Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un médico vigués sen máis experiencia gaña o Premio Xerais de Novela
«A ira dos mansos é unha novela negra cun acusado enfoque social, que supón, para o protagonista e para as persoas que a lemos, unha viaxe de superación de moitos prexuízos. Cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión, as palabras das súas páxinas derruban as barreiras emocionais do personaxe principal», di o xurado dos Premios Xerais para referirse a A ira dos mansos, a novela de Manuel Esteban Domínguez gañadora na edición deste ano.

A gala literaria de Xerais consistiu nun acto literario-musical, celebrado no auditorio da illa de San Simón. Á velada asistiron arredor de tres centas persoas, entre as que se atopaban Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Xosé Antonio Perozo, presidente de GALIX; Xosé Ballesteros Rei, presidente da Asociación Galega de Editoras; e Antón Pedreira, vicepresidente da Federación de librarías de Galicia, entre outras persoas.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-06-2016 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas novas rutas dos trens turísticos de Galicia súmanse ás sete clásicas
A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, enxalzou este sábado as dúas novas rutas que se suman ás sete clásicas e ao tren peregrino nesta cuarta edición dos trens turísticos de Galicia, que comezará o próximo sábado 11 de xuño coa ruta dos faros, que percorre parte da costa coruñesa e lucense.

En concreto, trátase dun total de nove rutas que percorren en tren a xeografía galega: a ruta polos pazos e xardíns históricos de Galicia; a dos faros; a do viño das Rías Baixas; a dos viños de O Ribeiro-Rías Baixas; a do viño da Ribeira Sacra; a do viño de Monterrei; a dos viños de Valdeorras-Ribeira Sacra; a termal e do Camiño do Norte; e a da lamprea e o viño do Condado do Tea.

A continuación, a ministra de Fomento en funcións explicou que as rutas que duran un día realizarán un total de 55 saídas durante este verán e o comezo do outono, mentres que o tren peregrino fará catro -- de cinco días cada unha -- nos meses de xullo e agosto. En concreto, este último tren viaxará dende Madrid a Santiago e durante o percorrido os viaxeiros poderán realizar tres etapas do Camiño a pé ou en bici.

Deseguido, sinalou que se volverá poñer en marcha o bono 'Galicia Rail Pass', que permite viaxes ilimitadas durante tres días en servizos de media distancia, convencional, longa distancia, Avant e Renfe Feve.

Tras detallar estes servizos, enumerou os datos do pasado ano. Así, no 2015 producíronse un total de 57 saídas dos trens que realizaban rutas dun día, a ocupación media do cal ascendeu ao 88 por cento. Pola súa banda, o tren peregrino realizou un total de catro saídas e logrou unha ocupación media do 100 por cento.

Así mesmo, Ana Pastor tamén se referiu a outros trens que, ademais de percorrer Galicia, tamén percorren a xeografía española: o tren Al Andalus, ao Transcantábrico Clásico e o Transcantábrico Gran Lujo. o primeiro está considerado o tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-06-2016 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Asuntos Internos investiga a dous policías en busca de tres armas
Os policías adscritos á unidade de Asuntos Internos, encargados de investigacións relacionadas coa corrupción policial, seguen na Comisaría de Ourense. Regresaron á cidade tras coñecerse que o policía que se quitou a vida no seu despacho de traballo do 10 de abril autoinculpouse na substracción de seis armas no búnker de custodia (armeiro), facilitando só a recuperación de tres delas.

Ese mesmo policía, a través do correo electrónico e mensaxes telefónicas, entonaba o "miña culpa" na investigación que deu pé a que Asuntos Internos estivese o pasado ano na Comisaría e instruíse a chamada operación Zamburiña contra o tráfico de drogas, na que catro policías figuran como imputados por facer a vista gorda con algún suposto traficante da cidade. Asuntos Internos iniciou unha nova investigación para saber si o axente falecido, Celso B. A. (48 anos), contou con algún colaborador dentro da Comisaría para substraer as armas, o asunto de fondo que atraeu aos policías de Madrid a Ourense. A finais da pasada semana, inspeccionouse de novo as taquillas policiais, pero nesta ocasión só dúas. As pertencentes a dous inspectores amigos do axente morto, un deles xefe de Celso B. fai anos e actualmente de baixa. Así mesmo, inspeccionaron un despacho, pero non atoparon nada anómalo.

Fontes policiais aseguran que non se sabe de certo canto tempo seguirán estes axentes en Ourense. Polo momento, na substracción das armas figura como único responsable o axente que se quitou a vida, precisamente cunha delas. Así mesmo, por orde xudicial, se inspeccionou o ordenador que utilizaba a vítima, así como o seu teléfono móbil. Fontes policiais cren que as tres armas que faltan por localizar serán difíciles de atopar dado o tempo transcorrido.

Nuria Vázquez Gómez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-06-2016 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal