EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os Premios da Cultura Galega “naceron mortos” para Ferrín

Feijóo explicou tras o consello da Xunta que “respectaba” a decisión do escritor galardoado
“Como escritor, penso que se produciu unha devaluación dos galardóns. Non só porque non teñan dotación económica, senón tamén porque se reduciron categorías. Estes premios naceron mortos”. Con esta rotundidade, Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega (RAG), quixo valorar a título persoal a decisión de Agustín Fernández Paz de rexeitar o galardón. Como cabeza visible da RAG, Ferrín quixo deixar claro que a institución non tivo nada que ver cos galardóns. “A Real Academia está totalmente á marxe do proceso destes premios e creo que algunha universidade tampouco quixo formar parte”, explicou o escritor que ademais deixou claro que recibiu con “moita simpatía” a decisión de Fernández Paz.
Ferrín explicou a Xornal de Galicia a súa opinión sobre os galardóns dende a sede da Real Academia Galega. Unhas horas antes, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tamén entrou a valorar, tras o Consello, a decisión de Fernández Paz. “Recoñecemos e defendemos a liberdade creativa, a liberdade artística, a liberdade lingüística, a liberdade de expresión e a liberdade de voto dos xurados, e recoñecemos igualmente a liberdade de quen decide recoller ou non os premios”, sinalou Feijóo, que quixo concluír afirmando que “o premio non se dá con criterios políticos”.
A concelleira de Cultura da Coruña tamén quixo onte amosar o seu apoio a Agustín Fernández Paz. “Parabéns a Agustín, é difícil ver xente tan coherente coma el; moitísimas grazas a Agustín, alguén que ten premios tanto dentro como fóra de Galicia”, explicou María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da Coruña.
A intelectual e colaboradora de Xornal Pilar García Negro tamén amosou o seu apoio ao escritor dende A Coruña. “É digno de aplauso; débese valorar como unha chamada de atención a aqueles que dende o cinismo premian a cultura que están a afogar”, explicou Pilar García Negro.

Ester Fernandez Paredes 1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2011 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Rivas accede ao mercado chinés con ‘Que me queres amor?
Manuel Rivas accede ao mercado chinés con ‘Que me queres amor?’
A editorial chinesa Shanghai 99 realizará unha edición de 8.000 exemplares do libro “Que me queres amor?”, obra de relatos co que Manuel Rivas conseguiu o Premio Nacional de Narrativa en 1996 , o Premio Torrente Ballester e deu lugar a lembrada película “A lingua das bolboretas”, de José Luis , Este libro, que contén os contos que foron levados ao cine no ,un dos máis recoñecidos do autor, é un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno. Manuel Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade.O proxecto asinado coa editorial chinesa supón continuar posteriormente coa edición do resto da obra narrativa de Manuel Rivas. Con esta tradución ao chinés, o académico amplía a súa presenza no mundo, xa que se trata un dos autores máis traducidos da literatura galega.
Rivas acaba de publicar con Xerais a súa última novela, titulada “Todo é silencio”. Nesta nova obra, o escritor retrata a vida dunha vila imaxinaria na que o contrabando é o gran fío condutor. Esta novela, publicada por Alfagura en castelán, está a ser un gran éxtio nas librarías.
Con esta nova noticia da súa chegada ás librarías do xigante asiático, Manuel Rivas completa un ano de éxitos coa boa acollida que tiveron as súas obras en Inglaterra da man do tradutor Jonathan Dunne ou o seu primeiro ano na Real Academia Galega e ser quen decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas 2010 a Lois Pereiro, poeta admirado e amigo persoal seu.

Ester Fernandez Paredes 1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2011 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
A fundación Luis Seoane examina a cultura contemporánea
A través dunha serie de obradoiros organizados pola Concellería de Mocidade e a Universidade Invisíbel

A fundación Luis Seoane da Coruña acolleu dende hoxe venres unha serie de obradoiros sobre cultura contemporánea organizados pola Universidade Invisíbel e patrocinados pola Concellería de Mocidade do Concello de A Coruña. Os Obradoiros de Cultura Contemporánea constitúen un marco no que analizar tanto os diferentes formatos dos que se nutre a produción cultural hoxe en día coma os retos aos que ésta se enfronta. Nos obradoiros analizaranse conceptos como as licencias abertas, os cambios producidos pola aparición, difusión e acceso a determinados recursos tecnolóxicos, a posibilidade de compartir espazos de debate e intercambio cultural non físicos, etc.
Ester Fernandez Paredes 1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2011 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa do Peixe arrinca co campionato de pesca
O Concello de Bande vive hoxe o día grande -a inauguración foi onte á noite- da Festa do Peixe que cumpre 40 anos. A partir das 8.45 horas da mañá iníciase a xornada coas inscricións do campionato de pesca. Haberá dúas mangas pola mañá e pola tarde. Na praza da Constitución da localidade instalaranse 12 postos que ofrecerán os peixes fritos. Pola tarde celébrase un concurso de caza para afeccionados e os veciños e visitantes gozarán dun espectáculo de maxia e da charanga de Bande. A xornada complétase cun encontro de futbol, un taller de novas tendencias culinarias con peixe e a noite péchaa orquéstraa Costa Oeste.

Mañá, a partir das 12.00 horas, haberá misa solemne e procesión, durante a tarde distintos torneos deportivos e a partir das 19.00 horas, unha degustación gratuíta de peixe, con empanada e pan.




Alejandro Prieto Ferro 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2011 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
O PLAN RENOVE DE EQUIPOS DE ILUMINACIÓN INTERIOR DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ABRE O 6 DE ABRIL A SOLICITUDE DE AXUDAS, DUN 25% DO CUSTO, COAS QUE SE XERARÁ UN INVESTIMENTO DE 2 MILLÓNS DE EUROS
A través desta nova campaña do Instituto Enerxético de Galicia, enmarcada na aposta estratéxica da Xunta pola potenciación do aforro, preténdese mellorar a eficiencia enerxética, a través da substitución das instalacións existentes de iluminación por outras de maior rendemento, reducindo así o consumo de enerxía
- O director do Inega informou que a contía máxima da subvención é do 25%, cun límite de 1.500 euros por vivenda unifamiliar; de 10.000 euros por edificio de vivendas en bloque e de 25.000 euros por edificio destinado a outros usos
- Eliseo Diéguez explicou que co cambio dunha lámpada convencional de 100W por unha de baixo consumo equivalente pódese conseguir un aforro de 15 euros por fogar e ano, xesto que se se fai no conxunto dos fogares galegos propiciaría un aforro de máis de 13 millóns anuais, que subiría a 208 millóns de euros anuais, se esta práctica se estendese ao conxunto de vivendas de España
Santiago, 2 de abril de 2011.- O Instituto Enerxético de Galicia ente adscrito á Consellería de Economía e Industria, abrirá o vindeiro mércores, 6 de abril, o prazo de solicitude de axudas do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, unha nova liña de axudas posta en marcha co fin de propiciar o aforro enerxético nas vivendas e edificios do sector terciario, a través da renovación das instalacións lumínicas existentes por outras máis eficientes, reducindo así o consumo de enerxía, segundo explicou esta mañá o director do Inega, Eliseo Diéguez García, en rolda de prensa.

Raquel Iglesias 1ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2011 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Ana Romaní volve á literatura

‘Estremas’ segue a liña dos anteriores traballos da autora.


O libro de Ana Romaní podería ser o comezo dun diálogo entre corpo e lingua, coa literatura como único lugar desa posibilidade. Xunto a esa exploración dos límites do expresado, en Estremas tamén hai “un xeito de persistencia”, a busca dunha xinea nova ou a unha lectura nova diso que “arde sen liñaxes” e no que se pode albiscar unha liberación.
O poema asenta os pés na furia e na vertixe, rebélase incómodo e respira exhausto nos silencios que abre. É unha urxencia de si mesmo para comprender, indaga nos lindes da súa propia sustancia, na causa que o alimenta.
Con Estremas, a colección Dombate incorpora ao seu catálogo a obra dunha das poetas que, desde a década de 1990, abordan a escritura afastándose da corrección e a mesura para se achegar aos lindes nos que a expresión abeira o silencio como parte do texto.

Raquel Iglesias 1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2011 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Descartan localizar novos documentos de Pondal no arquivo diocesano
Os investigadores cren que podería haber máis textos nos fondos do arcebispado compostelá. O investigador que localizou os dous manuscritos máis antigos de Eduardo Pondal no arquivo diocesal de Santiago descarta que haxa máis documentos do mesmo tipo nesa institución. Juan Félix Neira sinala que tras localizar os tres documentos relacionados co banquete de Conxo revisou o arquivo e non encontrou máis documentos do mesmo tipo. Apuntou, non obstante, a posibilidade de que o arquivo arcebispal poida «contar algún documento máis, pero aínda que está anunciada a súa apertura, permanece pechado e non se pode investigar nel».
Esta posibilidade está relacionada, di Neira, con que o expediente de Pondal tivo que «chegar forzamente ao arcebispo e, probablemente, xerou algunha resposta». Para o investigador sería lóxico que «houbese máis documentación relacionada co caso, aínda que non forzosamente da mesma importancia».
O que si ten localizado Juan Félix Neira é documentación relativa á familia de Pondal que, segundo o investigador, «ten un carácter moi doméstico, moi administrativo». Trátase de permisos, solicitudes, cousas de panteóns, que teñen interese para a parroquia e para a familia, pero non máis alá». Con todo, sinala que a de Pondal «era unha familia moi destacada de Ponteceso e o seu irmán puxo en marcha o peirao do porto para o comercio».
Dos tres documentos localizados por Neira en Santiago, dous son de puño e letra de Pondal, e o terceiro está escrito polo párroco de Ponteceso a quen a familia do mozo, que estudaba medicina en Compostela, pediu que intercedese por el.
«Libros prohibidos»
A carta que escribiu o párroco sobre un papel que utilizaba a familia do escritor, ten pasaxes ben singulares para conseguir que o arcebispo levantase o castigo. Na carta alude á condición fidalga da familia e culpa da situación do fillo ás malas lecturas. Escribe o crego Manuel Pose: «Ha tenido [o mozo] la desgracia de leer libros prohibidos que han estragado su corazon: hasta sentir mal de los Santos Sacramentos, dejando de recibirlos; y proferir ante ótros, con error pertinaz algunas doctrinas que saven á heregia mista». Neira explica que «herexía mista e erro pertinaz son termos que se empregaban nos procesos eclesiais por herexía, polo tanto o crego sabía do que estaba falando e o que quería evitar». Tamén explica Pose na carta: «Es cierto Sr. Excmo; que hasta el desgraciado Brindis nadie le ha notado de impio» e pouco despois augura: «Tengo motivos Exmo Señor para abrigar la conviccion de que la Divina Providencia le está trabajando para rendir su corazon en obsequio de la Fé».

Laura Iglesias Vidal 1ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-06-2011 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro escolar pola normalización do galego
Con normalidade e disfrutando dun día de festa cos seus compañeiros e cativos achegados doutros concellos, orredor de 270 alumnos dos colexios de educación Primaria, Secundaria e Bachellerato de Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Lobios ou Ramirás participaron onte no 'I Encontro escolar pola normalización da lingua galega en Terra de Celanova–Baixa Limia'.
O Colexio de Infantil e Primaria Xaquín Lourenzo de Bande acolleu a xuntanza organizada pola coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de ambas comarcas.

As actuacións teatrais, de música e baile no salón de actos intercaláronse cos xogos populares tradicionais no patio do colexio e ca presentación da exposición didáctica sobre a verea vella (Allariz-Celanova) feita polo alumnado do colexio Sagrado Corazón ou a mostra 'O galego encaixa', conformada por mensaxes elaboradas polo alumnado das duas comarcas en defensa e promoción da cultura e do idioma galegos.

'Para ser o primeiro ano, a experiencia foi moi ben e altamente satisfactoria para tódalas partes', subliñaba o profesor do CEIP Xaquín Lourenzo e coordinador do equipo de normalización lingüística, Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Cativos de nove dos 13 centros escolares ubicados na bisbarra de Celanova e Baixa Limia asistiron a primeira actividade organizada polo colectivo que acaba de cumprir os seus primeiros seis meses de vida. 'Foi unha experiencia moi positiva para os cativos, porque para eles foi unha xornada festiva con actividades lúdicas feitas por eles', apuntaban dende a coordinadora comarcal, ao tempo que subliñaban que 'cumplíronse os obxectivos con creces, o que nos da forzas para seguir traballando cara o vindeiro curso escolar'.

A iniciativa perseguía a reivindicación do uso normalizado do galego entre os cativos, a visibilización da labor feita polos equipos de normalización nestes seis meses ao tempo que se proxectan actuacións conxuntas de cara ao futuro e a interrelación entre os distintos equipos de alumnos como xa fixeron os profesores. Asemade, Domínguez Alberte subliñaba a importancia da posta en valor, entre os máis cativos, 'do noso patrimonio natural e cultural como algo vivo'.

Tralo encontro de onte, os equipos reuniránse o vindeiro 14 de xuño co obxectivo de analizar o traballo feito ata agora e marcar as liñas de traballo de cara o próximo curso escolar.

Laura Iglesias Vidal 1ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2011 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Madrid evoca a Rosalía de Castro cun documental que resalta o compromiso social da poetisa
A proxección de 'Sombras sen sombra' ten por escenario a Casa de Galicia en Madrid

Rosalía de Castro, escritora galega que pasou á historia literaria como pionera e culmen da lírica ibérica, recibe hoxe homenaxe á súa vida e obra a través dun medio orixinal: un documental de case unha hora de duración, exhibido por primeira vez nesta tarde ás oito en Madrid durante o Dia dás Letras Galegas. A proxección de Sombras sen sombra ten por escenario a Casa de Galicia en Madrid, situado na rúa de Casado do Alisal, fronte á igrexa dos Jerónimos e apenas a un suspiro do Museo do Prado.
A filmación foi ideada e concibida fai dous anos por José Antonio Durán, intelectual vinculado á cultura galega por numerosos lazos. A realización, impecable, corresponde a Jorge Durán, que emprega copioso material documental fílmico e literario. O filme incorpora unha mirada totalmente nova sobre a poetisa. O seu litetaratura alberga unha profunda crítica social caracterizada por un discurso antiseñorial e de progreso.

Nada en 1837, presumiblemente en Santiago de Compostela, filla natural dun descoñecido e dunha muller, Teresa de Castro, definida pola súa filla como "máis tenra que a tenrura", Rosalía non sufriu privacións na súa infancia. Levou unha existencia alegre na súa mocidade, estimulada por unha avóa depositaria do arcano e unha nai narradora privilexiada de historias e contos. Dúas tías, María e Maripepa, completaron a formación da nena que, no entanto, vería a súa vitalidade paulatinamente eclipsada por avatares adversos que cobraron expresión en fatígaa derivada da súa condición de muller e progresista, nunha Galicia ferida por estigmas seculares que han lastimado a existencia de tantas mulleres ata ben recentes datas.

José Antonio Durán aproxímase ao personaxe mentres descobre aspectos inexplorados da escritora galega, como a súa profunda conciencia social manifesta na súa afección polo campesinado pobre -pegujalero- aburado por mil tributos e desprovisto da propiedade dunha terra mayoritariamente en mans dos señores. "O amentado minifundio galego viría moito despois daquelas datas", sinala. "De tal modo, cando a escritora escribe en galego faio co propósito de dignificar unha lingua condenada ao silencio na emigración, á que os desherdados -cos que Rosalía tanto se conmove- vense arroxados polas estruturas señoriales vigentes aínda" subliña Durán, no que fose vello reino dos suevos. Rosalía de Castro indígnase ante o destino dos desherdados que, desde os portos galaicos, partían en todas direccións en busca de todo aquilo que na súa patria, inmiserada entón, non puideron obter.

Miguel Murguía, o home co que Rosalía casou en Madrid en 1858, "tras comprometerse mutuamente nun romance máis literario que vital" foi, segundo José Antonio Durán, ademais de compañeiro "tamén manipulador en parte dos textos xurdidos da impar Rosalía". O seu ideario era considerado polo seu propio marido "quizá demasiado avanzado para ser emitido por unha muller na súa entón -segunda metade do século XIX-". E iso pese a desenvolverse ambos nun ambiente caracterizado polos primeiros despuntes de liberalismo demócratico nos círculos cultos de Galicia.

Rosalía chegara a Madrid en 1856, vinculada á familia de Eduardo Gasset e á dun efémero presidente do Goberno, Armeiro Peñaranda. Rosalía trae consigo o dote dos seus primeiros escritos poéticos, señaladamente A Flor, editada por primeira vez en Madrid, onde ela vive nas rúas da Ballesta e Claudio Coello, entre outros domicilios. Aquí vive uns poucos anos pero os máis intensos da súa vida.

A familia de Eduardo Chao estivo sempre detrás destas edicións, logo editadas polas imprentas máis progresistas de Vigo. Follas novas ve a luz en Madrid. Tamén na Filla do mar florecen así mesmo brótelos que germinarán nun lirismo precursor do despregado ao pouco por Gustavo Adolfo Bécquer. A el uniríalle un común anhelo por poñer a lírica ao servizo da mocidade -gesta de innegable alcance político- quimera acariñada polas grandes figuras do Romanticismo. Cargada de fillos, sete, Rosalía extínguese en 1885 en Padrón ferida por un sentir incesante, que trocó a súa melancolía en suprema expresión do espírito de Galicia e en desgarrada voz dun pobo silenciado e sufriente.


Emilio González 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-06-2011 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Neira Vilas «compite» con Pereiro en protagonismo
1O 2011 foi escolleito para dedicar o Día dás Letras Galegas a Lois Pereiro. Pero o escritor cruceño Xosé Neira Vilas «compite» en protagonismo e case «eclipsa» poeta monfortino. Desde reediciones de libros a un prolijo programa de presentacións, exposicións e actos nos que Neira Vilas está percorrendo toda Galicia. Si acaba de abrirse unha exposición sobre o autor e o seu emblemático libro con Balbino de protagonista, onte era o encargado de pregoar a nova edición da Feira do Libro de Ourense. E o calendario non para a curto prazo.
Aves e Eira dá Xoana

2Tralas recentes actividades lúdicas organizadas en Ramil, a Eira dá Xoana programou para este sábado unha observación de aves, que coordinará o ornitólogo Xosé M. Penas Patiño. Está considerado un dos maiores especialistas de aves en Galicia. A saída será ás 10.00 horas e os participantes deberán portar prismáticos e roupa adecuada.

«Larpeiros», en Deza

3O Pazo de Anzuxao, onde se elaboran queixos, e unha granja de frisonas de Agolada foron dúas dos destinos do programa «Larpeiros» da TVG.

Camiño do Inverno

4En Quiroga houbo este fin de semana unha Festa dúas Peregrinos para divulgar o Camiño do Vierno e reclamar o seu oficialidad.


Emilio González 1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-06-2011 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal