EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O duplo castigo de ter un hospital privatizado e inaccesible

En xullo de 2015 o emblemático hospital Xeral de Vigo botaba o feche. O centro hospitalario de referencia, para unha poboación sanitaria de arredor de 600 mil persoas, pasaba a ser o novo hospital Álvaro Cunqueiro. O seu modelo de xestión privatizada, así como as significativas carencias materiais e de persoal, foron e seguen a ser albo de protesta, dando lugar a masivas manifestacións que foron ignoradas reiteradamente polo goberno galego. Para alén desa problemática, inda vixente, o traslado ao novo hospital ten provocado tamén un grave problema de accesibilidade. Mentres o hospital Xeral ficaba localizado en pleno centro da cidade olívica, a escasos metros da praza dos Cabalos, o HAC foi construído na periférica parroquia de Beade. Esa mudanza non tería provocado maior dificultade de se ter posto en marcha un plano de transporte que conectase axeitadamente o conxunto da cidade con esa infraestrutura esencial. Algo que non se fixo, e que fica sen facer.

Unicamente unha liña de bus conecta co HAC de segunda feira a domingo.
Desta maneira, a poboación da área sanitaria sur de Galiza padece as consecuencias de ter un “hospital privatizado e inaccesíbel”. Un castigo duplo denunciado desde hai meses tanto polas forzas políticas da oposición no Concello, como por colectivos veciñais, poñendo o foco singularmente na precaria conexión por transporte colectivo urbano. Arestora, en Vigo operan catro liñas directas ao hospital, que no entanto non atenden suficientemente as necesidades de mobilidade. Unha delas, a liña H, ten sido cualificada de “liña pantasma” por realizar apenas unha única viaxe desde o populoso barrio de Navia até o hospital ás 7:05h da mañá, de segunda a sexta feira. A H1, funciona tamén só nos días laborábeis, e conecta a zona centro, desde García Barbón co HAC atravesando a Praza de América, cunha frecuencia dun bus cada hora, tanto de ida como de regreso. A H2 é a liña que polo momento ofrece un maior servizo, conectando a estación de autobús e as proximidades do Calvario co centro hospitalario, percorrendo a praza dos Cabalos. Faino cada 30 minutos, entre as 7:37 e as 15:00h. A partir das 15h a frecuencia redúcese a un bus por hora, a mesma coa que opera en sábados, domingos e festivos.

Navia só ten un autobús por día en laborábeis, e Teis dous.
A estas liñas engadiuse o pasado 2 de maio unha nova, a H3, que conecta o barrio de Teis e a zona de Travesía de Vigo. Mais só con dúas viaxes por día, ás 7:45 e ás 11h, o que lle valeu ser tamén alcumada de “liña pantasma” canda a H. A súa posta en marcha foi forzada por unha intensa vaga de mobilizacións promovida pola Asociación Veciñal de Teis, que chegou a realizar seis manifestacións con numerosa asistencia e que entregou preto de catro mil sinaturas demandando unha liña directa que conectase esta parroquia operaria co HAC. O goberno local, en mans da maioría absoluta do PSOE de Abel Caballero, desouviu durante meses a demanda veciñal, descualificando as protestas. Mais o alcance das mesmas acabou por lle torcer o pulso ao alcalde, que o pasado 16 de febreiro se vía forzado a anunciar a posta en marcha do referido H3. Nestas tres semanas de funcionamento visouse que “existía unha forte demanda veciñal e que ademais é necesario mellorar substancialmente as frecuencias”. Así o valora Anxo Igrexas, secretario da AV de Teis, para quen a posta en marcha do H3 “demostrou que as liñas existentes non atenden as necesidades da veciñanza e que o servizo de autobús a nada menos que o hospital da cidade era moi deficiente”. Igrexas responsabiliza directamente o goberno municipal pola súa falla de planificación. “É incomprensíbel que se abra un novo hospital e o Concello non prevea como conectalo por bus”, sentencia.

Máis problemas

O deficiente servizo de bus non é o único problema para acceder ao HAC. O modelo de xestión privada, imposto polo goberno galego, provocou tamén que o aparcamento do hospital sexa privado e cunha tarifa moi elevada. Isto penaliza economicamente as persoas enfermas que se despracen en vehículo particular, pero tamén afecta ás familias que acoden a visitalas e ao propio persoal sanitario, para o que non hai suficientes prazas reservadas. O alcalde da cidade prometeu o 11 de setembro de 2015 que, “en cuestión de semanas”, o Concello habilitaría 500 prazas de aparcamento gratuíto en superficie, facendo uso de dúas parcelas de titularidade municipal nas proximidades do HAC. Unha promesa que non se traduciu, polo momento, en ningunha decisión e que non parece que se vaia materializar.

Aparcamento de pago e ausencia de accesos peonís complexizan o deslocamento até o hospital
Por outra parte, a falla de cooperación entre a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, no marco do permanente enfrontamento mantido por Caballero co goberno galego, provoca tamén que a veciñanza residente nas inmediacións do hospital non poida acceder de maneira segura a el a pé, ao non existir accesos peonís.

Demandas

Esta situación acabou por concitar a demanda unánime das forzas políticas da oposición municipal para a mellora da conexión co novo hospital vigués. O grupo municipal da Marea de Vigo e o Partido Popular urxiron unha mellora substancial do servizo de autobús que se presta. Pola súa banda, o BNG puxo acima da mesa unha batería de medidas concretas que procuran “ofrecer unha conexión por bus en condicións dignas e dar resposta suficiente á demanda dos barrios e parroquias da cidade”.

A proposta do Bloque recolle basicamente seis medidas. A primeira consiste na creación dunha nova liña directa desde Navia-Coia. Demandan tamén a reformulación da liña H, para mellorar a conexión de Coia de abaixo, Bouzas e Rúa Coruña, con frecuencias equivalentes ás das demais liñas. Apostan en aumentar as frecuencias en todas as liñas para asegurar un mínimo dun bus cada 20 minutos no horario de maior demanda e cada 30 minutos no resto do día, fronte a actual frecuencia media dunha hora. Piden que todas as liñas operen en fin de semana e festivos cunha frecuencia mínima de 45 minutos. Por outra parte, defenden que a Praza de América e a Praza dos Cabalos funcionen como nodo de conexión, mellorando a frecuencia e a cadencia horaria doutras liñas para desta maneira permitir o transbordo nun tempo razoábel, o que melloraría a conexión de zonas como Lavadores, A Salgueira ou o ensanche de Gran Vía, entre outros. Finalmente, demandan estudar a mellora da conexión das parroquias do cinturón periurbano (rural) e o litoral co HAC, mesmo coa creación de novas lanzadeiras ou a posta en marcha dun circular.

Propostas e demandas que continúan a ser desatendidas polo goberno local, que se limitou a parabenizarse a si propio polo número de viaxeiros que rexistrou a recén creada liña H3.









Candela Fernández del Pon, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
British Airways tenta restablecer o seu servizo entre queixas por equipaxe extraviada
A aerolínea precisa que aínda tenta restaurar o seu sistema informático, que onte sufriu unha caída global que afectou a voos en todo o mundo, con centos de afectados en España

A aerolínea británica British Airways (BA) dixo hoxe que «se esforza» para restablecer este domingo «case todos os seus servizos» desde os aeroportos londinienses de Heathrow e Gatwick, mentres aumentan as queixas de pasaxeiros que perderon a súa equipaxe.
Nun comunicado, a aerolínea precisa que aínda tenta restaurar o seu sistema informático, que onte sufriu unha caída global que afectou a voos en todo o mundo, e ten o obxectivo de operar durante a xornada de hoxe «un servizo case normal en Gatwick e a maioría dos servizos desde Heathrow».









Carlos Sánchez Cao, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia volve conxelar as taxas universitarias
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores, tras a reunión semanal do seu Executivo, que Galicia seguirá á cabeza das comunidades con taxas universitarias "máis baratas", xa que proporá unha vez máis, para o curso 2017-2018, a conxelación de todos os prezos para os títulos de graos e máster.

"Proporemos de novo conxelar as taxas, como fixemos desde que chegamos nos títulos de grao e na súa totalidade no últimos cinco anos", aseverou Feijóo, quen cifrou nunha media duns 1.400 euros o aforro das familias por estudante durante o catro anos de grao.

No caso dos graos universitarios, Feijóo subliñou que o prezo medio das primeiras matrículas de grao --que representan o 78 por cento do total-- mantense en 11,89 euros/crédito, o "máis baixo" de España e menos da metade dos 25,14 euros de comunidades como Cataluña.

No caso dos máster, os prezos son "os segundos máis baixos", cunha media de 26,49 euros, 11 euros/crédito menos que a media estatal e lonxe dos 65,87 euros/crédito de Cataluña.
Feijóo subliñou que esta iniciativa forma parte dun paquete de medidas de apoio aos estudantes universitarios, xa que, ademais da conxelación das taxas, tamén se convocará un ano máis a liña de axudas para o inicio e continuación de estudos, dirixida a quen non cumprisen os requisitos académicos adicionais esixidos polo Ministerio.

Así mesmo, manterase a convocatoria das axudas dirixidas a causas imprevistas e que poidan afectar á continuación dos estudos universitarios. E convocarase tamén a liña específica de axudas para o inicio de estudos de máster para persoas en situación de desemprego.

NOVOS CURRÍCULOS DE FP
Do mesmo xeito, o Consello da Xunta aprobou este mércores seis novos currículos de Formación Profesional (FP) básica e un máis de ciclo superior. Deste xeito o número de títulos de FP que o Goberno galego sacou desde 2009 elévase xa aos 112, aos que hai que sumar os 27 currículos de PF básica elaborados 'ex novo', incluídos os que recibiron este mércores luz verde.

Os títulos autorizados fan referencia á organización e control de obras de construción, actividades de panadaría e pastelaría, actividades domésticas e limpeza de edificios, mantemento de vivendas, fabricación de elementos metálicos, instalacións electrotécnicas e mecánica, e mantemento de embarcacións deportivas e de recreo.










Iria Álvarez Prieto, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2017 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia identifica 15 peches de leiras como modelos de arquitectura popular
Un país con catorce millóns de propiedades, dúas de cada tres situadas no medio rural, non pode permitirse pechar as súas leiras cos metálicos das camas sobrantes e uns paus de escoba. Son desastrosos e anecdóticos casos que a forza de divulgarse como malos exemplos chegaron a eclipsar un vasto patrimonio que se move entre a arquitectura popular e a construción tradicional e do cal había algunhas referencias escritas, pero non un verdadeiro traballo de catalogación.Durante os dous últimos anos un equipo formado por dous arquitectos e un enxeñeiro, aos que se foron sumando outros colaboradores, analizaron cinco mil peches por todas as comarcas galegas, dos que se quedaron cunha selección de 1.700 para estudalos e identificalos por zonas xeográficas. O exhaustivo estudo, liderado pola Escola Galega dá Paisaxe, xa está en mans da Consellería de Medio Ambiente, que o vai a editar nunha guía que se presentará no mes de xuño e que logrou sintetizar quince tipoloxías e os seus lugares de influencia: catro son peches vexetais -árbores aliñadas, viñas, vexetación espontánea...- dez de pedra (ver gráfico) e unha delas é unha solución mixta, ademais dos chamados «campos abertos» que marcan os seus límites con chantos e columnas pétreas.

Os peches rústicos en Galicia, conclúe o informe, non son caprichosos, e os distintos modelos detectados penetran en diferentes comarcas, con ricos exemplos como o da provincia de Pontevedra, onde conviven varios modelos. As súas formas responden, en primeiro lugar, ao desproporcionado fraccionamiento do territorio galego, onde se desenvolveron como en ningún outro lugar as técnicas para valar propiedades, pero tamén ten que ver cos materiais propios de cada lugar e o uso e o tipo de explotación do terreo que circunscribe.
A guía ofrece unha clasificación do xa existente que se vai a incorporar nas Directrices dá Paisaxe de Galicia con carácter orientativo, pero tamén inclúe unha serie de medidas e criterios de integración e minimización dos impactos na construción de novos peches no medio rural, propoñendo un pequeno número de modelos que se poden executar con tecnoloxías e materiais contemporáneos acordes ás tipoloxías tradicionais e cunha adecuada integración paisaxística. Para iso, o documento que se divulgará nas próximas semanas presentará unha pequena parte das miles de fotografías que se tomaron como referencia no traballo de campo, ademais de cartografías, información xeográfica, montaxes e explicacións para entender as motivacións formais de cada modelo.Á presentación desta guía, máis centrada na posta en valor da paisaxe rural, seguiralle a difusión pública da esperada guía de cores e materiais aplicada ás vivendas, que está en fase de revisión e na que colaborou o Colexio de Arquitectos.

Á arquitecta e directora da Escola Galega dá Paisaxe, Isabel Aguirre, levárona nos anos 50 de excursión á campiña inglesa. O obxectivo era coñecer os muros e peches de orixe romana que aínda seguían en pé. «Eran como os de Galicia!», descubriu. Décadas máis tarde tivo a oportunidade de impulsar unha guía para poñer en valor os ricos exemplos de Galicia, co fin de que os cidadáns «saiban o que teñen». Nalgúns países europeos existe financiamento público para o mantemento destes peches, o que lles serviu a moitos para aprender a respectar a súa propiedade: «En Inglaterra non necesitan protexelos, porque xa saben o que valen», indica. De todos os exemplos de peches galegos, queda cos da zona de Lugo: «Son auténticas esculturas».











José Javier Nieto Blanco, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2017 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
A Facultade de Filosofía de Santiago suma apoios á ILP que pide que esta materia sexa troncal en Bacharelato.

Profesores e estudantes da Facultade de Filosofía de Santiago forman unha fronte común en defensa da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que reclama a importancia de manter estes contidos no ensino medio.

Fixérono nunha xornada reivindicativa na que recolleron firmas a favor desta ILP, presentada no Parlamento de Galicia hai un mes por un grupo de docentes.

En concreto, reivindican a obrigatoriedade de contar con Historia da Filosofía como materia troncal de bacharelato, tras ser "suprimida do currículo" pola chamada 'Lei Wert', é dicir, a Lomce.

Nesta liña, a Xunta de Facultade sumouse ás reclamacións de docentes e alumnos e decidiu "por unanimidade subscribir e apoiar" esta iniciativa.

"A Filosofía achega unha dimensión fundamental na formación dos e dos cidadáns", destacan no texto aprobado, no que se insta ao Ministerio de Educación a propiciar "un debate en profundidade" sobre a situación destes contidos, no marco dos traballos para lograr o 'Pacto Educativo'.











Lucía Gómez Cibeira, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
A Generalitat di que haberá data e pregunta do referendo en 15 días
A data e pregunta do referendo sobre a independencia de Cataluña coñecerase en 15 días. A conselleira de Presidencia e portavoz da Generalitat, Neus Munté, realizou o anuncio este domingo nunha entrevista na emisora RAC 1 na que asegurou tamén que Carles Puigdemont, convocará mañá pola tarde na Generalitat aos partidos favorables ao referendo para analizar nunha reunión a situación tras a "negativa" do Goberno.

Ademais do PDeCAT, Esquerra Republicana e a CUP, Entre os partidos que serán convocados figura Catalunya en Comú, a formación que impulsa a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, así como as formacións que forman parte do grupo parlamentario de Catalunya si que é Pot: Iniciativa per Catalunya, Podem e Esquerra Unida e Alternativa.

Xavier Domènech, portavoz de En Comú Podem no Congreso, respondeu de inmediato á conselleira Munté e asegurou que a súa formación non acudirá á reunión que convocará Puigdemont. Na súa opinión, unha decisión así debe abordarse no marco do Pacto Nacional polo Referendo, unha iniciativa impulsada desde a sociedade civil para aglutinar a partidos e entidades a favor da consulta e que recolleu xa medio millón de firmas de adhesión.

O anuncio da Generalitat prodúcese un día despois do chamamento que fixeron este sábado as entidades soberanistas a Carles Puigdemont para que fixe a data e pregunta do referendo que o presidente catalán prometeu convocar, como moi tarde, a finais de setembro.

"O obxectivo do encontro de mañá é compartir os últimos acontecementos e a resposta do Goberno do Estado, con argumentos do nivel de "nin quero nin podo" ou de "temos a tixola polo mango", dixo Munté en referencia á negativa contundente de Mariano Rajoy" á oferta de negociación por parte da Generalitat.

Munté engadiu que á vista desta situación é necesario facer "pasos adiante e tomar decisións que non se poden demorar" nin "dilatar". A portavoz da Generalitat engadiu: "Gustounos que as condicións do referendo, fosen compartidas co Goberno do Estado, pero a súa resposta non estivo á altura da proposta maioritaria en Cataluña"

Preguntada sobre que reacción pode chegar desde o Goberno a todos estes movementos da Generalitat e a posible fixación de data e pregunta, Munté afirmado: "Non se que fará o Estado, pero si se que fará o Govern: manter a súa firmeza na celebración do referendo".








Laura Feijoó González, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Investigados alumnos de bacharelato por hackear o correo de profesores
O coordinador docente de Tecnoloxías da Información e a Comunicación do instituto Manuel García Barros da Estrada foi un dos primeiros en decatarse de que alguén estraño accedera ao seu computador e modificara un documento. Logo, outros profesores observaron estrañas coincidencias en exames de alumnos que cursan o último ano de instituto onde se copiaban de corrida as respostas, mesmo tamén os fallos.

Así comezou a dirección do García Barros a descubrir o hackeo masivo das contas privadas do correo electrónico dos profesores e puxo unha denuncia ante a Garda Civil o pasado 19 de maio que foi posteriormente ampliada con todos os datos dispoñibles polo citado centro educativo.

Da investigación fixéronse cargo axentes da Policía Xudicial de Lalín que co equipo de expertos telemáticos centraron as pescudas en polo menos catro alumnos do segundo de Bacharelato do centro estradense, a poucos días deste curso celebre o acto académico de gradación que podería quedar suspendido ou aprazado mentres non se aclaren os feitos.
Os axentes están a facer unha análise exhaustiva de varios computadores utilizados nas aulas cos que esperan descubrir que método empregouse para acceder ás claves e contrasinais das terminais do claustro, aínda que a hipótese máis verosímil é que os sospeitosos instalaron un programa espía para hackearlos.

A xefatura territorial de Pontevedra e a inspección educativa están a traballar conxuntamente na elaboración dun expediente informativo para saber ata onde chegou a intromisión e tomar as medidas disciplinarias oportunas de orde interna, independentemente das conclusións da investigación policial.
Crese mesmo que entre o alumnado hai tempo que se coñecían estas practicas das que supostamente viñan beneficiando os alumnos baixo sospeita desde o mes de febreiro pero ninguén se atreveu a poñelo en coñecemento dos profesores.

Tamén se investiga a posibilidade de que os hackers accedesen á plataforma XADE (Xestión Administrativa do Ensino) da Consellería de Educación que centraliza todos os expedientes académicos e disciplinarios dos alumnos galegos, ademais de fai un seguimento das asistencias a clase.

Mentres o centro garda silencio, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, dixo que a investigación está aberta pero ?próxima a esclarecerse?. Segundo adiantou Villanueva, a Garda Civil xa coñece o número de alumnos implicados aínda que evitou concretar a cifra. "Estamos a traballar niso. É unha cousa próxima que non ten a maior transcendencia e vincúlase ao ámbito escolar?, informa Europa Press.

Sobre as posibles sancións aos responsables, o delegado explicou que serán "castigos dentro da comunidade escolar, pero nada excesivo. Non pensamos que vaia máis aló de algo relacionado con temas educativos". En todo caso, engadiu, "mirarase? se hai algunha infracción que poida afectar o código penal e dentro das posibles condutas vinculadas ao tema escolar no seo da Consellería de Educación.





Sara Araújo Sánchez, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
A Universidade da Coruña convoca o seu Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras
Este curso, organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, está dirixido a persoas de fóra de Galicia interesadas na lingua e a cultura galegas. Conta con dous niveis de formación, un elemental (A1-A2) e un intermedio (B1-B2)




Anxela Pérez Fernández, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Como evitar unha morte por parada coas nosas mans

Profesionais sanitarios trataron de concienciar á poboación en talleres de RCP (resucitación cardiopulmonar) celebrados onte no CHUO e no centro comercial, con motivo do Día Europeo de Concienciación da Parada Cardíaca. Estas situacións son un problema grave, pois se calcula que cada tres horas hai unha parada cardíaca en España. Só na metade dos casos chegan con vida ao hospital e só un de cada catro sae do transo sen secuelas.

Ana Tizón, médico da UCI, explicou como identificala: «Unha parada cardíaca ou morte súbita é unha morte inesperada. O corazón deixa de funcionar. Como o podo saber? Un, que a persoa non responda á túa chamada (está inconsciente) e dúas, que non respire». O seguinte paso será chamar ao 112 ou ao 061 para comunicar quen somos, onde estamos e que temos a alguén con parada. Pero ata que chegue a ambulancia e sanitarios, é fundamental realizar a masaxe cardíaca ou a persoa morrerá ao cabo de cinco ou dez minutos.

«A clave é facer forza co talón da man. Búscase o centro do peito na súa metade inferior. Aí colócase o talón, abrazando as mans, cos brazos completamente rectos. Xérase unha presión que provoca un descenso de cinco centímetros no peito do paciente. Non lle vas facer dano. É peor non facer nada. A secuencia do ritmo leva cunha canción como Staying Alive ou Macarena. O ideal é facer trinta compresións e dúas ventilacións (boca a boca)», detalla Ana Tizón. Con bebés, faise primeiro un minuto de comprensións usando dous dedos e logo pídese axuda.
Lucas Rodríguez Cancio 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2017 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
ATENTADO EN MANCHESTER QUE CONMOCIONA AO MUNDO

Polo menos 22 persoas morreron e outras 59 resultaron feridas nun atentado suicida durante un concerto da artista estadounidense Ariana Grande celebrado no Manchester Area.
O autodenominado Estado Islámico reivindicou este martes o atentado en Manchester. O grupo yihadista lanzou a mensaxe a través dun comunicado do seu central de medios e non mediante a axencia de noticias Ao Amaq, como foi a vía habitual nos ataques previos rexistrados en Bruxelas, Berlín ou O Cairo.
Salman Abedi, de 22 anos, fillo de refuxiados libios opostos ao réxime de Gadafi, alugou durante case unha semana o piso 6A en o edificio Granby House. Nesta localización estivo ata as 19 hora local do luns, cando pasadas as 22.15 horas inmolouse no Manchester Area.
No lugar da explosión, a Policía atopou unha mochila azul, idéntica á do kamikaze. Dentro estaban os restos dun detonador manual, porcas e parafusos utilizados como metralla e unha batería de 12 voltios que foi a posible fonte de enerxía.
Diversas testemuñas comentan que o desconcerto converteuse en caos. Falan dunha densa fumareda e dun inferno de berros e sangue. Aqueles atrapados xunto á saída onde se produciu a explosión empezaron a correr cara ás outras saídas, levándose por diante a outras persoas, segundo o relato dos sobreviventes.
A cantante Ariana Grande quedou realmente afectada polo sucedido e rapidamente colgou unha mensaxe de apoio a todas as vítimas deste posible atentado no que a polícia británica segue investigando.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ 4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2017 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal