EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dépor ou Celta, un dos dous equipos galegos baixará.
Deportivo, que recibe á Real Sociedad, e Celta, que xoga co Espanyol, separados por un só punto, xogaranse a salvación na última xornada.
Dépor ou Celta, un dos dous baixará seguro. A táboa aprétase por abaixo tralos resultados da xornada. As derrotas de Dépor (3-1) e Zaragoza (4-0) dan opcións a Celta e Mallorca. Catro equipos xogaranse a salvación na última xornada: o sábado ás 21.00 horas. Granada e Osasuna xa respiran. Deportivo, Zaragoza, Celta e Mallorca, separados por só dous puntos, loitarán por facer o traballo pendente no último día. A presión e os nervos serán protagonistas. Así será a xornada:

Deportivo (35): e o único que depende de si mesmo. Se gaña, sálvase, pero enfróntase en Riazor á Real Sociedade, que loitará pola cuarta praza para ir á Champions. Os donostiarras dependen de que o Valencia non gañe en Sevilla.

Celta (34): era o colista, pero coa vitoria en Valladolid (0-2) adianta a Zaragoza e Mallorca. Xogará na casa contra o Espanyol, que loita pola novena praza. Se pincha o Dépor, é o que máis posibilidades ten, e unha vitoria o salvaría.

Zaragoza (34): perdeu co Betis de forma clara pese a que era decisivo. Recibirá ao Atlético de Madrid, que xa non se xoga nada. Depende de que Celta e Dépor pinchen.

Mallorca (33): Empatou 0-0 co Atlético de Madrid e recibirá na última xornada ao Valladolid, salvado hai xa tempo.

Serxio María.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2013 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os tempos están a cambiar no fútbol.
Aínda que con múltiples interpretacións e variantes, cada vez son máis os equipos que apostan por un balompé alegre, ofensivo. Xa non é só cuestión de seleccións nacionais, ou da Primeira División. Exemplos moitos, pero dous concretos, que se medirán este domingo no Ángel Carro: o Lugo e o Sabadell. Viven para atacar (ou intentalo), coa portería contraria entre cella e cella.

Adestradores

Setién e Carreiras, abandeirados. Dous ex futbolistas de Primeira División, que teñen en común algúns aspectos da súa biografía deportiva. En canto á súa etapa como xogadores, os dous militaron no Racing de Santander (coincidiron na tempada 1994-1995), defensa o catalán, centrocampista o santanderino. Nos bancos, ambos ascenderon aos seus actuais clubs a Segunda, 18 anos despois, no caso vallesano; 20, no lucense. E un dato máis: tantas Carreiras como Setién míranse no espello do Barcelona (non hai que esquecer que Carreiras se crío na Masía xunto a Guardiola).

Estilo

O balón, o centro. Aínda que Carreiras aposte por un sistema 1-4-3-3, e Setién fágao por un 1-4-2-3-1, o centro do seu estilo é o balón: non rifarlo, sacalo xogado desde atrás. A idea é chegar con vantaxe á meta contraria, sen necesidade de recorrer ao pelotazo. O dobre pivote é a esencia do armazón branquivermello, mentres que no catalán a aposta é polo rombo no centro do campo. Despois, son as circunstancias do partido as que ditan o desenvolvemento do xogo, e non resultou estraño ver ao Lugo ben plantado atrás e saír con velocidade ao contragolpe.

Resultados

Números similares. A tres xornadas do final do campionato, o Lugo e o Sabadell obtiveron un rédito similar ao seu xogo, no que a puntos se refire (51 os cataláns, xa salvados; 49 os lucenses), e os dous navegaron pola zona tranquila (con opcións de coquetear co ascenso). Iso si, os cataláns mostraron moita máis pegada (54 goles contra 41), pero tamén se comportaron como unha escuadra que encaixa demasiado (63 contra 52).

Samuel.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2013 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Old Sock. Eric Clapton.
Como xa anunciamos, Eric Clapton ten novo disco, chamado Old Sock.

O disco conta con doce temas, os cales analizarei a continuación.

Este traballo comeza con "Further On Down The Road", un tema, esencialmente reggae no que intervén o músico Taj Mahal, compositor orixinal da canción. Como boa canción do xénero ten un ritmo pegadizo, levado por percusións das que poderíamos denominar, exóticas. Aquí podemos comprobar que a voz de Clapton, a pesar dos seus xa 68 anos, segue a ter unha calidade enorme, que concorda cos coros femininos que, unha vez máis, como é típico no xénero, acompañan a parte central da canción.

A segunda pista é "Angel", unha balada con toques bluseiros na que Clapton comparte protagonismo co clásico do Blues Rock, J.J. Cale. A canción conta cunha parte instrumental na que predominan dous solos consecutivos de guitarra eléctrica e guitarra acústica, que como acostuma Clapton, son xeniais.

Seguindo temos "The Folks Who Lives In The Hills", un tema, que a base de piano e guitarra, ten unha beleza enorme. O ritmo levado polo batería Steve Gadd, a pesar de ser secundario, é máis que apropiado. No tema, Clapton volve a amosar a súa extrema sensibilidade, xa mostrada en clásicos coma "Tears In Heaven". A canción remata cun solo de guitarra acústica acompañada de violíns.

Atopamos, na pista número catro, "Gotta Get Over" a un Clapton máis recoñecible. É un excelente tema de rock clásico que case se podería comparar co seu lendario traballo "Slowhand". As partes de guitarra eléctrica son executadas cunha mestría impresionante, tanto a nivel melódico como rítmico. Volve Clapton a demostrar o bo estado da súa voz.

"Till Your Well Runs Dry" é o nome do quinto tema deste disco. A canción semella unha balada mesturada con partes reggae.

No sexto lugar temos un préstamo. O clásico e tema éstandar do jazz "All Of Me". Eric colle este clásico popularizado polo gran Louis Armstrong e píntao de country e blues para conseguir unha diferente aínda que moi satisfactoria versión do tema. Nesta canción aporta a súa experiencia co baixo o lendario baixista Paul McCartney. O solo de guitarra recorda ao vello B.B. King, cousa habitual na discografía de Clapton.

"Born To Lose" é o título do seguinte tema, que recorda a un blues sureño semellante ao de The Allman Brothers Band. Aquí Clapton toca unhas liñas de guitarra slide espectaculares.

Para recordar ao falecido Gary Moore, Clapton sitúa no oitavo lugar do seu disco unha versión do tema "Still Got The Blues". A versión orixinal do tema é moi fermoso. Nesta versión, perde a a guitarra eléctrica, e, a pesar de ser unha moi boa versión acústica, non acada a calidade do orixinal, que sen dúbida un servidor colocaría nunha lista de "cancións máis fermosas".

Temos, despois da versión de Moore, "Goodnight Irene" un tema country que semella perfecto para ambientar unha típica poboación sureña estadounidense. Outra vez Clapton desborda calidade coa guitarra slide.

Unha vez máis volvemos ao ritmo reggae con "You Are One And Only Man". Tema semellante a "Further On Down The Road".

Penúltimo atópase "Every Little Thing". Esta canción recorda, no seu comezo, a "Wonderful Tonight", aínda que queda algo lonxe da calidade do clásico.

Pechando o disco está "Our Love Is Here To Stay", quizais o tema máis melancólico do disco, e un dos mellores do mesmo. O piano e a guitarra acústica mestúranse formando un bo tema.

O traballo, en xeral é bastante bo, pero está algo lonxe da calidade á que nos ten costumado Slowhand. Rematando a crítica, poreille un 7.5 de 10. Bo álbum en xeral, algo escaso para o xenio Eric Clapton.

Xabier.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Durmir a corpo de rei.
Os especialistas remarcan que un bo descanso é clave para levar unha vida saudable

Vivimos nun mundo acelerado, o estrés implantouse no día a día e as preocupacións agudizáronse coa mala conxuntura económica. É normal que este ritmo de vida afecte ao descanso. De feito, a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) alerta de que os trastornos de soño afectan a máis do 30% dos españois, dos cales, un 4% padéceno de forma crónica.

Diversos estudos avalan a importancia do soño para levar unha vida saudable e equilibrada. De feito, os expertos insisten en que durmir ben é clave para a saúde en xeral. Nun contexto onde os problemas económicos deixan en vela a máis dun, a Asociación Española do Soño e a cadea de hoteis Hospes elaboraron un decálogo para durmir a corpo de rei.

A primeira norma é respectar os horarios de soño, por iso, é necesario fixar unha hora para deitarse e levantarse. Durante o día é mellor non durmir, e se se realiza esta actividade recoméndase que sexa de como máximo 45 minutos.

É recomendable facer exercicio regularmente pero non xusto antes de deitarse.

A habitación débese ventilar e, pola noite, hai que mantela a unha temperatura agradable, evitar os ruídos e as luces innecesarias.

Parte das recomendacións teñen que ver coa alimentación.

Precisamente, os expertos insisten na necesidade de non consumir grandes cantidades de alcol catro horas antes de ir á cama mentres que as bebidas excitantes como o café, o té, a cola ou o chocolate mellor apartalas polo menos seis horas antes de deitarse.

Tamén aconsellan cear unha hora e media antes de meterse na cama e evitar unha cea copiosa.

Fernando.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2013 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
O Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio Divina Plurilingüe Divina Pastora, en galego todo o ano.
O noso departamento de galego segue a traballar ano tras ano pola lingua de noso, organizando actividades para achegar o noso idioma a tódolos alumnos deste centro, ó par que dar un exemplo de galeguidade de cara ó exterior.
O noso compromiso coa lingua ó longo deste ano que xa remata, demostra que dende a ensinanza concertada tamén estamos a prol da dinamización da lingua galega.
Este ano cumplimos o noso obxectivo de achegar o galego dende os máis pequechos, que nestes anos se aventuran na viaxe do coñecemento, até os máis maiores que xa abandonan o noso centro, pero deseguro que se van cun bo recordo e co amor a nosa lingua no corazón.
O noso colexio traballou e seguirá a traballar os anos vindeiros, tanto en proxectos dinamizadores como "Se non queres caldo... tres cunquiñas todos os 17", e tamén proxectos culturais e folclóricos para que os nenos coñezan o patrimonio social e cultural do noso país, como o festival dos Maios ou a celebración do Samaín.
Dentro destas actividades abrímoslle un oco ó mundo literario galego, xa sexa na representación dramatúrxica do Samaín, nas cantigas recitadas no día dos Maios, ou o Himno Nacional Galego que todos cantamos para conmemorar o día das Letras galegas.
Agardemos que nos vindeiros anos, dende o noso Colexio fagamos que o galego viva mil primaveras máis.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-05-2013 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
O concerto definitivo de los Suaves?

A finais dos anos 70, paralela ás bandas das movidas madrileña e viguesa, nacía en Ourense Los Suaves. O grupo estaba formado por Yosi, Charly e Javier Domínguez (vocalista/guitarrista, baixista e batería), aínda que Javier estaría moi pouco tempo, ós que despois se lles unirían Ramón Costoya e Ángel Ruíz, ámbolos dous guitarristas. A primeira gran oportunidade da banda foi no ano 1981, na compaña do grupo Los Ramones n´A Coruña. A pequena actuación foi moi exitosa, de feito, Dee Dee Ramone felicitounos. Gracias a esta presentación, Los Suaves foron contratados pola productora galega Edigal. O resto, é historia.
Ó longo dos máis de 30 anos de historia da banda, esta tivo moitos membros distintos, ata atopar a formación actual, con Yosi coma vocalista e ás veces guitarrista; Charly ó baixo; o virtuosísimo guitarrista Alberto Cereijo, Fernando Calvo coma guitarrista secundario e Tino Mojón coma batería. Todos estes e máis moitos dos antigos membros da banda estarán xuntos o vindeiro 29 de xuño no festival Derrame Rock, celebrado en Ourense. Quizais a algún esto lle poida parecer unha despedida.
No esperado concerto estarán, ademais da formación actual, Javier Domínguez, Ramón Costoya e Ángel Ruíz.
Charly, baixista e membro fundador, salpica aínda máis misterio ao concerto con estas palabras: "Estamos aquí para unha historia que, se non é definitiva, diremos que case o parece".
As especulación sobre a posible retirada do grupo non é cousa nova, xa que, fai un ou dous anos o tema atopábase en boca de moitos fans da banda. A todo isto, a banda contestou do seguinte modo: "Se os Rolling Stones poden tocar até que lles aguante o corpo, nós tamén".
Esperemos que todos estos rumores non se fagan realidade e Los Suaves sigan sendo a figura máis representativa do rock ourensano.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-05-2013 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Se aínda somos galegos, é por obra e graza do noso idioma.

Miñas donas meus señores, neste día tan fermoso gustaríame denantes que nada felicitalos a todos, por que hoxe é o día das nosas letras.
De seguro que moitos de vostedes nin se decataron, e é o normal, e queren que lle explique o por qué...
Pois por que este ano a prestixiosa Real Academia Galega, ou mellor dito o seu presidente, don Xesús Alonso Montero, como que se esqueceron un pouco do tema.
Recordan ó Ferrín combativo, que se presentaba en San Caetano, e lle dicía, ó que polo de hoxe é presidente da Xunta da Galiza: “non sexa agarrado e invirta un pouco na lingua do seu país”. E moito non era o que lle quitaba pero algo, algo sempre caía.

Este ano destaca máis a manifestación “Non queremos ser extranxeiros na nosa propia patria”, que organiza Queremos Galego, que os propios actos que artella a RAG ou a Xunta da Galiza. E que se nos fixamos, cada ano os actos en honor a nosa lingua, van minguando, e trabállase máis dende os institutos e colexios, tanto públicos como concertados pola dinamización da lingua de noso, que dende a propia RAG ou a Xunta da Galiza.
E non é que toda a culpa a teña a RAG, se non que a institución que goberna a nosa lingua precisa de maior pulo e axuda económica, dende a Xunta e dende a Secretaría Xeral de Política lingüística.

Gustaríame pois sen extenderme moito, reflexionar un pouco sobre o panorama lingüístico do noso idioma no ámbito global.
O galego perde cada ano máis e máis falantes, falantes que na súa maior parte son maiores de sesenta anos, e ó morrer estas persoas descende considerabelmente a porcentaxe de xente que utilizan o noso idioma de xeito maioritario. Non obstante agora entre os novos, quen utiliza máis o galego, non son as persoas de trinta a corenta anos, se non os nosos nenos e rapaces dende que escomezan a falar até que saen da universidade.

E digo eu, por que cando os nosos rapaces abandonan os estudos para entrar no mundo laboral deixan de utilizar a lingua galega? Pois voulle a responder.
As institucións públicas traballan nunha liña que consiste en deixar ben claro que para a economía e os negocios funciona mellor “el castellano”.

Señores e cidadáns da Galiza, abran os ollos,e pensen cantos fruteiros, avogados, carniceiros, agricultores... fan negocios con Francia, Inglaterra, Alemaña, México..., unha porcentaxe nimia.
Os traballadores maioritariamente tratan con paisanos da nosa terra, e incluso resulta penoso, ver como os pobres señores e señoras que veñen da aldea ou mesmo da cidade, teñen que facer o esforzo de falar en Castelán, por que existe esa fedorenta conciencia de que o galego non serve para solucionar problemas de papeleo, ou de comercio, e que é un idioma para falar na casa ou no xardín canda os compañeiros, pero a ver compañeiros, “despertade do voso sono”, non vedes que o “pancastelanismo” é un recurso centralista que se impón dende o estado central, como estratexia para fortaleceren o comercio e a economía central española en detrimento da galega, vasca, andaluza ou catalana.
Fronte a esta aldraxe, os grandes empresarios cataláns, desenvolveron un sistema de empresas propias do seu país que funcionan ferreamente en catalán. Fronte a esto os galegos temos outro punto a prol, a nosa lingua xa non só é útil a nivel nacional, se non que é un idioma útil no ámbito de toda a lusofonía, e serve para comunicarnos con douscentos millóns de persoas.
Aínda así, non podemos venderlle a Lisboa o noso idioma, nin caer no erro do reitegracionismo.
Porén non debemos esquecernos da liberdade para falar o idioma que queiramos, tanto sexa castelán, galego ou portugués, como fillos que son todos dunha mesma nai o latín, e que así deben convivir en irmandade e harmonía, sen pelexarse e sen imporse ningún por riba do outro.

É evidente que a lingua galega é o idioma que utilizamos para transmitir sentimentos, pero a par deso non podemos caer no erro de convertir ó noso idioma nun dialecto que só se fala cos amigos ou coa familia... o galego debe de impalantarse dunha forma normalizada en tódalas institucións públicas e na ensinanza. Transcendendo do preconcepto de inferioridade do que está rodeado o noso idioma, debemos atopar novos ámbitos para a lingua, e sobre todo no ámbito comercial, que é donde un idioma se universaliza con maior facilidade. Ó mesmo tempo os galegos debemos de sentir no corazón o noso idioma, por que as linguas non son cousas, son moito máis, e levar porén cheos de orgullo a nosa lingua como bandeira polo mundo.

Non debemos esquecer o traballo que centos de autores fixeron por dignificar o noso idioma, quen lle clava navalladas ó galego está a clavarllas a Galiza e a nosa identidade, “ Por que se aínda somos galegos, é por obra e graza do noso idioma”.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Vence anuncia a vontade do BNG de conformar unha "gran candidatura que leve a voz de Galiza a Bruxelas.
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, anunciou que a fronte nacionalista pula por “conformar unha gran candidatura ás europeas que leve a Galiza a ter voz en Bruxelas e defenda outro modelo de Europa”. Vence realizou estas declaracións no transcurso dunha entrevista na Radio Galega. Anunciou,a preguntas do xornalista, que “nas vindeiras semanas” manterá contactos con Compromiso por Galicia e, inquerido sobres relacións con Anova, reiterou que o BNG considera que este país “precisa dunha maioría nacionalista” e que nesa liña “apostamos por unir todo o posíbel ao nacionalismo” para facer fronte a un escenario de crise económica e recentralización do Estado.

O portavoz nacionalista reiterou que “queremos conquerir para Galiza unha representación en Europa”,como un paso clave para a defensa dos intereses do país. Aliás, esa representación pularía en Bruxelas por outra Europa diferente á actual.

En clave nacionalista

Vence lembrou que desde o PP se está a impulsar unha serie de políticas centralizadores que teñen consecuencias directas que “laminan as competencias de comunidades autónomas” e “iso afecta á calidade de vida”.

En tal escenario, o BNG ten a obriga, considera, de “falar e explicar as nefastas consecuencias que supón non ter soberanía, non poder decidir nós sobre a política forestal, naval, pesqueira...”. Se algo ten demostrado esta crise, apunta, son as nefastas consecuencias de carecer de soberanía. De aí que é precisa a soberanía, pois non é un simple demanda ideolóxica senón unha ferramenta “que equivale a axudar a solucionar os problemas desta crise”.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2013 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
O PP galego afástase do executivo, de Rajoy e do PP español.
Para os conservadores galegos xa non está mal visto criticar o Partido Popular espñol, sobre todo os alcaldes, asisten atónitos á falta de liderazgo do presidente do Executivo. O mandatario, por exemplo, non concedeu nin unha soa entrevista dende o estourido do 'caso Bárcenas'.
As sondaxes, nin as publicadas nin as internas, non cadran pois deixan aberta a que as forzas da oposición retomen o poder se acadan un pacto entre partidos. Este é o principal motivo da cada vez máis evidente falta de apoio ó Goberno de España nas filas do PP galego.
Varios xornais falan abertamente de que "membros do Partido Popular" apuntan a que non hai coordinación dabondo entre o discurso do Executivo e o do propio PP. Cómpre lembrar que a semana pasada o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, advertiu ó presidente do Estado que faltaba "relato" de porque aplícanse recortes tan duros sen que o paro baixa, nen vaia baixar nesta lexislatura do 25% de acordo as previsións do propio Executivo.
A axencia de noticias recolle o malestar de dirixentes do PP que non dan a cara en aspectos como a suba de impostor abertamente criticada polo presidente de Extremadura ou a aplicación da Lei do Aborto, para a que Alberto Nuñez Feijóo pediu xa un debate máis pausado.
En Galicia a recente vitoria conservadora nas autonómicas debería, en teoría, permitir unha tensión menor que noutras autonomías, onde hai eleccións en 2015. Con todo, no PPdeG son conscientes de que nos últimos comicios xa perderon case o 20% dos sufraxios e temen que co paro desbocado as votacións municipais de 2015 se presenten demasiado costa arriba.
Os alcaldes do PP non urbano temen sobre todo o impacto da estafa das preferentes. Moitos dos clientes que van perder até o 75 do investido son persoas do rural con algúns aforros, cun claro perfil demográfico de votante conservador. Por iso son cada vez máis frecuentes os dirixentes que se achegan as reivindicacións dos afectados, dende o alcalde de Moaña que se suma ao peche no seu Concello até presidente da Deputación de Pontevedra, que se deixa fotografíar cunha camiseta reivindicativa.
A nivel autonómico, Alberto Nuñez Feijóo tampouco lle vai resultar sinxelo vender mediaticamente unha probábel flexibalización do obxectivo de déficit para Cataluña se finalmente a CiU suaviza o seu discurso independentista. O diario El País sinala a proposta do líder galego de reunir aos líderes autonómicos sen a presenza do Estado para negociar o reparto do déficit como un dos síntomas máis evidentes da tensión interna.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2013 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
O Lugo quere perforar redes, axiña.
Búscase gol. Tras catro xornadas sen gañar, e sen marcar, a seca ofensiva do Lugo prolóngase demasiado no tempo. Nunca tanto, sumando unha á marca negativa de tres alcanzado a semana pasada. Acentuada, nas dúas últimas, pola ausencia do seu máximo artilleiro, Óscar Díaz. Tras o fogonazo de Airam Cabrera no 4-0 contra o Xerez, ninguén foi capaz de recoller a testemuña realizador.
Os 50 puntos non chegan, tres partidos despois de que se puxesen por primeira vez a tiro. E o lastre do gol, a súa ausencia, impide sumar máis que dun nun, como ante o líder Elxe ou fronte ao Villarreal , na última xornada.
“Cando non metemos goles é problema de todo o equipo, desde o porteiro ao dianteiro”. Quen realiza esta análise é Héctor Font, que regresou a unha convocatoria, e ao terreo de xogo na segunda parte, antonte, contra o Villarreal no que deu os seus primeiros pasos como profesional. “Se o noso déficit é ese, intentaremos materializar as ocasións que teñamos nas próximas semanas”, asegura.
Negados no remate
A máis firme evidencia de que parecen negados para o remate foi a ocasión que marró Tonetto o sábado. Só, coa portería baleira, e o balón situado cara ao seu perfil zurdo de remate. “Animámolo, e a próxima que teña, meteraa, seguro”, alenta Font ao seu compañeiro, sobre unha acción que puido cambiar o decorado do partido contra os amarelos.
De todos os xeitos, Héctor Font é optimista, e sostén que o Lugo non variou o seu xogo e busca da mesma forma a portería contraria que o facía antes. Salvo que esta vez, custa concretar as ocasións, e máis aínda conseguilas. Porque, máis aló da de Tonetto, os demais remates do Lugo contra o Villarreal non atoparon obxectivo entre os tres paus, e si fose. Unha situación moi similar ao acontecido ante o Xirona, no que as mellores ocasións dos lucenses acabaron moi desviadas do porteiro do entón segundo clasificado.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2013 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal