EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galego+internet.
Hoxe en día a internet forma parte das nosas vidas, e unha manifestación clara da súa influencia son as redes sociais. Vista a gran influencia deste medio, resulta unha ferramenta moi proveitosa para o coñecemento e difusión do galego, vehículo de comunicación que continuamos empregando máis da metade dos galegos. Consonte ó anterior temos unha boa nova para o galego, Twitter en galego! Aparecía hoxe no xornal gratuíto “ De Luns a Venres”, onde se informaba do debut da interface na nosa lingua. Todo isto grazas a que moita xente no seu día a día, independentemente de que a interface estivera noutra lingua, decidía empregar a súa lingua e deixar un chisquiño de Galicia en cada tweet, conseguindo deste xeito que xa en 2009 o galego estivera entre as 25 linguas máis empregadas en Twitter. Grazas a esta constancia dos galegos xurdiu a iniciativa dunha recollida de sinaturas entre os usuarios para acadar esta meta.

Mais a importancia de todo isto non debe residir na creación de interfaces, senón que se xorden este tipo de iniciativas é grazas a cada persoa que decide empregar o galego, ben sexa en Twitter, ou nas dispoñibles versións en galego de Facebook ou Tuenti. E é que o galego chegará alá onde nós decidamos levalo.

Noticia: http://www.galiciae.com/nova/198971.html

Alba Muñoz López (estudante de Grao en Lingua e literatura galegas)
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-09-2012 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Ano Roberto Vidal Bolaño
BENVIDOS AO NOVO BLOG EDLg!


Comeza un Novo curso e pomos en funcionamento desde o departamento de lingua galega e literatura o noso blog dedicado ao fomento da lingua e literatura galega.

Este ano teremos novos colaboradores e coordinadores aos que de antemán saudamos e damos a benvida. Ducias de alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense que navegaran pola rede e polos vieiros da noticia a procura de calquera infor ación de interese feita en galego.

Este ano lembraremos a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, no tempo da súa merecida homenaxe como un dos piares onde se cimenta o teatro profesional galego moderno.

Longa vida ao teatro e salutem plurinam, don Roberto.

Para máis información, velaí vai a URL recomendada.

Roberto Vidal Bolaño
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2012 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal