EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A obstinación de Piqué fai que chegue unha crise política a Selección Española
Nas roldas de prensa de Sergio Ramos e Julen Lopetegui, os periodistas asaltáronlles con preguntas sobre a declaracións de Gerard Piqué

O chamamento de Gerard Pique a votar no referéndum convocado ilegalmente polo Goberno catalán aproxima á selección española de fútbol ao vórtice político. O xogador do Barcelona manifestouse este xoves a través de Twitter, á mantenta da consulta disposta para o vindeiro domingo. Culpa da súa obstinación, as súas declaracións levan a crise catalá á selección española.

Un pouco despois, nunha presentación de roupa, a Sergio Ramos, capitán da Selección Española, preguntáronlle polo tuit do seu compañeiro, el dixo que non axuda moito a mellorar a súa relación cós fans máis críticos. Ademais de Sergio Ramos, Lopetegui tamén foi asaltado polos periodistas sobre este tema, no que defende que o defensa do Barça ten dereito a expresarse como cidadán a favor do referéndum
catalán sen que iso exclúalle do equipo nacional.

“Estou moi contento de volver”, dixo onte Pique, ao coñecer a convocatoria. “Xogar coa selección sempre é un orgullo e unha motivación enorme”. Entende, que ser libre de expresar as súas opinións non lle impide xogar coa selección. O central cre que o referéndum pactado é a mellor maneira de resolver o conflito soberanista. O balbordo que xerou a súa intervención reflicte a dimensión do personaxe.

No que todos están á espera é do comportamento do público que estará presente na práctica do luns (que estará aberta ao público a partir das 19.00 horas) . El seleccionador, Julen Lopetegui, non quere que as presións externas alteren o seu programa.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar, 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2017 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Pepe Mel no punto de mira
“Tres puntos máis que importantes”

O Deportivo gañou este sábado o seu partido da liga fronte ao Xetafe. A Coruña presenciaba o que podía ser o último partido de Pepe Mel como adestrador do conxunto coruñés, despois de encadear só unha vitoria e un empate nas seis xornadas disputadas, deixando así cinco encontros perdidos no calendario. Era un momento crítico e os afeccionados esixían que o seu equipo gañase ao conxunto madrileño.

Os visitantes adiantábanse no marcador despois dunha primeira parte sen goles. No minuto 66´ Juanfran asistía a Lucas Pérez para que marcase o seu primeiro gol co Deportivo desde que volveu do Arsenal. Non foi ata o minuto 87´ cando Andone, 20 minutos despois de entrar no campo, lle deu a vitoria ao equipo local.

Pepe Mel continúa dirixindo ao conxunto branquiazul e de momento conta co apoio da plantilla. O próximo encontro será na Copa do Rei contra As Palmas.

Rodrigo Míguez Fernández, 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2017 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Unha experiencia teatral
O día 3 de outubro, ás 18.00h, no Campus de
Ourense, inaugúrase o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil baixo o título “O Teatro e as súas potencialidades na educación infantil”.

Co obxectivo primordial de dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para
achegar o teatro á infancia e á adolescencia e
valorar o uso da práctica teatral na práctica
docente e na formación da infancia, desenvolveranse as seguintes conferencias:

 ¿Qué facemos co teatro?, por Paula
Carballeira.
 Teatro, unha ferramenta imprescindible
no ensino, por Raquel Castro.
 Escribir teatro dende o anfiteatro, por
Antón Cortizas.
 Teatro para ler, teatro para pensar, por Carlos Labraña.
 Normalización da lingua, identidade e literatura, por Manuel Núñez Singala.
 Literatura infantil e dramatización, por Sabela Gago, directora do grupo Sarabela Teatro.

Ademais, no acto de inauguración contarán coa actuación do grupo 2naFronteira, formado por Carmen Penín e Maurizio Polsinelli. Dúo italo-
galego de voz, piano e harmonio, que constitúen unha das propostas máis orixinais, innovadoras e de calidade do panorama musical galego actual.

A entrada é libre.

Clara María Domínguez Iglesias, 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2017 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Retraso na apertura do novo edificio do CHUO
Tras casi un ano de espera, vólvese a aprazar o traslado dos pacientes ao edificio sanitario novo debido á falta de licencia de ocupación nos prazos esperados, e unha vez máis, a pesar do plan inicial de comezar o traslado dos pacientes no mes de setembro, volve a ser anunciado un leve retraso da apertura, e non será ata mediados de outubro que veremos o novo hospital en funcionamento.

Estanse realizando xa as últimas probas que son necesarias para realizar un informe definitivo do edificio e da súa seguridade, o cal é necesario para ter o visto bo no traslado dos pacientes e de profesionais.

Os Bombeiros do Concello de Ourense rematarán mañá mesmo de confirmar a seguridade da construción a través de dous simulacros. Nestes simulacos controlaranse os tempos no interior do edificio e levarán a algúns dos futuros médicos e enfermeiros alí para que comecen a coñecer o que será o seu lugar de traballo nos próximos anos.

Esta apertura levará ao inicio de obras para a modernización do edificio antigo, especialmente na área materno infantil e na zona de consultas. Tamén se eliminarán as habitacións triples.

Mª José León Fernández-Reyes, 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2017 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chus PATO ingresa na REAL ACADEMIA GALEGA
Claridade de xuízo

Entendo que a vida é o que vivimos: esta a túa a miña a nosa vida
entendo que un poema é pobreza si se mide coa vida
entendo que é pausa
que por un instante separa a vida de si
que pesa e fai balance
esguiza os sentidos
impropio
un vértice corpóreo
Entendo que é aceso ao intelecto
Así o entendo
que o poema indica a desconexión entre melodía e sentido
Entendo que un poema só se escribe con versos finais
Desfonda o idioma
desfonda a vida


Este é un dos poemas da poetisa ourensá CHUS PATO. Esta acaba de ser electa como membro da REAL ACADEMIA GALEGA. Xa é unha muller máis dentro dun grupo escollido de membros con cátedra e correspondentes maiormente homes. A súa valía humana e o seu valer lírico son incuestionábeis e supoñen un orgullo para a nosa cidade, a AURIA das LETRAS desde hai máis de cen anos.

Déamoslle a benvida e saudemos as súas creacións, traducidas en varias linguas por todo o mundo.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-09-2017 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal