Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Verbas no aire. Día do libro.
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 26-06-2015 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Mar de néboa en MOTECES
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 26-06-2015 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Paz
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 26-06-2015 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
O mandado do Meco

Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 25-06-2015 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGAMOS AOS TRESCENTOS

Neste remate de curso podemos gabarnos con humildade de chegar a terceira centena en número de artigos e superarmos tamén máis de cincuenta blogueiros desde o comezo desta andaina silandeira e gratificante.

Grazas a todo o Equipo de Dinamización, aos antigos e ao novo por termado do galego nas redes con tesón, firmeza e sensibilidade.

Aquí, nesta aira das letras, collemos todos, tanto se pertencedes á comunidade educativa como a todos os navegantes de dornas e gamelas informáticas.

Todos precisamos aínda berrar un MÁIS ALÁ e un MÁIS ALÉN para a nosa cultura e letras.

DEICA SEMPRE A REMAR, TRESCENTOS E PICO NOVAS MÁIS DE BLOGS PARA A LINGUA GALEGA!
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-06-2015 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Boa experiencia
Resumiría esta primeira experiencia no blog como algo diferente, un traballo de investigación e tamén de contrastar información, intentando sempre achegar información interesante e fiable ao público que nos le semanalmente. Pode parecer un traballo pesado ou cargante, pero convértese nunha actividade amena, da que sempre aprendes algo buscando acontecementos novos e abraiantes. O vindeiro curso alistareime outra vez neste grupo de blogueiros, buscadores de novas con ganas de vivir algo diferente, e se estás a leer esto e podes, non dubides en sumarte ao grupo, verás que paga a pena.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-06-2015 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova etapa
Chegou a hora da despedida, despois dun longo traxecto pola ESO con grandes experiencias toca adentrarse en Bacharelato, eses dous anos decisivos que depararán o meu futuro sen algún compañeiro que en apenas días están a piques de marchar. Neste camiño volverei formar parte do blog, polas ensinanzas e polo fomento da lingua que me está a dar e seguirá dando.

Durante este curso, cada sábado elaborando unha noticia co medo habitual dunha principiante, só podo rematar describindo isto con boas palabras.
Finalmente, agradezo aos meus compañeiros por formar parte desta grata experiencia e animando aos cursos que veñen detrás a participar na mesma.

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-06-2015 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Vaites, vaites!
Este foi o meu primer ano no blog, e aínda que ao principio non tiña intención de participar nel, teño que dicir que a experiencia foi satisfactoria, resultoume un traballo entretido, a búsqueda da información correcta, contrastala, facela atractiva para o lector, un ensaio de reporteiro en toda regra. Recoméndoo a toda aquela persoa que lle interese este mundo periodístico a pequena escala, o traballo e mínimo comparado coa experiencia recibida. Finalizando, agardo o ano que ven para repetir a miña participación nesta actividade, as novas agardan a ser contadas.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-06-2015 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
A fin dun gran comezo
A miña historia co equipo de Dinamización Lingüística comezou xa o curso pasado. Non esquezo a sensación de ser tan só tres mozas de cuarto, aínda que ao principio só estaba eu apuntada, e estar sempre ca presión de como o debíamos facer. Recordo as miñas tardes da fin de semana intentando atopar sobre que escribir, cando non había carreiras do mundial de MotoGP. Así durante un ano, recolectando noticias que aínda teño na miña carpeta no ordenador de ‘Somos blogueiros galegos’ e gardo na miña memoria con agarimo, mais a miña verdadeira conexión foi este ano como coordinadora.

Xa teño o gusto dos blogs pola revista e pensei que a cousa sería parecida, pero esta foi unha nova experiencia. Aumentou o meu concepto de responsabilidade por ter as cousas ó día, axudoume a estar máis unida ó galego e as noticias diarias. Enriqueceume tanto coma una periodista amateur, como persoa responsable. A pesar de non ser unha tarefa fácil, xa que coordinar a 13 persoas non é doado, esta é unha experiencia que non esquecerei xamáis, xa que non só permitiu que continuase cunha labor que me gusta facer, como é traballar con blogs, senón que me fixo estar máis cerca do galego, e coma a min, a todas as persoas que len cada semana as nosas entradas.

Grazas Xián pola gran experiencia que me aportou escribir nesta pequena parcela do internet e me fai sentir un poquiño máis unida ao idioma e grazas blogueiros por axudarme a poder realizala, aínda que sexa un pouco pesada por querer ter as noticias ao día.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-06-2015 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Unha experiencia máis
É o primero ano que estou participando nesta actividade do blog. Teño que ser sincera: ao principio pensei que non o ía entender e que acabaría esquecéndome de facelo, pero despois das primeiras semanas xa vin que se nos comprometemos nunha cousa, temos que acabala.

Pareceume unha experiencia moi boa, xa que me axudou a estar máis informada sobre as cousas que pasan no noso mundo e que ás veces preferimos non mirar porque pensamos que non nos inflúen. Gustoume tamén que fora en galego, porque xa que temos unha lingua, teremos que aproveitala. Isto axudoume a poder practicar na hora de redactar en galego, xa que tiven que fixarme moito máis na acentuación debido a que vai dirixido á xente.

Se para o ano teño a posibilidade de repetir, fixo que o farei, xa que é algo que se leva con calma e que, como xa dixen, me axudou moito.


Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-06-2015 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal