Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Fundación Manuel María únese as peticións para alongar o ano Carvalho Calero até 2021
"Consideramos que tal medida, sen ocasionar prexuízos a ninguén,
resultará beneficiosa para a extensión da cultura galega, o afianzamento
do conxunto do seu tecido cultural e suporá un tratamento xusto para a
figura de Carvalho Calero", salientan nun comunicado.
A fundación que lembra a figura do escritor lucense solicita que a
Academia "teña a ben tomar en consideración esta demanda" que, ao seu
entender, "representa o sentir amplamente maioritario do pobo galego".
Neste sentido, explica que "tan só con esta medida" se pode lograr que as
diferentes entidades culturais poidan despregar as actividades
programadas que non se puideron realizar pola crise do coronavirus.
Ademais, entenden que servirá para que as editoriais poidan levar ás
librarías, e facer difusión normal, as publicacións xa realizadas ou
programadas e para que as compañías de teatro representen as súas
obras.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2020 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
O baño de Bansky, o seu lenzo en corentena
Unhas ratas xogando cos elementos do seu cuarto de baño conforman a súa nova obra
O artista urbano Bansky mostrou este mércores unha nova creación no interior da súa casa, concretamente no baño, #ante a situación de confinamento obrigatorio debido á pandemia do coronavirus.
"A miña esposa odia cando traballo en casa", chanceou o artista británico na súa conta de Instagram e na súa páxina web para mostrar a súa última creación, protagonizada por unhas ratas que xogan cos elementos do seu cuarto de baño.
Laura Paz, 2°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2020 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Aumentan os afectados
Comunidade galega conta xa con 204.557 traballadores afectados por 33.979 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego, segundo os datos da Consellería de Economía deste venres.
Desta maneira, rexistrouse un incremento do 0,52% no número de afectados os expedientes, mentres que estes últimos creceron un 0,83% desde o xoves.
En canto ás cifras de cada provincia, na Coruña son 61.511 afectados (+503 respecto ao xoves) por 13.129 ERTE; en Pontevedra 73.311 (+314) por 11.853 ERTE. As que menos afectados novos contabilizaron son Ourense con 16.666 (+113) e Lugo cun total de 14.311 (+76), que están afectadas por 4.046 e 3.978 ERTE, respectivamente.
A nivel autonómico, hai 17.428 afectados en 973 expedientes.
Demetrio Justo 2°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2020 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Máis do 90% da poboación mantense na casa segundo os datos recollidos polas operadoras para o estudo do INE.
A finais de marzo coñecimos que o Goberno, a través dos datos facilitados polar operadoras telefónicas, ía a analizar o movemento dos cidadáns. Agora, a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial xunto o Instituto Nacional de Estatística, publicaron o seu estudo de mobilidade ‘DataCOVID’, onde se analiza tendencias de movementos dos cidadáns españois durante o estado de alarma.
Segundo o INE, máis do 85% dos españois permaneceu na súa zona de residencia, unha cifra que supera o 90% durante a vixencia do permiso retribuído destas últimas semanas. Estes resultados, que poden consultarse por municipios e barrios, mostran como as restricións na mobilidade foron cumpridas, pero tamén servirán o goberno para as distintas tomas de decisións relacionadas coa pandemia.
Estes datos analizados polo INE foron postos a disposición das comunidades autónomas e 11 delas xa están facendo uso destes datos. Isto permitiu que se creen páxinas webs con gráficos e datos de mobilidade de territorios como Valencia. Así mesmo, o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana publicou tamén unha ferramenta para visualizar como están a ser as viaxes e os traxectos.
O estudo completo cos datos pódense consultar na páxina web oficial do INE. Alí poderemos consultar día a día a porcentaxe de cidadáns que saíron das súas zonas residenciais. Cumpre lembrar que estamos ante datos agregados e anonimizados e polo tanto non significa que non saíran de casa, senón de zonas máis amplas, coo barrios. En total, España dividiuse en 3200 áreas de mobilidade logrando unha obtención de datos idéntica o que se utilizou o pasado mes de novembro.
Trátase dun estudo equivalente aos presentados por Apple e Google a semana pasada, cunhas cifras que na maioría de días mostran como máis do 90% da poboación está cumprindo as restricións á mobilidade.
Os datos do informe mostran que en días puntuais como o 22 de marzo ou o 5 de abril chegouse a baixar do 6%. Datos considerables se os comparamos co pasado mes de novembro, onde se rexistraba cifras cercanas ó 30%.
‘‘Os resultados permiten coñecer se, tras a entrada en vigor das medidas de contención do virus, aumentan ou diminúen os movementos da poboación entre territorios, se hai áreas cunha maior aglomeración ou afluencia ou se hai zonas cunha alta concentración de poboación en relación ca súa capacidade sanitaria’’, explican os responsables deste proxecto.
Para obter este informe, o INE utilizou os datos de posición en máis do 80% dos teléfonos móbiles en toda España, grazas a estreita colaboración cos tres principais operadores: Orange, Telefónica e Vodafone. Estes operadores utilizan as mesma áreas, polo que os datos son agregables.
A análise comeza a recolectar os datos de mobilidade a partir do pasado 16 de marzo. En total, 3200 áreas que se agrupan en poboacións de entre 5.000 e 50.000 habitantes. Por exemplo, en Madrid, a cidade divídese en 150 áreas distintas mentres que en poboacións rurais a zona elixida abarca distintos municipios.
Segundo describe o INE, os operadores calculan para cada teléfono o área de destino, como o área mais frecuente onde se detecta o teléfono durante o período de 10 a 16 horas do día, sempre e cando estivera cando menos dúas horas. Un área que pode ser a mesma, ir cambiando ou incluso non ter ningunha se o teléfono está apagado. O final do día obsérvase o número total de teléfonos que hai en cada zona para estimar o fluxo de poboación.
Na páxina web do INE podemos acceder o estudo de mobilidade de poboación, onde obtemos datos cada dous días. Os últimos dispoñibles fan referencia á semana pasada e pódese acceder a ‘‘como se despraza a poboación que sae da súa área de residencia’’ e ‘‘de onde ven a poboación que se encontra en cada área de destino’’.
Como veremos na maioría de municipios, a poboación que se mantén no seu domicilio é habitualmente superior o 90% mentres que a porcentaxe de cidadáns que saíron sitúase por baixo do 10%. Pulsando en cada área poderemos observar con liñas verdes cales foron os municipios cercanos hacia os que se desviou a poboación.
David Santeiro 2°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2020 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
O GPS dos vikingos
Os viaxeiros da antigüidade por excelencia foron os viquingos, abandonaron os fiordos noruegueses e aventuráronse en augas ignotas a mercé dos elementos. Ao principio conformáronse con explorar Islandia, Groenlandia e chegar ata as illas británicas. Non deixa de sorprendernos como é posible que puidesen orientarse nas súas viaxes marítimas e non perderse no medio da mar océana. Non hai que esquecer que no Atlántico Norte as nubes e as néboas son moi frecuentes, o cal dificultaría enormemente o camiño de retorno.
Aos poucos os viquingos confiaron máis e máis nos seus precarios « GPS» e empezaron a realizar incursións nas costas francesas, a cornixa cantábrica e mesmo se atreveron con razias en Sevilla e Sicilia. Non coñecían o compás magnético –foi inventado no século XIII– e durante os meses de verán, cunha luz constante no Atlántico Norte, era imposible establecer un roteiro de viaxe baseada nas estrelas. Entón, como o facían?
As lendas nórdicas fálannos dun curioso artefacto chamado solarsteinn –pedra solar– que lles permitía orientarse durante os días nubrados e mesmo de noite. As sagas cóntannos, ademais, que mentres navegaban os mariñeiros sostiñan as pedras proxectándoas cara ao ceo e facéndoas virar.
Durante moito tempo non se tivo constancia da existencia destas curiosas pedras, quizais todo era unha metáfora. Con todo, hai non moito tempo un grupo de científicos da Universidade de Rennes (Francia) atoparon entre os restos dun barco naufragado no século XVI –o Elizabethan– unha pedra transparente de calcita, coñecida como “ espato de Islandia”.
Ricardo Ferreiro de Aguiar Nº11 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2020 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasou cos outros brotes de coronavirus no pasado
O coronavirus é un tipo de virus ARN que pertence á familia Coronaviridae. Hai catro tipos de xénero dentro desta familia: alfa, beta, camma e delta. Os dous primeiros poden afectar o corpo humano. A sociedade descoñecía este virus hai uns meses, pero agora a situación cambiou. O número de infeccións acompañadas do número de mortes fixo que todo o mundo estivese interesado neste virus.
Os Alphacoronavirus están asociados ao arrefriado común que aparece en varias épocas do ano. Mentres tanto, os beta-coronavirus causan enfermidades respiratorias como SARS-COV ou COVID-19. Este tipo de brotes de coronavirus xa apareceron no pasado.
Brote de 2003 (SARS-VOC)
En China, o brote SARS-Cov detectouse a finais de 2002, pero o impacto chegou en 2003. Máis de 30 países foron afectados por este virus cun total de 8.098 infeccións e 774 mortes. Cifras moi baixas en comparación co coronavirus que existe agora. A síndrome respiratoria aguda severa afectou aos países asiáticos cun 83% dos casos, aínda que se estendeu a Europa e América do Norte. O virus xerouse en animais, esta vez en gatos, e estendeuse aos humanos. Desde 2004, non se rexistraron novos casos deste virus.
Brote de 2012 (MERS-VOC)
A zona de Oriente Medio sufriu o brote identificado como MERS-VOC en 2012. A síndrome respiratoria descubriuse nun paciente de 60 anos e máis tarde en máis de 27 países, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). España non tivo ningún contaxio deste virus, pero países como Francia e Italia víronse afectados. Os síntomas deste virus son: febre, insuficiencia respiratoria e tose. O 30% dos pacientes infectados morreron por virus. O virus xurdiu de dromedarios en Oriente Medio, sendo a zona máis afectada.
Adrián Osorio 2°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2020 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xesto emotivo duns sanitarios
Dos peores transos sempre se pode sacar algo positivo. A pandemia do coronavirus está a deixar algunhas imaxes de xenerosidade e solidariedade que axudan a soportar estes días de confinamento e a ver a luz ao final do túnel. A última destas escenas ten como protagonista a un taxista.

Os traballadores do centro de saúde Ramón e Cajal de Madrid déronlle unha enorme sorpresa este sábado a un taxista que traslada de forma gratuíta e desinteresada a pacientes que o necesitan desde o seu domicilio ao centro médico e á inversa. Como fan habitualmente, desde o centro telefonaron ao taxista para pedirlle que acudise a trasladar un paciente, e o condutor acudiu sen falta á cita.

O que non esperaba o chofer era que os sanitarios lle estivesen esperando no vestíbulo en dúas filas para recibirlle cun emotivo aplauso. O home quedou abraiado na porta antes de romper a chorar pola emoción, como se pode apreciar no vídeo difundido polas redes sociais.

Os traballadores, ademais, obsequiárono cun sobre con diñeiro e unha dedicatoria, ademais doutra sorpresa: "Regalámosche a proba do covid, que che saíu negativa", dio un dos sanitarios.
Rodrigo Míguez 2°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2020 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Unha mala película de ciencia ficción
Boas amigXs.

Resulta imposible saber canto tardaremos en gozar doutra fin de semana como a do 7 e 8 de marzo, a última antes do estado de alarma polo coronavirus.

As manifestacións, os enxames fronte aos estadios de fútbol, os bares a rebordar…. Algunhas cousas non van volver, da mesma maneira que desde hai anos é imposible subirse a un avión sen pasar polos controis de explosivos. Pero, que nos espera cando acabe o confinamento? Boa pregunta, pero nin sequera se poñen de acordo e saben responder aqueles que terán que definir as novas normas de convivencia para os próximos meses. No que si están de acordo é que a batalla contra o COVID-19 non finalizará co levantamento do estado de alarma. O COVID-19 veu para quedar e teremos que aprender a convivir con el e coas medidas de prevención que teremos asumidas como parte da nosa vida.

As cousas non van volver á suposta normalidade dentro dunhas semanas, nin sequera uns meses. Algunhas, de feito, nunca o farán. Xa están a falar das posibles medidas que se tomarán, coma se dunha película de ciencia ficción se tratase: iremos ver unha película en cinemas con butacas separadas por un metro de distancia, ximnasios onde se reserven as máquinas, compañías aéreas que che pedirán os datos de xeolocalización antes de embarcar, edificios públicos e medios de transporte que len a túa temperatura corporal e o teu historial médico ou discotecas onde te obrigan a ser inmune ou estar vacinado antes de entrar... Todas estas medidas converteranse no pan o noso de cada día. Mesmo falan dun carné para identificar as persoas inmunes ao virus e darlles un grao de liberdade distinto do resto. Con todo, os expertos dan por feito que estas medidas non serán suficientes e cren que confinamentos, parciais ou totais, terán que volver xa que son a solución máis efectiva en tanto non teñamos unha vacina efectiva.

Coma se dunha película futurista se tratase, unha desas películas na que a sociedade se divide nos ricos, que viven na cidade, en rañaceos con toda a tecnoloxía, coches futuristas… que serían os inmunes; e os suburbios, os pobres, os abandonados, os “ apestados” que serían aqueles que se poden contaxiar e mesmo os máis vulnerables. Así, algúns científicos pensan que a sociedade se dividirá previsiblemente en grupos. Nun extremo estarán os inmunes, que poderán gozar de case total liberdade. No oposto, as poboacións de máis risco, sometidas a restricións de illamento.

O sistema sanitario terá que adaptarse e transformarse. En moitos países xa se fala de abrir centros médicos nos que se trate exclusivamente a pacientes contaxiados con Covid-19.

Unha esperanza nos queda; do mesmo xeito que na maioría dos casos de coronavirus circulantes, estes vólvense estacionais. A experiencia di que algúns dos virus actuais que hoxe son perfectamente controlables, no seu día foron letais. Podemos lembrar que o virus da gripe de 1918 matou entre 40 e 50 millóns de persoas.

O impacto que todos estes cambios terán sobre a nosa forma de vida é imposible de predicir. O que está claro é que esta crise modificará a forma que temos de socializarnos. Aos latinos, a nós españois, gústanos moito tocarnos e abrazarnos e imos ter que afacernos a nos tocar menos.

Sorte daqueles que somos “xarotos”.
Seguimos e coidarse! Ata a semana vindeira.


Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2020 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
A LENDA DO URCO
O Urco era un animal fantástico, especie de can negro, de grandes proporcións, con cornos e orellas grandes, cuxa presencia preto de alguén era presaxio de que algo malo ía acontecer. Segundo a mitoloxía popular habitaba nas beiras do río Lérez, nunha paraxe tenebroso chamado en galego” borrón”.
A lenda do Urco deu orixe nos anos 1877 e 1878 á celebración das festas do Entroido en Honra do fatídico monstro. A súa presenza só é delatada polo inconfundible do seu aullido. Un aullido forte, coma o dunha besta ferida, que ao ser escoitado, xea o sangue e estremece o corpo da máis valente e ousada persoa, contaxiándoa dun ataque de pavor sen precedentes, coma se atravesásenlle o peito cun coitelo de enormes dimensións…
Hai que opina que esta lenda e semellante a que existe en Asturias , alí a figura chamábase Huerco e era a sombra do futuro morto que o avisa de que a tumba estaba preto. Para outros ten relación coa figura do Chupa Cabras dos países suramericanos. Pero en realidade ninguén sabe exactamente a antigüidade dese ser e de si realmente algunha vez existiu.
Nos tempos actuais, o Urco, é difícil de ver xa que as aldeas van quedando baleiras e a xente amontóase nas cidades. Pero moitos seguen asegurando que o Urco aínda existe, e na actualidade vive nas beiras de ríos e preto do mar, sempre buscando lugares escondidos entre as rocas e desde onde poder lanzar un ataque practicamente sen ser vistos. Por iso. esta historia do Urco, como tantas lendas locais en Galicia, foise transmitindo de xeración en xeración, e aínda os mozos de hoxe en día lembran entre pesadelos a figura do can, aínda que xa non a utilicen para amedrentar ás novas xeracións.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2020 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Superar tabús
Entrou nun concurso de ópera antes de aprender a cantala. A soprano Vuvu Mpofu creceu rodeada de música en Whittlesea, unha pequena cidade semi-rural en Xhosa Sudáfrica. Cantou nos coros da escola e da igrexa, pero cando escoitou por primeira vez unha aria aos 15 anos, namorouse. "Esa melodía, esa linguaxe estraña, ese son... fascinoume", di Mpofu, agora recoñecida e multi-premiada soprano.

Mpofu ten agora 29 anos, un prestixioso premio John Christie e unha carreira tan intensa como o seu profundo amor pola ópera. O emerxente talento que xurdiu das chairas sudafricanas e inspirouse en Leontyne Price, Kathleen Battle e os grandes cantantes negros da industria da ópera chegou sen pretensión ao Covent Garden.

Cidade do Cabo foi o lugar onde a súa paixón se converteu nunha carreira e onde a ópera foi deseñada como unha oportunidade para gañarse a vida. Ninguén da súa familia a entendeu nin a celebrou cando lles dixo que quería facelo. "De onde veño, tes que apoiar á familia, tes que asegurarte de ter unha carreira lucrativa" e non crían que se puidese vivir da ópera. "Nin sequera sabían o que era!"

A historia e as lagoas de Sudáfrica pareceron participar no seu día a día cando Mpofu foi aceptada no Instituto de Música de Sudáfrica (SAMC) na Universidade de Cidade do Cabo. Os que estaban "ben preparados" procedían de colexios privados, foran mellor formados en música e eran tecnicamente moito mellores: eran brancos. "Pero nós que procediamos doutros contextos tiñamos o talento". Non foi fácil para Mpofu e os compañeiros negros que viñan doutras esferas. Pero co seu optimismo e responsabilidade asegura "que estar xuntos fíxonos superar todas as dificultades". Apoiáronse e animáronse mutuamente e grazas a iso cortaron a distancia técnica que a historia tiña trazado.


Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2020 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal