EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Polo menos 700 mortos no Mediterráneo nos últimos días.
Polo menos 700 refuxiados morreron nos sete últimos días en naufragios ocorridos no Mediterráneo, segundo informou en Roma unha portavoz o Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur).

A cifra de 700 mortos baséase no testemuño de superviventes e corresponde a tres naufraxios rexistrados o mércores, o xoves e o venres, indicou a portavoz de Acnur.

A portavoz precisou que 550 persoas que se atopaban a bordo dun barco que naufragou o xoves están desaparecidas. Outras 100 aproximadamente poderían estar atrapadas na adega dun barco que se afundiu o mércores e un número descoñecido de persoas desapareceron tras un naufraxio ocorrido o venres.

Algúns superviventes aseguraron que hai máis persoas desaparecidas doutros barcos con refuxiados.

«Se sumamos estes números, calculamos que hai polo menos 700 vítimas, aínda que non estamos seguros en canto ás cifras e á identidade das vítimas», sinalou a portavoz de Acnur.


Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-05-2016 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta recorta case á metade a axuda ás viaxes das mulleres que teñen que abortar en Madrid
O Sergas rebaixa a subvención e aumenta os requisitos para as pacientes que ven obrigadas a desprazarse para someterse a un aborto terapéutico que non está garantido con asistencia continuada en Galicia.

A polémica polas precarias condicións na que as mulleres no segundo trimestre de xestación interrompen o seu embarazo destapou os numerosos defectos no funcionamento dos protocolos sanitarios. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto (PGDA) advertiu que en varios hospitais públicos galegos non se garante a asistencia necesaria, nin a dunha matrona nin a do persoal médico idóneo, ou que mesmo as pacientes deben expulsar o feto en solitario nun baño. Varias afectadas relataron as súas duras experiencias e ducias delas contactaron co colectivo para contar tamén o seu caso. A Xunta anunciou unha investigación ante o recoñecemento, mesmo desde hospitais públicos, de que a asistencia médica completa non estaba garantida e de que puido haber deficiencias, pero negouse a cambiar o protocolo e rexeitou que os problemas se habían debido aos recortes. A alternativa do Sergas para garantir unha asistencia médica completa e o acompañamento continuo da muller é acudir a unha clínica privada en Madrid. Pero os gastos teñen que ser adiantados polas afectadas e as limitacións son importantes. Agora, ademais, a contía que sufraga a Xunta para o desprazamento rebaixouse case á metade mentres se aumentaron os requisitos para poder acceder á subvención.

Sara Fernández de 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-05-2016 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Venecia premia a resposta creativa da arquitectura española á crise
O chileno Alejandro Aravena expuxo a Bienal de Venecia de arquitectura como un mostrario das posibles respostas que a disciplina pode ofrecer a retos perentorios, como a demografía ou a sustentabilidade. A eles España engadía outro de impacto notable, e que centra a proposta do pavillón español, comisariado polo galego Carlos Quintáns e Iñaqui Carniceiro: a profunda pegada que a crise económica e a picada da burbulla inmobiliaria deixaron no país. A Bienal recompensou esta formulación co León de Ouro, o segundo que recibe España no certame italiano. O xurado valorou especialmente a «singular selección de arquitectos emerxentes cuxos traballos mostran como a creatividade e o compromiso poden transcender os límites materiais».

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-05-2016 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
A Deputación de Ourense desvincula a Festa do Boi de Allariz do maltrato aos animais e dos festexos taurinos
A Deputación de Ourense saíu este venres en defensa da Festa do Boi de Allariz e aprobou con 23 votos a favor -do PP, PSOE e BNG- e dúas abstencións (Democracia Ourensana) unha moción en defensa deste festexo e do seu papel como patrimonio inmaterial e motor económico para a provincia. A institución reivindicou que este evento "non ten nada que ver cos festexos taurinos nin nos que se maltrata aos animais.

A moción presentada no pleno coincidiu cunha campaña de recollida de sinaturas na plataforma Change.org en contra da Festa do Boi e que conta xa con 27.000 apoios.

A proposta reclama a supresión do uso de bois nos "encerros" de Allariz, onde goberna o BNG, e un cambio de orientación do festexo. Dende a plataforma arguméntase que o uso de bois atados con sogas "provoca nos animais unha situación de maltrato psíquico".

Os deputados do PP, PSOE e do BNG mostraron o seu respaldo á moción do Grupo Popular en apoio da Festa do Boi sobre a base do seu "arraigamento histórico de case 700 anos", no que se "exaltan tradicións, cultura e elementos que contribúen á mellora da oferta lúdica e promocional" da provincia.

Así reiterouno o voceiro 'popular' Manuel Doval, que destacou a importancia desta cita cultural "non solo para o desfrute" de veciños e visitantes, senón como unha "ferramenta para situar Ourense no lugar que lle corresponde".

Para Doval a festa contribúe a "poñer en valor o inmenso patrimonio material e inmaterial" co que conta Ourense, ao tempo que serve como un "impulso" para a economía de Allariz e do resto da provincia.

O 'popular' insistiu en que a Festa "nada ten que ver" con outros exemplos nos que hai "maltrato animal".

Selena González Rodriguez de 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-05-2016 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
A escena galega e a lusa únense en «Ou mundo persistente»
Ou mundo persistente é o novo espectáculo froito do Proxecto Nós, un programa de encontro teatral entre a escena galega e a portuguesa que arrincou no 2015 coa montaxe de Bilingue/Bilingüe . Esta segunda produción conxunta, neste caso coordinada desde o Centro Dramático Galego (CDG), estrearase o próximo 1 de xuño no Salón Teatro de Santiago, onde se representará ata o día 5. Posteriormente, a obra será escenificada no Teatro Carlos Alberto do Porto e no Teatro D. María II de Lisboa , con cinco funciones tamén en cada un dos lugares.

A peza teatral, escrita por Fernando Epelde e coa dirección artística de Tito Asorey, conta coa participación da Escola Superior de Arte Dramática (Esad) de Galicia e as escolas superiores do Teatro e Cinema de Lisboa, ademais dos teatros nacionais portugueses D. María II e Sãou Jõao. «A idea deste proxecto foi retomar a senda da colaboración periódica entre o ámbito escénico galego e portugués e darlle esa dimensión pedagóxica, que nos parecía tamén importante», asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou na presentación do novo espectáculo xunto á directora do CDG, Fefa Noia, ao director artístico do espectáculo, Tito Asorey, e á vicedirectora da Esad, Cristina Domínguez. Tamén acudiron os alumnos -todos están na recta final dos seus estudos- que conforman o elenco de actores.

O director Tito Asorey destacou que Ou mundo persistente, que foi escrito especificamente para este proxecto por Epelde, é un espectáculo «arriscado a nivel técnico e humano», no que quixeron abordar a liberdade ficticia na actualidade mediante a historia duns mozos que emprenden unha viaxe inmersos nun mundo virtual.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-05-2016 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Italia, Malta e Portugal destino dos ourensáns no Programa Galeuropa
A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense vén de solicitar un total de 14 prazas de mobilidade dentro do Proxecto Galeuropa 2016 con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil para que 14 os mozos menores de 30 anos do Concello de Ourense poidan realizar prácticas profesionais.

Os mozos poderán elexir entre Italia (4 prazas), Malta (5) e Portugal (5), e tal e como ocorrera o ano pasado, irán con todos os gastos cubertos como os que tiveron a oportunidade de traballar en diferentes empresas de Londres durante 3 meses. A concelleira Sofía Godoy márcase como prioridade “apoiar a formación da mocidade galega, ademais de que así poidan adquirir "dominio de idiomas estranxeiros". O programa Galeuropa, vai dirixido a mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan menos de 30 anos. Ademáis a Concellería realizará un curso de apoio do idioma do país de destino da persoa seleccionada.

Nuria Vázquez Gómez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-05-2016 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Creando historia.
As tradicións sempre teñen un inicio. Non son dignas do nome nos seus primeiros pasos. Chámanlles pasatempos, novidades, debuts, introduccións. Son comezos. E os comezos son máis valentes que as tradicións. Non teñen nada detrás, ningún apoio e ningunha base. Téñeno todo por diante, mais sobre todo, teñen o pracer de disfrutar do que será froito da nostalxia no futuro. Mulleres e homes. Traballadoras e estudantes totalmente anónimos. Persoas de a pé viaxando a Abu Dhabi e sendo protagonistas no primeiro Mundial de fútbol gaélico. Segundos eles, terceiras elas. Teñen este ano a oportunidade de mellorar o resultado, en Dublín, e de seguir a disfrutar de ir construíndo, gran a gran, a súa propia historia.

Este verán volve a maior competición internacional de fútbol gaélico e as seleccións galegas atópanse entre as favoritas para chegar á final de Croke Park. Este estadio é o centro neurálxico deste deporte. Un lugar emblemático, no que todos os xogadores queren estar presentes, nun momento simbólico, xa que este Mundial organízase no marco da celebración do centenario da independenza de Irlanda. É por isto que se repite, un ano despois, unha competición que, a partir de agora, será bienal.

A presente edición vai sufrir un aumento de nivel moi considerable, debido á participación de seleccións cun forte arraigo na práctica do fútbol gaélico como Bretaña, Francia ou Escocia, que participará con dous equipos. O grande potencial destes combinados dificultará que os galegos repitan a tremenda fazaña da pasada tempada. O subcampionato foi un fito que non se perderá de vista, mais este ano competir será o primeiro obxectivo. Con todo, segundo apunta o membro da expedición galega Pedro Xosé Villarino: "A selección masculina está entre as mellores e ten o nivel para loitar polo triunfo". É imposible non fascinarse ante o feito de que un equipo con 4 anos de historia xogue de ti a ti ante países con máis dun século de tradición neste deporte. Con 13 partidos oficiais, Galiza está entre as candidatas para ser campiona do mundo, cun marxe de mellora abrumador por diante.

Pedro Xosé Villarino "A viaxe a Irlanda supón un aforro con respecto ao ano pasado, mais a selección galega precisa recadar fondos. Os xogadores están dispostos a poñer cartos do seu peto para estar en Coke Park"
Polo de agora, as nosas seleccións levan un mes adestrándose entre unha e dúas veces por semana, alternando entre A Coruña, A Estrada e Santiago o lugar dos mesmos. Moito esforzo por parte de xogadores e xogadoras, que espera ter recompensa no vindeiro mes de agosto.

No caso da selección feminina, Villarino destacou un aumento sustancial do seu nivel co despunte das xogadoras do clube A Coruña Fillas de Breogán, gañadoras de Copa e Liga este ano. "As posibilidades dependerán do nivel que traian as demais seleccións", afirmou Villarino en referencia ás galegas que, con todo, son favoritas.

As galegas contaban só cun ano de historia cando se embarcaron na aventura mundialista o curso pasado. A viaxe a Abu Dhabi foi costosa, mais supuxo a primeira toma de contacto para as xogadoras nunha proba de nivel mundial. Naquela cita, as galegas comezaron gañandolle a Sudáfrica, mais foron superadas amplamente por unha selección de Canadá con moita máis experiencia. Este ano a historia pode ser ben diferente, mais o que espera en Dublín é toda unha incógnita, debido ás dificultades para atopar outros conxuntos femininos cos que competir fóra de Galiza e España. A ausencia de tradición e de control duns combinados sobre outros outorgalle ao Mundial un factor sorpresa. Benditas sorpresas.






Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2016 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
A Plataforma polo dereito ao aborto da Coruña reunirase coa Fiscalía.
Con motivo do 28 de maio, Día de acción global polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a Plataforma polo dereito ao aborto da Coruña vén de solicitar unha xuntanza coa Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) e de lle remitir a información recompilada ao longo dos últimos anos desde o Centro de Orientación Familiar (COF) e a imprensa.

A razón, instar o Ministerio Fiscal a investigar os abortos sen asistencia durante o segundo trimestre de xestación mais tamén o deslocamento das mulleres a clínicas privadas madrileñas e a redución "case á metade" da axuda que lles proporciona o Sergas para cubrir os gastos de desprazamento.

"Denunciamos que na rede sanitaria pública galega non se garante unha atención integral ás mulleres que interrompen o seu embarazo, xa que este dereito segue a ser subordinado a criterios ideolóxicos como o da obxección de conciencia, obrigando ás mulleres que deciden abortar por causas euxenésicas a facelo en moitos casos sen asistencia profesionalizada na mesma sala de ingreso, ou ben, sendo derivadas a clínicas privadas Madrid, por mor desa obxeción, sen que tan sequera poidan dispoñer dunha compensación de custes de desprazamento, dado que a Xunta de Galiza recortou case á metade a axuda. Uns cartos que teñen que adiantar as mulleres e costealos por elas mesmas", sinalan.




Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2016 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Globos sobre a Ribeira Sacra.

Representantes de institucións públicas e de medios de comunicación participaron esta mañá na presentación da campaña promocional de voos en globo por pa Ribeira Sacra que prepara o consorcio de turismo para este verán. Unha vintena de persoas despegaron en Monforte ao nove menos cuarto da mañá en dous globos desde o Campo dá Compañía, fronte ao edificio dos Escolapios.

Nun dos globos ían os alcaldes de Monforte, José Tomei, Pantón, José Luis Álvarez, e Sober, Luís Fernández Gutián, que ademais é o presidente do consorcio de turismo da Ribeira Sacra. Con eles ían ademais concelleiros de municipios como Nogueira de Ramuín e A Pobra do Brollón e Emilio Xosé González e Horacio Rodriguez, os dous particulares que antes reclamaron na páxina de Facebook do consorcio as dúas prazas que quedaron vacantes de forma imprevista a última hora da tarde do mércores.

Loa globos farán un percorrido de aproximadamente unha hora na dirección que os leve o vento, que a tal hora cara ao norte no val de Lemos.

O consorcio sorteará este verán viaxes en globo entre os turistas que fagan noite nalgún dos establecementos hostaleiros da Ribeira Sacra, a área xeográfica formada por 21 municipios das provincias de Lugo e Ourense ao redor da confluencia dos ríos Miño e Sil.




José Javier Nieto Blanco, 4ºB.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-05-2016 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Facebook censura a imaxe dunha modelo XL en bikini.

Un grupo de feministas australianas, 'Cherchez a Femme', denunciou a campaña de persecución que viviu nas últimas horas a modelo de tallas grandes Tess Holiday por subir unha fotografía en bikini á súa conta de Facebook.

A rede social decidiu censurar e eliminar a imaxe que subira porque consideraba que "representa o corpo dunha maneira indesexable". Si, parece que por non cumprir os canons do 90-60-90 non se poden expoñer fotografías en Facebook.

A fotografía, que formaba parte da promoción de foro sobre feminismo e gordura chamada 'Feminismo and Fat', provocou unha ampla protesta nas redes sociais, onde miles de publicacións reivindicaban a necesidade de subir libremente os contidos que un quixese e que non se xulgase nin se prohibise ás persoas polo corpo que tivesen.

Como consecuencia da presión social que houbo, non só en Facebook senón mesmo con recollida de firmas virtuais, a rede social tivo que ceder e pedir desculpas á nova, argumentando que se censurou por erro. Horas máis tarde víronse obrigados a reestablecer o anuncio.






Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2016 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal