Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O neno xa non sabe que récords non bateu

Non era un día normal ou unha carreira máis, ou un simple e merecido trofeo que engadir á súa colección. O Gran Premio de España foi para Marc Márquez a súa carreira número 100 no Mundial de Motociclismo, e a súa cuarta vitoria consecutiva nesta tempada de MotoGP.

Era a súa primeira vitoria nun circuito mítico tan significativo como Xerez. Actualmente é o primeiro piloto, dende Mike Doohan en 1992, que gaña as catro primeiras probas dun Mundial de MotoGP.

Cada Gran Premio que pasa, o español de 21 anos supera un novo récord e acércase a ser recordado como un dos mellares pilotos da historia. O seu ritmo de "poles" e vitorias parece non ter fin. De aí que un mito como Giacomo Agostini declarara a semana pasada no diario AS que "se alguén podía gañar todas as carreiras dun campeonato, ese era Marc Márquez".

Como dono do asfalto que é, Márquez só tardou dúas voltas en escapar do grupo e executar sen ninguén por diante un paseo militar medido décima a décima ata ver a bandeira a cadros indicando o final.

O piloto que se atreveu a discutir o seu posto en Xerez foi o seu ídolo Valentino Rossi. O piloto xa non é o que foi cando Márquez tan só era un neno, pero iso non impide que deixe sinais da súa gran calidade.

Márquez suma xa 100 puntos na clasificación xeral, a 28 de Pedrosa e 65 de Lorenzo, que está a anos luz do seu mellor nivel, demostrado en tempadas anteriores.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-05-2014 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
40 aniversario de Hello Kitty
Retratarse sostendo un enorme lazo de cartón sobre a cabeza converteuse na forma idónea de celebrar o 40 aniversario de Hello Kitty no barrio tokiota de Shibuya, meca da moda xuvenil nipoa que estes días festexa o seu particular idilio co personaxe.

Parellas de noivos, grupos de amigas, familias con nenos... O caso é sacarse a instantánea no estand habilitado nun popular centro comercial da zona e logo vela publicada nunha conta de Twitter (kitty40_HUG) dedicada ao aniversario do icónico felino.

Esta é unha das iniciativas que Sanrio, a compañía que concibiu e posúe os dereitos de Hello Kitty, programou para o aniversario e que se enmarca nunha campaña global que consiste en dar abrazos ao gatiño (en realidade, a alguén disfrazado dela) para felicitala polo seu 40 aniversario. En abril, a cifra superou en todo o mundo os 200.000 «abrazos», e máis do 98% destes déronllos en Xapón.

Dentro do país asiático, o mico con lazo e sen boca logrou ser algo máis que unha figura recoñecible: é unha efixie que logrou conquistar a tres xeracións de mulleres e que vai xa a pola cuarta, todo un logro no marco da sociedade de consumo.

O particular culto orixinouse en 1974 con algo tan sinxelo como un moedeiro de vinilo transparente. Aí apareceu por primeira vez a creación da deseñadora Yuko Shimizu, que debuxou cun trazo case elemental ao gatiño branco sentado de perfil entre unha peixeira e unha botella de leite.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2014 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuvia de estrelas
Esta chuvia, que se produce dúas veces ao ano (maio e outubro), é observable principalmente no hemisferio sur do planeta. Na súa órbita arredor do sol, a Terra atravesa zonas polas que antes pasaron obxectos celestes como cometas.

No caso das "Eta Acuáridas", a Terra atravesa unha zona pola que antes pasou o cometa Halley, un corpo celeste grande e brillante que orbita arredor do Sol cada 76 anos aproximadamente, o que se coñece como papaventos de "período curto". Na súa viaxe, o Halley desprende pequenas partículas metálicas que traspasan a atmosfera terrestre, desintégranse e convértense nas estrelas fugaces que vemos.

Por iso, aínda que agora mesmo o Cometa Halley se encontre nas profundidades do sistema solar exterior (non volverá á Terra ata 2061), é posible ver os restos da cola deste astro. Oficialmente, esta chuvia de estrelas terá lugar entre o 20 de abril e o 20 de maio, se ben, a maior intensidade se producirá entre o 5 e o 6 de maio, cun punto máximo o día 6, sobre as 9 da mañá, explica a Efe o astrónomo do Observatorio Astronómico Nacional Francisco Colomer. A Lúa estará en fase de cuarto crecente, é dicir, que será visible as primeiras horas da noite, por iso "o mellor é intentar ver as Acuáridas xusto antes da saída do Sol, na última parte da noite, cando a Lúa xa non será un problema".

Ademais, e dado que nesta ocasión o tempo acompañará e non se esperan nubes, a observación será posible dende calquera lugar despexado e escuro (lonxe da contaminación lumínica das cidades), sempre que se mire cara ao sueste do horizonte, onde está a constelación de Acuario.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2014 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Robot español nun concurso da NASA
Un robot de exploración espacial, deseñado por un equipo de enxeñeiros aragoneses, foi seleccionado pola NASA entre 500 proxectos de todo o mundo, para competir na final do concurso SpaceApps que cada ano organiza a axencia espacial estadounidense. Este aparato, bautizado polos seus catro creadores co nome OpenCuriosity espertou o interese dos técnicos da NASA, no "hackathon" internacional -evento que reúne programadores informáticos- que tivo lugar a mediados de abril, de forma simultánea, en 90 cidades do mundo.

Entre elas, Zaragoza, cidade que acolleu por primeira vez a celebración deste evento no que científicos, enxeñeiros, investigadores e, sobre todo, mozos creativos achegaron solucións a desafíos globais ao longo da fin de semana. Nesas 36 horas de intenso traballo, este equipo aragonés, formado por catro enxeñeiros de distintas idades, desenvolveu o OpenCuriosity, un robot capaz de moverse en calquera terreo para realizar medicións cos seus dispositivos electrónicos.

Así, este aparato, concibido nun principio para explorar Marte, ten capacidade para medir a temperatura, a radiación, a humidade ou perforar a superficie para tomar mostras das rochas do planeta vermello. Pero a novidade deste robot radica en que calquera cidadán poida acceder á información que, en tempo real, estea a captar o robot.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2014 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia destaca no mapa xeolóxico mundial
As dobras da Serra do Courel, o manto de Mondoñedo, Cabo Ortegal e a fervenza do Ézaro son de interese internacional.

Un dos fenómenos naturais máis poéticos de Galicia ten lugar a diario en Dumbría (A Coruña). A pouco de expirar, o río Xallas salta sobre o mar cun desnivel de 120 metros para facer chocar a súa auga doce co océano. Considérase que é o único río que desemboca no mar en Europa. Esta cascada do Ézaro é un dos 16 lugares de interese xeolóxico españois de relevancia internacional.

Os xeólogos piden á Xunta dar a coñecer máis entre a poboación a riqueza xeolóxica de Galicia, que presenta lugares de interese xeolóxico nacional (43) e rexional.

Sandra Tornero Belloso, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2014 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Despois de catro meses e medio de traballo, o Parlamento Mozo 2014 chegou á súa fin
A nosa aventura comezaba un dous de xaneiro deste mesmo ano no café El Cercano. Alí, os cinco membros do equipo quedamos para enterarnos de que ía a cousa e ir preparando o tema que nos propuxeran para a fase clasificatoria: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?

Despois de case dous meses de traballo, de bloqueos, de angustias, de enfados e tamén de momentos de ledicia, chegamos á Coruña. Alí aloxámonos no Pazo de Mariñán. Pola noite enterámonos de que nos tocaba debater ao día seguinte cun dos equipos preferidos para gañar a competición. Desilusionámonos un pouco, pero axiña nos puxemos a traballar. Déronnos as cinco da mañá cando fomos durmir. Estabamos todos moi cansos; algún que outro non sabía nin como se chamaba. Ao día seguinte, na Deputación da Coruña, debatemos co IES Laxeiro de Lalín, e como todos agardabamos, perdemos. Nas escaleiras fixemos unha pequena reflexión sobre o debate. Todos os santos nos escoitaron, sobre todo, o San Pito Pato. Logo dispuxémonos a xantar e, tras momentos de calma, debatemos dúas veces máis, que se saldaron con dúas vitorias ao noso favor. Finalmente, a media tarde, anunciáronnos que o noso colexio pasaba á seguinte fase, empatado a puntos co IES de Becerreá. Con estas novas, marchamos a Ourense a preparar os seguintes debates.

O día previo do Entroido marchamos a Santiago a debater cos de Becerreá para desempatar, e conseguir, así, o sétimo posto. Tras un intenso debate, perdemos por unha escasa diferenza e, en consecuencia, ao conseguir o oitavo posto, tocábanos debater co quinto clasificado, o Colexio La Salle de Santiago, outro dos equipos favoritos. Marchamos a Ourense a desfrutar do noso Entroido e tamén a descansar un chisco do Parlamento.

Despois de dúas semanas de acougo anunciaron o novo tema de debate: Debe primar a seguridade nacional sobre a intimidade persoal? Puxémonos a traballar duramente. Ao principio nada valía, xa que era un tema moi difícil pero, finalmente, deixándonos a pel traballando, sacámolo adiante e, o día 25 de abril, marchamos á fase final en Santiago. Os nervios asomábanse claramente nos oradores, e ás oito da tarde comezou o parlamento. Despois de 32 minutos de enfrontamento dialéctico, rematamos con moi boas sensacións. O público que estaba na sala congratulounos polo bo debate que fixeramos. Despois da deliberación dos xuíces, chegou o momento da desilusión; o equipo do Colexio Plurilingüe Divina Pastora quedaba eliminado. Logo de momentos duros para o equipo, fomos pasear pola capital galega e ás dúas da mañá voltamos dispostos a durmir, rematando así a nosa experiencia neste Parlamento.

PD: Gustararíame agradecerlle en primeiro lugar aos meus compañeiros Ana, Elena e David todos os momentos compartidos, tanto bos como malos; sen vós nada sería posíbel. E tamén agradecerlle ao capitán do equipo, Xián, todos os consellos, broncas, etc. xa que grazas e el, estou seguro que nestes últimos catro meses, a nosa árbore intelectual medrou, cando menos, un chisco.

"Nunca unha derrota, sempre una lección".


Carlos Seoane Martínez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2014 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Gloria Gaynor encabeza o cartel do Festival Brincadeira en Santiago
Máis de 100 artistas e grupos, entre os que están Gloria Gaynor, Georgie Dann ou Fangoria; participarán entre o 7 e o 9 de agosto en Santiago de Compostela no Festival Brincadeira, que acollerá o Monte do Gozo.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou este luns aos promotores do Festival Brincadeira na presentación deste evento, que busca "manter a atmosfera lúdica e multidisciplinar" do festival a través de distintos espazos temáticos.

Así, o cartel do escenario Brincadeira Stage estará encabezado pola diva da música disco e soul Gloria Gaynor, e contará coa participación tamén de Bad Manners, Fangoria, Powersolo, Georgie Dann, The Experimental Tropic Blues Band, Fuel Fandango, Pony Bravo, The Inspector Cluzo, Lory Money, Freedonia, Arizona Baby, Guadalupe Plata, Ruxe Ruxe, Familia Caamagno, Pedrito Diablo e Los Cadaveras, Los Chavales, Superoito e Agoraphobia

Por outra banda, noutros escenarios do festival soarán bandas como Hijack da Bass, Lucy Love, The Zombie Kids, Mad Professor, Lengualerta ou El Hermano L.

PRIMEIRA EDICIÓN EN SANTIAGO

Jacobo Sutil felicitou a organizadora, Aturuxo Producións, pola súa aposta por "manter viva" esta cita, que celebra a súa primeira edición en Santiago. O evento, ademais de música, acollerá teatro, poesía, artes visuais, fotografía ou deseño, entre outras propostas.

Durante o día, a programación articularase arredor de Brincadeira Show, espazo dedicado ao teatro, aos monólogos e ao humor; a DubStation, con reggae, dub, dance hall e músicas urbanas; Poesía na Natureza, con lecturas dramatizadas nun ámbito natural; e a Tropical Area e a Cantina Mexicana como zonas de recreo.

A DubStation e a Cantina manteranse abertas durante as sesións de noite, nas que comezarán as actuacións tanto no escenario principal (Brincadeira Stage) coma no NewBeats Stage, que acollerá actuacións acústicas e de DJ. Ademais, funcionará tamén o Pulp Fiction Bar, onde se escoitarán xéneros como o indie, pop, surf, soul ou rock.

Beatriz Pereiras López, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2014 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cristovo Colón Fonterrosa, galego coma ti!
"A clave de Cristóbal Colón, o nobre galego que descubriu América". Ese é o título dun documetnal estreado este sábado en Youtube e que pretende avalar a tese da orixe galega de Colón.

Realizado e dirixido por Carlos de Vilanova, contén os testemuños dos máis relevantes investigadores sobre a orixe e verdadeira identidade do navegante máis famoso de todos os tempos: Alfonso Philippot, Guillermo García de la Riega, José Martinho Montero Santalha, Fernando Alonso Conchouso, Manuel Doval, así como a participación especial do ex-presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor. Todos eles avalan esta teoría.

"Sabía vostede que moitos personaxes relevantes crían que Colón era galego, entre eles o Valle Inclán, Castelao, Unamuno, Eduardo Pondal, Beltrán y Rózpide, Emilia Pardo Bazán, Vicente Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández Flores, Ramón Cabanillas, Blanco Amor, Xosé Neira Vila, Montero Ríos, Xose Luís Mendez Ferrín, Xerardo Fernández Albor". Así comeza este documental que insiste en que, desde 1898 sábese que Colón era de Pontevedra, tal como demostrou Celso García de la Riega a finais do século XIX, aínda que logo foi acusado de falsear documentos inxustamente.

Entre as probas que aporta é o léxico de Colón (mais de 500 termos galegos), a toponimia americana (mais de cen nomes das Rías Baixas impostos no mesmo orde xeográfica que teñen en Galicia), as relacións familiares de Colón cos Soutomaior (así apunta que Madruga e Colón eran primos políticos, aínda que en realidade eran una mesma persoa que casou primeiro con Teresa de Tavora e logo coa curmá desta, Felipa Muñiz), o desciframiento da firma de Colón, os documentos aparecidos en Pontevedra ou as falsas imputacións á tese galega.

Por baixo desta interesante investigación, atópanse os estudos de celso García de la Riega, que descubriron xa a comezos de século, a orixe poiense de Colón.
Actualmente tense corroborado a autenticidade dos estudos de la Riega, e efectivamente o apelido colón tan só presente en Poio segue vivo hoxe na vila costeira pontevedresa.
Podemos dicir así que foi un compatriota de noso quen descubriu américa.

Se queres saber máis:

http://cristobalcolongalego.wordpress.com/

Por Serxio María.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2014 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Estilo de vida saudable.
Dieta sa, exercicio físico e intelectual e control do soño, recomendacionóns no Día Mundial da Saúde.
O Día Mundial da Saúde é unha excelente ocasión para recordar os beneficios dun estilo de vida e uns hábitos que favorezan un mellor benestar físico e psicolóxico.Especialistas ofrecen algunhas recomendaciones dirixidas a mellorar a nosa cotidianeidad. O seu principal consello é levar unha existencia sa, na que se combinen o exercicio físico, unha alimentación equilibrada e a atención aos sinais que nos envía o noso organismo, porque contribuirá a "rexenerar o estado de saúde e a aumentar a calidade do día a día".
Aínda que o estrés é un dos grandes males do noso tempo, está ligado ao ser humano desde a orixe da súa existencia. Para controlalo e mellorar nosa saúde emocional e física, convén prescindir das sustancias estimulantes (café, alcohol, tabaco), practicar exercicio físico, durmir ben, gozar de música relaxante, respirar de forma sosegada e alimentarse ben, reducindo as graxas, o azucre e o sal.
Os profesionais aconsellan: evitar a rutina e actividades pasivas como ver a televisión; cultivar afeccións como a xardinería, a bricolaxe, a pintura ou a música; ler e escribir a diario; aprender a tocar un instrumento ou atreverse cun idioma para atrasar o noso envellecemento neuronal; facer pasatempos ou participar en xogos de estratexia e de mesa ou videojuegos; tomar parte en actividades artísticas, culturais e intelectuais, como visitar museos, exposicións ou asistir a conferencias; e completar exercicios deseñados expresamente para mellorar a memoria, a atención e outras funcións mentais.
Debemos beber uns dous litros de auga diarios e consumir alimentos ricos nela, como froitas e verduras.

Por Fernando Rodríguez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2014 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua celta , tesouro.
A lingua celta non chegou á Península desde as Illas Británicas, nin tampouco fixo a viaxe inversa desde Galicia, como cren algúns expertos. Un novo estudo asegura que a lingua celta orixinouse na actual Andalucía, entre a zona de Huelva, Sevilla e Cádiz, onde esta asentada a civilización tartessa.

Esa, cando menos, é a nova teoría do director do Instituto de Estudos Celtas, Ramón Sainero, que foi presentada no VII Congreso Transfronteirizo de Estudos Celtas España-Portugal, celebrado en Ávila. Unha teoría que, ademais, está collendo certo pulo entre certos sectores académicos.

E é que lembran que recentes estudos de expertos das universidades de Oxford e Galessinalan que as linguas celtas primitivas do occidente atlántico atópanse na Península Ibérica, e non en Centroeuropa, para reforzar esta idea. Pero a Península Ibérica é moi grande, e tanto pode ser o norte dela, coma o sur.O celta falado e escrito nas Illas Británicas e na Bretaña, no Occidente Atlántico, é o mellor conservado e existe en diferentes dialectos falados e escritos até hoxe en día.

Ainda asi esta so é unha mostra mais do excelente que é a nosa propia lingua que debemos de coidar coma un tesouro.

Por Samuel Vázquez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2014 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal