Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sete pistas de esquí aptas no peche da campaña

A estación de montaña ten operativos tres telesquíes e dous telesillas
Manzaneda Estación de Montaña SA (Meisa) pecha este 1 de maio a tempada de inverno con sete pistas de esquí aptas para o seu uso (Seixo, Charrelas, As Antenas, O Regato, Fontefría, Corzos 1 e Corzos 2).
Os afeccionados poderán contar cos telesillas Manzaneda e Fontefría, e os telesquíes Corzos, Seixo e Fontefría para acceder ás pistas, que contan con neve dura-primavera, con espesores que van dos 15 aos 30 centímetros.

Todos os accesos á estación están abertos, segundo o parte remitido por Meisa, e prevense temperaturas situadas entre o grao baixo cero e os sete graos, cunha visibilidade entre regular e boa .

Durante o fin de semana, foron numerosos os afeccionados que se achegaron á estación de montaña e, 'especialmente durante a xornada do domingo, contaron cunha xornada perfeta para a práctica do esquí, con neve branda que permitía gozar e un día asollado', sinalou o xerente de Meisa, David Ferrer. Este martes, as previsións falan dun tempo máis revolto, aínda que se trata da última xornada da tempada para os amantes dos deportes de inverno.
A partir do 2 de maio, a estación permanecerá aberta ofrecendo os seus servizos de turismo en alta montaña, con karts, tiro con arco, cabalos en picadero, piscina cuberta, rutas de sendeirismo, bicicletas de montaña ou quads.

José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-05-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal