Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miles de brasileiras deciden manifestarse contra Bolsonaro
Segundo as enquisas para a presidencia do Brasil, o liderado está as mans do ultradereitista Jair Bolsonaro. Quen puido comprobar este sábado, a desaprobación que suscita nunha considerable parte da poboación. Esta, en concreto un 46%, critican a súa proximidade a unha ditadura militar, o seu racismo e homofobia e destacan por enriba das anteriores, o seu machismo.

Durante o transcurso do sábado unha considerable parte do poboamento (destacaba a presenza das mulleres) asistiu as trinta manifestacións, programadas, na súa contra por todo o país. Todas as protestas estaban organizadas polo colectivo civil que Bolsonaro máis vexou dende os seus inicios na vida pública, as mulleres.

Manisfestarónse mulleres de todas as idades dende rapazas que inda non teñen acceso ao voto ata mulleres con traballos e vidas establecidas.Todas elas unidas baixo o lema máis repetido estes últimos días na maior potencia latinoamericana, #EleÑao traducido ao galego como #ElNo.

As protestas iniciáronse debido a consideración do inapropiado que resultaría contar cun futuro presidente que ostente ideais caracterizados polo rexeitamento e a creación de diferenzas.


Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Duque deduciuse 120.000 euros de intereses polo préstamo do seu chalé en Madrid
Pedro Duque obtivo notables beneficios fiscais grazas ao armazón societario constituído por medio da patrimonial Copenhague Xestores de Inmobles SL: a sociedade da que colgou os seus dous chalés de luxo -o de Madrid e o de Jávea-. Ademais do forte volume de gastos desgravables que acumulou -que ascendeu a 151.311 euros en seis anos-, Pedro Duque púidose desagravar o pago dos intereses do crédito hipotecario abonados na compra do chalé de luxo de Madrid grazas a comprar o inmoble por medio da mencionada sociedade. Duque deduciuse xa 120.000 € de intereses do préstamo do seu chalé en Madrid grazas ao seu patrimonial

Tal e como sinalan os datos do Rexistro da Propiedade aos que tivo acceso OKDIARIO, o chalé de luxo de Arturo Soria incorpora un crédito hipotecario de Barclays Bank por un valor de 1,2 millóns de euros. En concreto, no apartado de cargas detállase que a citada entidade financeira concedeu o tres de abril de 2006 un crédito de “un millón douscentos e seis mil novecentos sesenta euros de principal”. Un préstamo que se irá pagando ata o “8 de novembro de 2035”.


Rodrigo Míguez Fernández
1ºBACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Durmir en Galicia… Nun lugar orixinal?
Burbullas en Oleiros
Bo día amigXs.
Logo dun curto pero intenso verán no que, como non, fun tomando nota de centos de cousas que acontecen e de lugares que visitar, un curso máis estou novamente aquí rompéndome a testa para compartir con vós algunha “cousiña” interesante coa que poidades gozar.
Seguro que un dos maiores contratempos cos que vos atopastes este verán á hora de planificar a vosa viaxe é o aloxamento. A qué distancia está, que servizos ofrece, cánto custa... Pois ben, a qué non sabedes en Galicia qué hotel nos ofrece unha noite do máis orixinal? En qué lugar podemos soñar nunha árbore, nunha illa deserta ou nunha burbulla...
Que vos parece se comezamos a nosa viaxe pasando a primeira das nosas noites de ensoño no Faro antigo dunha illa deserta? Estamos en Vilaselán, en Ribadeo, en Illa Pancha. Un faro antigo do 1857 que agora ofrece os seus servizos como hotel, conservando toda a súa riqueza orixinal (escaleiras de caracol, lanterna...)
Outra das estancias que nos ofrece a natureza galega é Cabaniñas, en Outes (A Coruña). Quén de neno/a non soñou cunha casa nunha árbore. Poder xogar rodeados/as de natureza. Pois si, este é o tipo de aloxamento que literalmente está ”colgado” dunha árbore, respectando a paisaxe e ofrecendo a posibilidade de convivir nun espazo único e gozando da tranquilidade do monte.
E seguindo na natureza, a nosa terceira opción está en Ponte, Coristanco. Trátase dun canastro daqueles nos que os nosos bisavós gardaban os casulos e as espigas do millo e que agora está preparado para durmir e vivir.
Pero non todo vai ser soamente natureza enxebre. Temos espazos que paradoxicamente xuntan natureza con modernidade. Así atopamos en Breixo (Oleiros), A Coruña, un hotel onde a observación astronómica está na “carta”. Son burbullas que nos ofrecen a posibilidade de aloxarnos en estrelas: “Andrómeda”, “Cassiopea”, “Pegasus”...
E xa para rematar, e como non podería ser doutro modo, acabamos tomándonos un bo viño. Unha botella de albariño. A botella de albariño máis grande do mundo está en Meis, pero non é para tomar, é para durmir.
Xa vedes amigXs, en Galicia temos todo canto queremos. Arquitectura moderna en convivencia coa natureza e lugares extraordinarios que están esperando ser descubertos.
Atrevédesvos?


Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Bill Gates e a súa proposta de apoio aos mozos
Bill Gates
Durante a semana na que se celebra a Asemblea Xeral das Nacións Unidas en
Nova York, na mesma sede da ONU, en Manhattan, o presidente de Estados Unidos, Donald Trump, escandalizaba o mundo cos seus ataques a China e Irán. Ao mesmo tempo, filántropos, activistas e persoas con máis ou menos poder e diñeiro, pero con ganas de construír en común, están a levar a cabo decenas de actividades e pechando acordos por todas partes: dentro das Nacións Unidas, como o pacto global polos refuxiados, ou fóra, como un encontro sobre innovación para tratar a tuberculose ou outro para presentar tecnoloxías e persoas que están a liderar o desenvolvemento global.

Unha de estas actividades celebrouse este mércores, trátase do encontro The Goalkeepers 2018, un conxunto de conferencias e entrevistas con personaxes prominentes, que a Fundación Gates organizou por segundo ano consecutivo para lanzar unha mensaxe de optimismo, esperanza e urxencia: os mozos teñen que tomar as rendas e non ser só beneficiarios das melloras do mundo, senón tamén artífices do cambio.

O primeiro acelerador chámase Acción pola mocidade, e é unha ferramenta para mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que desexen obter e utilizar datos para responsabilizar aos líderes públicos, privados e gobernamentais polo logro dos ODS. Dirixido por Civicus e a Fundación Gates, e cun comité asesor composto por representantes da Fundación Obama, o Instituto George W. Bush entre outros, este acelerador proporcionará apoio, orientación e financiamento de ata 30.0000 dólares por persoa a 30 mozos. As solicitudes estarán abertas ata o 31 de outubro e os participantes serán anunciados en novembro.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
A loita entre dous clans resólvese cun tiroteo en El Torrejón
Tiroteo en el Torrejón
O suceso tivo lugar ás 11:00 da noite do mércores entre as rúas Dalia e Violeta.

Un enfrontamento entre dous clans resultou nun novo tiroteo no barrio de El Torrejón. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.
Segundo informaron fontes da Policía Nacional de Huelva, o incidente ocorreu ás 11:00 p.m. o mércores pola noite, cando dous clans xitanos chocaron, terminando a pelexa nun tiroteo. Unha situación que xerou un estado de alarma e nerviosismo entre os habitantes da zona.

Os feitos ocorreron específicamente entre as rúas Dalia e Violeta, onde se levou a cabo un gran despregue policial, con membros da Policía Nacional e da Policía Local de Huelva.
A investigación permanece aberta e a policía trata de aclarar as causas do que ocorreu.
Non é o primeiro tiroteo que ocorre na capital de Huelva nos últimos meses. Xa antes do verán, unha loita entre as familias de Pérez Cubillas acabou nun incidente similar, catro persoas foron arrestadas por estes actos. Pouco antes, a Policía Nacional investigou dous disparos máis, neste caso no Hotel Suárez e no barrio de El Torrejón.


Adrián Osorio Míguez
1ºBACH B


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
VTC contra Taxis
Recentemente, algúns traballadores das empresas de transporte con condutor (Uber e Cabify) montaron unha folga polo paseo de la Castellana en Madrid. Protestan por un decreto que de non haber ningún imprevisto, o día 28 de setembro. Este decreto consta de varias medidas para según o goberno, acabar cos problemas de convivencia de ambos sectores. O sector das VTC protesta porque este decreto busca entre outras medidas, habilitar as comunidades autónomas a eliminar licenzas xa emitidas para operar; ademais tamén prohibe que os usuarios de estas plataformas podan alugar un viaxe por chan urbano, facendo inviable o funcionamento destas empresas. Esto significaría que os 15 000 traballadores de Uber e Cabify quedarían sen traballo, porén non será a curto prazo. Eduardo Martín, presidente de Unauto VTC, que é a asociación que defende o sector da VTC, o que vai facer o goberno é multiplicar un problema por dezasete, lonxe de resolvelo.
Pero este problema de convivencia non ven de agora. Este problema estoupou a principios do verán cando a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, aprobou unha decreto para que as VTCs o tivesen máis complicado operar en Barcelona, sen ter as competencias para iso. Unauto VTC iniciou accións legais contra este decreto e o tribunal de xustiza ditou que era ilegal. Aquí é cando se libera a tensión acumulada polo gremio do taxi e comezan mobilizacións do taxi con acusacións cara as VTCs moi variadas. Acusan a Uber e Cabify de non pagar impostos, tamén os acusan de non cumprir a lei do famoso ratio 1/30, e dicir, 1 licenza de VTC por cada 30 licenzas de taxi. A des información provocada por moitos medios de comunicación fíxonos entender que este ratio afecta o nº de licenzas operativas na rúa, porén esto non é certo. O ratio aplícase a hora de conceder novas licenzas; e actualmente non se emiten licenzas VTC, polo que a lei cúmprese.
Todo isto aínda pode cambiar porque o prazo para que o novo decreto do goberno entre en vigor en caso de aprobarse no congreso de ministros mañá é de varios meses de tramitación máis entre 3 e 5 anos en entrar en vigor, así que veremos como vai avanzando todo este asunto.



David Santeiro Conde
1ºB
Fontes
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-09-2018 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
O ATAQUE A FACEBOOK QUE AFECTOU A MAIS DE 50 MILLÓNS DE CONTAS.
`Hackers` poderían obter información privada de usuarios e acceder ás súas contas
Facebook revelou este venres sufrir un ataque por parte de piratas informáticos que afecta a 50 millóns de contas, das que os hackers poderían obter información privada e acceder a elas coma se fosen os usuarios.
Nun comunicado, o xigante das redes sociais dixo que os seus enxeñeiros atoparon o "problema de seguridade" o pasado martes, e que a compañía está a tratar o asunto de forma "extremadamente seria", aínda que a investigación está todavía na súa fase inicial
Segundo Facebook, os piratas informáticos explotaron unha "vulnerabilidade" no código da plataforma que afectou o modo "Ver como", unha habilidade que permite aos usuarios ver o seu perfil coma se fosen outra xente.

Esto permitiulles apoderarse de información, que podería ser usada por terceiros, para conectarse ás contas dos internautas afectados, aínda que a empresa aínda non sabe se iso é algo que os hackers chegaron a facer.
Entre as medidas adoptadas pola compañía para responder o ataque, procedeuse á desconexión inmediata de todas aquelas contas afectadas que tiñan activada a opción de conectarse a Facebook sen necesidade de introducir o nome de usuario e o contrasinal.
É dicir, que aqueles usuarios que adoitaban acceder á rede social directamente desde a súa aplicación para móbiles ou desde o computador e que conservaban as súas claves de acceso gardadas directamente na rede deberán introducilas de forma manual se queren volver a conectarse.

Susana Velasco
1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-09-2018 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
“VINTE ANOS CON Google”

Esta semana Google cumple 20 anos. A súa foi unha historia de grandes evolucións e transformacións, que levaron a que o proxecto de dous universitarios (Larry Page e Sergey Brin), pasara de ser un simple buscador de información en internet a unha das compañías máis importantes do mundo cuxo lema é: “A nosa misión é organizar a información do mundo para que todos poidan acceder a ela e usala”
Tanta foi a influencia desta compañía tecnolóxica nas nosas vidas, que hoxe millóns de persoas utilizan o término “Googlear” como verbo, a modo de sinónimo de buscar algo na web.
O obxectivo de Google durante estes vinte anos foi “facer a vida máis fácil”. O seu servizo de busqueda puxo moita información ao noso alcance a través dunha interfaz de usuario simple pero elegante que aínda está en uso hoxe en día. Xa que nunca deixou de innovar e adaptarse aos tempos e ás circunstancias creando aplicacións como: mapas (Maps), mensajería (Gmail), navegador (Chrome), sistema operativo (Android) ou comprando empresas como YouTube ou Facebook. E converteuse nunha parte moi importante nas nosas vidas. Hoxe, os usuarios realizan máis de 1,000 millóns de consultas en Google cada día.
Pódese dicir que Google cambiou as nosas vidas e fíxoo ata o punto de coñecer os nosos hábitos e gustos de consumo, suxerirnos actividades de lecer e facilitarnos a vida, aínda que iso nos faga volvernos dependentes da tecnoloxía.
Para rematar dicir que ninguén dubida que Google, coas súas virtudes e defectos,nos fai a vida máis fácil; sacándonos de apuros que antes eran problemas e permitíndonos aforrar tempo, diñeiro e seguridade nos nosos desprazamentos, aínda que sempre debemos lembrar que coa tecnoloxía sempre hai que facer un uso responsable.


Jaime Eiriz
1º Bach.A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-09-2018 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Folgas URJCI
Os estudantes da Universidade “ Rey Juan Carlos”, convocaron para o día de hoxe, xoves 27 de setembro, una folga para pedir a dimisión do reitor da mesma, tratan de limpiar a imaxe de dita universidade xa que din cas empresas intentan non vincular o seu nome coa mesma, o que supón un grave problema á hora de atopar traballo.
A folga que tivo lugar en Vicálvaro fixo que segundo unhas fontes fose de unha ausencia do 60% nunhas aulas e de todos os alumnos noutras.
Os motivos da folga son: pedir que dimita o reitor Xabier Ramos, que se abra una investigación externa, que se “limpe” o campus e a rexeneración dos órganos de goberno da universidade. Nas pancartas figuraba “ Rector dimite, la Uni no te admite”.
A recente dimisión de persoas relevantes na vida política e os casos dos másteres “ fantasmas” desprestixian o traballo de todos os que sen acadar enchufes estudan e loitan polo seu título.
A folga que tivo lugar en Vicálvaro fixo que segundo unhas fontes fose de unha ausencia do 60% nunhas aulas e de todos os alumnos noutras.

Marta Rodríquez 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-09-2018 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA UN NOVO CURSO!

Logo do parón estival e do merecido descanso para os nosos voluntarios, damos inicio a unha nova e apaixonante andaina bloqueira.

Os veteranos de 2º de bacharelato e de 1º xa se preparan esta semana para exerceren de corresspondentes e volver retratar a actualidade desde o seu punto de vista.

Tamén incorporaremos xornalistas virtuais novos nas clases de 4º da ESO. En total faremos un nutrido grupo que cada semana se defrontará coa realidade de Galicia e do mundo a través do fomento da lingua galega, vehículo de expresión deste blog que compre dez anos de existencia.

Ánimo a todos e deica xuño desexámosvos desde o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense unha feliz aventura bloqueira.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2018 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal