Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Multimillonario pretende ser inmortal converténdose nun robot
O 15 e 16 de xuño celebrarase en EEUU o congreso internacional ‘Futuro Global 2045’. O seu organizador, o empresario ruso Dmitri Itskov, que tamén impulsou o proxecto Rusia 2045, está convencido de que dentro duns trinta anos a humanidade terá logrado o xeito de vivir para sempre.

No marco do congreso Futuro Global 2045, os participantes non só discutirán a modernización espiritual da humanidade, senón que tamén mostrarán as novas tecnoloxías que deberán formar a base para unha revolución técnico-científica.
O inspirador principal do congreso é o empresario Dmitri Itskov, un mozo multimillonario ruso, que pretende vivir para sempre a través dunha copia robótica de si mesmo, á que transplantaría a súa propia mente. Iso é o que se propoñen el e as máis de 38.000 persoas que se inscribiron á Iniciativa 2045.

"Cremos que non só é posible senón tamén necesario vencer o envellecemento e mesmo a morte e superar os límites fundamentais da capacidade física e mental humana", proclama un manifesto de Rusia 2045.

"Os organismos artificiais non necesitarán os recursos que nós necesitamos actualmente para manter a vida. As persoas serán capaces de vivir fóra do noso planeta. Un corpo artificial pode existir en planetas onde o corpo biolóxico non pode sobrevivir", debuxa o seu futuro ideal Itskov.

Itskov está convencido de que o seu proxecto non dividirá a futura sociedade do planeta entre persoas ricas inmortais e pobres mortais. Cre, ao contrario, que as altas tecnoloxías axudarán a prolongar a vida das persoas correntes.

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-06-2015 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Dous reos foxen dunha prisión de máxima seguridade de Nova Iork.
A policía estadounidense busca a dous condenados por asasinato que escaparon da maior prisión de máxima seguridade do estado de Nova Iork tras perforar as paredes das súas celas con ferramentas eléctricas.

Richard Matt, de 48 anos, e David Sweat, de 34, fuxiron do cárcere Clinton Correctional Facility para homes en Dannemora durante a noite do venres e a súa ausencia foi detectada cando se pasou revista pola mañá, dixo a policía.

"Trátase de dous individuos perigosos, un foi encarcerado por matar un sherif", dixo o gobernador de Nova Iork, Andrew Cuomo, dende o centro penitenciario. Máis de 200 policías apoiados por unidades especializadas e helicópteros buscaban o domingo os dous prófugos. Ao parecer, os reos deixaron unha nota que rezaba "Que pasen un bo día".

Utilizaron ferramentas eléctricas para perforar paredes e canalizacións e deixaron nas súas camas vultos de roupa para facer crer que durmían. Segundo Cuomo, é a primeira vez que se produce unha fuga nesta parte da prisión, en servizo dende 1845 e que alberga uns 3.000 prisioneiros. As autoridades descoñecen por agora se contaron coa axuda de cómplices.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-06-2015 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
A Fundación Alexandre Bóveda reclama a anulación da sentenza que o condenou a morte
A Fundación Alexandre Bóveda rexistrou na Subdelegación do Goberno de Pontevedra a solicitude de declaración de reparación e recoñecemento persoal da figura do nacionalista. Unha delegación da entidade na que participaron o neto de Bóveda, Valentín García Bóveda, o concelleiro de Pontevedra, Luís Bará, ademais de Ernesto Vázquez Rey Farto, vogal da Fundación, quen presentaron a solicitude no día do 112 aniversario do nacemento de Bóveda.

A iniciativa busca tamén a anulación da sentenza que condenou ao nacionalista por un tribunal de militares sublevados. A solicitude conta tamén co amparo do alto comisionado da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, Pablo de Greiff, quen fixo no seu informe mención expresa ao nome de Bóveda para esixir a rehabilitación da súa figura. O informe elaborado por Greiff, que visitou Galiza o pasado ano, insta a recuperar pública e politicamente tamén as figuras de Lluís Companys e Manuel Carrasco i Formiguera ademais da de Bóveda.

Desde a Fundación agardan que a solicitude sexa resolta nun prazo máximo de 6 meses e amparan a súa petición na Lei da Memoria Histórica de 2006.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 07-06-2015 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal