Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O delator do atraco e a malleira a un empresario se desdice durante o xuízo.
O prexudicado por estes feitos, que non acudiu onte a declarar por razóns de saúde, non chegou a identificar plenamente os atracadores. Leuse o seu testemuño no xulgado. Sabía que eran latinoamericanos, pero nada máis. Eran tres. Un deles, aclarou, era máis forte que os demais. Levaban A policía tiña atados parte dos cabos necesarios para deter aos sospeitosos do atraco a un empresario da construción de Ourense, a quen mallara na súa casa á primeira hora da madrugada do 1 de decembro do 2013, para levarlle unha cantidade estimada de 50.000 euros, que gardaba en dúas caixas fortes. Dous deles atopábanse en Ourense. O terceiro, con todo, estaba na República Dominicana, cunha orde de expulsión, anterior a que se lle asociase con estes feitos. A policía tiña a esperanza de que regresaría para botarlle a luva e presentar ante o xuíz aos tres presuntos autores dunha acción especialmente violenta, que acabara coa vítima no hospital. Os dous imputados, en prisión desde abril do 2015, negaron onte relación algunha cos feitos. Non saben por que se lles acusa. O diñeiro, ano e cinco meses despois do asalto, desaparecera, pero no domicilio dun aínda estaba un reloxo que o empresario identificou como o que lle roubaban a el aquela noite. E tamén apareceron pasamontañas, unha pistola de fogueo e cartuchos detonadores.

A vista oral deixou onte a moi rechamante declaración dunha testemuña, menor de idade no momento de ocorrer os feitos, que ofrecera á policía unha minuciosa declaración sobre a forma na que se desenvolveu o atraco, no que el supostamente ía participar, aínda que non o fixo por quedar durmido. Detallou como había dúas caixas fortes, unha con máis diñeiro que outro, quen foran os participantes e detalles do botín. Aquela primeira declaración, ratificada no xulgado, foi máis recentemente corrixida. E onte foi negada. Mentiu as primeiras veces, segundo afirmou onte, porque «estaba nervioso» ao dicirlle a policía que os dous acusados estaban a incriminalo a el. Defendeuse sinalándoos.

Advertiulle a xuíza as consecuencias do falso testemuño. Preguntoulle, igual que á súa nai, que tamén cambiou a declaración inicial, se fora ameazado. Negárono ambos. Sabía El Gordo os detalles da súa primeira confesión, porque «escoitaba cousas na casa». A fiscal, que mantivo a acusación, restou valor ao cambio de versión, sen deixar de resaltar como coinciden todos os detalles do ocorrido co testemuño desta testemuña. Desacreditado antes como un suposto mentireiro compulsivo, as defensas quedaron coa súa última declaración, en tanto exculpa aos dous procesados...

A declaración dos policías sinalou, entre os indicios utilizados na investigación, unha conversación telefónica interceptada a dous delincuentes, na que falaban do atraco que sufrira o empresario. Identificaban a un dos acusados. As pescudas levaron, igualmente, a un amigo da vítima, abordado de noite nunha ocasión por persoas que se dirixiron a el, aínda que non chegaron a facerlle nada, pois, segundo diría un deles, «este non é» o obxectivo.

A detención e os rexistros domiciliarios nas vivendas dos acusados producíronse entre os días 22 e 28 de abril do 2015. Na habitación de Jancarlo apareceu un cartucho e na dun irmán máis cartuchos, dous pasamontañas e un reloxo. Non llo explica o imputado. No rexistro de Fernando Federico, pola súa banda, apareceu outro pasamontañas: practica esquí e utilízao para ese fin, dixo, en resposta a unha última pregunta.

As defensas acabaron pedindo a absolución. Faltan probas directas, din, e o testemuño do menor foi realizado baixo presión da policía, afirman.

Sete anos e medio de cárcere por roubo violento e lesións

Fernando Federico «Fredi» S. Ou. e Jancarlo K. M. enfróntanse a peticións de condena de cinco anos de prisión polo roubo con violencia e intimidación. É o delito máis grave. A esta pena engade o ministerio unha segunda petición de dous anos e seis meses de prisión por lesións. E esíxelle, ademais, a devolución dos 40.000 euros roubados.



José Javier Nieto Blanco, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-05-2016 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Allariz defende o seu medieval Festa do Boi.


Allariz defende o súa Festa do Boi fronte ás campañas que nas últimas semanas atacaron esta celebración vinculada ao Corpus pola utilización nela de bois para carreiras co argumento de que os animais son maltratados ou sofren tensións. O pleno do Concello de Allariz aprobou onte por unanimidade unha declaración institucional, atendendo a proposta dunha asemblea veciñal celebrada na véspera, para contestar os críticos coa festa, fundamentalmente as asociacións animalista Libera e a de veterinarios Avatma.


Na vila argumentan que a Festa do Boi é unha manifestación cultural con sete anos de historia. O animal é o protagonista «positivo» da festa e o símbolo dos acontecementos do ano 1317, cando comezou a tradición ao subirse o fidalgo Xan de Arzúa a un boi para espantar aos xudeus que boicoteaban a procesión cristiá do Corpus. As carreiras do boi, aseguran, non son un ataque ao animal senón unha homenaxe ao seu papel na orixe da festa. Segundo a declaración lida onte no pleno, ao boi considéraselle un membro da comunidade veciñal e como tal é tratado sen que exista ningún tipo dos malos tratos. A festa non ten ningunha relación con festexos taurinos nin outros nos que hai malos tratos animais, aseguran





Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-05-2016 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG CELEBRARÁ O DÍA DÁS LETRAS GALEGAS CUNHA SESIÓN PÚBLICA
A Real Academia Galega celebrará o Día dás Letras Galegas cunha sesión pública na casa onde naceu Manuel María, ao que se homenaxea este ano, en Outeiro de Rei (Lugo), segundo informa a institución académica.

Convertida desde 2013 en Casa - Museo Manuel María, o próximo 17 de maio será o lugar onde a Academia celebre unha sesión extraordinaria e aberta ao público na que tomarán a palabra tres membros de número: Manuel Rivas, Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana.

Eles, segundo precisa a RAG, serán os encargados "de retratar a vida e a obra do prolífico escritor". O peche do acto estará a cargo do presidente da institución, Xesús Alonso Montero. Da traxectoria do escritor homenaxeado este ano, a RAG destaca que foi o autor "dalgunha das obras máis populares das letras galegas da segunda metade do século XX".Tamén resalta o seu compromiso co galego.
Ademais, lembra que foi o primeiro escritor novo en publicar un libro en galego na Galicia da posguerra, Muiñeiro de brétemas. Destaca tamén os seus traballos tanto en narrativa, teatro, ensaio ou prosa xornalística, ademais do seu activismo e o seu labor de divulgación cultural.

Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-05-2016 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Aumentan as ofertas de traballo que inclúen entre os criterios manter relacións sexuais coa dirección
Após o caso denunciado en Sanxenxo; un portal de busca de emprego, nesta ocasión Trovit, ofreceu un posto en Carnota dirixido a auxiliares de administrativas. Entre as condicións estabelecía manter "relación de intimidade co xerente" e que se tratase de mulleres "con clase, desexos de facer pasar un bo rato, aventureira e morbosa".

A oferta, feita pública polo xornal La Voz de Galicia, foi recibida por unha veciña de Carnota que non daba creto ao contido. Porén, non se trata da primeira ocasión. Tamén no contorna da Coruña foi denunciada outra oferta de traballo recentemente recibida por unha moza que optaba a un emprego como camareira.
Ao respostar o propietario informoulle de que o posto exixía manter relacións sexuais co responsábel en función do cal se estabelecerían os "incentivos" dun salario que podía oscilar entre os 1.200, 2.700 e mesmo 3.200 euros en función da "implicación persoal". Ao igual que no caso de Sanxenxo esta oferta foi remitida a través do portal milanuncios.com.

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-05-2016 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Agís chea de filosofía a Feira do Libro de Bos Aires
O catedrático de Filosofía da USC Marcelino Agís Villaverde viaxou á capital do tango para presentar dúas publicacións na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, na que Santiago de Compostela é a cidade invitada nesta edición.

Foron dous días intensos de presentacións, nos que o tamén colaborador do CORREO fixo gala do seu gran estima por Galicia e pola filosofía falando, o pasado martes, de identidade, memoria e Historia.

Ese día estivo acompañado de Francisco Dez Fischer, profesor titular de Filosofía da Universidade Católica de Bos Aires. Ao día seguinte, o presidente da Federación de Sociedades Españolas en Arxentina, José María Vila Alén, e o membro da Academia Arxentina de Letras Antonio Requeni flanquearon a Agís na súa charla sobre Historia do pensamento galego contemporáneo.

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 08-05-2016 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
'O idioma é a vida': un lema para encher Compostela de “ledicia e orgullo” polo galego o 17M
'O idioma é a vida', un dos versos do poema 'A Fala' de Manuel María, é o lema escollido pola plataforma Queremos Galego para a manifestación convocada para este 17 de maio en Compostela. Unha mobilización que, apuntan, agardan que reúna miles de persoas para amosar “máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas para repola e rehabilitala en todos os espazos”.

Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística lembrou que Manuel María era un habitual en todas as accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país. Por isto, apuntou, “a voz e a palabra de Manuel María estará presente no acto final da manifestación que se celebrará na Praza da Quintana onde tamén contaremos coa actuación de Mini e Mero ou de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel.

“O acto final será unha mostra masiva da alegría e do orgullo que temos como pobo por contarmos con lingua propia, que está viva grazas ao traballo e o compromiso, practicamente en solitario, da propia sociedade, malia a actitude tantas veces hostil dos gobernos da Xunta e do Estado e mesmo dos tribunais, como evidenciou recentemente o TSXG. Festexaremos, ademais, 100 anos de defensa continuada da normalidade para o galego”, sinalou Maceira, en referencia ao centenario da creación das Irmandades da Fala. A manifestación deste ano está marcada, explicou Maceira, por un contexto de “deslexitimidade” do 'decretazo contra o galego’, algo que ficou claro co informe do Consello de Europa. Maceira instou novamente a Feijóo a que "dea os pasos precisos" para dotármonos dun novo decreto para o ensino en galego, "comezando por eliminar os artigos do decreto que prohiben o uso do galego".

Queremos Galego salientou que “todos os avances para a lingua galego foron conquistas da sociedade", polo que fan un chamado "a todas as persoas que aman Galiza, que aman a nosa lingua, que queren avances para ela, posibilidades de uso e accións públicas que permitan instalarse no galego con total liberdade a quen non o fala, sen estigmatización, sen desprezos”.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 08-05-2016 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Achéganse os incendios a Galicia
“Vai ser unha campaña de incendios complicada”: así o auguran os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UXT, que lembran que este ano se cumpre unha década daquel 2006 “no que os incendios arrasaron os montes galegos” e lamentan que pouco se adiantase desde entón. “No lugar de profesionalizar o dispositivo único e público, volven atoparse no monte con empresas privadas, brigadas municipais, empresas semipúblicas, Protección Civil, militares, Bombeiros profesionais, etc..., todos eles baixo a responsabilidade dos Axentes Medioambientais nos incendios forestais. Todo este abano con diferentes medios fan pensar que a Xunta de Galicia está derivando a súas responsabilidades cara ás empresas privadas e outras administracións públicas, e descargando a extinción dos lumes en medios alleos á Administración galega, como é o caso da UME”.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-05-2016 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Praias de bandeira azul 2016: Galicia, con 123, é a segunda comunidade con máis número de insignias
Con seis bandeiras azuis menos que no 2015, Galicia pasou de ser a comunidade líder a ser a segunda en canto a número de areais distinguidos coa prestixiosa insignia, cun total de 123 bandeiras azuis repartidas por 38 municipios costeiros.

Só a Comunidade Valenciana, con 125 praias condecoradas co estandarte, adianta a Galicia para situarse no primeiro posto do ranking.

O municipio con máis bandeiras azuis na comunidade segue sendo Sanxenxo (Pontevedra), cun total de 12, tras perder a distinción a praia de Areas, pero sumarse á lista a praia de Paxariñas. Séguelle Vigo, que mantén as nove que logrou no 2014; e en terceiro lugar sitúase Cangas, ao pasar de dez bandeiras azuis a sete tras perder a distinción os areais de Arneles, Francón e Areacova.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-05-2016 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Unha moza de Paquistán é estrangulada e queimada por axudar a unha amiga para fuxir co seu noivo
Unha moza de 16 anos foi drogada, estrangulada e queimada por un grupo de homes por axudar a unha amiga a fuxir co seu noivo en Paquistán, un asasinato que nesta rexión é coñecido como un 'crime de honra', polo que foron detidas 13 persoas.

A adolescente morreu estrangulada e posteriormente queimada no interior dun coche o pasado venres, tras ser sentenciada por unha 'jirga' ou consello de anciáns no pobo de Makool, no noroeste paquistaní. A decisión do consello derivou da axuda que a moza prestou á súa amiga, dixo o portavoz policial da área, Nasir Khan. "Arrestamos a 13 persoas, entre elas varios membros do consello do pobo e a nai da vítima, que apoiou a decisión da jirga", indicou Khan.

Moitos dos chamados 'crimes de honra' son delitos machistas moi habituais no sur de Asia e adoitan implicar a homes dunha familia que veñan, o que eles consideran, unha afronta que contravén a moral familiar das sociedades locais.

Os sospeitosos pola morte da nova serán xulgados por un tribunal antiterrorista, mentres a Policía busca a máis persoas implicadas no asasinato. A amiga da vítima deixou o seu pobo hai dúas semanas e nestes momentos descoñécese o seu paradoiro.

En 2015, 923 mulleres foron vítimas dese tipo de criminalidade no país, segundo un informe da Comisión de Dereitos Humanos de Paquistán (HRCP), que advirte que esa cifra esconde unha realidade aínda maior que queda fóra dos rexistros.

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-05-2016 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
O sector galego do libro únese na primeira Gala do Libro Galego
O Teatro Principal de Santiago acolle o sábado 14 de maio a primeira Gala do Libro Galego, unha iniciativa que suma os premios literarios que ata o de agora convocaban por separado a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores, e a Federación de Librarías de Galicia. O obxectivo deste acordo é confluir nun so evento, xa que «sumar en cultura non é sumar, se non multiplicar», explicou Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

Na gala vanse entregar os premios en catorce categorías, desde ensaio ata iniciativa cultural ou fomento da lectura, pasando por libro ilustrado, xornalismo cultural, narrativa ou teatro. Tamén hai premios honoríficos a unha libraría, unha editora e ao escritor galego universal, que este ano será para Pere Gimferrer pola súa traxectoria e contido ético. Tras recoller as propostas feitas polos editores, todos os asociados das tres entidades fixeron unha selección dos finalistas e agora é un xurado composto por representantes do sector e do mundo da cultura quen elixe aos gañadores. Nalgunhas categorías hai so tres finalistas pero noutras chégase ata seis. Sánchez asegurou que é preciso dar visibilidade social a este ben cultural, algo que está recollido na lei do 2006 «mais non áinda na realidade, e esta é a realidade que queremos axudar a mudar». Na presentación da gala, que conducirá o xornalista e escritor Camilo Franco, estiveron tamén o vicepresidente da Federación de Librarías, Xosé Antón Pedreira, e Xulio Amigo, da directiva de editores.


Patricia Gonzále, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-05-2016 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal