Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

España e Eurovisión
Amaia e Alfred fixeron unha gran actuación, pero unha vez máis España quedou na parte baixa da táboa de Eurovisión, en 23ª posición. Trátase da mesma posición que alcanzou Lucía Pérez en 2011 con "Que me quiten o bailao", Soraya en 2009 con "A noite é para min" e Lydia en 1999 con "Non quero escoitar" (aínda que nestes tres anos participaron menos países).

En calquera caso, Amaia e Alfred non están tristes esta noite, senón todo o contrario. Gozaron cada segundo da actuación e emocionaron a toda España cunha actuación cargada de sentimento (aínda que sen bico final), elegante e cunha afinación perfecta. E unha pequena mostra de como vivimos esta inesquecible actuación vímola na redacción de RTVE.es, onde os seus compañeiros de OT, Roy e Cepeda, emocionáronse ao ver en directo aos seus amigos cantar ante toda Europa.

Contentos co traballo feito, Amaia e Alfred non estaban nin moito menos tristes tras a gala.

Ademais, como lembrou Alfred, independentemente do posto final, eles xa gañaran porque fixeron realidade o seu maior soño eurovisivo: coñecer en persoa a Salvador Sobral.

"É unha persoa incrible, entramos no seu camerino e falamos moitísimo con el, pareceume marabilloso", explicou Amaia.

Pasado Eurovisión, Amaia e Alfred comezan unha nova etapa profesional, por separado. O luns empezan a preparar os seus primeiros traballos discográficos.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Fortnite: o videoxogo de moda
Tanto por beneficios obtidos como por xogadores en activo, Fortnite: Battle Royale escribiu o seu nome na historia dos videoxogos.

Fortnite empezou a súa carreira de xeito tímido. A primeira versión só consistía en sobrevivir a un ataque de varias criaturas. Con todo, o “boom” deste xogo comezou cando a empresa introduciu un modo battle royale onde
os xogadores puidesen darse cita en intensas e aloucadas partidas. Un sistema que se lanzou de xeito gratuita nas consolas.

Desde ese momento Fortnite converteuse no “free to play” de maior éxito na historia das consolas. Tanto por beneficios xerados como por número de usuarios activos, este xogo xa escribiu o seu nome para a posteridade.

Porque aínda que pareza mentira, aínda que sexa gratuito, Fortnite conseguiu 223 millóns de dólares en beneficio sempre tendo en conta os
resultados das diferentes versións (consola, PC e Smartphone). Datos que subiron de forma espectacular en febreiro, cando os ingresos que Epic Games recibiu creceron un 73%.

Iso si, a Fortnite: Battle Royale quédalle traballo nalgunhas áreas. Como, por exemplo, no mundo smartphone, xa que o xogo de Epic Games non aparece no top 10 de títulos para esta plataforma. De momento este honor osténtao Honour of Kings.

Aínda así, si tivésemos que elixir un só videoxogo como o máis influinte do 2018, este sería sen dúbida Fortnite Battle Royale. No ámbito do lecer electrónico este videxogo, é o máis seguido a través de Internet, ostentando
ata records de visualizaciones simultáneas en Twitch e YouTube . Alcanzado a cifra de 3,2 millóns de xogadores simultáneos e facendo que Epic Games obtivera enormes beneficios incluso tratándose dun título gratuito.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Boia detecta unha onda de 24 metros de altura
Foi xerada nunha tormenta no Océano Antártico, ao sur de Nova Zelandia. É a maior rexistrada no hemisferio sur.

Unha boia situada preto da Illa de Campbell, en Nova Zelanda, detectou esta semana unha onda de 23,8 metros de altura, a maior medida algunha vez en todo o hemisferio Sur, tal como informou Tom Durrant, oceanógrafo do país.

Segundo este experto, a onda foi xerada por baixas presións con ventos ao redor de 120 quilómetros por hora. Este fenómeno xerou unha feroz tormenta preto da illa de Campbell, a 700 quilómetros ao sur de Nova Zelanda, no centro do Océano Antártico.

«Este é un acontecemento moi interesante e, polo que sabemos, é a maior onda rexistrada algunha vez en todo o hemisferio sur», dixo Durrant. O investigador sinalou que o Océano Antártico é un xerador de ondas enormes capaces de cruzar o planeta. Nese sentido, explicou que os surfeiros de California poden esperar que a enerxía xerada nesta tormenta chega ás súas costas para partir do luns.

O oceanógrafo sinalou que a tormenta probablemente produciu ondas maiores, pero que estas non quedaron rexistradas porque a boia non estaba no lugar máis idóneo e porque só recompilou datos durante 20 minutos unha vez cada tres horas, co fin de aforrar baterías.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Intruso na actuación de Reino Unido
Mentres a representante de Reino Unido, SuRie, interpretaba a súa canción ‘ Storm’ durante a final do certame, un individuo coouse no escenario e arrebatoulle o micrófono. Certo é que non durou moito intre con el porque, rapidamente, os membros de seguridade reducírono e SuRie continuou o seu tema baixo o aplauso e calor do público.

Con todo, as redes sociais non pasaron desapercibido ningún detalle e especularon se a mensaxe que lanzou durante a súa intervención tivo algo que ver coa cuestión catalá cun “ Puigdemont freedom”. Pero as palabras do espontáneo foron diferentes: “ For the Nazis of the UK media, we demand freedom”, que significa “para os nazis dos medios de comunicación de Reino Unido, pedimos liberdade”.

Na camiseta que leva por baixo pódese ler o título do seu próximo libro xunto a un 'Cómprao en Amazon',

O mozo xa foi identificado porque é un habitual nos eventos multitudinarios de Reino Unido, segundo a prensa britanica. Coñécese como Dr ACactivism e este mesmo ano asaltou xa a gala dos Premios Nacionais de Televisión de Reino Unido e, o pasado, irrompeu no escenario d a final de The Voice (A Voz, en España) e en The Nolan Show.

Nesta ocasión, o rapero vestía unha camiseta na que se podía ler o título do seu próximo libro: “ The Working of The UK STATE MAFIA: UK Media. By Dr A. C.”, xunto a unha invitación para compralo en Amazon. Pero non é o único libro, xa que na plataforma online ten varios libros en formato electrónico sobre o que considera “corrupción” dos medios de comunicación de masas, razón que denuncia cos seus saltos.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2018 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
A primeira película sobre Rosalía retrata o lado máis íntimo da poeta

Contou Rosalía, a primeira película sobre a poeta galega, na que se amosa o seu lado máis íntimo. Lonxe da imaxe melancólica de Rosalía, a ficción que Zenit preestreou onte en Compostela presenta a unha moza desafiante e apaixonada que loita contra as convencións da época nuns tempos nada doados para as mulleres. A longametraxe recrea a súa historia de amor co historiador e escritor Manuel Murguía. Primeiro, unidos pola preocupación polo pobo galego, e logo, pola paixón.
Rosalía narra como labra o seu camiño en parella e trata de esquivar as pedras dunha sociedade machista.
Dirixida por Zaza Ceballos, a obra para televisión estrearase na TVG o próximo mércores, na véspera do Día das Letras
«Amósannos o pasado recente de Galicia, fálannos do cambio social e económico que experimentamos como pobo sen perder as nosas raíces e reflicten figuras que traballaron en prol dunha sociedade máis xusta e moderna», destacou o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación de Contou Rosalía. Sutil estivo acompañado pola directora do filme, o director de proxección social da CRTVG, Xaime Arias, e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, quen enxalzou á poeta coma «todo un emblema» que «une Galicia» e que, porén, «carecía dunha produción no mundo do audiovisual» que se ocupase da súa figura.
Contou Rosalía, na que Melania Cruz encarna á escritora e Fran Lareu a Murguía, emitirase en forma de miniserie (en dúas entregas). A rodaxe desenvolveuse entre maio e xuño do ano pasado. Conta cun reparto integramente galego e filmouse enteiramente en Galicia. Entre as localizacións elixidas están o pazo de Quiroga de Abegondo, diferentes edificios e exteriores da Coruña, o castelo de Corcubión e o IES Eusebio da Guarda.
Zenit destacou o esforzo feito na recreación histórica das localizacións e as caracterizacións (traballaron a partir de fotos e documentación da época para recreala).
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Volver ver o peixiño

Patricia Ramírez, nai do neno Gabriel Cruz, por cuxo asasinato está encarcerada Ana Julia Quezada, escribiu unha carta dirixida ao seu fillo, con motivo do Día da Nai, na que lle expresa o seu desexo de poder crer en milagres para poder vivirlle "un minuto máis".
Camilo Blanco
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Accidente na ponte de Rande

Un accidente rexistrado ao mediodía entre varios vehículos volveu a provocar retencións na Ponte de Rande por segundo día consecutivo, tras os atascos quilométricos que se produciron o sábado polo peche de tres carrís por tarefas de mantemento. A situación deste domingo viuse agravada polos posibles desprazamentos á praia propiciados polo bo tempo, o que provocou retencións ata pasadas as 14,00 horas ata practicamente Vigo, segundo confirmaron fontes da Policía Local de Moaña. En redes sociais como twitter volvéronse a repetir as críticas de numerosos usuarios, que cualificaron a Ponte de Rande como unha "rateira".

Ás críticas cidadás sumouse o secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontrevedra, David Regades, quen esixiu que se devolva aos usuarios da autoestrada AP-9 as cantidades correspondentes ao pago da peaxe do sábado, ao entender que se cobraron "indebidamente".
Alba Gonzalez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA E AS INFRACCIÓNS POR ALCOHOLEMIA

Galicia é a segunda comunidade autónoma que maior número de infraccións de tráfico por positivo na proba de alcoholemia rexistrou en 2017 con 4.845, só superada por Andalucía con 5.585 casos, segundo datos facilitados polo Goberno.

Ademais, Pontevedra e A Coruña foron as provincias españolas nas que maior número de condutores foron detectados ebrios ao volante ao longo do pasado ano.
Segundo os datos facilitados polo Goberno, un de cada tres condutores aos que se lles fixo un test de alcol e drogas ao volante en 2017 deu positivo en España por algunha destas sustancias.
O Goberno especifica o número de positivos por metanfetamina, que se elevaron dos 1.898 aos 2.643 nun só ano. Neste sentido, cabe destacar que o test de drogas só se realizan se o condutor non dá positivo en consumo de alcol.
Cando a taxa por beber supera a permitida, 0,25 gramos por litro de sangue, o condutor xa é culpable dun delito de consumo ao volante, polo que non se realiza ningunha proba máis. Neste caso, a multa pode variar de 500 a 1000 euros e a retirada de 4 ou 6 puntos do permiso de conducir.
Si o positivo é superior a 0,60 no test de aire, os axentes denunciarán ao condutor por un delito contra o tráfico e daranlle alí mesmo a citación para comparecer ante o xuíz. Prevese pena de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días. Ademais, en calquera caso, privaríase ao infractor de conducir vehículos a motor entre un e catro anos.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ
1º BACHARELATO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Nacen os primeiros choquitos do bosque submarino de Cesantes

Os chocos de Redondela nacen en piñeiros dun bosque submarinos.
Os marineros da cofradía San Juan celebraban onte o nacemento das primeiras cativas que viron a luz no hábitat que eles mesmos crearon baixo a ensenada de San Simón en xaneiro, coa intención de favorecer a desova da especie. O patrón maior, Clemente Bastos, confirmou o seu entusiasmo, aínda que recordou que haberá que esperar ata a campaña do próximo ano para valorar na súa xusta medida o alcance do proxecto, pionero nas cofradías galegas.

«Son como racimos cheos de cativas, cal si fosen, pero negras e vivas», explicaba Bastos ao recoller unha das ramas das árbores plantadas no fondo do mar. A reprodución masiva da especie e o negro que xa tinguiu as ramas invitan, aínda así, ao optimismo no pósito. «Agora hai que ver como é a evolución dos exemplares que se vaian fose da liña das Illas Cíes, á plataforma continental, para engordar e dos que queden», indicou Bastos aprazando a valoración final ata decembro, cando o choco volva a ríaa para desovar.

O que a día de hoxe poden xa celebrar é a multiplicación masiva da especie e que, de antemán, confirma o potencial de cambiar as ramas que se empregaban tradicionalmente para fixar a desova polo árbores completas. Na ensenada de San Simón hai un milleiro de piñeiros planimétricamente organizados no seu particular vivero subacuático. Para a instalación houbo que habilitar unha base de hormigón e colocar as árbores dentro de tubos de aceiro inoxidable que descansan no fondo do mar.
Ester Barreira
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Un lifting para a Ponte Nova

A Ponte Nova loce xa outro aspecto. Varios traballadores limparon a humidade e selaron as filtracións de auga, ademais de limpar a maleza. As obras finánciaas Fomento, con motivo do centenario da súa inauguración.

A empresa de traballos verticais Irmáns Caride, con sede en Ourense, está a realizar unha limpeza integral da Ponte Nova. Os traballadores, polas noites, lavan a sillería de pedra, retirando a cor negra que provocaron as filtracións de auga e a humidade. Tamén selan as gretas para impedir novas pingueiras. Realizan a tarefa de noite para evitar incomodidades aos condutores –a estrada N-120 discorre baixo un dos arcos– e aos múltiples deportistas e viandantes que cruzan pola zona.
Polo día, dedícanse a rozar a maleza que crece entre os alicerces e os seus arredores, situados en ambas as beiras do río. Estes traballos afectaban o pasado venres o alicerce máis próximo ao barrio da Ponche. Os operarios tiveron que utilizar un guindastre con pinza para poder cortar as silvas e ramas que mantiñan sepulta boa parte da estrutura da ponte.
Inauguración
Os traballos son financiados polo Ministerio de Fomento con motivo da celebración do centenario da posta en funcionamento da ponte, en xuño do ano 1918. A primeira pedra foi colocada oito anos antes, en 1910.
En Fomento non desvelaron a partida destinada á mellora da ponte, argumentando que forma parte dunha serie de actuacións que se van a levar a cabo dentro do centro urbano da cidade. Na empresa, tampouco deron detalles sobre o proxecto, pero recoñecen que a limpeza integral era "moi necesaria", máxime cando a ponte é utilizado a diario por miles de condutores e viandantes.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2018 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal