EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

María Ayane e Iria Rodríguez, campioas galegas de acuatlón.
A. L. María Ayane Ahmed, do Club de Tríatlon Mar de Vigo, na categoría infantil, e Iria Rodríguez, do Club de Atletismo Porriño, na cadete, proclamáronse campioas galegas de acuatlón no Desafío Pastor Illas Cíes que se está disputou o fin de semana pasado. Ambas dominaron as probas que se disputaron pola tarde en O Vao. As dúas demostraron atoparse nun gran momento de forma. Iria Rodríguez tivo problemas no segmento de natación, pero logrou recuperarse tras perder o liderado da proba.

Noutras categorías, Vitoria Cons (Pontevedra) e Iago Otero (Compostela) impuxéronse na categoría benxamín. Elsa Pena (Club Atletismo Porriño) e Roi Dopico (Tríatlon Ferrol) foron os mellores en alevíns. Jorge González (Riveira) foi o ganador en infantís e Alejandro Pardo (Fogar) en cadetes.

Sara Fernández Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-09-2015 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Emerxencias usará drones para buscar desaparecidos.
A Xunta compra por 60.379 euros dúas aeronaves non tripuladas para xestionar situacións de urxencia. As procuras de desaparecidos serán algo menos complicadas e custosas a partir de agora. A Axencia de Emerxencias de Galicia (Axega) adquiriu drones que, entre outras tarefas, usaranse para detectar persoas perdidas. Estas aeronaves funcionan cunha cámara de video de alta definición e outra termográfica, que transmitirán en tempo real aos seus operadores dous tipos de imaxes. “Esta tecnoloxía, permitiranos localizar desde o aire a alguén que caeu nunha zona con moitas árbores, sempre que permaneza con vida” explica o xerente da Xunta, Juan José Muñoz.
Mentres non cambie a normativa actual, quen as manexe non poderá afastalas de si máis de medio quilómetro. E tampouco empregalas de noite. Con todo, aclara Muñoz, un artigo das disposicións legais vixentes habilitaraos para saltarse esas regras en supostos de grave risco, así como para a protección e socorro de persoas e bens nos casos en que ditas situación prodúzanse.

Antía Ramos Gallego 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-09-2015 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Formando ós opositores.
José Luis Rodríguez Ureña mantén o seu compromiso galeguista e a súa paixón pola docencia.
Nesta segunda actividade comparte proxecto coa súa filla, que está vencellada á iniciativa que o seu pai puxo en marcha no outono de 1986.Como ben lembra Ureña: «O 1 de novembro de 1986 creouse a Academia Castelao».
O nome do seu proxecto docente foi unha escolla comprometida: «Cada un tende a ser o que pensa e o seu era elexir unha denominación vencellada a representantes sobranceiros do noso país. Castelao foi docente intelectual e político. Pero podería ter escollido outros mestres ou persoeiros que tiveron a súa importancia no maxisterio e no ensino en xeral, como Risco, Otero Pedrayo e outras figuras”.
Ureña conta que polas salas da academia colgan varios retratos de Castelao e de escritores e intelectuais galegos.
Recoñece o veterano que a ourensá é unha provincia de opositores: «Aquí hai pouca industria e a xuventude, na súa maior parte, escolleu ese camiño». Unha saída laboral, a de marchar.
Pai e filla lembran que Maxisterio e Xustiza son historicamente as oposicións con máis alumnos na Academia Castelao. Mais Ureña asegura que cada vez a demanda é menor, xa que os mozos recén licenciados emigran para Inglaterra e o resto de Europa porque a isto non lle ven futuro.
Rodríguez Ureña mantén o seu compromiso co nacionalismo, e confesa que aposta por unha candidatura de unidade.

Nuria Vázquez Gómez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-09-2015 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
O eclipse de superlúa poderá observarse desde Galicia.
Un novo espectáculo astronómico asombrará ao mundo a madrugada de luns 28 de setembro. O esperado eclipse total de lúa coincidirá nesta ocasión coa lúa chea e, debido a que o satélite atoparase de novo no punto máis próximo á Terra, poderemos observar unha lúa moito máis grande e brillante do habitual. É dicir, nunha mesma noite poderemos apreciar un eclipse total de superlúa chea. O mellor de todo é que segundo as predicciones meteorolóxicas este peculiar fenómeno poderá observarse sen problemas desde case calquera punto de Galicia.

Quen queiran presenciar o eclipse e a superlúa terán que irse moi tarde a cama ou espertarse cedo porque o primeiro contacto co cono de penumbra producirase ás 2.12 horas do 28 de setembro, pero non será ata as 3.07 horas cando comece o eclipse parcial. O eclipse total producirase unha hora despois e, segundo se estima, a superlúa permanecerá eclipsada ata as 5.23 horas.

Contrario ao que se esperaba, a lúa non desaparecerá por completo, senón que mostrará algunhas tonalidades avermelladas e cobrizas como consecuencia dos raios da luz do sol que a atmosfera desvía ao satélite natural.
Este fenómeno astronómico non se repetirá en Galicia ata dentro de seis anos, exactamente o 10 de xuño do 2021.

Cristina Rey Pérez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-09-2015 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
Os gandeiros ameazan con protestas se se viola o acordo.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego asegurou onte, dous días despois da firma do acordo en Madrid, que o pacto alcanzado supón un engano ao conxunto dos gandeiros galegos e advertiu de que, no caso de que se incumpra o pactado, volverán á carga contra as empresas que infrinxan os puntos do documento, que entra en vigor o próximo 4 de outubro. Un texto que, a xuízo de Anxo Escariz, un dos portavoces desta plataforma de gandeiros, «non reflicte as nosas demandas, nin inclúe as emendas propostas polos produtores» para garantir a mínima viabilidade das granxas de leite. Unha tese compartida polos sindicatos maioritarios que non asinaron o mércores en Madrid: UPA.

A pesar de que o novo rumbo trazado para o sector por parte do Goberno, a industria e a distribución conta co apoio do sindicato Asaja e das cooperativas, en gran parte da base gandeira galega segue reinando a desconfianza.

Os representantes da plataforma lembran que hai declaracións na que altos cargos das Administracións central e autonómica comprométense a facer cumprir o acordo. «Nestes momentos hai xa flagrantes incumprimentos mesmos do documento asinado», aseguraron desde a plataforma. O sector está agora á espera de ver como concreta o ministerio o decreto que desenvolverá o pacto alcanzado en Madrid e que será determinante para ver se, de forma definitiva, recupéranse os prezos en orixe.

Paola Dacasa Mazaira, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2015 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Piden 300 anos de cárcere para os 20 membros do clan Roma que serán xulgados por narcotráfico
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará desde o xoves 1 de outubro un macroxuízo contra 20 membros do clan Roma, unha suposta rede de narcotráfico desarticulada en outubro de 2007 tras sementar fardos de cocaína nas Rías Baixas na súa fuxida das forzas de seguridade. Para eles, a Fiscalía pide penas que suman uns 300 anos de cárcere, así como multas multimillonarias.

O Ministerio Público dá por probado que os acusados formaban parte de «unha organización criminal» que tiña como finalidade a introdución en España e o tráfico ilícito de substancias estupefacientes, principalmente cocaína.

Esgrime que a suposta rede contaba cunha estruturación «xerarquizada» e «cunha precisa repartición» de funcións. En función da responsabilidade, o fiscal determina penas de prisión que varían entre os cinco e os 27 anos.

É o suposto xefe, o arousán José Ramiro Vázquez Roma, recibe as peticións máis duras da Fiscalía: 27 anos de prisión e tres multas que ascenden a 604 millóns de euros.

En concreto, demanda para el 13 anos de prisión e dúas multas de 300 millóns de euros cada unha por un delito contra a saúde pública, oito anos por pertenza a unha organización criminal coa condición de xefe da mesma, e seis anos de prisión, así como unha sanción de catro millóns de euros, polo delito continuado de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas.

O xuízo, que está previsto que dure unha gran parte do mes, arrincará o día 1 coas cuestións previas; as declaracións dos acusados serán os días 5 e 6 de outubro, e, a partir de aí, terán lugar as testificales.

Lucía Dafonte Navaza, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2015 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Industria esixiralle a Seat que devolva as axudas que recibiu polos coches manipulados
O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, anunciou que o Goberno pedirá a Seat a devolución das axudas por incentivos ao vehículo eficiente naquelas unidades que se venderon en España co software de Volkswagen que trucaba as emisións.

Soria explicou que o Goberno está á espera de que o grupo ofreza a cifra de vehículos que foron fabricados en España marca Seat co software que truca as emisións. "Para que nos digan non só cantos se fabricaron, senón cantos foron vendidos no país e fóra do país", aseverou.

O ministro afirmou que o grupo Volkswagen asegúralle que o caso das emisións polo software trucado non afectará os investimentos de 3.300 millóns de euros que a compañía anunciara en España.

Kelly Pousa Veloso, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2015 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Fría e con mal de altura
Fáltalle osíxeno? Emocional. Como no mal de altura, e como ocorre a algúns dos alpinistas protagonistas, ao islandés Baltasar Kormákur faltoulle a botella de osíxeno para dotar á súa oferta de algo máis que impactantes tomas aéreas nevadas. De pouco vale recrear o ocorrido no Everest (o 10 de maio de 1996, coa morte de oito alpinistas), se o grupo humano que vemos en pantalla renquea -e con algúns dos seus membros liquidados dunha plumada ou case-. Os personaxes principais teñen corpo, mentres os secundarios apenas cobren o seu esqueleto.

A maiores está a pregunta de «que me queres contar, Baltasar»?. Se a resposta é «mostrar unha traxedia real», a dor que intenta provocar liquídase cun simple analxésico. Se a opción é quedar en cine de xénero, fraquea, xa que ao estar condicionado o suspense por un desenlace fatal previamente coñecido, o guion non foi capaz de trazar senllas alternativas polas que encarrilar o espectáculo en ritmo e ton, algo que o mesmo autor demostrara en 2 Guns (2013).

Martín Pérez Rodríguez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2015 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Europa é un continente plurilingüe no que existen arredor de 200 linguas nativas, 24 recoñecidas oficialmente e unhas 60 rexionais ou minoritarias. Co fin de poñer en valor e dar a coñecer esta riqueza, o sábado 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas, unha conmemoración que organizan conxuntamente o Consello de Europa e a Unión Europea dende hai xa catorce anos, coa que se pretende presentar e fomentar a gran diversidade cultural e lingüística, así como incrementar o grao de entendemento a través do impulso da aprendizaxe de linguas entre a cidadanía europea.

Na súa condición de comunidade oficialmente bilingüe, Galicia achega, neste contexto, un elemento valioso para súa diversidade, o galego. Así, a Xunta sumouse un ano máis ao festexo -xunto a outras moitas institucións e organismos europeos- poñendo á disposición da cidadanía varios recursos na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cos que achegarse á diversidade idiomática de Europa dende o galego.

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, manifestou a súa adhesión ao Día Europeo das Linguas nunha declaración que pon énfase nos retos de futuro para o galego no contexto actual. «No caso concreto da nosa comunidade, unha das transformacións á que aspiramos consiste en lograr que a lingua que foi o código de expresión das persoas que habitaron Galicia durante os mil últimos anos estea en condicións de seguilo a ser durante os mil anos futuros como vehículo de comunicación útil e dinámico», proclamou o documento.

Patricia González Fernández, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 27-09-2015 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Os gandeiros galegos quentan motores para retomar os protestos en outubro.
Os gandeiros galegos volverán mobilizarse en outubro se desde agora até entón comproban que se manteñen os baixos prezos do leite. Este é un dos acordos atinxidos na xuntanza da Plataforma en defensa do sector lácteo galego que decorreu esta sexta feira en Compostela. Os produtores van exercer unha “vixiancia férrea” sobre a industria e distribución, así como sobre os primeiros compradores. “Os motores dos tractores seguen encendidos”, manifestou un representante do sector sobre a posibilidade de retomrar as tractoradas.

A maior parte dos gandeiros galegos rexeitan o acordo asinado esta semana en Madrid, unha oposición que argumentan en base a que ese documento só é unha “mera declaración de intencións” que non recolle nin prezos dignos para o leite, nin medidas sancionadporas por incumprimentos.

Andrea Marquina Rodríguez, 2º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-09-2015 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal