Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rajoy presume de que imos a mellor e avanza noticias económicas positivas proximamente.
O presidente do Goberno e do PP, Mariano Rajoy, censurou aos socialistas por "negar" o crecemento económico e chamou ao partido que lidera Alfredo Pérez Rubalcaba a "situarse" na "realidade" da recuperación, porque "imos a mellor". Ademais, avanzou que "nos próximos días os españois van recibir noticias moi positivas para todos eles" neste ámbito, aínda que non deu máis detalles.

Así, no que foi o primeiro mitin de precampaña en que o xefe do Executivo central e a cabeza de lista do PP, Miguel Arias Cañete, coincidiron no escenario electoral, Mariano Rajoy sacou a colación os datos de afiliación á Seguridade Social para destacar, primeiro, que no mes de febreiro houbo un maior número de inscritos que no mesmo mes do ano anterior, algo que non ocorría "en 68 meses). A continuación, asegurou que en marzo tamén se produciu este "acontecemento" e asegurou que "tamén" volverá suceder no mes de abril.
Durante o acto no denominado "quilómetro cero" de Galicia, tras unha xornada intensa de actos en Galicia, incluíndo reunións co sector pesqueiro, vitivinícola e gandeiro, o exministro e cabeza de cartel popular centrou boa parte da súa intervención no sector primario para reivindicar os logros en Europa conseguidos nestes dous anos de Mariano Rajoy, entre os que citou os criterios de repartición da Política Agraria Común (PAC). "Soubémosvos defender na Unión Europea, queremos seguir defendéndovos, necesitamos o voso apoio", proclamou Arias Cañete.

Tamén tomou a palabra o presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, quen reivindicou o bo facer de Cañete e quen chamou á mobilización cidadá, baixo a advertencia de que no estrado atopábase "o único español que ten posibilidade de estar no goberno de Europa".

Por Alex Sueiro.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2014 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
"Por nada do mundo eliminarei o galego do meu currículo"
Esther García é unha licenciada que está a buscar emprego e tivo a idea de enviar o seu currículo a unha casa rural de Asturias. Nel, entre outras cousas, destacaba que tiña un "nivel alto de galego", grazas a que vivira na Coruña aínda que era madrileña. A empresa de hostalaría respondeulle con vergonzosas suxestións e desprezo pola lingua oficial de Galicia, que ela mesma se encargou de facer públicos nunha carta ao director en "La Voz de Galicia".

"Grazas pola súa información. Xa temos o equipo completo. Para outra ocasión recomendámoslle que borre do seu currículo a información en idiomas relativo a que ten un alto nivel de galego; resúltanos de todo ridículo, absurdo e innecesario. Recomendámoslle eleve o seu nivel de inglés a alto e se pode ser en francés e alemán moito mellor. O galego pódeo utilizar en Galicia nada máis creo, unha pena que perdese o tempo en estudos dese "idioma" e non noutros máis elementais. Desexámoslle moita sorte no seu futuro, que cremos que co seu currículo actual será na súa amada terra Galicia".

Esther, que engade na súa carta que é de Madrid, non de Galicia, asegura que podería describir a resposta de moitas maneiras, pero que o resume en "verguenza, o vergoña, como ustedes prefieran".

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2014 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ensuciando cada recuncho do noso planeta
O lixo xerado polo home chegou xa aos cantos máis remotos da Terra. Mesmo no fondo do océano, a profundidades de ata 4.500 metros, e en zonas moi afastadas da costa (a 3.000 quilómetros de distancia), un equipo europeo de científicos encontrou todo tipo de residuos. Dende plásticos a redes de pescar pasando por botellas, latas de conserva, pezas de vestir, cartóns e todo tipo de obxectos, como un vater de cerámica.

O impacto ambiental provocado polas grandes cantidades de lixo xeradas polo home é coñecido de sobra, pois hai zonas tanto na superficie terrestre como no océano que se converteron en auténticos vertedoiros. Non obstante, esta investigación demostra, por un lado, que os residuos alcanzaron zonas moi remotas que apenas foron exploradas, e por outra, que este problema é xeneralizado, pois os científicos tomaron mostras en numerosos puntos do Mediterráneo, o Atlántico e o Ártico.

Para realizar este estudo, no que participa o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Mar, recolléronse un total de 600 mostras en 32 lugares ao longo de dez anos. As profundidades ás que se recolleron as mostras oscilaron entre os 35 metros do Golfo de León (en Francia) e os 4.500 metros no canón de Cascais, en Portugal.

Segundo advirten os científicos no seu traballo publicado na revista Plos One, a acumulación de lixo no mar supón unha ameaza para numerosas especies animais. Dende hai anos documentouse como aves e tartarugas morren atragoadas ou intoxicadas ao confundir estes residuos que flotan na superficie do mar con comida. Algunhas morren por malnutrición, pois os seus estómagos quedan obstruídos ao inxerir plásticos.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2014 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os riscos máis comúns do embarazo aos 40
Os embarazos tardíos son cada vez máis comúns entre as nais españolas. Cada vez son máis as mulleres que se plantexan un embarazo tardío, ou polo menos máis tardío do que adoitaba considerarse hai só uns anos. Só en España, a media de idade para ter o primeiro fillo sitúase en torno aos 31 anos, e incluso nalgúns casos atrasando os embarazos posteriores ata ben pasados os 35.

A incidencia dos embarazos na corentena é menor, pero aínda así significativa, cunha ascendencia progresiva de embarazos tardíos que chegan a bo termo a medida que avanza a tecnoloxía médica e a capacidade de matronas para adiantar posibles complicacións, independentemente de que se trate dunha xestación espontánea ou un tratamento de reprodución asistida.

Aínda así, é obvio que existen algúns riscos de máis relacionados co embarazo pasados os 40. Así explícanolo a Dra. Orballo Núñez, da Clínica Tambre, para quen "todos os embarazos requiren de hábitos de vida saudables", aínda que no caso das mulleres en idade algo máis avanzada "é importante incrementar os coidados e estar sempre baixo control médico". Establecer unha correlación das diferentes incidencias é fundamental para poder previlas. Sabes cales son as máis comúns?

Risco de aborto. O risco de aborto espontáneo sitúase entorno ao 11% entre os 20-24 anos, en torno ao 12% dos 25 aos 29 anos, e ata un 15% dos 30 aos 34 anos. Pasada esa idade, o risco aumenta considerablemente: un 24.6 por cento na franxa de idade que vai dos 35 ata os 39 anos, e máis dun 51 por cento dos 40 aos 44 anos. A partir desa idade, o risco de sufrir un aborto elévase a un 93 por cento.

Risco de anomalías cromosómicas. O trastorno cromosómico máis común é a síndrome de Down.

Hipertensión arterial. A tensión arterial elevada afecta á mamá pero tamén ao bebé, e adoita presentarse a finais do segundo trimestre e manterse ata que o embarazo se leva a cabo.

Parto prematuro. O principal risco da prematuridad non é só a posible morte do bebé: tamén hai que considerar as secuelas que un parto prematuro pode deixar no recén nacido, así como a súa gravidade, abranguendo dende a xordeira ou cegueira ata a parálise cerebral.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2014 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Unha Europa moi ibérica.
Recordo unha cinta de VHS que andaba tirada entre os armarios da sala de estar dos meus avós. Era un resumo da UEFA Champions League do ano 2000, máis o partido enteiro da final, un Real Madrid - Valencia, que acabou cun 3 - 0 para o equipo branco, recordo ver repetido o gol de Raúl González, e o de McManaman... Recordo unha final de UEFA Europa League entre Atlético de Madrid e Athletic de Bilbao. Esta tamén se saldou cun 3 - 0, esta vez para o outro equipo da capital. Penso que este recordatorio, dúas finais europeas con resultados idénticos para os dous equipos madrileños, aínda que de distintas competicións, son unha perfecta antesala para o que nos agarda o próximo 24 de maio aos amantes do fútbol. Por unha parte, falemos das semifinais, con dúas representacións españolas a nivel equipos, e moitas a nivel persoal. Desde Javi Martínez, Thiago Alcántara e Pep Guardiola no Bayern de München ata Azpilicueta e Fernando Torres no Chelsea. E dos que non son españois, hai moitos "ibéricos", concretamente lusos, como José Mourinho.
O Atlético de Madrid foi o primeiro en xogar, e fíxoo ante un Chelsea extremadamente defensivo que conseguiu un 0 - 0 no estadio Vicente Calderón. Despois veu o partido de ida do Real Madrid, que deixou un 1 - 0 favorable aos merengues no Santiago Bernabeu. Con estes resultados, unha final española non era o máis pensado pola gran maioría, pero, un vendaval incríble, ou máis ben, dous vendavais, conseguírono. Primeiro foi o Real Madrid. O equipo entrenado polo italiano Carlo Ancelotti realizou un partido de auténtica fantasía, no que destrozou ao Bayern cun contundente 0 - 4 comandado por Sergio Ramos e Cristiano Ronaldo, español e portugués respectivamente. O Atlético de Madrid comezou perdendo o seu partido, cun gol español máis, o de Fernando Torres. Así e todo o equipo vermello e blanco empatou cun gol de Adrián e remontou con outro de Diego Costa, un asturiano e un hispano-brasileiro..., finalmente, Arda Turan rematou un 1 - 3. De quitado o último gol, turco, parece que queda case todo na casa. Así, o Real Madrid chega a unha final 12 anos despois, coa idea de gañar a buscada "Décima" e o Atlético consegue chegar a unha final de Copa de Europa 40 anos despois. Por riba de todo, a final será no Estadio da Luz de Lisboa, e, non o perdan, ¡A final da Europa League será Sevilla - Benfica! Parece que se nos da ben esto do fútbol.

Xavier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2014 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
A PONTE DE MAIO
Os establecementos hosteleiros de Ourense preveñen nesta ponte ocupacións arredor dun 80 % nos hoteis da cidade, un 70 % en establecementos termais e entre un 50 e un 100 % nas casas rurais da provincia.

O incremento da ocupación con respecto a unha fin de semana normal do mes de maio “é de entre un 20% e un 30%”, dependendo dos establecementos hosteleiros, segundo se sinala na capital. Estas cifras repítense tamén no sector do termalismo onde se acada un 70% de ocupación nos balnearios.

Os responsais das asociacións de casas rurais da provincia amosaban sorpresa polo gran nivel de ocupación que se rexistra para estos días da ponte de maio, “sobre todo tendo en conta o próximas que están as vacacións de Semana Santa” como explica Patricia Cabaleiro, presidenta da asociación Limia Verde, que agrupa as casas rurais das comarcas de Celanova, toda a zona da Limia e Monterrei.

Uxía García Vázquez; 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2014 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
450 anos da morte do xenio italiano
Pasaron xa 450 dende a morte de Miguel Anxo Buonarroti en 1564, en concreto o día 18 de febreiro.

No seu país natal, Italia, haberá homenaxes durante todo o ano. Por exemplo, en Florencia van organizar unha exposición titulada "Re-coñecer a Miguel Anxo", que xira sobre a influencia deste artista ao longo dos séculos e en artistas posteriores. Despois, de xuño a outubro exporan unha mostra co nome de
"Miguel Anxo e o século XX". E, tamén haberá homenaxes en Xénova, Arezzo, unha cidade da súa Toscana natal; e Roma. Nelas repasaremos a vida e obra do autor.

Antes de rematar citarei algunhas das súas obras máis importantes, como "A Piedade", exposta no Vaticano e que esculpiu cando tiña menos de vinte e cinco anos; o "David", que se encontra na Galería da Academia de Florencia; "A creación de Adán", un fresco que atopamos na Capela Sixtina; o "Moisés", atópase na igrexa romana de San Pietro in Viscoli e hai a lenda de que cando Miguel Anxo rematou de facelo dixo: "Por que non falas?"; e, por último, "O Xuízo Final", que tamén se atopa na Capela Sixtina.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-05-2014 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal