Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tapas de Boi en Allariz
Esta semana estanse a celebrar en Alllariz as séptimas festas da carne de boi que se celebran entre o 28 de setembro e o 14 de outubro. nesta festa podemos atopar a tradición dun pobo galego probando comida típica galega entre estas o polbo a feira.

Nesta festa de calidade gastronómica podemos atopar una elaboración de tapas especiais para a ocasión que serán servidos en 15 establecementos diferentes. Tamén polo económico prezo de 2 euros poderades tomar calquera tapa acompañada da máis deliciosa carne durante o concurso de tapas. Esta fetsa reúne a centos de persoas as cales queren relaxarse e divertirse tomando unha tapa mentres que está disfrutando da fermosa paisaxe que ten Allariz que xunto a festa do boi é a segunda mellor festa en todo o ano a cal recomendo moito ir. Agora vouvos deixar con algunhas fotos das tapas.

Enrique Molina Muñiz
4ºESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
O Barbaña: negro e sen cauce en Ponte Noalla, meses despois do vertido
Catro meses despois do vertido ilegal de máis de 5.000 litros de hidrocarburos no río Barbaña, as secuelas aínda pódense observar en diversos puntos do seu percorrido. A pesar das labores de limpeza, os aceites contaminantes reaparecen e mostran unha imaxe dunha traxedia ambiental.

Xosé Santos, da asociación ecoloxista “Ríos Limpos”, sinalaba onte o terrible estado do río ao seu paso por Ponte Noalla, onde por falta de cauce, os restos do derrame asoman dende fai días. "Aquilo parece sacado dunha industria petroquímica, tanto polo cheiro como pola cor", explicou Santos. Dende a asociación esixen á Confederación Hidrográfica e ao Concello de San Cibrao unha maior preocupación polo estado do Barbaña: "É necesario limpalo en profundidade antes de que chege o inverno e cheguen as augas de arrastre".

No río pódense observar retencións e barreiras de anticontaminación, colocadas para impedir que a masa avanzara. "Ímonos reunir coa Confederación para explicarlle que hai que solucionar esta situación canto antes e dunha vez por todas", afirmou Santos.


Lucia Mugüerza García
4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
DOUS VECIÑAS DE LEIRO COMEZAN A VENDER EN SUIZA UNHA CREMA FACIAL ELABORADA CON VIÑO TINTO
Foi fai catro anos, unha tarde de decembro. Patricia Igrexas acababa de regresar do traballo e estaba xunto á súa parella filtrando o viño. Fora unha colleita moi boa e abundante na súa casa de Leiro (Ourense), onde só se  embotella para consumo propio.

Pasou tempo, pero a nova reprodúceo así. Ela virouse e díxolle a el: «Oe, imos tirar moito veu este ano, deberiamos facer algo; non sei, marmeladas, unha crema...». Ás veces sóltanse así as cousas, coa naturalidade, pero nunca pensas que pode ser un gran descubrimento.

Ao cabo dun tempo, as cousas empezaron a torcerse, e Patricia quedou sen traballo. Así foi como unha ocorrencia, soltada sen pleno convencemento, terminou convertida nun proxecto empresarial innovador, que acaba de cumprir un ano e que foi premiado recentemente pola  Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Xunto a Patricia tamén está a súa prima Sofía colaboradora da empresa.

A firma, chamada  Levinred, comercializa xabón  exfoliante e, sobre todo, crema facial feita con viño tinto. Este ano produciron mil unidades a un prezo de 34,90 euros cada bote. E xa teñen un punto de venda en Suíza, onde se está comercializando ben. Da produción da crema encárgase un laboratorio, onde se envasa a man o produto nun tarro de cristal.

                                                               
                                                                                                       

   Alba Millán Borrajo
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
O lento renacer do Alpinche

Namorou a Jean Pierre Nicolas, piloto oficial Renault, gañador do Tour de Corse en 1973 e do Rally de Montecarlo en 1978. Tras probar o Alpinche ao termo dun Rally Firestone, pediulle ao seu creador, Estanislao Reverter, que fixese unha serie para vender porque o consideraba un coche gañador, mesmo no Mundial.
Este desexo, que nunca chegou a converterse en realidade, é un dos mellores indicadores da importancia de recuperar este vehículo único e que pronto volverá percorrer as estradas nacionais.
Creado a partir da imaxinación de Reverter, que quixo unir a lixeireza e axilidade do Renault Alpine A110 e a potencia e robustez do Porsche 911, o Alpinche foi un coche en constante evolución desde o seu debut no Rally Rías Baixas de 1971.
Realmente competitivo nos primeiros anos da década dos 70, especialmente nas mans de 'Lalao' a pesar das dificultades que entrañaba a súa condución, un accidente sufrido por Beny Fernández no Rally do Sherry de 1975 enviouno á escuridade ata o pasado ano, no que a Fundación Estanislao Reverter rescatouno e comezou un proceso de recadación de fondos e restauración.
Grazas á colaboración de diversas empresas (entre elas A Rexión, que contribúe a impulsar este ambicioso proxecto que vela por recuperar unha das grandes xoias do automobilismo español), e a implicación do Taller Marvic Sport, unha experimentada empresa ourensá encargada da recuperación e restauración do 'fillo pródigo' de Reverter, o Alpinche comeza a recuperar lentamente o seu esplendor, aínda que aínda resta un longo camiño que percorrer ata o esperado aceso do motor por primeira vez.
Lucas Rodríguez Cancio
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
A estraña broma de Trump sobre Kim Jong-un: «Namorámonos»

O presidente de Estados Unidos volve sorprender ao mundo coas súas declaracións
O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, volve sorprender ao mundo coas súas declaracións. Nesta ocasión dixo que el e o líder norcoreano, Kim Jong-un, namoráronse «» a medida que se foron relaxando as tensións entre os dous países o ano pasado.
«Realmente estaba a ser duro, e el tamén, e estabamos a ir e vindo (...) E logo namorámonos», dixo Trump, segundo durante un mitin partidario en Virgina Occidental segundo recolle a axencia DPA.
«Escribiume fermosas cartas e son magníficas cartas. E namorámonos», reiterou o presidente estadounidense.
Clara Vázquez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu unha muller en Vigo que regaba as plantas ao caer desde un piso 14.

Unha muller faleceu onte ao mediodía en Vigo ao precipitarse dende o piso 14 dun edificio do barrio de Coia, e o suceso produciuse ao filo das 12.30 h. A veciña, de 79 anos de idade, atopábase regando as plantas antes de caerse dende esa gran altura.
Foi un particular quen deu a alerta ao 112 ao atoparse tendida nunha vía a unha muller de 80 anos. Según fontes municipais, a vítima encontrábase realizando labores domésticas cando caeu.
Ata o lugar trasladouse o 061 cunha ambulancia medicalizada que certificou o falecemento da muller.
Tamén se mobilizaron a Policía Nacional, a Policía Local de Vigo e os bombeiros.

Ana Ramos Gallego, 2° Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Toni Cantó afirma que "O castelán desapareceu en Galicia".

O deputado do grupo político Ciudadanos lanzou este argumento ao empuxar un proxecto de lei para que os idiomas cooficiais non sexan necesarios para un emprego público.
O uso das linguas cooficiais na administración e no sector educativo é un tema recorrente no Congreso. Levanta debates entre os partidos centralistas e os que representan as opcións políticas autonómicas. O máis recente foi o deputado de Ciudadanos Toni Cantó. O político tomou a palabra para promover un proxecto de lei que establecía que o coñecemento das linguas das comunidades autónomas é un mérito e non un requisito para acceder ao emprego público.
Durante o seu discurso, Cantó sostivo que nalgunhas autonomías a convivencia entre as linguas "non é respectuosa" e que os partidos nacionalistas cometeron "abusos". No seu discurso veu a afirmar categóricamente que "o castelán desapareceu en lugares como Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana, País Vasco ou Galicia". "É un feito que ninguén pode negar", dixo.
A súa afirmación contundente tivo unha resposta rápida nas redes sociais, especialmente en Twitter, onde moitos chíos responderon a Cantó o lonxe que se encontraba da realidade lingüística en Galicia.
Paula Menor
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Na busca dos incendiarios da provincia
O proceso de descubrir quen está detrás dun lume conleva horas de análise, de volver ao lugar queimado, de falar cos veciños, de pasear cos ollos ben abertos, de observar os posibles patróns e, sobre todo, de non perder a paciencia.

O noso traballo está encamiñado a que remate a impunidade dos incendios provocados", afirma Amadeo Ferreiro, axente de investigación forestal. O seu traballo é, dende fai cinco anos, descubrir como se producen os lumes e, si son intencionados, quen está detrás da súa autoría. "Neste oficio hai que estar preparado para rematar a tempada coas mans baleiras. Ninguén che pode garantizar que vas atopar aos culpables", comparte. Antes de poñerlle nome e apelidos a un incendio, é preciso realizar unha minuciosa tarefa de averiguación de meses ou anos. "Hai moita observación, moito de pasearse, escoitar aos locais e volver unha e outra vez, facer paseos nocturnos e anotar matrículas de coches", explica o axente. "Tamén é certo que hai certas zonas nas que repiten os mesmos patróns incendiarios, polo que lle prestamos máis atención", engade. Amadeo traballa no Distrito Forestal XII Miño- A Arnoia, onde ten o seu campamento base. "Cando chega a alarma dun lume, o máis importante é a inmediatez, para que o escenario esté o menos pisado e tocado posible", apunta. De acompañante, a maleta de investigación, cos artiluxios necesarios –bandeiras, pinzas, cordeis, guantes, lupapara realizar a súa labor.

Iago Fuentes Aller
4ºESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Os 200 habitantes fantasma dunha aldea de Pontevedra
Os veciños aparecían no padrón de dous concellos fusionados en 2016 ata que o Instituto Nacional de Estatística (INE) o detectou.

Os pequenos Concellos de Pontevedra, Cerdedo e Cotobade decidiron fusionarse en 2016, cun nome composto e seguindo unha orde alfabética. A unión destes dous pobos publicitouse como un paradigma da nova política do goberno de Alberto Núñez Feijó.

Para a Xunta, Galicia seguía sendo pioneira na racionalización do mapa local de España e un exemplo a seguir para outros núcleos de interior embelecidos.
O optimismo durou pouco e novo concello pasou de ter 36 habitantes máis despois da fusión, a perder 200 de golpe ó revisar o padrón e non aparecer Istos veciños por ningún lado. Ó Concello non lle quedou outra que poñerse a localizar ós 200 veciños sobre os que había erros nos seus domicilios ou porque o DNI era incorrecto. Ata agora ninguén puido aclarar o paradoiro destes veciños.


Andrea Romero Castro
4ºESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un preso escapa do cárcere de Ourense durante un permiso penitenciario
Fernando Iglesias Espiño
O home de 63 anos atopábase na recta final da súa condena de 25 anos. Comezouna o 19 de outubro de 1996 e estaba prevista a fin da súa condena o 9 de outubro de 2021.

A Policía Nacional pediu a colaboración cidadá para localizar a Fernando Iglesias Espiño. Cumpría condena por asasinar á súa muller e aos seus dous fillos de ambos. A través dunha mensaxe na rede social Twitter, a policía compartiu o nome e o rostro do fuxitivo e invitou á súa máxima difusión para localizalo. Segundo indicou a Policía Nacional, o preso ten unha estatura de 1,75 m, é calvo e leva lentes.

Actualmente gozaba do terceiro grao en réxime aberto, que lle permitía saír todas as fins de semana. O comportamento ata o momento sempre foi correcto e non lles fixo sospeitar dunha posible fuxida. Tiña un permiso e como non regresou o día 13 de agosto ás 17:00 horas, saltaron as alarmas. Para aportar calquera información, a Policía pediu que se informe ao 091, 062 ou 112; ou tamén enviando un correo electrónico a fugitivos@policia.es


Noa Varela Varela
4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal