
O Premio Castelao de teatro no 1966, fomentado pola asociación O Galo, levouno Xohana Torres cunha obra chamada "Un hotel de primeira sobre o río", cinematográfica e reivindicativa. 1966.
Leo en 1968 compostelán, 16 testemuños (de Gurriarán) , que se fixera unha campaña moi curiosa:
A Campaña do Peso: Pedíase un peso cidadán para acadar un Premio para darllo a unha obra de teatro en Galego. Eis o Premio Castelao.
Por Subscripción popular. Durou varios anos.
Alucinante. Sen agardar subvención. Sen montar unha sociedade anómina.
Agora só se parece a eso o GALEGOLAB, na que a xente propón experiencias de apoio ao galego, que se autoorganizan e autofinancian.
Torres dende as que observar o decurso dos tempos.
Torres dende as que defender o propio
|
|
|
|
|
| torres, nadal, rossi... |
|
¿Terán algo que ver
Torres
Nadal
Rossi
e Teo
Se dixésemos que si, falaríamos dunha certa mafia, que fai que
-a un parapléxico non se lle permita por 300 euros
-o que a un deportista de élite se lle permite por 60.000.
Unha revolución dos límites da medicina, estase a forxar en Santiago de Compostela.
Pero vós non o v€r€d€$
 |
|
|
|
|
| sen máis, con máis, ou memos |
|
Voltar é unha constante, unha vergonza, unha carraxe, un esluimento, unha prótese, unha victoria, un arredemo, unha escea central dunha película, un esbirro no medio dunha curva, un soño vespertino nun incendio, un caldeiro de auga no inverno
Rectificar é de sabi+s, pero recoller un intento |
|
|
|
|
| Que guapo e que diferencia |
|
A verdade é que é a noticia guapa do mes.
Un cineasta que se recoñece como galego é universal. Oliver Laxe.
Que diferencia, tratando ao desfavorecido.
Que bon, que o recoñezamos como propio da nosa tribu.
E o queda por saír este ano, non é? |
|
|
|
|
| Begoña Muñoz, GRACIÑAS por ser |
|
Recentemente foise, e por moito tempo estará.
O texto que inspira este Blog, é deudor, entre moitas cousas, da paixón desta profesora, muller, e ser pensante e sentinte, máxico, e
IMPRESCINDIBLE
Era desas profesoras de instituto que che deixa libros ou DVDs para levar á casa.
Era desas persoas que che transmitía paixón pola lingua, pola loita da muller, pola educación, pola mellora persoal.
E dígoo sen ser nunca alumno, e tan só cruzar palabras en contadas ocasións con ela.
COMO PODE SER
Adaptadora teatral para Sarabela TEatro, e gañadora coa adaptación de A Esmorga
Se cadra un ser de pensar libre, un ser de vida xenerosa, nai de moitos máis ca os seus fillos co seu compañeiro.
UNHA MULLER
Bicos |
|
|
|
|
| volven as teatradías |
|
Extra, extra!
Na Casa da Xuventude de Ourense
Días de teatro,
26-27 marzo: Festa do Personaxe, con match de improvisación, 24hrs de teatro
pasárase ben
|
|
|
|
|
| Argumentar o |
|
En inglés to argue
: dar argumentos, non só discutir.
 |
|
|
|
|
| Benito Losada, un dos grandírmos |
|
Estaba eu reflexionando en traballos de Servizos Culturais, e
en chegando a Referentes básicos na miña vida, referentes persoais, culturais, sociais, profesionais.
Saía como caldo de todas esas sopas
un tal Benito Losada, que a xente da cultura de Ourense da por obvio, como moita xente asocia o viño ao Ribeiro, ou a catedral á zona de marcha. Na Cultura é o referente.
Esta na Voz é a declaración pública máis subida que lle escoitei, porque o asunto é facer, facer de p.m. e non andar con máis historias. Non é típica del, e só resume unhas poucas cousas das que tén levado ao cabo.
Unha discreción propia dun secretario xeral.
Unha persoa afable, xenerosa, desas persoas do servizo público que fan e fan para que outras persoas fagan máis, a ver se se pode.
Retranqueiro, activista, amigo de todos e dos amigos, creador de modelos de xestión cultural, e restándose toda a importancia, e aceptando os seus defectos ou limitacións como ventaxas para que outra persoa os poida cubrir.
Unha caterva de mocetes e mocetas fixemos alí a mili cultural, coma paxaros, medramos naquel xardín.
¿Quen da máis?
|
|
|
|
|
| Cine na casa propia |
|
Cando o mellor do cine en DVD son os comentarios que se fan sobre a película, eses nos que dirección, ou alguén comenta as anécdotas do acontecido, non se sabe cal é o contido real da experiencia.
Para que se fai o esforzo de facer a película? ¿Porque hai que contala, porque hai que comer, porque é unha das mellores experiencias vivibles (a de inventarse a realidade), ou porque
Ao mellor pasáballe o mesmo a Velázquez. |
|
|
|
|
| Estatísticas non vén de estáticas |
|
No interesantísimo texto de lectura entre horas
Datos estatísticos basicos Galicia 2009 aparece coa fonte da
"Encuesta de hábitos y practicas de ocio en España" o asunto da asistencia a actos culturais, e entrecóllense as cifras dos datos galegos de 2006-7
Asistiron ao teatro un 11,9% (19,1% no estado)
Asistiron ao cine 39,7 (52,1 no estado)
E ainda hai xente que se queixa. Menudo share
|
|
|
|
|
| Na arte escénica nadamos na ambulancia |
|
Unha xente xa di que o teatro español é unha porcaría.
Entón segue de carreiriña e chega á adxetivación superlativa cando se fala de teatro galego.
Máis ben é ao revés. Resulta que o teatro que asiste é ou ben o das propostas das Caixas, de marcado caracter merco-vendes famosetes de madrid, ou ben o da Rede de teatro galego, na que como está case todo, pois hai de todo.
Pero a xente vai ao Teatro, a mans cheas, segundo din os Estudos.
Logo segue a dicir que o cine español é unha porcaría, que o fantástico é o cine francés e alemán.
O cine galego, pobre é coma comentar entón falando das cinsas da guerra nuclear.
A xente di que xa non vai a ver cine en galego,que xa lle chega con que o 50% de Cineuropa sexan películas en galego ????
e eu sigo pensando que haiche moito
autoodio
xa non sei se cortar as veas ou deixarmas longas |
|
|
|
|
| Os xornalistas non van ao interior |
|
tén razón Jaureguizar: Se o festival de Jazz de Lugo fose en Santiago, ocuparía unha chea de portadas
Teño escoitado de varias persoas que se adican ao Xornalismo en Santiago de Capitalostela,
que á xente cústalle facer kilómetros para o interior
Lugo está lonxísimos, moito máis ca NOva Iorque
Porque se queres ver dunha sentada , e gratis
a Kenny BArron, ,Chris Kase, Kurt Elling con Jesse Davis, ou Roy Hargrove ETC ETC
ou te vas a América,
ou rabeas
-Coruña Lugo: 1 hora
-Ourense Lugo: 1 hora e 10
-Santiago Lugo: 1 hora e 15
-Ponferrada Lugo: 1 hora e 12
Se estivesemos en Madrid non nos importaría ir a Alcalá de Henares, a hora e tal, para pagar 50 euros para ver a un de calquera deses
Pailáns de cidade
|
|
|
|
|
| EN BIC IANDO |
|
Estes días estase a crear unha Asociacion pola Mobilidade en Ourense.
Estou pensando en publicitar a miña experiencia de Mobilidade, iniciada en este outono demasiado benigno.
Chamaríase: desintoxicación de coche en Lugo. Superar a dependencia.
Andando, buseando, e cicleando, vaise a moitos sitios. E téñense un carro de experiencias, desas pequenograndochas.
andándo
 |
|
|
|
|
| A lingua é economía |
|
Os nosos pais e nais, nais de Neofalantes como somos, non quixeron falarnos en Galego. E aceptan con resignación que falemos con el+s na lingua que teñen como propia.
Agora, claro, queren que falemos en Inglés
Era para que nos fosen mellor as cousas na vida.
Marcelino Fdez Mallo é economista, e escribe ben delo, pero fala ben tamén da lingua e cultura. Para a xente de fora
Traduce as cousas para entender mellor, non só o evidente.
E logo vai máis aló, e recolle no seu blog ideas como que se incentiva o consumo interno cando expós os productos en galego, ou que a xente de fora merca mellor unha Ola en galego que una olla de barro en castellano
Anque hai outro tipo de economías máis baratas
|
|
|
|
|
| REDEFUNIR |
|
-voltar a unir
-voltar a definir
-recargar
-ir, ou sexa fun, e cain na rede
reciclarte
Coma Fuxan os Ventos |
|
|
|
|
|
|
|
|
|