Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Doce artistas debuxan a figura de Cela nunha mostra de arte contemporánea no centenario do seu nacemento en Padrón
Un total de doce artistas contribúen cunha obra propia de arte contemporánea na Fundación Pública Galega Camilo José Cela para ofrecer a súa visión particular sobre o autor no marco da celebración do centenario do seu nacemento. A exposición foi inaugurada este venres, día 20, e permanecerá aberta ata o 24 de setembro.

En concreto, as obras expostas na fundación, situada en Padrón (A Coruña), son de Ramón Corbato, Elena Fernández Prada, Mery Pais, Amaya González Reyes, Chelo Matesanz, Carme Nogueira, Jorge Perianes, Laura Piñeiro, David Catá, Edu Valiña, Jesús Madriñán e Paulova, como indicou nun comunicado a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inauguración da mostra foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a comisaria, Paula Cabaleiro; nunha rolda de prensa. Ademais, os artistas realizaron un percorrido guiado pola exposición e que tamén contou cunha 'performance' de David Catá.

Así mesmo, o título da exposición: 'Compañías convenientes, Diálogos contemporáneos co home poliedro' consiste nunha selección de artigos do autor da 'familia de Pascual Duarte' e unha das súas citas. Ademais, o secretario xeral de Cultura destacou o "valioso legado" que contén a fundación e que consiste en coleccións de pintura e ilustracións, así como nun compendio dos manuscritos orixinais de Cela e diversas coleccións.

Selena González, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
O Sergas esixe ao seu persoal certificar non ter condenas por delitos sexuais
Todo o persoal sanitario, auxiliares e celadores da sanidade pública que no desenvolvemento do seu traballo estean en contacto con menores terán que probar non ser condenados por delitos sexuais no últimos trinta anos para poder continuar ocupando as súas actuais funcións. A dirección xeral de Recursos Humanos do Sergas comezou a remitir aos seus traballadores do servizo de pediatría, atención especializada, primaria e urxencias unha carta dos seus respectivos xerentes territoriais na que se lles insta a achegar unha certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na que se declare non contar con ningún tipo de condena xudicial firme por delitos de carácter sexual, como violacións, agresións sexuais, abusos, acoso, pornografía infantil, explotación sexual, prostitución, exhibicionismo, provocación sexual e corrupción de menores. A esixencia que está a formular o Sergas baséanse na esixencia introducida coa reforma da Lei de Protección Xurídica do Menor, que trata de evitar o contacto cos nenos e adolescentes de profesionais condenados por delitos sexuais.

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
O bus iFala recorre Galicia para dar a coñecer as Irmandades
«Fai xove algo que ten un século mais mostra unha vixencia alucinante. Ficamos nós mesmos emocionados co produto», isto comentaba onte o escritor Carlos Quiroga, un dos compoñentes de Ora Galega, a entidade que promoveu a declaración do 2016 como Ano das Irmandades e a que propuxo a Deputación da Coruña a posta en marcha dun autobús que recolle a historia da histórica entidade. O bus, do ano 1964, iniciou onte a súa andaina no Obelisco da Coruña e tamén estivo nas inmediacións de Riazor, antes do partido Galicia-Venezuela. Moncho do Orzán, membro de Cántigas da Terra e de Ora Galega, insistiu «na teima de que as Irmandades tiñan que conmemorarse en todo o país. A exposición ofrece unha liña do tempo desde os Mártires de Carral até o golpe de 1936 cunha información básica que se pode completar no aplicativo e na páxina de iFala». A presenza do bus, que mañá estará en Betanzos, incluirá ademais da exposición diversos actos con lectura de textos e música. Parte da música xa está na canción de Poetarras: «Hai bravas, hai soños, hai ganas, hai pobo, hai todo... iFala». Elvira Souto, tamén de Ora Galega, destacou a colaboración de asociacións e entidades como a Deputación de Lugo. A vicepresidenta da Deputación coruñesa animou a acercar se a un bus onde se ve como «as Irmandades son algo vivo e que, como di a lenda do proxecto, hai fala».

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Liceo inicia o vindeiro martes unhas “Xornadas de Viño e Cultura”
O vindeiro martes darán comezo no Liceo unhas "Xornadas de Viño e Cultura", organizadas polo profesor Xabier Castro, as cales terán a súa segunda cita o vindeiro mércores 1 de xuño. Nesta primeira xornada se tratará o tema de Miguel de Cervantes e o viño de Ribeiro, coa participación de Cristina Alcalá e unha cata de viños xenéricos desta Denominación de Orixe. Ao longo do encontro se lerán breves textos en prosa do autor e se proxectarán fragmentos curtos de películas. A segunda figura literaria que se abordará nestas xornadas será a de Eduardo Branco Amor, a quen se enmarcará no contexto da cidade de Ourense por parte de Manuel García Docampo. A inscripción nesta iniciativa que pretende conxugar literatura e gastronomía, permitirá acompañar a cata dos caldos do Ribeiro con "petiscos" de pan artesano, queixo e fiambres galegos de calidade.

Nuria Vázquez Gómez, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Un alumno de Cambre elabora unha «app» sobre Manuel María
Alberto Suárez ten 14 anos e estuda primeiro de bacharelato no instituto David Buján de Cambre, na provincia da Coruña. El é o autor dunha nova aplicación de teléfono móbil que xa se pode conseguir de forma gratuíta na tenda Playstore e coa que se rende homenaxe ao escritor Manuel María. O rapaz explica que a app, compatible con móbiles Android, é un traballo que fixo para a materia de Lingua Galega con motivo do Día das Letras. «Estou moi satisfeito. Agora o que fai falta é difundila», explica.

Aclara que, en realidade, esta aplicación é un traballo colaborativo entre profesorado e alumnado de Lingua Galega e Debuxo e que a idea xurdiu doutra app que xa fixera para salientar a figura e obra de Rosalía de Castro. O mozo programador recoñece que a dedicada a Manuel María é moito máis avanzada. De feito, nela se poden descargar dez poemas do escritor, recitados por el mesmo e ligados a outros tantos debuxos. Ao mesmo tempo, o usuario da app poden poñer a súa voz aos poemas para despois solapalos cos do poeta. O equipo traballou un mes no proxecto, «pero aínda quedan moitas actualizacións por facer». Polo momento, a aplicación xa está sendo utilizada por organismos oficiais e xa se fixeron, ata o momento, 100 descargas gratuítas e obtivo «27 valoracións de cinco estrelas». A profesora de Galego, Pilar Tobar, anuncia que haberá actividades no centro relacionadas con esta app.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-05-2016 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Resucitar rinocerontes cando se seguen matando.
A situación dos rinocerontes é crítica: cada ano, os furtivos liquidan máis dun milleiro de exemplares nunha matanza que ten desbordados a varios gobernos africanos. X asó quedan tres exemplares vivos de rinoceronte branco do norte, unha das subespecies que antaño gobernaban o continente. Tres animais, un macho e dúas femias, incapaces de reproducirse. Son os últimos, extinguíronse.

Ou tal vez non: un grupo de investigadores expertos en reproducción quere resucitar exempkares de esta subespecie usando enxeñería xenética de vangarda. E de este modo, evitar a súa extinción. Mantívose en decembro unha reunión entre importantes xenetistas e acaban de anunciar as súas intencións, convencidos de que é posible “rebobinar” o estado de extinción usando esta tecnoloxía.

Trátase de usar material xenético de rinocerontes falecidos para traelos ao mundo de novo. Nunca se conseguiu un embarazo in vitro en rinocerontes, polo que teñen listo un plan B no que usarán células nai a partir de texido dos animais mortos para crear embrións viables.

Ten sentido facelo? Pode a enxeñería xenética combater problemas ecolóxicos como a caza furtiva? “Creo que temos que comprometernos para evitar a extinción”, responde Oliver Ryder, director de xenética do zoo de San Diego, un dos principais impulsores do proxecto.






Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2016 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
A selección galega de fútbol gaélico inicia o seu preparatorio para o Mundial de Dublín

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico confirmaba hai uns días oficialmente a presenza da Selección Galega, masculina e feminina, deste deporte nos Campionatos do Mundo de Fútbol Gaélico, que terán lugar do 7 ao 14 de agosto en Dublín, Irlanda. Unha competición organizada pola federación irlandesa, a GAA, co patrocinio de Etihad Airways. Equipos de Australia, Sudáfrica, Arxentina, China, Canadá, Oriente Medio, Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bretaña, Italia e Reino Unido tomarán parte no mundial. Agárdase que perto de 10,000 personas estarán implicados nesta edición dos GAA World Games entre xogadores, adestradores, familias e afeccionados.

O sábado 21 de maio terá lugar en Sada o primeiro partido amigable na preparación da Selección Galega para eses Mundiais GAA. Os partidos celebraránse no campo de fútbol municipal Andrés Pena con organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o club A Coruña Fillos de Breogán e coa colaboración do Concello de Sada que acolle o evento. A entrada será de balde. O primeiro encontro será ás 15:30 horas e enfrontará a dous combinados da preselección feminina. O segundo encontro será ás 16:30h e nel xogará a Selección Galega masculina contra unha selección de xogadores irlandeses e locais representando a Andalucía.





Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2016 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
As mulleres só están presentes no 11,8% de postos directivos.
A recuperación económica cronificou a desigualdade entre os sexos no mercado de traballo español, onde a presenza feminina nos postos directivos foise estancando no 11,8 % mentres que a brecha salarial oscila entre o 17 % e o 11,5 %, en función da categoría dos empregos.
Esta é a principal conclusión do informe ´Diferenzas salariais e cota de presenza feminina´ elaborado pola escola de negocios EADA e o grupo consultor ICSA, que utilizou unha mostra de datos salariais de máis de 80.000 persoas empregadas por conta allea en toda España.
O estudo revela que as mulleres ocupan o 11,8 % dos postos directivos en España, o que supón unha diminución en relación ao 2015, cando foi do 12,5 %, e unha porcentaxe moi similar ao rexistrado en 2014 (11,7 %).
A presenza feminina nos postos directivos caeu de maneira drástica en 2009 como consecuencia da crise, ao pasar do 19,5 % ao 12,8 %, nivel no que se mantivo con pequenas oscilacións e co punto máis baixo en 2013, cando chegou o 10,3 %.





Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2016 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
A Holi Run chea de cor e animación a praia de Samil
Miles de participantes na terceira edición da festiva carreira da primavera en Vigo. A terceira edición desta rechamante proba deportivo­festiva congregou a varios miles de
participantes esta mañá na praia de Samil, coa sorte de que o tempo, tras días de choiva, acompañou. O único requisito para participar era acudir vestido de branco coa finalidade de que aos poucos minutos os participantes luzan un luminoso aspecto. Para iso, cada quilómetro son asperxidos con pos de cor no medio dunha xolda xeneralizada. A proba, ou a festa, como se prefira, desenvólvese durante cinco quilómetros animada en todo momento pola música. A organización non pon tope de idade, nin por arriba nin por baixo, aínda que os mozos eran maioría. Puideron acudir menores, co requisito de que ata 12 anos estivesen acompañados por un adulto.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 16-05-2016 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Expertos alertan de que uns 196.000 galegos maiores de 65 anos sofren carencias nutricionales
A dieta de tres de cada dez galegos que superan os 65 anos de idade "carece dun ou máis nutrientes esenciais e proteínas", o que significa que unhas 196.000 persoas maiores da Comunidade de Galicia "padecen desnutrición ou están en risco de sufrila".

Así se puxo de manifesto na xornada '7 pasos para o éxito FontActiv', que congregou farmacéuticos e auxiliares de farmacia pontevedreses para actualizar os seus coñecementos co fin de identificar problemas e aconsellar aos seus pacientes de idade avanzada que pasan pola farmacia.

De media, o 30 por cento das persoas maiores padece desnutrición ou está en risco de sufrila, segundo un estudio impulsado polo Instituto de Ciencias da Alimentación da Universidade de Navarra.

"É a poboación maior con autonomía funcional a que presenta o mellor estado de saúde e estado nutricional, aínda que si é certo que se trata dun colectivo exposto a riscos de desnutrición, especialmente os anciáns con enfermidades crónicas, os que viven solos no seu fogar ou os que se atopan en ingresos hospitalarios", explicaron.

Un estudio realizado en 2013 por médicos de familia e persoal de enfermaría de Pontevedra, Ourense e Valladolid observou que os maiores que viven en residencias e os de 85 anos con maior número de patoloxías son os que presentan maior risco de desnutrición. Ademais, concluíron que a peor calidade de vida e o menor apoio social "inflúen negativamente".

"Tanto a alimentación como o estado nutricional afectan de xeito significativo no tratamento e a prevención de enfermidades nos maiores", afirmou durante a xornada '7 pasos para o éxito FontActiv' Martina Miserachs, dietista-nutricionista e responsable do departamento de empresas da Fundación Española de Dietistas-Nutricionistas (FEDN).

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 16-05-2016 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal