Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A dura tarefa de abordar o desemprego xuvenil
O peche de marzo deste ano, 5,4 millóns de xóvenes en Europa encontrábanse en situación de desemprego. É dicir, un 22,8%, máis de un de cada cinco, menores de 25 anos que buscaban traballo na Eurozona non tiveron éxito. En España e en Grecia, a cifra elévase a un de cada dous. Son recén saídos ao mercado laboral os que máis sufriron o estancamento provocado pola crise. De feito, a tasa media de paro en xóvenes duprica á dos adultos en case tódolos países europeos.
Pero ao igual que as esperanzas laborais dunha xeración desplomáronse á mesma velocidade que a bolsa, agora, coa lenta recuperación dos mercados, as cifras de emprego tamén volven a frorecer.
Eso sí, unha mellora non significa que o problema esté resolto. Precisamente celebrouse esta semana o Evento Europeo da Xuventude para abordar o tema en cuestión.

Nerea Rial Conde, 1ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2014 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Tres judokas do Judo Club Cambre pelexarán polo Campionato de España en Madrid
O Judo Club Cambre leva a Madrid a tres judokas que pelexarán polo Campionato de España deste fin de semana en Madrid. Os cambreses, Brais Boutureira, na categoría cadete de 90 quilos; Adrian Uzal, na categoría cadete de 50 quilos; e Martín Uzal, na categoría infantil de 40 quilos, loitarán contra os mellores judokas españois os días 9, 10 e 11 en Leganés.

Hoxe foron recibidos no Concello de Cambre polo alcalde, Manuel Rivas, e polo concelleiro de Deportes, Fernando Caride, que desexaron sorte de cara á competición de Leganés. Rivas destaca o esforzo formativo do club cambrés que leva anos cultivando éxitos para o municipio. “Espero que poida recibirvos á vosa volta coas medallas, pero si non as alcanzades seguiremos orgulloso de vós porque competir á vosa idade a tan alto nivel é digno de eloxio”, sentenciou Rivas.

Beatriz Pereiras López, 1ºBach, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2014 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Detéctase unha alta porcentaxe de anisakis nas capturas de anchoas
Nas capturas de anchoa detectouse unha porcentaxe moi importante de anisakis, un parasito relativamente frecuente nos pescados frescos de consumo habitual.

A Dirección de Saúde Pública do Departamento de Saúde recomenda manter unha serie de precaucións para evitar posibles complicacións. Por unha parte, vender e adquirir peixes frescos preferentemente eviscerados e, no seu defecto, eliminar as vísceras o antes posible.

Por outra parte, preparar e consumir o peixe de forma que se acade a temperatura de 60ºC no seu interior ou sometelo previamente a un proceso de conxelación. O tratamento a máis de 60ºC durante 10 minutos destrúe o parasito e a conxelación a -20ºC durante 24 horas o inactiva. Respecto ás opcións de preparación recoméndase facelo ao forno ou á brasa, abrir a peza para asegurarse de que acade os 60ºC.

Dende o Departamento de Saúde do Goberno vasco e dende os concellos con competencias nesta materia, vaise continuar coa vixilancia tanto nos mercados como nos establecementos para asegurarse de que se toman as medidas axeitadas para evitar os riscos aos consumidores.

Por último, recórdase que o anisakis é un contaminante natural e habitual de pescados mariños e cefalópodos, que xeralmente está nas vísceras e que cun preparamento culinario axeitado, evítase o risco. O Departamento de Saúde do Goberno aconsella que "o consumo de pescado siga formando parte dunha dieta equilibrada e variada sempre coas medidas indicadas".

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2014 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Un enchufe intelixente, "made in Galicia"
Cando parece que xa todo está inventado, un equipo de técnicos do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, desenvolve "Smart Socket", un enchufe intelixente orientado á prevención de sobreconsumos e curtocircuítos. Creado pola Área Tecnolóxica Sistemas de Comunicacións Inarámicas este enchufe pódese controlar remotamente por un móbil, tablet ou PC, tanto os seus diferentes parámetros coma o mesmo dispositivo.

Entre as aplicacións que inclúe encóntrase cortar a subministración de corrente a aparatos que provoquen un sobreconsumo, o que evita que se produzan danos graves no propio aparato e prevén que se produzan incendios.

"Este enchufe intelixente non só ten entre as súas vantaxes a seguridade que achega; tamén favorece o aforro enerxético e a eficiencia xa que controla o seu consumo e no caso que se detecte un comportamento anómalo, lanza alerta a través de distintos medios como alarmas sonoras, envío de SMS ou email", explica Tiago Fernández Caramés, investigador do CITIC responsable de "Smart Socket".

"Smart Socket" prográmase de xeito personalizado. Cada usuario pode configurar o seu horario de funcionamento ou establecer que aparatos son válidos para ser enchufados. Permite monitorizar en tempo real o consumo eléctrico do enchufe, e mesmo se desconecta de xeito automático de aparatos con consumo fantasma, aqueles conectados permanentemente á rede ou que se encontran parados como televisores ou ordenadores. Estímase que este consumo eléctrico se sitúa entre o 7 e o 11% dun fogar medio.

Ademais, grazas ao seu sistema de identificación intelixente de aparatos, prevén as electrocucións, un aspecto moi destacable para vivendas con nenos pequenos dado que o sistema só subministra corrente en canto se conecta un aparato que o sistema considera válido.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2014 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Coca Cola deixará de usar un polémico ingrediente
A multinacional Coca Cola anunciou que eliminará dos seus refrescos un ingrediente utilizado como estabilizador de sabor, despois da polémica xerada ante a falta de seguridade demostrada e os seus posibles riscos para a saúde, que fixo que o seu rival Pepsi tamén decidise a primeiros de ano deixar de usalo.

O ingrediente en cuestión é o aceite vexetal bromado, un produto químico que contén bromo e que se usa de forma legal en pequenas cantidades en Estados Unidos para manter o sabor cítrico de moitas bebidas. De feito, a compañía asegura que era totalmente seguro para os consumidores.

Malia todo, xa o retirou en Estados Unidos de dous sabores da súa bebida isotónica "Powerade" e antes de que remate o ano eliminarano tamén das súas marcas de refrescos "Fanta" e "Fresca". A retirada ampliarase a todos os refrescos da compañía a nivel mundial, se ben non especificaron cando se irá producindo.

En todos os casos será substituído polo acetato isobutirato de sacarosa, que se leva usando dende hai máis dunha década nalgunhas bebidas, ou polo éster de glicerol de rosina, que se adoita usar tamén noutros refrescos e en moitas gomas de mascar.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2014 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Achegados á nosa cultura no Día das Letras Galegas
Vilanova dos Infantes constitúe un interesante conxunto urbano, tamén de características únicas como burgo medieval, que se avista camiño dende Ourense cara a Portugal, preto de Celanova e contando con pouco máis de 300 habitantes.

A poboación conserva do seu pasado esplendor unha torre do antigo castelo, cuxa porta, curiosamente, non está a rentes do chan, senón varios metros por enriba, e varios hórreos. Do castelo consérvase a Torre da Homenaxe, cunha procedencia común ás das demais fortalezas xurdidas arredor do século XII en Galicia, xa que durante moito tempo pertenceu ao mosteiro de Celanova. Dende a súa terraza superior téñense inmellorables vistas de toda a zona. Tamén se pode visitar unha adega escavada na rocha na cidade e, o máis recomendable, pasear polas súas rúas medievais.

Unha característica destacable de Vilanova dos Infantes é a da súa relación histórica co gremio dos zapateiros; por esta razón as danzas, únicas en Galicia, báilanse só no día da festa, e é fama que foron creadas polo gremio de zapateiros, de grande importancia na bisbarra.

A súa principal atración son os festexos que se celebran o día das Letras Galegas (17 de maio), xa que ten lugar a Romaxe Etnográfica Raigame que se consolida ano tras ano dende 2002 con numerosas actividades como teatro na rúa, bailes populares, xogos, artesanía, concursos de fotografía e exposicións.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-05-2014 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
EVOLUCIÓN RADIOACTIVA
As aves na zona de exclusión de Chernóbil estanse adaptando á exposición a longo prazo á radiación, según un estudo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), publicado na revista Functional Ecology da Sociedade Ecológica Británica.
Según publicaron os autores, é a primeira evidencia de que os animais salvaxes adaptanse á radiación ionizante, e o primero en demostrar que as aves que producen máis feomelanina, un pigmento nas plumas, teñen maiores problemas para facer frente á exposición de radiación. Según o responsable do estudo, Ismael Galván, "os estudos previos da vida silvestre en Chernóbil puxeron de manifesto que a exposición crónica á radiación esgota os antioxidantes e aumenta o dano oxidativo. Porén neste traballo detectouse o contrario: que os niveis de antioxidantes aumentaron e o estrés oxidativo disminuiu co aumento da radiación de fondo".
Este equipo leva traballando nesta área dende 1990. Entón, utilizaron redes de néboa coas que capturaron 152 aves de 16 especies diferentes en oito zonas dentro e cerca da zona de exclusión de Chernóbil, onde medíronse os niveis de radiación de fondo. Ademáis, rexistraron os niveles de glutatión (un antioxidante clave) das aves, o seu estrés oxidativo e os danos do ADN en mostras de sangue, así como os niveis de pigmentos de melanina en mostras de plumas.
Os resultados revelaron que, co aumento da radiación de fondo, os niveis de glutatión das aves aumentaron e o estrés oxidativo e os daños del ADN disminuiron. Tamén mostraron que as aves que producen grandes cantidades de feomelanina pagan un coste en términos de máis pobre condición corporal. "A exposición crónica a baixas doses de radiación en Chernóbil favorece a adaptación ao estrés oxidativo", indicou Galván, quen detallou que os niveis de radiación na área de estudo que utilizou o CSIC para este traballo variou dende os 0,02 ata os 92,90 micro Sievert por hora. Do mesmo modo, apuntou que "os descubrimentos son importantes porque axudan a coñecer máis sobre a capacidade das diferentes especies a adaptarse aos desafíos medioambientais como o de Chernóbil ou Fukushima".

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-05-2014 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
“A PRAIA DOS AFOGADOS” SALTA A GRAN PANTALLA
En Nigrán, o porto de Panxón está a ser estes días un estudo de rodaxe. Agora estase a gravar alí a película “A praia dos afogados”, que está baseada na novela de Domingo Villar. O protagonista, interpretado por Carmelo Gómez, comparte reparto con numerosos actores galegos na devandita comarca, onde actores e mariñeiros comparten espazo e onde vai tomando forma a película.

"Conta a historia da investigación de dous policías, Leo Caldas e Rafa Estévez, que investigan unha morte que parece un suicidio e resulta ser un asasinato", di o director Gerardo Herrero.

"Este home romántico, Leo Caldas, é un inspector de policía. Amante da terra, dos vellos, de todo o que representa Galicia, do choque magnífico e brutal entre mar e terra.". "Estévez, ve a todos os galegos coma se fosen marcianos, cando en verdade o marciano e el", asegura o actor Antonio Garrido. "É un luxo poder rodar onde naceu a historia real", di a actriz Marta Larralde.

Os actores contan cun asesor para empregar o acento máis costeiro e tamén algunhas expresións mariñeiras, para darlle así máis veracidade a historia.

Uxía García Vázquez; 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-05-2014 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Godzilla.
Godzilla é un monstro xaponés ficticio protagonista de numerosas películas que o converteron nunha das personaxes cinematográficas máis coñecidas do mundo. Apareceu en pantalla por primeira vez no ano 1954, na película Gojira, producida polos estudos Toho. O citado monstro apareceu en 28 películas xaponesas ata a data e tamén nun controvertido e de dudosa calidade remake estadounidense no ano 1998. Godzilla é quizais a referencia máis popular da cultura xaponesa do século XX, sendo descrito coma un enorme dinosaurio mutante, que xera e e salva do caos a Tokio, polo que ten sido considerado un antiheroe. A súa popularidade decreceu cos anos, pero segue a ser a icona por excelencia do xénero kaiju (monstros xigantes). Acostúmase a dicir que os estudos Toho pensaran en Godzilla coma unha especie de metáfora do medo que Xapón sentiu tras os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki.
O vindeiro 16 de maio chegará aos nosos cines un novo remake de Godzilla, o segundo en ser totalmente feito por unha produtora estadounidense. Será dirixido por Gareth Edwards e contará entre o seu reparto, entre outros, con Bryan Cranston (Breaking Bad) e Ken Watanabe (Inception). Como sempre ocorre cos remakes, os deseños estiveron a xerar controversias, ao que Edwards contestou: "O modo no que intentei ver a Godzilla foi no de imaxinar que era unha cristura real, e alguén do estudo Toho viuno nos anos 50, volveu correndo ao estudo para facer unha película sobre o que acababa de ver". Tamén afirmou que estaría encantado de que a súa revisión do mito da ciencia ficción xaponesa fose tido en conta como parte do grupo xaponés, o grupo Toho.
¿Que veremos con este novo Godzilla? Eu penso que só existen dúas posibilidades: Por unha parte, que a película sexa un despropósito de efectos especiais, tiros e chistes malos, e, por outra parte, que a película nos amose unha historia ben levada cun monstro arrepiante.

Xavier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-05-2014 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Estreo en Ámsterdam da obra de teatro "Anne"
Esta obra teatro comeza cando a xudía Ana Frank sae do campo de concentración de Bergen-Belsen e reúnese cun editor en Paris para cumplir o seu soño de ser escritora. Nese momento volve ao pasado para contar a súa vida, que se atopa no famoso "Diario" de Ana Frank, no cal conta dende o seu décimo terceiro aniversario ata o momento en que os nazis os decobren a ela, a súa familia e os que vivían con ela.

O susodito escrito atópase dividido en tres libretas e foi rescatado polo seu pai, o único supervivente da familia Frank aos campos de exterminio. No ano 1947 accedeu a publicalo pero quitou as partes relativas ás críticas que facía Ana Frank a súa nai e as súas primeiras experiencias amorosas. Porén, ata o ano 1995 non se presentou unha edición definitiva e no 1998 publicáronse escritos inéditos.

A obra teatral aproveitou todo ese material para realizar unha obra de teatro que reflexara a asfixia da moza e lanzar un mensaxe de paz e libertade.

O decorado resulta abrumador porque, grazas a sala teatral Theater Amsterdam, foi posible dividir en varias partes a vivenda dos Frank nas que podemos ver, por exemplo, o estudo do pai da rapaza. O gusto polo detalle dos seus directores Leon de Winter e Jessica Durlacher, permiten aos actores moverse con comodidade entres os focos e as proxeccións dalgunhas pasaxes do diario.

Nesa sala está previsto reprensentar "Anne" de forma permanente en holandés, sendo posible coller auriculares que traducen a obra ao español, inglés, alemán, francés, chino, ruso ou xaponés.
Esperemos que esto teña éxito.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-05-2014 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal