Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RAG publica documentos sobre o proceso de incorporación de Carlos Casares a esta institución

A Real Academia Galega publicou unha serie de documentos sobre o proceso de incorporación de Carlos Casares, escritor ao que este ano se adicou o Día das Letras Galegas.
Entre os escritos que a RAG fai públicos, figuran os informes sobre os méritos de Carlos Casares solicitados a Francisco Fernández del Riego, Isidoro Millán González-Pardo e Henrique Chao Espiña.
Outros dos ditames son autoría de Rafael Dieste e Jenaro Marinhas del Valhe. O primeiro valora o ensaio de Casares "a virtude de traer luz á conciencia galega sobre o sentir dos nosos antepasados".
Na documentación, figuran tamén a carta na que se lle comunica a Carlos Casares o seu nomeamento como académico e a súa resposta de agradecemento.
Tamén se inclúe o escrito no que se informa da celebración da cerimonia de ingreso do novo numerario, nun acto que tivo lugar en maio de 1978.
Sofía Cougil García,4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2017 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Un 16,6 % dos españois esquécese de comer por usar Internet


Un 16,6 % dos españois afirma que a súa adicción a Internet é tan forte que se lles esquece comer e máis da metade, un 51,1 %, chega a esquecer as tarefas que estaban a facer previamente.
Esta é unha das conclusións dun estudo sobre o grao de adicción dos españois a Internet, que deu lugar á creación da Organización de Axuda aos Adictos de Internet (OAAI), a iniciativa da filial española de Opel, apoiada no «espírito inconformista» que transmite o seu modelo crossover urbano Mokka.
Profundando nesta dependencia da rede de bo número de españois, máis da metade dos consultados considéranse adictos á rede e un 35,1 % recoñece que non podería desconectarse das navegacións, polo menos, nunha semana. No entanto, un 26,5 % considera necesario someterse a unha terapia específica para desengancharse ou amortecer esta adicción.
O informe expón tamén que o tempo medio que os españois pasan conectados a Internet é de 5,5 horas diarias, e neste tempo os homes optan pola navegación en xeral a lectura de información. Mentres que as mulleres prefiren a lectura de correos electrónicos e os contactos a través das redes sociais.
Na análise por comunidades autónomas, Murcia é a que conta con máis adictos á rede (65 %), fronte aos vascos que se colocan no lado oposto (49,1 %). Outro trazo do estudo é que son os castelán-manchegos os españois aos que menos afecta na súa produtividade o uso de Internet, en tanto que os galegos, vascos, canarios e cataláns os que desconectan ante outras actividades como estar con amigos, facer deporte ou ver a televisión.
Os valencianos e aragoneses son os máis proclives ás redes sociais, en contraposición a castelán-leoneses e castelán-manchegos. Galicia é a única comunidade de España onde a gran maioría da poboación declárase disposta a pasar un día enteiro sen conectarse a Internet.
Lucas Rodríguez Cancio 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
A GARDA REAL VISITA POR PRIMEIRA VEZ OURENSE

A Garda Real despregouse xa pola provincia de Ourense para iniciar as actividades propostas no programa de instrución previsto con motivo dos seus 500 anos de historia. Os actos culminarán o domingo 21 cunha parada militar coa xura de bandeira e desfile na capital das Burgas.
As unidades do Grupo de Honras xa se instalaron en diferentes puntos da provincia: O Barco de Valdeorras, Maceda, O Carballiño, Luintra, Ribadavia, Celanova, Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
550 militares do tres exércitos, máis de 100 vehículos, 14 motocicletas, 72 cabalos e 6 cans protagonizarán as actividades. Pero o que máis chamou a atención é a presenza dun Rolls Royce Phantom IV e a moto Harley Davidson que o escolta.
O obxectivo deste despregamento é lograr a maior cobertura de terreo e o máximo contacto cos ourensáns e así darse a coñecer.
Entre as actividades máis destacadas: as diversas unidades, de Escoltas ou Grupo de Honras, entre outras, ofrecerán conferencias en diferentes colexios e realizarán marchas a pé. Os membros da Sección de Motos, rodarán sobre as súas Harley Davidson ata a fronteira con Portugal e as unidades equinas realizarán marchas a cabalo polas comarcas de Verín e Limia.
Na actualidade, a Garda Real de Felipe VI está acuartelada no Pardo, Madrid, composta polos grupos de Escoltas, Honras, Loxística e Apoio, ademais da Unidade de Música. A súa misión consiste en proporcionar o servizo de garda militar, render honras e dar escolta solemne á Familia Real e aos xefes de Estado estranxeiros de visita en España.
Alba losada álvarez 4º b eso
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
'Ilustrísima', de Carlos Casares, traducida ao inglés


A obra 'Ilustrísima' de Carlos Casares, homenaxeado este ano nas Letras Galegas, acaba de editarse por primeira vez en inglés como parte da colección 'Galician Classics', proxecto editorial promovido pola Secretaría Xeral de Cultura e o selo Small Stations Press.
A publicación de 'His Excellency' nace co obxectivo de "contribuír á proxección da obra de Casares, no ámbito internacional sendo esta obra como "unha xanela máis para proxectar a cultura ao mundo".
O libro de Casares representa "unha chamada contra o dogmatismo" e incorpora a innovación tecnolóxica do tempo do autor.
A tradución de Casares, da man de Jacob Rogers baixo a supervisión editorial de Jonathan Dunne, únese a unha colección de sete títulos a esta lingua con autores como Álvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro, Lois Pereiro, Díaz Castro ou Celso Emilio Ferreiro.
Lucía Alvarellos Garea, 4º ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
A “Casa de la Troya” de Santiago reabre as súas portas e programa visitas teatralizadas

Tras o peche durante os meses de inverno, o popular edificio compostelán reabrirá de novo as súas portas e poderá visitarse todos os venres e sábados desde esta semana e ata mediados de xullo. Posteriormente, desde mediados de xullo e ata principios de setembro, abrirá durante toda a semana excepto domingos e luns.
Todos os venres que restan de maio e en xuño, a Casa de la Troya programará ademais rutas culturais teatralizadas por diferentes rúas e prazas do centro histórico de Compostela, seguidas dunha visita ao museo.
Cada ruta, cun máximo de 15 participantes, partirá desde a Praza do Toural e durará ao redor dunha hora. O guía caracterizarase como un personaxe da novela La Casa de la Troya, e vinculará os lugares que se visiten coa trama do libro.
Sofía Cougil García,4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
"Se conseguimos que a sociedade se active máis, o galego ten moito futuro por diante"
-Como avalías o estado actual do galego?

-A situación da lingua é mala. Nin sequera é necesario facer unha análise polo miúdo dos datos porque está á vista dos ollos de calquera. É imposíbel facer unha vida plena en galego como acontece por exemplo coas linguas oficiais dos estados. O galego está excluído de practicamente todos os espazos, e onde está é só porque hai unha forza social que fai que estexa, con moitas dificuldades.

Non hai ningún goberno que apoie a lingua senón o contrario. Quen máis promove a exclusión do galego é o propio goberno autonómico. Aí están os datos no ensino, onde é tratada como lingua extranxeira ou residuo arqueolóxico; ou as discriminacións continuas polo uso do galego no ámbito do consumo. Algo tan simples e tan natural en calquera lingua realmente oficial como abrir unha conta bancaria, ou asistir a un filme en versión orixinal, ou dobrada, ou lexendada en galego, ou chamar a un servizo de atención para solucionar unha avaría doméstica, é materialmente imposíbel en galego. Poderíamos seguir así páxinas e páxinas. E que fai o goberno cos nosos recursos para pór cabo a isto e garantir algo tan básico? Non só non fai nada senón que se adica a destruír o que a sociedade tivo que construír sen o seu apoio e suplindo a acción da Xunta.

A perda de falantes tamén é consecuencia disto.

Pola contra, tamén aumentou a conciencia dos falantes, o que dá un motivo para a esperanza porque iso é o que pode facer mudar a situación. Se hoxe existe o galego, por moi precaria que sexa a situación, é só por vontade dunha parte considerábel da sociedade, contra todo un Estado, incluíndo aquí a Xunta ao seu servizo.

-Que evolución agardas da lingua a cinco anos vista?

-Pola parte con máis medios e recursos para actuar, a da Xunta, non agardo nada cando menos nos próximos 3 anos. Ningunha mudanza política en Galiza sería real sen mudanzas a favor do idioma.

A mellora de Sermos non só depende da vontade do propio medio, senón tamén da maior implicación das persoas que apoiamos os medios en galego
Pola parte da sociedade están a se desenvolver iniciativas para recuperar usos para a lingua e levantar os vetos impostos ao idioma. Podo falar de accións como a ILP que está a promover a Mesa para garantir o dereito a usarmos o galego nas relacións socioeconómicas, mais tamén do traballo que desenvolven ducias de colectivos diariamente en ámbitos moi diversos, desde o ensino ás festas, ás redes sociais, ou o lexendado aberto de filmes mesmo utilizando a vantaxe de contarmos cun espazo lingüístico como o galego-portugués. O propio nacemento de medios en galego por iniciativa social, como Sermos, naquel momento de desaparición de cabeceiras na nosa lingua, é indicativo disto.

Se conseguirmos que a sociedade se active máis e se implique na defensa dunha necesidade fundamental para existencia digna de calquera pobo como é a lingua, o galego ten moito futuro por diante.

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

-É un logro termos imprensa dixital en galego e un semanario en papel en todos os quioscos do país. Mais non temos que nos conformar con iso. Por iso espero que mellore en todos os aspectos. A lingua galega precisa que no xornalismo e en todos os espazos onde se recuperou haxa cualidade.

Claro que iso non só depende da vontade do propio medio, tamén de maior implicación das persoas que apoiamos os medios en galego. Tamén para suplir a acción institucional, que para os medios en galego non dá nin migallas.










Candela Fernández del Pon, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-05-2017 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Suíza di si as renovables

Os suízos aprobaron o domingo pasado nun referendo con 58,2% dos votos Estratexia 2050, que ten como obxectivo reducir o consumo de enerxía, aumentar a eficiencia enerxética, promover as enerxías renovables e prohibir a construción de novas centrais nucleares. Só catro cantóns, Aargau, Glarus, Obwalden e Schwyz, rexeitaron a nova lei, que o goberno suízo comezou a traballar despois do accidente nuclear de Fukushima (Xapón) en 2011 para deixar atrás a era atómica e publicar as bases para un ambicioso proxecto de transformación de enerxía en Europa. A Suíza ten cinco centrais nucleares, que serán desactivados xa que a súa vida útil, 20 e 30 anos. Un terzo da enerxía producida é nuclear, o 60% en base hidroeléctrica e outras centrais de enerxía e varias fontes de enerxía renovables.A Estratexia 2050 prevé unha redución do consumo de enerxía e electricidade. En media, cada persoa debe reducir o consumo de enerxía do 16% en 2020 e en 43% en comparación co 2035 2000, electricidade e 3% e 13%, respectivamente. Para compensar esta redución, Suíza ten como obxectivo incrementar a produción de enerxía a partir de recursos renovables, como a solar, eólica, biomasa, biogás e enerxía xeotérmica. Para financiar este impulso para as enerxías renovables, as familias e as empresas van pagar máis por electricidade. Isto significa que a factura de electricidade para unha familia de catro cun consumo medio vai subir por 40 francos (uns 37 euros). Os opositores da Estratexia de Enerxía -Alliance e unha comisión multipartidista cos membros da CDU de dereita, os liberais do FDP, os demócratas de CVP asegurado que os custos serían moito máis elevados e que o goberno "omitido" gastos reais. Eles argumentan que a lei vai custa nos próximos 30 anos 200.000 millóns de francos, o que significa a unha casa con catro persoas cada ano máis de 3.200 francos en impostos e gastos. Eles argumentaron que a esixencia de reducir case á metade o consumo de enerxía nos próximos 18 anos esixe "medidas drásticas" para o suízo, con novas instalacións nas súas casas e edificios e con máis burocracia e prohibicións. Tamén din que a lei vai levar a perdas de postos de traballo e benestar, especialmente nos sectores de turismo, venda polo miúdo e manufactura, e que o vento e fotovoltaicos instalacións adicionais "desfigurar" a paisaxe.











Juan Vázquez Viso, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
O Celta pecha cun amargo adeus unha tempada histórica
O Celta empata coa Real Sociedade (2-2) pecha unha tempada histórica con sabor amargo pola marcha de Eduardo Berizzo

Adeus a un estilo, a unha linguaxe, a un sentimento e a unha unión que fai moito que o celtismo non vivía e que unha mesa de negociación encargouse de romper. Un ata sempre doloroso para unha afección e un persoal que por activa e por pasiva demostraran de que bando estaban. O adeus ao mellor ciclo vivido polo Celta da súa historia e que só el podía capitanear. Vaise o home que ensinou ao celtismo o significado da palabra Afouteza e o Celta queríase despedir de Eduardo Berizzo dedicándolle unha vitoria que non puido ser. O conxunto celeste empatou (2-2) ante a Real Sociedade e pechan así unha tempada histórica en Balaídos cun sabor amargo como colofón final.











Carlos Sánchez Cao, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Poña un Kennedy na súa vida
Tranquilo. Non se preocupe. Isto marcha. Todo vai ben. Refírome a Ourense, claro.

É vostede un dos máis de 22.000 parados da provincia? Ou quizais o sexa o seu irmán? Ou a súa filla? Non se preocupe, o presidente da Deputación tróuxose a un sobriño de John Fitzgerald Kennedy a bañarse no río Sil. E ata dá saltos mortais cara atrás. Se el pode facelo, vostede pode atopar traballo. Todo vai ben.

É vostede un dos agricultores da provincia aos que a xeada lle ha botado a perder a produción? Manifestouse en Ribadavia ou se subiu a un tractor en Viana? Non sabe de que vai vivir ata a próxima colleita? Non se preocupe, que xa o sobriño de JFK e Baltar están a traballar para analizar «as oportunidades que a economía sostible ofrece ás Administracións públicas e ás empresas, dentro do importante papel que están chamadas a xogar nun mundo globalizado onde ou respecto polo medio ambiente é xa determinante á hora de xestionar e desenvolver políticas e proxectos que acheguen competitividade aos territorios». Como vostede necesita sosterse, tamén sabe de economía sustentable. Non se dá conta? Todo vai ben.Coñece vostede a algunha das familias ás que van axudarlle a pagar factúraa da auga? Ou a algunha para a que a electricidade sexa un servizo de luxo? Hainas en Ourense. Pero non se preocupe. Hai outras cousas importantes: que haxa cachucha para que lla coma Robert Kennedy Jr. e unha banda de gaitas por cortesía da Deputación para que lle toquen unha peza. Bótese vostede un baile, aínda que sexa coa luz apagada. Todo vai ben.Cando pasa polo Barbaña ve unha escuma branca na superficie da auga e dáse conta de que hai unha nova vertedura no río? Non se preocupe, que xa hai un Kennedy e un Baltar traballando para «integrar medidas de protección e conservación dous recursos hídricos garantindo ou acceso e subministro de calidade para vos nosos cidadáns». Todo vai ben. Quizais os seus pais, ou os seus avós, vivan nun pequeno pobo de Ourense. Quizais sexa só o seu pai. Ou a súa nai. Vostede traballa noutra provincia, vén só os fins de semana. Leva tempo dicíndolle que teñen que ir a unha residencia, para que os coiden ben pero non queren deixar a casa na que naceron e na que o criaron a vostede. Asústase cando ve no Telexornal que asaltaron a uns anciáns do rural ourensán e suspira cando dan o nome do pobo e non é o seu? Non se preocupe. Hai uns señores, que se reúnen nunha asociación chamada Partenalia (de gobernos intermedios, din). Quedaron un día en Ourense -supoño que a oposición xa estará a preguntar na Deputación canto custounos aos ourensáns-, plantáronse diante da fonte das Burgas e, moi serios, prometeron: «Crear as ferramentas e mecanismos necesarios para que vos cidadáns participen coas súas ideas e propostas na toma de decisións, xerando impactos positivos na comunidade local».Se é que somos uns derrotistas os ourensáns. Co bonito que é todo e o ben que nos vai. Se cadra é que somos curtos de miras. E hai que ir máis aló. A Washington, por exemplo, a traerse a un Kennedy, como fai o presidente da Deputación. Se xa o dixo moi ben nunha televisión local: «Eu en Nova York estiven 22 veces, case tantas como en Vilar de Barrio».Eu cando quero entrar no Despacho Oval, póñome unha película. O presidente da Deputación lla equitación. E tráese a un actor de repartición para rodar escenas de ourensanía, fenómeno do que seguro que lle falou a Robert Kennedy Jr. Estou segura de que o sobriño de JFK asentiu coa cabeza, coma se entendéseo. Pero tamén estou segura de que é imposible que entenda en que consiste.Respecto de vostede, insisto.
Tranquilo. Non se preocupe. Ourense marcha. E máis que vai marchar. Todo vai ben. Ou mellor devandito, perdóenme a vulgaridade do castelán: Everything's ok. Oh yeah!










José Javier Nieto Blanco, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
O galego, ameazado na era dixital
A era dixital podería poñer en perigo a supervivencia das linguas minoritarias como o galego. Un estudo levado a cabo pola Alianza Tecnolóxica Multilingüe de Europa, (META nas súas siglas en inglés) titulado “Europe’s Languages in the Digital Age”, expón que o dominio das linguas maioritarias na rede acurrala aos idiomas menos empregados.
O estudo componse de 32 volumes que analizan a presenza de 31 linguas de Europa na era dixital, no que participaron 200 expertos. Segundo indican os seus autores, as novas tecnoloxías céntranse nos idiomas maioritarios e predominantes entre os seus falantes, deixando relegados aos minoritarios. “Mentres que a tradución automática de oracións simples en idiomas cunha cantidade suficiente de material textual dispoñible pode dar resultados útiles, os métodos estatísticos están condenados ao fracaso no caso de idiomas cun material de mostra moito máis pequeno, ou no caso da tradución de oracións con estruturas complexas”, como é caso, entre outros, do galego, segundo di o estudo.
No caso do idioma galego, o estudo analiza dunha forma detallada as tecnoloxías da lingua, así como as aplicacións e as solucións para o galego. As autoras do capítulo, Carmen García Mateo e Montserrat Arza Rodríguez, ambas da Universidade de Vigo, sinalan no libro que “o galego é unha das linguas da UE que necesita aínda máis investigación para que as solucións das tecnoloxías da linguaxe cheguen a ser verdadeiramente eficaces e poidan ser empregadas para un uso diario”.
As autoras da investigación alertan das “importantes lagoas” nas “tecnoloxías básicas” e nos recursos dispoñibles para utilizar o galego na rede. “A variedade de ferramentas é aínda moi limitada en comparación cos recursos dispoñibles no caso da lingua española, e simplemente non son suficientes en calidade e cantidade para desenvolver o tipo de tecnoloxías necesarias que permiten apoiar unha sociedade do coñecemento verdadeiramente plurilingüe”, conclúen.
Ademáis das linguas usadas no Estado español, ata un total de 20 idiomas europeos estarían afectados por unha situación semellante, tales como o búlgaro, o croata, o checo ou o islandés. Segundo os expertos, un mínimo de 2.000 idiomas extinguiranse durante a próxima década. “A fenda entre as linguas maioritarias e as minoritarias é cada vez maior”, sinalan.






Sara Araújo Sánchez, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal