Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIOS DA CULTURA GALEGA PARA FINA CASALDERREY, MIGUELANXO PRADO E IGNACIO VILAR
O xurado recoñeceu figuras e entidades de consolidada traxectoria no mundo da cultura: a escritora Fina Casalderrey no apartado de Letras, o debuxante Miguelanxo Prado en Artes Plásticas, a actriz María Bouzas en Artes Escénicas, o cineasta Ignacio Vilar en Audiovisual, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol (Música), a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Lingua), a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Patrimonio Cultural), e a galicianista americana Kathleen March (Promoción Exterior).

Estes son os premios que substituíron aos Premios Nacionais da Cultura que instituiu o Goberno bipartito, dos que só chegou a celebrarse unha edición. Estes galardóns recoñecían dez modalidades, cuxos únicos gañadores foron Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e espazos públicos), Francisco Leiro (Artes visuais), Margarita Ledo (Cine e audiovisual), Museo do Pobo Galego (Cultura tradicional e de base), Xosé Luís Méndez Ferrín (Literatura), Francisco Díaz-Fierros (Pensamento e Cultura científica, a remodelación urbana de Pontevedra (Patrimonio cultural), Mercedes Peón (Música), o Laboratorio de Formas (Iniciativa cultural) e Manuel Lourenzo (Artes escénicas).

Sandra Tornero Belloso, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-09-2015 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDOS Á ACTIVIDADE VOLUNTARIA BLOGUEIRA

OLA A TOD@S OS VOLUNTARIOS DE GALEGO.

Tamén chamad@s FORZA GUE, a forza do G de galego para todo aquel alumnado de secundaria e bch que desexe fomentar esta lingua a través das redes.

Os requisitos son poucos:

1) Participación seria
2) Unha nova por semana enviada por correo aos distintos coordinadores, grupo de veteranos que manexan con rapidez e solvencia o choio.
3) Os blogueir@s deben apuntarse nas aulas de galego, deben comprometerse todo ano, excepto ausencia por causas maiores: exames, viaxes, enfermidade, etc... DEBEN REDACTAR UNHA NOVA DE TEMA LIBRE NON CENSURABLE EN GALEGO ESTÁNDAR OU CULTO e débena acompañar de dous arquivos nese correo: un arquivo para o texto xa editado e formateado en procesador de texto WORD, non en PDF por se hai que modificalo e outro arquivo cunha imaxe con límite de tamaño para web de 150 KB. Tamén pode ir engadido a maiores un enlace URL para visionar un vídeo ou linkear unha páxina de interese. Ese correo semanal, o prazo de entrega será cada sábado pola mañá, debe remitirse ao coordinador para que o suba esa tarde de sábado.

4) Os coordinadores terán clave para acceso eventual e edición.
5) A responsabilidade máxima do Blog corresponde ao Equipo de Dinamización Liingüística e ao Departamento de Lingua e literatura galega.

ÁNIMO, TEDES DE PRAZO PARA APUNTARVOS NAS LISTAS QUE CUBRIRÁN OS DELEGADOS DE CLASE ATÉ O 15 DE OUTUBRO.

BENVID@S DE NOVO OU POR PRIMEIRA VEZ AO FOMENTO DO GALEGO NAS REDES.

Sabedes que o noso blog estará enlazado de forma permanente con LÚA DIXITAL e coa páxina web do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense.

Ah, e os TEMAS SON LIBRES pero coidado con repetirse. Aí deben estar atentos todos pero sobre todos os coordinadores.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-09-2015 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Benvidos ao Novo curso!
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-09-2015 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo curso que chega!!!

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-09-2015 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal