ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O roteiro da Esmorga de Blanco Amor

Hoxe 19 de maio, un grupo escolleito de alumnos de 4º da ESO e 1º de BCH acudiron da man dos profesores de galego Elías e mais Xián a participar no roteiro de orientación literaria do libro da Esmorga de Blanco Amor.
Co gallo do 50º aniversario da publicación na clandestinidade de Bos Aires da obra universal deste escritor ourensán, dous grupos de franciscanas e dous do IES do Couto acompañaron, da man dun mapa sen sinaléctica, os lugares orixinais do libro, cubrindo un roteiro escrito para indicar as frases literais do libro, facendo debuxos a imitación dos alicatados das placas e escenificando de forma sinxela a iconografía figurativa das placas. A actividade desenvolveuse sen afán competitivo, cunha duración entre 40 minutos e unha hora e cinco. O noso alumnado gozou das rúas de viños asolladas, limpas e en silencio, unha nova perspectiva da zona histórico, acompañamos o lugar de nacemento de Blanco Amor na rúa Lepanto e fixémonos unha foto coa estatura deste escritor inmorredoiro.
Os alumnos de 1º de BCH tiñan na memoria o libro acabado de ler na 4ª avaliación e, se cadra, se fixeron unha mellor composición de espazo-tempo para confirmar a universalidade e mesmo comicidade da obra blancoamoriana. Felicitamos desde aquí aos promotores de Cig-ensino e a A.C. A Esmorga pola iniciativa.

Comentarios (1) - Categoría: Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
O MUSIGAL. Música galega e festa.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades no Centro - Publicado o 16-05-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 09
Xa podedes ver algunhas das fotas do Correlingua 09 na Fotoblogoteca.
Participaron os alumnos de 2º de ESO.
Comentarios (1) - Categoría: Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2009 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
O MUSIGAL
O venres 15, ás 19:30 h terá lugar no salón de actos do colexio "O MUSIGAL", un acto onde poderes escitar "en directo" música en galego. Participan alumnos, exalumnos, profesores e colaboradores. Escoitaremos clásicos como "Negra sombra", "Unha noite na eira do trigo", "Lela", "O pirimpimpín", "Quen puidera namorala"... Vémonos alí.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades no Centro - Publicado o 13-05-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
40ª EDICIÓN DOS XOGOS FLORAIS
Este xoves, 7 de maio, ás 20.30 horas terá lugar no Teatro Principal de Ourense a 40ª edición dos Xogos Florais.
Comentarios (3) - Categoría: Actividades no Centro - Publicado o 04-05-2009 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal