Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Da colmea á onda
Un apicultor e un programador informático da Coruña, Iñaki López e Pablo Branco, acaban de sacar ao mercado unha cera cento por cento natural para táboas de surf procedente dunhas colmeas de Monfero, en plena montaña coruñesa. Trátase dun produto que pretende ofrecer unha alternativa ecolóxica ao mercado dominado pola industria petroquímica, tal e como contaron a Efe os dous mozos que están detrás deste proxecto. A paixón polo surf foi o primeiro que uniu a Iñaki, que ademais de apicultor é artista plástico, e a Pablo, que tamén é fabricante de táboas de surf a pequena escala.
Os dous descubriron moi pronto que ademais do surf compartían certa "incontinencia creativa" da que, entre outras moitas ideas, saíu esta cera ecolóxica que, tras un ano de ensaio erro, acaba de ver a luz e que xa está no mercado en forma de pastilla e baixo o nome de Ula Onda. Iñaki conta Efe que todo comezou o día que decidiu "aproveitar" o excedente de cera que recollía da súa explotación apícola para elaborar unha de "uso persoal" para poder aplicar sobre a súa propia táboa.
Aínda que eles contan o proceso coma se tratásese dunha receita sinxela que calquera puidese elaborar na súa propia cociña -cera, aceite de oliva e resina de piñeiro-, dar coas cantidades apropiadas foi un traballo arduo de meses nos que se refugaron moitas pastillas que non cumprían as expectativas nin de Iñaki nin de Pablo. O ingrediente principal de Ula Onda -un 75%- é cera de opérculos, a máis apreciada de todas as ceras e a que empregan as abellas para recubrir a cela dos panales; de aí a pureza e exquisitez deste produto
Antes de colocar a primeira pastilla de Ula Onda no mercado, esta foi testeada por varios surfeiros profesionais que deron a súa "aprobación" tanto pola calidade como pola orixe do produto. "O feito de que se trate dunha cera fabricada por abellas do rural galego é un valor engadido que, quen a proba, teñen moi en conta", explica Iñaki. Non en balde o colectivo surfeiro é un firme defensor do medio ambiente e da contorna, así que, para moitos, utilizar este tipo de produto natural é #cuestión de coherencia.

Ester Barreira Cartelle, 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Cristiano volverá aos tribunais.
Cristiano Ronaldo volve estar na boca do lobo. Esta vez non por ningunha polémica ligada á Juventus ou o Real Madrid nin tampouco por defraudar a Facenda. Segundo indica o semanario alemán Der Spiegel, o portugués regresaría ós tribunais pola reapertura dun caso no que presuntamente violaría a unha muller en 2009 nun hotel en Las Vegas.

Camilo Blanco 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
A Universidade Popular oferta 140 cursos de formación con case 4.000 prazas
O Concello de Ourense presentou una nova edición da Universidade Popular, unha iniciativa que ano tras ano segue superando os seus propios rexistros. Esta vez os interesados en formarse en distintas alternativas poderán escoller entre 140 cursos, un 5,2 % máis que na pasada edición. Ademais, previuse un incremento nas matrículas, que este curso chegarán case ata cinco mil, o que permitirá incrementar nun 53 % o número de alumnos.
Así o confirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación da programación formativa, na que cobran una especial relevancia novas propostas. «Con elas abarcaremos temáticas tan diversas e tan de actualidade como a lei de protección de datos, ou uso dos desfibriladores, ou acoso escolar, a educación a través dos libros, a igualdade, a violencia de xénero ou a estimulación multisensorial dás persoas maiores», afirmou Jesús Vázquez, quen tamén adiantou que haberá outras opcións exitosas en anteriores edicións, como o ioga, a ximnasia hipopresiva ou o alemán.

Alba Osorio 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Unanimidade do Parlamento para reclamar que a Igrexa permita a visita gratuíta ao Pórtico da Gloria e as catedrais
O Parlamento galego acordou este xoves por unanimidade --após unha proposta do PSdeG-- instar á Xunta a que acorde coa Igrexa que se permita a visita libre e gratuíta ao Pórtico da Gloria, así como ás catedrais de Mondoñedo, Ourense e Tui polo menos catro días ao mes.

Na comisión de Cultura da Cámara, a deputada do PSdeG Concepción Burgo remarcou que deben estar polo menos catro días durante catro horas abertos ao público de forma gratuíta en cumprimento da lei de patrimonio cultural de Galicia.
Respecto diso, Burgo denuncia "unha situación de absoluta inxustiza que a Xunta tolera porque lle tolera todo á Igrexa" e "non se pode tolerar que incumpra a lei de patrimonio", mentres lembra que, por exemplo, a Catedral de Santiago xestiona 17 millóns de euros en axudas públicas.
"Considero que non se debe cobrar en ningún momento, pero imos por partes e comecemos por pedir que cumpran a lei e abran as catedrais e tamén o Pórtico da Gloria", apunta.
Neste sentido, carga contra o que considera avaricia dos responsables do templo compostelán por querer cobrar 10 euros pola visita ao Pórtico da Gloria, mentres indica que "as desculpas do Cabildo e da Fundación da Catedral" por cobrar entrada "non serven".
De tal forma, insta ao Goberno galego a que traslade na comisión mixta Xunta-Igrexa a demanda de que cumpra coa lei de patrimonio e para lembrarlle que "todos os cidadáns" son "iguais ante a lei".


Eva Muñiz Outeiriño 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
«A derradeira leición do mestre» de Castelao inicia a súa viaxe dende Buenos Aires a Galicia.
Técnicos e especialistas descolgaron e embalaron onte o cadro A derradeira leición do mestre, de Castelao, para iniciar o seu traslado dende Buenos Aires a Galicia. A obra será a peza principal da mostra Castelao maxistral, que se inaugurará na Cidade da Cultura o vindeiro 5 de outubro e que se poderá visitar ata o 3 de marzo do 2019. Segundo informou onte a Xunta, o comezo da viaxe do cadro «levouse a cabo coas maiores condicións de seguridade e baixo os estándares profesionais máis elevados». O óleo ten máis de dous metros de altura e nunca saíra do Centro Galicia de Buenos Aires. A súa presenza na mostra compostelá realizarase en virtude dun acordo de cesión temporal para a súa exhibición e regresará á Arxentina unha vez clausurada a exposición.

Aitana Lanzós Gómez, 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Un videoxogo galego para achegar a ciencia a todo o mundo
Un equipo do Departamento de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración de profesorado de educación secundaria, está a desenvolver un videoxogo cuxo obxectivo é achegar a ciencia a todo tipo de público combinando estratexia e coñecementos.
A base do xogo —en fase de desenvolvemento— será un taboleiro formado por hexágonos combinado con preguntas. Combinado dunha forma “ amena e coloquial diversas temáticas”
Ademais, cada pregunta leva consigo a súa explicación, que se mostrarán igualmente cunha linguaxe simple. Cada materia científica terá o seu propio videoxogo específico, aínda que esta primeira fase da iniciativa, estará baseada nas matemáticas. A dificultade será axustable a todas as idades, dende a infancia ata a Universidade ou para un público xeral.
Os avances que experimente o proxecto poderanse consultar na súa web (http://www.usc.es/gl/proxectos/mathex).

Lucía Alvarellos Garea, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-09-2018 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Caballero di que "toda Galicia virá ver" a iluminación do Nadal de Vigo

"Toda Galicia vai vir a Vigo, e tanta xente de toda España", presumiu o rexedor olívico, quen asegurou que o Concello está a recibir chamadas de "ducias de axencias de viaxe" que queren xestionar visitas á cidade.

Segundo sinalou Abel Caballero, Vigo está "a calar" como un destino turístico do Nadal, "e iso é economía e emprego". "Vén toda Galicia, e cando os visitantes de fóra volven á súa cidade, botan de menos Vigo, e pensan 'que pena, non temos o que ten Vigo'", presumiu o rexedor.

Ademais, lembrou que as festas do Nadal na cidade contarán con "moitas actividades", así como coa instalación dun "belén monumental", como o ano pasado, que foi visitado por 45.000 persoas. A todas as iniciativas previstas sumarase a Cabalgata de Reyes, cuxo tema nesta edición será "os espectáculos infantís".


Beatriz Ribeiro Pereira
4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
A literatura é unha actividade política

Iridium é a nova novela de Francisco Castro (Vigo, 1966). En apenas dez días esgotou a súa primeira edición. O escritor fai un alto no camiño de presentacións que o leva por toda Galicia para falarnos do proceso creativo, do seu labor á fronte de Galaxia e das fortalezas e necesidades do panorama literario galego. Vela ai un extracto da entrevista publicada no número 315 de Sermos Galicia.

O obxectivo primeiro é escribir un bo libro, iso sempre, é dicir, o primeiro que lle pido, como editor, a calquera que me presenta un libro é que sexa un bo libro e o primeiro que me esixo a min como escritor é facer unha boa novela, independentemente de que despois, ademáis, busque cousas. Creo que a literatura é unha actividade política. Non creo a quen di que fai literatura como simple entretemento, aínda que a literatura tamén sexa entretemento. Adoptar esa posición de “eu fago literatura e non me comprometo con nada, non trato temas delicados e non me posiciono” é tamén unha maneira de facer política. Falo aquí de política no seu sentido máis grego, polis, cidadanía, e a min interésame moito, con este libro, transmitir a idea de que por riba das etiquetas hai persoas. As persoas con dano cerebral adquirido adoitan ser invisíbeis ou están colectivizadas. Esta é unha novela que fala dunha persoa que se comporta como unha persoa: namora, cabréase, decepciónase, ilusiónase… Fai todo o que fai calquera persoa e resulta que, ademais, ten dano cerebral. Por iso non é gratuíto que eu a converta nunha raíña de Instagram.


Ricardo Tornero Belloso
4ºESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2018 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
A POBOACIÓN GALEGA, A MÁIS AMEAZADA POLOS INCENDIOS FORESTAIS

Dos 99 incendios que o ano pasado ameazaron as casas do país, 21 deles tiveron lugar en Galicia.


Entre os 100 concellos que máis incendios rexistran no seu territorio encontramos a localidade ourensana e outros 73 concellos galegos, que dado isto levan anos marcados en vermello no mapa forestal do Goberno.
Galicia é en conxunto a comunidade con máis incendios que afectan directamente a poboación.


A época de máximo risco estival e do 15 de xuño ao 31 de outubro, dado que aínda estamos a finais de setembro e debido tamén as escasas choivas,a alerta seguirá sendo alta pola nosa comunidade.


Paloma González González
4ªB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
OLEADA DE ROUBOS NOS ALBERGUES

A indignación non para de crecer en numerosos albergues para peregrinos, tanto de Santiago cidade como da comarca, ante a gran oleada de roubos que sofren por parte dun mozo que xa foi detido varias veces, aínda que ás poucas horas queda libre e volve ás andadas.

A semana foi moi atarefada para o principal sospeitoso de cometer ditos roubos. Nun dos albergues foi sorprendido, en torno ás 20.30 horas, polo responsable do mesmo, que logrou atrapalo ata que chegou a Policía. Pouco despois soubo que quedara de novo en liberdade nada máis comparecer ante o xuíz.




Paula Vázquez Dacruz
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2018 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal