EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Letras Galegas: Miles de persoas elevan a súa voz en toda Galicia para pedir "un paso adiante" a favor do galego
Miles de persoas saíron á rúa este sábado co motivo das Letras Galegas para pedir "dar un paso adiante" e "outro adiante" a favor da lingua galega en diversas protestas convocadas pola plataforma 'Queremos Galego' en oito localidades de toda Galicia, celebrando concentracións, manifestacións e actos lúdicos.
Baixo o lema 'Un paso adiante e outro adiante Galicia', este colectivo que aglutina a decenas de entidades sociais de diversos ámbitos convocou unha manifestación "expansiva" para animar a sociedade a elevala lingua galega ao uso cotián "os 365 días do ano", que se celebrou de maneira simultánea con actos ás 12.00 horas en Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense e Pontevedra.
A capital galega, onde en principio previuse unha concentración e un acto lúdico con Porta Faxeira, acolleu unha manifestación na que centos de persoas corearon consignas como "As aulas de Galicia, en galego" e "Unha Galicia, en galego".

Nerea Rial Conde, 1ºB, Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-05-2014 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Uns premios sitúan un hotel de Fisterra no 'top 20' de España polo seu "servizo excepcional"
O Hotel Natureza Mar da Ardora de Fisterra (A Coruña) foi o número 19 dos 25 hoteis españois galardoados polos premios 'Travellers' Choice', un premio concedido a partir das eleccións dos turistas da web de viaxes 'TripAdvisor', polo seu "servizo excepcional".

Os premios, que galardoaron a 1.762 propiedades en 98 rexións e países de todo o mundo, recoñecen aos mellores aloxamentos por o seu servizo no mundo e con listas individuais para África, Asia, Australia, Canadá, o Caribe, China, Europa, Xapón, México, Oriente Medio, América do Sur, o Pacífico Sur, Reino Unido e Estados Unidos.

Os 25 hoteis españois galardoados repártense entre 10 comunidades autónomas e entre as que máis premios acumularon atópanse Andalucía, con 9; Cataluña, con 4, e Baleares, con 3. O Casa Camper Hotel Barcelona destaca como o mellor de España polo seu servizo ao situarse co posto vixésimo primeiro no ámbito europeo.

Estes premios determínanse a partir das opinións e comentarios de viaxeiros de todos o mundo nesta páxina web de planificación de viaxes, baseándose na calidade dos comentarios e puntuacións para o servizo.

"Os viaxeiros teñen millóns de hoteis para elixir, e o servizo é un xeito de destacar entre a multitude. Está claro pola lectura dos nosos comentarios dos hoteis que cando tes un cliente feliz corre a voz", declarou Abarbase Messing, a directora de mercadotecnia de 'TripAdvisor'.

As webs da marca 'TripAdvisor' compoñen a maior comunidade de viaxes do mundo, ata alcanzar case 260 millóns de usuarios únicos ao mes, segundo a media de Google Analytics, e máis de 150 millóns de comentarios e opinións sobre máis de 4 millóns de aloxamentos, restaurantes e lugares de interese.

Beatriz Pereiras López, 1ºB, bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-05-2014 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
QUEREMOS GALEGO!
Todos os 17 de maio conmemórase en Ourense o Día das Letras Galegas, e este ano non podía faltar, facéndoo con diferentes actos so longo do día. Na praza de San Martiño houbo pola mañá unha lectura de poemas de Xosé María Díaz Castro trala que actuou a banda municipal de música. Pero non foi a única proposta da mañá. Queremos galego! elixiu a estatua de Eduardo Blanco Amor como punto de encontro para reivindicar a lingua, como fixo con anterioridade o Partido Popular. Pola súa banda o PSOE organizou un roteiro percorrendo ás rúas do Casco Vello da cidade en homenaxe ós autores galegos.

Pola tarde, ás seis, no parque de Montealegre terá lugar a actividade «Aprende a identificar ás árbores do teu bosque en galego» co que se pretende que os ourensáns sexan quen de distinguir a flora máis representantiva da zona así como a que vén de fóra. Xosé Méndez Álvarez, doutor en Botánica, daralles os nomes científicos e tamén os galegos.

Uxía García Vázquez; 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-05-2014 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
GRIPE POLAR
Un equipo internacional de investigadores identificou, por primeira vez, o virus da gripe aviar nun grupo de pingüinos da Antártida, según un artigo que difundiu este martes a revista MBio. O traballo sobre o terreno financiuno o Instituto Antártico Chileno e a análise levouse a cabo no Centro de Referencia e Investigación da Gripe (CCRRI), da Organización Mundial da Saúde, con apoio do Departamento de Saúde de Australia. Según o artigo que publica a revista da Sociedade Estadounidense de Microbioloxía, o virus achado nos pingüinos adelia (pygoscelies adeliae) non se parece ao resto de virus circulantes da gripe aviar. Se ben outros grupos tomaron mostras de sangue dos pingüinos e detectaron anticorpos da gripe, ninguén encontrou o virus da gripe aviar vivo nos pingüinos ou outras aves da Antártida, según Aeron Hurt, del CCRRI.
Para este estudo Hurt e os seus colegas recolleron, entre xaneiro e febreiro de 2013, mostras de contacto das vías respiratorias e orificios posteriores de 301 pingüinos adélie na bahía do Almirantazgo e na rada Covadonga, da península Antártica. Mediante a técnica de laboratorio conocida como transcripción PCR revertida en tempo real, os investigadores encontraron material xenético do virus da gripe aviar en oito das mostras (2,7 %), de seis de pingüinos adultos e dous crías. Sete das mostras províñan da rada Covadonga, onde atópase a base antártica Xeneral Bernardo O'Higgings, de Chile. Os científicos cultivaron catro deses virus e demostraron que o virus infecioso vivo estaba presente e a análise seguinte mostrou que todos os virus eran de gripe H11N2, moi similares entre sí.

Cando os investigadores compararon a secuencia xenómica completa dos virus obtidos con todas as secuencias do virus da gripe humana e animal dispoñibles en bases de datos públicas, comprobaron que os virus dos pingüinos non semella nada detetado en calquiera outra parte do mundo. Catro dos segmentos de xenes semellaron máis cercanos aos virus da linaxe aviar norteamericano das décadas de 1960 a 1980. Dos genes mostraron unha relación distante cun gran número de virus de gripe aviar suramericana de Chile, Arxentina e Brasil. Os científicos calcularon o virus evolucionou durante os últimos 49 - 80 años sen que se tivese pista del.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2014 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Proteína descuberta frea o cancro de mama e a metástase de pulmón
Os resultados do estudo preclínico, financiado pola Asociación Española Contra o Cancro, foron presentados por Xosé R. Bustelo, investigador do Centro Superior de Investigacións Científicas, publicados na revista 'Nature Communications' e citado por Russia Today.

Ao inhibir a TC21 en ratos, os investigadores descubriron que esta medida non só detén o aumento dos tumores de mama máis comúns e da metástase de pulmón, senón tamén axuda a frear dous subtipos de cancro de peito máis difíciles de tratar debido á súa alta malignidade: o Her2 e os triplos negativos.

Indicaron que a inhibición da proteína mencionada non prexudica ao organismo e actualmente a investigación centrarase en achar inhibidores da TC21.

Tamén os investigadores especificaron que as terapias crónicas ou moi longas baseadas na inhibición ou inactivación da TC21 fan que o tumor desenvolva mecanismos de resistencia. Non obstante, xa foron determinados os mecanismos moleculares que poden desencadear esa resistencia, "o que significa que tamén se poderán desenvolver estratexias terapéuticas para previla", afirmou Bustelo.

"É un camiño longo que supón anos de estudo e de multitude de fases e probas ata chegar a unha terapia efectiva" en persoas, pero "paga a pena apostar por iso", concluíu o científico.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2014 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia sitúase á cabeza de España de bandeiras azuis

Galicia sitúase á cabeza de España con maior número de bandeiras azuis, tras conseguir 123 distincións en praias de 36 municipios costeiros. No conxunto do Estado outorgáronse 681 -573 a praias e 108 a portos deportivos- en 2014, manténdose á cabeza do hemisferio norte e rexistrando o seu mellor resultado histórico tras sumar 23 bandeiras en areais e 11 en portos deportivos.

O municipio con máis bandeiras segue sendo Sanxenxo, con 14 praias, mentres que se une aos municipios distinguidos o concello pontevedrés de Redondela. O Concello de Cangas do Morrazo, ademais, mantense como un dos concellos con maior número de areais, xa que aos sete que tiña o ano pasado, engade tres máis -Arneles, Francón e Areacova-, seguido de Vigo. Ademais, o municipio de Bueu obtén unha nova bandeira, para a praia de Lapamán.

Na provincia da Coruña, o municipio de Arteixo é o que acumula o maior número de galardóns deste tipo, mentres que en Lugo son Barreiros e Foz os máis premiados. O resultado do conxunto do Estado supón que nunha de cada cinco praias españolas ondeará este verán a "bandeira azul", así como unha de cada seis "bandeiras azuis" que ondean no mundo o farán este verán no litoral español. Desta forma, España recibe 34 bandeiras máis que en 2013, grazas aos aumentos rexistrados en Baleares con 85 (+23) e Murcia con 33 (+7) que recuperan e superan as perdas acumuladas en anos anteriores.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2014 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Un 17 de maio máis
Un ano máis chegamos ao 17 de maio que, dende 1963, se leva conmemorando como Día das Letras Galegas por iniciativa de membros da Real Academia Galega naquel entón. Para defender esta iniciativa, os membros da RAG presentaron un escrito no cal argumentaban que o libro rosaliano "Cantares Gallegos", editado en 1863, fora a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea, e que a súa aaparición lle deu prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria, acontecemento decisivo na historia do rexurdimento cultural de Galicia.

Por todos é sabido que este ano adicamos este fermoso día ao autor de "Nimbos", o vate de Guitiriz Xosé María Díaz Castro. Mais ao longo de todos estes anos foron numerosos os autores homenaxeados da nosa cidade e así se reflexa no libro que esta semana chegou a numerosas escolas da man da Deputación de Ourense, "Autores ourensáns no Día das Letras Galegas".

Feliz día das nosas letras!

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2014 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
A moda vintage volve aos nosos armarios
"Vintage" trátase dunha palabra inglesa que pode traducirse como "vendima", aínda que se utiliza no noso idioma para designar os obxectos antigos de deseño artístico e boa calidade.

O significado do concepto ten unha lóxica. Na antigüidade, as adegas usaban o termo para nomear os viños que producían coas súas mellores colleitas. A idea de vintage despois estendeuse a outros produtos, sobre todo a aqueles relacionados coa moda ou o deseño.

O vintage é unha manifestación da cultura posmoderna. É produto da perda de fe no progreso e o desencanto do motor da innovación propia da modernidade. Así, en vez de mirar ao futuro, recórrese con nostalxia a elementos de eras pasadas, pero carentes de significado orixinal. Deste xeito, a moda sérvese do pasado por motivos estéticos, onde se mesturan elementos de distintas épocas e lugares, descontextualizados da súa función e razón orixinal.

Nos últimos anos a moda vintage consolidouse como un auténtico referente nas pasarelas de todo o mundo. O auxe da estética vintage viuse acrecentado por iconas da moda como Dita Von Teese, modelo, actriz e bailarina que viste case exclusivamente con pezas de segunda man, ademais de peitearse e maquillarse segundo a época correspondente. Non obstante, tamén apostan por este tipo de pezas a sempre polémica modelo británica Kate Moss, a exitosa cantante norteamericana Katy Perry ou a afamada relacións públicas Olivia Palermo.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2014 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
19 horas para o puzzle máis grande do mundo

Dezanove horas, sete minutos e 55 segundos tardaron un centenar de afeccionados de todo o mundo en montar en Valladolid as 33.600 pezas que compoñen o crebacabezas máis grande do mundo. O reto para compoñer o crebacabezas «Vida Salvaxe», de Educa, formulouno en Valladolid a Asociación Española do Crebacabezas e o Concello da capital do Pisuerga baixo a Cúpula do Milenio.

Foise compoñendo peza a peza ata debuxar un mural panorámico de cinco metros e setenta centímetros por un metro e 57 de alto. Este valisoletano xunto ao seu irmán Fernando forman parte da Asociación Española do Crebacabezas, pero tamén dunha familia de nove irmáns nos que a afección lles vén dende que naceron e se remonta aos seus bisavós.

O reto comezou a iluminarse ás 20.00 horas dos pasado venres, dentro das festas de San Pedro Regalado, patrón da capital, e concluíu 19 horas despois. Participaron un centenar de afeccionados de toda España e de países como Francia, Italia, Portugal, Bélxica, Hungría, Eslovaquia, Finlandia, Polonia e mesmo de México, Ecuador e Perú.

É «unha imaxe moi atractiva con moitos detalles, moi ameno» e cun grao de dificultade non moi alto, polo que non requiría un grao de experiencia moi elevado a diferenza do seu récord anterior, o entón crebacabezas máis grande do mundo, "Dobre Retrospectiva", da firma Ravensburger, que completaron en 82 horas en Daimiel (Cidade Real).
Este éxito seguírono en directo 34 países a través de «Reto Salvaxe», a web creada ao efecto pola asociación nacional do crebacabezas para este evento.

Patricia González Fernández, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2014 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Egeria, a primeira peregrina da historia
Un documental seguirá o itinerario da dama galega que a finais do século IV viaxou á Terra Santa e cuxo manuscrito constitúe unha importante fonte histórica e lingüística.

Entre os anos 381 e 384 da nosa era, unha muller culta e rica da Gallaecia romana realiza unha viaxe á Terra Santa chea de perigos e incomodidades. A rodaxe do documental "Egeria", a primeira peregrina, que comeza este mes en Xerusalén, trae á actualidade a figura dun personaxe enigmático que deixou por escrito no seu Itinerarium ad Loca Sancta as impresións desa apaixonante aventura, o que a converte na primeira escritora española de nome coñecido e unha das primeiras mulleres que escribe en latín.

O Itinerarium de Egeria é un documento de grande interese para o coñecemento da liturxia dos primeiros séculos do cristianismo ao tempo que proba a antigüidade da tradición que identifica os Santos Lugares. Trátase dun testemuño de primeira man que recolle numerosos costumes da época e ten ademais un valor filolóxico, pois inclúe locucións do latín popular tardío.

Sandra Tornero Belloso, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal