Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Harley-Davidson
Harley-Davidson, HD abreviado como o Harley, e un fabricante de motos de Estados Unidos con sede en Milwaukee, Wisconsin.Esta compañía fabrica motocicletas de gran Tamaño e cilindrada, pensadas para ser conducidas en Largas carreteras ou autopistas. As suas orixes remontanse a 1903 Cando un mozo de Milwaukee, William S. Harley, y su amigo Arthur Davidson fundaron a marca Utilizando os seus propios Deseños e o patio traseiro da familia Davidson construiron a primeria moto , que que fixo a sua primera aparición en setembro de 1904.


Victor Marcos
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2012 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
A auga como iniciativa empresarial
O Campus de Ourense definirá nos vindeiros meses o plan de acción que recollerá as estratexias que seguirá a Comisión de Coordinación Científica do Campus da Auga para a maduración deste proxecto que sitúa a súa data de pleno desenrolo no ano 2015.

O denominador común é un só elemento, a auga, así como a explotación e aproveitamento deste recurso na provincia como motor de crecemento e desenvolvemento a partir da investigación e que involucra a todas as titulacións do campus. A estructura organizativa do proxecto diuse a coñecer onte, durante o acto de presentación do mesmo, e consiste en cinco clusters de I+D entorno á tecnoloxía informática, ao medio ambiente, á alimentación, innovación social e educativo e o turismo como elemento central.

O Campus da Auga parte da investigación mesturando as sinerxias da provincia que dotarán de personalidade propia ao campus á vez que facilitarán a súa visibilización no exterior. Un terreo no que tamén entra en xogo o tecido empresarial de Ourense. Así, tal e como adiantou no pasado mes de abril o Consello de Campus de Ourense a súa apertura á sociedade comezou onte cun acto ao que acudiron numerosos profesores, alumnos e investigadores, así como representantes do tecido empresarial da cidade.


GARANTÍAS DE FUTURO

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, explicou que con esta iniciativa se pretende 'singularizar' ao Campus de Ourense a través da 'especialización' para lograr que sobreviva e que teña futuro. No acto, tamén estiveron presentes o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o presidente da propia Comisión Científica, Santiago Lago, e a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras.

Tamén o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, incidiu na especialización como plantexamento necesario para o futuro do campus. Asemade, durante a súa intervención apuntou que 'a Xunta aplaude este proxecto' e que o apoiará ao entender que obtivo resultado noutros lugares.


O Campus da Auga traerá consigo 'a mobilidade de profesores e alumnos, unha marca enraizada na cultura e no potencial de Ourense, así como na medida en que nos organicemos poderemos respostar á demanda do tecido empresarial e institucional', segundo concretou Salustiano Mato.

O presidente da comisión científica, Santiago Lago, explicou que, a partir de agora, o traballo da comisión será elaborar 'un inventario no terreo do concreto, de cales son as cousas que se están a facer e que se poden facer vinculadas á auga para tratar de ordenar todo este potencial investigador'.

No caso de Ourense, recordou que existen unha serie de 'vectores' relacionados coa auga 'como por exemplo o termalismo.

Magdalena Sepa Vázquez 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2012 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Profesores e pais aprenden a comunicarse con adolescentes‏

A adolescencia será a protagonista das xornadas de familia 'Unha mirada á adolescencia', organizadas polo Concello de Ourense para o vindeiro martes, a partir das 16,30 horas no Centro de Desenvolvemento de Novagaliciabanco.

Dirixidas principalmente a pais, profesores e axentes educadores, profundarán, ademais de en a transmisión de valores, emocións e modos de pensar, na interrelación entre pais e adolescentes, dándolle voz aos mozos para que transmitan as súas inquietudes. A apertura da xornada correrá a cargo do filósofo e profesor Xosé Manuel Domínguez.


José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-05-2012 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Neira Vilas documenta cen anos de historia do himno galego
O himno dunha nación, como a creación artística que no fondo é, posúe unha historia de seu que a familiaridade e a repetición poden acabar por agochar. Neste sentido, o de Galicia non é unha excepción, cunha xénese e espallamento cheas de curiosidades que vén de recoller Xosé Neira Vilas (Gres, 1928) no libro 100 anos do himno galego (Edicións Embora). O autor aclara que a súa achega non pretende ser unha «historia completa», senón o froito das súas investigacións en Cuba -onde viviu 31 anos- sobre as circunstancias que rodearon o nacemento e estrea da composición, así como a súa difusión ata chegar ao centenario celebrado no 2007.
Neira Vilas remarca o papel fundamental do emigrante ferrolán Xosé Fontenla Leal -«home lúcido e apaixonado que amaba a súa patria de orixe, á que lle dedicou de por vida todas as súas enerxías»-, quen primeiro pensou en Curros Enríquez e o mestre Chané para a letra e a música do himno, respectivamente. Pero un enfado entre ambos os dous impediu o proxecto e finalmente serían Eduardo Pondal e Pascual Veiga os autores. A súa colaboración arranca en 1890, cando o poeta lle envía ao compositor Os Pinos para presentarse ao premio para unha «Marcha Regional Gallega» nun concurso musical celebrado no Recreo de Artesanos da Coruña. Non obstante, a estrea non chegaría ata o 20 de decembro de 1907, na Habana, aínda que nos últimos anos hai investigadores que apuntan que o himno debeu de interpretarse en público con anterioridade. No seu libro, Neira Vilas di que «non hai constancia de que a peza fose premiada nin interpretada» no certame de 1890, pero que Fontenla contactou con Pondal e Veiga ante a imposibilidade de contar con Curros e Chané.


Elena Corral Fernández
1º A Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2012 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Falece o intelectual Manuel Cordeiro aos 85 anos en Bos Aires
O pintor, debuxante, escritor, promotor cultural e activista político galego Manuel Cordeiro Monteagudo faleceu aos 85 anos de idade en Bos Aires, onde viviu durante 60 anos tras emigrar en 1952.
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta expresou o seu pesar polo falecemento deste coruñés nacido en 1927 e trasladou á súa familia e achegado as súas condolencias "en nome da sociedade galega".
Tamén o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, transmitiu as condolencias dos socialistas galegos á súa familia tras sinalar que é "unha grande perda para Galicia". "O seu labor e o seu exemplo de vida, comprometida e reivindicativa dende a cultura, é unha herdanza que debemos coidar", destacou.
Sobre a súa traxectoria vital, a través dun comunicado de prensa, constatou que "era o único supervivente en Arxentina dos organizadores do primeiro Congreso da Emigración Galega", celebrado en 1956; e recordou que "foi compañeiro e amigo" de figuras como Neira Vilas, Branco Amor, Luís Seoane, Laxeiro ou Maruxa Boga.
En canto ao seu "compromiso" con esta comunidade, apuntou que militou nas xuventudes galleguistas e que promoveu distintas organizacións seguindo para transmitir "a varias xeracións a fala, a cultura e a referencia identitaria de Galicia".
"Son galego e arxentino, porque eu son de Arxentina, que é o país onde vivo, pero nas miñas pinturas só podo mostrar o que levo dentro, o que non podo cambiar, iso é imposible e por iso non podo facer outra pintura que non sexa galega", citou Vázquez dunha entrevista mantida entre Cordeiro e a primeira delegada da Xunta en Bos Aires, María Xosé Porteiro, no espazo de arte 'O viaxeiro'

Noelia Gómez Nogueria, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2012 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Os mozos volven á rúa para recordar que seguen indignados
Os colectivos que xestaron o 15-M, maioritariamente os mozos, volverán hoxe ás rúas de decenas de cidades para conmemorar o seu aniversario e recordar que a súa "indignación" segue intacta e que teñen máis motivos para a protesta, debido aos axustes sociais do Goberno.
As manifestacións máis importantes están programadas para hoxe, pero os actos reivindicativos continuarán ao longo de toda a fin de semana e nalgúns lugares como Madrid se prolongarán ata o martes aproveitando a festividade local de San Isidro.

E para celebrar o aniversario, a maioría das organizacións sobre as que pivota o movemento elixiron as mesmas prazas, parques e espazos onde o ano pasado tiveron lugar as acampadas.

Os responsables dos diferentes corpos policiais insistiron durante os últimos días en dúas ideas: que as acampadas son ilegais e non se van a permitir; e no escrupuloso respecto ao dereito de reunión e de manifestación sempre que este se exerza dentro dos límites legais.

En Madrid programáronse catro marchas desde diferentes pobos e barrios que confluirán na capital ata chegar á Porta do Sol, epicentro das protestas dos "indignados" o pasado ano.

Entre as convocatorias para as decenas de actos que se van a rexistrar en toda España ao longo dos próximos días proliferan tamén as mensaxes dos activistas chamando aos participantes a evitar os actos violentos e os enfrontamentos coa policía para demostrar que o ánimo pacífico inspira este movemento.

Sara Álvarez González
1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-05-2012 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Persoal da Xunta censura o «malgasto» do Gaiás nunha protesta polos recortes
Traballadores da Xunta converteron onte o Gaiás en símbolo do «malgasto» para reprobar a política de recortes do Goberno galego no ámbito dos servizos públicos. Os manifestantes, un milleiro segundo a organización, elixiron o complexo levantado nos arredores de Santiago como punto de partida dunha marcha que percorreu parte do centro histórico da cidade ata chegar ao edificio administrativo de San Caetano.

A mobilización, organizada polo comité intercentros da Xunta e os provinciais da Consellería de Traballo, denunciaba a amortización de postos de traballo nos centros de Benestar ao aplicar a lei de medidas temporais no emprego público. Os traballadores denuncian que a Xunta entregou unha listaxe aos sindicatos no que fai referencia a 266 «postos a amortizar», dos que 200 corresponden á Consellería de Traballo. Aseguran que retirou prazas do concurso de traslados porque a lei lle obriga a prescindir das que estean ocupadas polo mesmo persoal interino desde xaneiro do 2005, aínda que matizan que eses postos deben ser cubertos a través dun plan de consolidación.

A conselleira Beatriz Mato desmentiu na Coruña a denuncia sindical sobre a redución das 200 persoas en Servizos Sociais. Atribuíuno a unha «mala interpretación intencionada» e dixo que «o que non salgan a concurso non quere dicir que non se cubran». Engadiu que se vai facer unha amortización de 38 prazas, pero se crearán 48, co que o saldo é positivo».

A elección do Gaiás como arranque da protesta trataba de facer ver a contradición dos recortes coa aposta por un complexo que ía custar 108 millóns e engulirá entre 305 e 480, se o Executivo decide no futuro retomar os dous edificios paralizados. Consideran o Gaiás «símbolo máximo do malgasto do diñeiro público galego».

O alcalde compárao coa catedral

O alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), cre que un proxecto como a Cidade da Cultura «ten que ter defensores e detractores, como os tivo, imaxino, que a catedral de Santiago cando se construíu alá polo ano 1200, ou como o Guggenheim de Bilbao e agora ninguén dubida dese referente, ou a Cidade das Artes e as Ciencias ou o Fórum de Barcelona». Nunha entrevista na Ser, Currás, que foi durante cinco anos xerente da Fundación da Cidade da Cultura, admitiu onte que é «difícil» terminar o complexo nunha situación económica como a actual, pero expresou a súa «plena confianza» en que se completará. «Eu creo que hai que esperar uns anos e despois terminar isto como sexa», dixo.

Sara Carroceda González, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-05-2012 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
A XUNTA ACORDA SEGUIR COAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO CHOU
O goberno galego, segundo anunciou Alberto Núñez Feijoo, desbloqueou a ampliación e mellora do CHUO (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense). Xa se adxudicaron os servizos para a reprogramación funcional, o desenvolvemento do plan director e a redacción do proxecto básico e de execución da hospitalización.

Todas estas obras pretenden mellorar e modernizar a atención sanitaria a través da innovación. Alberto Núñez Feijoo explicouno: «iniciaremos investimentos tecnolóxicos que, posteriormente, iranse ampliando e iranse xeralizando ao resto dous hospitais de Galicia». O presidente autonómico concluíu que o CHUO definirá como serán os hospitais do futuro.

O máximo responsable do goberno galego explicou que en catro meses se presentará o proxecto construtivo e a licitación e antes de que termine o ano adxudicaranse as obras de remodelación, ás que se destinarán 45 millóns de euros. Antes, concretamente a próxima semana, o executivo autonómico presentará o proxecto para a ampliación e mellora do CHUO aos profesionais que desenvolven o seu traballo alí.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-05-2012 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Es o suficientemente nai?

¿A que idade debería unha nai deixar de dar de mamar ao seu fillo? A revista Time volveu a acender a controvertida polémica sobre a lactación materna, cuxo debate xa incendia as redes sociais, coa súa próxima portada na que se mostra a unha moza e atractiva nai dándolle o peito ao seu fillo. Pero a imaxe non é a clásica estampa dunha muller aleitando ao seu pequeno e aniñado bebé. A publicación estadounidense -que aínda non chegou aos quioscos, pero á que pode acceder desde a súa páxina web- plasma, cunha imaxe que roza o sensacionalismo, a unha veintiseisañera de pé dándolle de mamar ao seu fillo de tres anos, subido a unha banqueta, baixo o titular «¿Es o suficientemente nai?».

A portada introduce unha reportaxe, que se desenvolve no interior da revista, sobre as ideas do doutor Bill Sears, un experto que defende que os pais manteñan lazos estreitos cos seus fillos ata idades avanzadas e, xa que logo, que as nais prolonguen a lactación e ata que compartan cama co seu bebé. O tema calou fondo na sociedade estadounidense e Twitter encheuse hoxe de mensaxes de oposición ou apoio ás extremas técnicas de crianza do gurú e á provocativa portada de Time .

O debate xerado non só abarca os beneficios ou desvantaxes da lactación ata idades tardías, un tema que desde hai tempo divide ás nais estadounidenses. A forma de tratar o tema da popular revista levantou bochas nos sectores máis conservadores, que consideran que a publicación debería escoller outro tipo de imaxe, menos sexi e controvertida, para ilustrar o delicado e discutido tema. Pero Time, noutros tempos recoñecida pola súa rigorosidade e seriedade, ten que facer fronte agora a unha dos seus rivais máis fortes, Newsweek, experta no despregamento de agresivas estratexias que lle están gañando terreo á publicación fundada en 1923.

A protagonista do polémico próximo número da revista non é unha modelo pousando con algún neno de anuncio; é unha nai real, Jamie Lynne Grumet. Na reportaxe a moza admite que, en ocasións, ao vela aleitar ao seu fillo deste xeito, algúns descoñecidos ameazáronlle con avisar aos servizos sociais, acusándoa de «abusar» do pequeno.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-05-2012 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Falece Manuel Cordeiro
O pintor, debuxante, escritor, promotor cultural e activista político galego Manuel Cordeiro Monteagudo faleceu aos 85 anos de idade en Bos Aires, onde viviu durante 60 anos tras emigrar en 1952.

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta expresou o seu pesar polo falecemento deste coruñés nacido en 1927 e trasladou á súa familia e achegado as súas condolencias "en nome da sociedade galega".

Tamén o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, transmitiu as condolencias dos socialistas galegos á súa familia tras sinalar que é "unha grande perda para Galicia". "O seu labor e o seu exemplo de vida, comprometida e reivindicativa dende a cultura, é unha herdanza que debemos coidar", destacou.

Sobre a súa traxectoria vital, a través dun comunicado de prensa, constatou que "era o ú
nico supervivente en Arxentina dos organizadores do primeiro Congreso da Emigración Galega", celebrado en 1956; e recordou que "foi compañeiro e amigo" de figuras como Neira Vilas, Branco Amor, Luís Seoane, Laxeiro ou Maruxa Boga.

En canto ao seu "compromiso" con esta comunidade, apuntou que militou nas xuventudes galleguistas e que promoveu distintas organizacións seguindo para transmitir "a varias xeracións a fala, a cultura e a referencia identitaria de Galicia".

"Son galego e arxentino, porque eu son de Arxentina, que é o país onde vivo, pero nas miñas pinturas só podo mostrar o que levo dentro, o que non podo cambiar, iso é imposible e por iso non podo facer outra pintura que non sexa galega", citou Vázquez dunha entrevista mantida entre Cordeiro e a primeira delegada da Xunta en Bos Aires, María Xosé Porteiro, no espazo de arte 'O viaxeiro'.

Noelia Fernández Paradela
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2012 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal