Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O avión máis grande do mundo realizou o seu primeiro traxecto hoxe
O sábado o primeiro avión do Stratolaunch, o avión máis grande do mundo despegou do deserto de Mojave en California e voou dúas horas e media antes de volver ao seu punto de partida. Stratolaunch, un proxecto fundado por un dos fundadores de Microsoft, Paul Allen, estivo en desenvolvemento hai oito anos. O voo exitoso podería cambiar o papel das aeronaves no futuro.

Para lanzar un foguete ao espazo, o Stratolaunch lévao á estratosfera a unha altura de aproximadamente 10.600 metros. A partir de aí, o piloto de foguetes lanza o foguete e o avión regresa a Mojave. Despois de instalar o satélite no espazo, o foguete volve á Terra, e quéimase no ceo.

O Stratolaunch ten seis motores Pratt & Whitney e 28 rodas e elementos deseñados orixinalmente para os Boeing 747. Está fabricado principalmente con fibra de carbono para asegurarse de que é forte e lixeiro. Aínda que o avión é o máis grande do mundo segundo o seu tamaño (117 metros), hai outras aeronaves que son máis grandes en termos de lonxitude.

Entre outros detalles, o avión pesa máis de 200.000 quilos. De feito, é tan grande que ten dúas cabinas piloto, aínda que só un é usado para voar o avión.

Stratolaunch non publicou o custo do avión e non está claro o futuro da compañía. Segundo a CNN, Allen, falecido en 2018, deixou diñeiro para a compañía antes da súa morte o ano pasado. Non obstante, a empresa non deu detalles sobre cando faría máis lanzamentos. Tamén necesitaría unha certificación da Federal Aviation Administration dos Estados Unidos (FAA) antes de poder lanzar foguetes e satélites ao espazo.

A compañía informou de que o avión conseguiu alcanzar unha velocidade de 304 quilómetros por hora e unha altura de 5.181 metros durante o seu voo.

Non obstante, a empresa Stratolaunch non está exenta de competencia, que inclúe ao multimillonario Richard Branson, fundador da compañía Virgin Orbit.

A empresa Branson tamén ten como obxectivo ofrecer servizos de lanzamento para satélites e está a tentar probar un Boeing 747 modificado ao longo do ano. O Boeing modificado de Branson tamén foi creado para levar foguetes con satélites ao espazo
David Santeiro
1° Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2019 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
A MODA “ANTIVACINAS” PROVOCA EPIDEMIAS DE SARAMPIÓN
Cada ano, as vacinas evitan o falecemento de millóns de persoas, logrando que o número de nenos que morren anualmente por enfermidades infecciosas como sarampelo, difteria, meninxites... reduciuse moitísimo conseguindo erradicar algunha delas. De non existir as vacinas sería tecnicamente imposible previr moitas das mortes por gripe, neumococos, rotavirus, rabia, cólera, tifus, meninxite ...
Se a maioría da poboación non estivese vacinada, os microbios teríano moi fácil para propagarse. Pero a moda antivacinación de certos grupos sociais é o verdadeiro perigo porque os virus e as bacterias, que xa perderamos de vista, poden volver cruzar as nosas fronteiras, propagarse e alcanzar ás persoas desprotexidas, con consecuencias fatais.
O perfil das persoas que non se vacinan pode ser moi variado , desde os que simplemente descoidan a súa saúde, aos que por falta de información teñen unha visión equivocada dos riscos e os beneficios das vacinas. A sociedade ten que pensar que poñer ou non vacúas non é unha cuestión de fe senón de ciencia e que hai unha base médica con datos reais do seu papel positivo na erradicación e prevención de enfermidades e polo tanto do número de mortes.
Aínda así estes días o estado de Nova York, tivo que declarar o estado de emerxencia de saúde pública pola epidemia de sarampelo na cidade. Unha enfermidade que levaba erradicada oficialmente desde o ano 2000 volveu a instalarse na cidade tras traer o patóxeno un home que que viaxara a Israel e non está vacinado; A gravidade é tan alta, que o alcalde de Nova York declarou que o departamento de sanidade emitirá multas a todos aqueles que sigan sen vacinarse e mesmo se fai falta prohibirá o ingreso aos centros escolares aos alumnos que non teñan as vacinas obrigatorias.
Todos estes feitos, fan pensar que a concienciación da sociedade, mediante a información obxectiva e científica, debe ser a base para conseguir eliminar as enfermidades infecciosas para as que xa existen vacinas. Só desta forma, podemos protexer non só aos que se vacinan, senón tamén a todas aquelas persoas que por cuestións médicas ou por que son aínda moi pequenas non o están.

Jaime Eiriz Castro
1º Bach A (nº10)
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2019 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Os revolucionarios “xefes” das rúas...
Como ben teredes experimentado, atopámonos ante unha nova e revolucionaria xeración de “medios de transporte”. A bicicleta, o “skate” son xa parte do recordo; agora deixan paso a novas versión, melloradas, máis modernas, acordas á nosa era dixital. Si, en efecto. Estou falando desta nova corrente do “fast-wheel”, “e-bike”, “seg-way”… ou dito doutra maneira, o que todos os españois coñecemos e reducimos á denominación de “patinete eléctrico”. Para que diferenciar!
Pero, ben é certo que, a pesar do moito que nos gusta presumir de modernos, o novo asusta e, como non podía ser doutra forma, xorde a discusión entre os que seguen e os que opositan contra ditos medio tecnolóxicos. Sen embargo, parece que o escaso tempo de proba do patinete eléctrico xa nos deixou mostras suficientes para acercarnos a unha conclusión de certa validez, sen especulacións.
Ninguén podería negar que no campo da loita contra o cambio climático estes novos vehículos motorizados supoñen a alternativa máis ECO; se ben poderiamos destacar que nos seus inicios o seu obxectivo era precisamente este mesmo: crear un medio de transporte libre de emisións de CO2 pero que á vez cumprise as funcións propias dun automóbil en cidade. Tendo en conta este aspecto y engadindo ademais factores tan importantes como a comodidade, versatilidade y prezo asequible do produto, podería converterse, ó menos en aparencia, nun invento “apetecible” a ollos do consumidor. Tanto é así que unicamente neste último ano temos superado todas as expectativas marcadas: tras finalizar a “Semana Europea de la Movilidad” a demanda destes novos artiluxios triplicouse, chegando mesmo a alcanzar cifras tales como o 331% de dispositivos solicitados.
Ata o momento, todo parecen vantaxes; comodidade, eficacia, rapidez, solvencia... o que necesitamos no noso día a día; sen embargo, no é todo como nolo pintan (E menos ese ó que chaman xigante comercial!) pois todo invento que se aprecie e provoque un impacto na poboación, traerá consigo a controversia.
Desde o meu punto de vista, parte do problema vén dado polo mesmo de sempre. Non nos gusta mirar máis alá e centrámonos única e exclusivamente naquilo no que a nosa vista pode chegar, e se é cunha simple “olladiña” mellor. Quedámonos coa cáscara, coa pompa, co externo, e é agora cando, testemuñas presenciais, empezamos a darnos de conta das secuelas. Primeiro, atopámonos coa problemática do gran baleiro legal que hai con respecto destes vehículos. Normas de circulación, impostos, seguro... todo; en trámite. Non obstante, non é este aspecto o que máis me preocupa. Teño que recoñecer que o motivo principal polo que escollín este tema é o seguinte; e reproduzo textualmente:
“El boom del patinete eléctrico pone en peligro la cuota mínima de actividad física diaria”
Perfecto. Non hai máis que engadir.
Nunha sociedade que xa no ano 2016 contaba con máis de 1900 millóns de adultos con sobrepeso y máis de 650 obesos, aparece un novo medio para contribuír aínda máis a este “sedentarismo en auxe”. É evidente, a sociedade estase estancando nunha marca de actividade física nula o que antes camiñabamos, aínda que só fose do supermercado á casa, agora recorrémolo en “patinete eléctrico”, sen mover un pé. A todo isto, debemos sumarlle aínda por enriba, a constante “dixitalización” do traballo, que nos obriga a pasar demasiadas horas sentados nunha cadeira diante dun ordenador.
Resumindo e para evitar excederme demasiado, concluirei dicindo que a nosa sociedade vai encamiñada a un futuro moi escuro. É así. Xa na actualidade podemos ser testemuñas do cambio radical que está experimentando a humanidade como especie: estilo de vida sedentario, malos hábitos, ausencia total de actividade física... un feito ao que contribúe a invención destes innovadores vehículos que anteriormente vos citei; os cales, (nun uso excesivo, coma todo) conseguen facer a vida das persoas máis cómoda, pero no mal sentido da palabra.
E con isto remato por esta semana. Espero non tervos aburrido moito coa miña reflexión. Poderiamos dicir que tiña o día inspirado... Ata a vindeira!




Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8




Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os arxelinos manteñen a presión nas rúas para tratar de conseguir un cambio de réxime
Unha das numerosas pancartas da manifestación contra o o que queda do réxime de Abdelaziz Buteflika
“Dixemos todos e é todos”. A pancarta exposta o pasado venres cinco de abril na Plaza de Audin de Arxel, deixábao claro. Tras a morte do ex presidente Abdelaziz Buteflika, os arxelinos seguen na rúa para esixir o rexeitamento de todo posible réxime. No primeiro venres de protestas da era post Buteflika, decenas de miles de persoas abarrotaron as rúas da capital arxelina e das principais cidades do país, para volver a demandar un “cambio radical”.

A cabeza do que foi o presidente de Arxelia durante vinte anos caeu o pasado martes. Pero os arxelinos non saíron o pasado venres as rúas para celebrar a súa marcha. Non hai nada que festexar posto que o réxime todavía segue en pé. Esixen unha folla de ruta na que non este presente ningunha figura do clan que acompañou a Butekalifa en todo este tempo.

“Fora todo o sistema” coreaban, segundo redactou o diario “El Watan”. Sen Butekalifa, o sucesor ao poder e o presidente interino, Abdelkader Bensalah. Dentro do Goberno da nación Arxelina destacan nomes nomes clave do que queda do réxime de Abdelaziz Buteflika, como o de Tayeb Belaiz, presidente do Consello Constitucional, Nuredin Bedui, primeiro ministro designado por Buteflika antes da súa dimisión ou Muad Buchareb, presidente do Parlamento. O pobo chámaos, con ironía, «as 4B».

O pasado venres, as “4B” estiveron en boca de todas as consignas e foron o branco de todas as pancartas.

Dende que se desatou a oleada de protestas o 22 de febreiro, os manifestantes sempre quixeron rematar co opresor poder establecido arredor dos homes do FLN (ex partido único que goberna ininterrompidamente dende o 1962) e o exercito. Unha rede consolidada co fío da lexitimidade consagrada dos participantes na guerra contra a colonización francesa. Os coñecidos como “muyahidin” acapararon ata a actualidade o poder político e económico de forma excluiente.


Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
O auxe científico en China
Con diñeiro para a ciencia, para cambiar o seu crecemento económico, China converteuse nun paraíso para os investigadores non só nacionais, senón tamén estranxeiros. Grazas a este auxe científico de China, hai un 30 por cento máis de laboratorios no mundo, o que está a permitir que moitos investigadores estranxeiros leven a cabo os experimentos que non poden realizar nos seus países por falta de orzamento.
Entre eles figuran algúns científicos españois que, tras formarse en Estados Unidos, acabaron en China porque, segundo din, «Este é o mellor lugar para abrir agora un laboratorio e o nivel dalgunhas universidades é dos máis altos do mundo». Aínda que aseguran que nos laboratorios chineses hai controis tan estritos como nos estadounidenses, sobre todo nos de investigación xenética, nos últimos tempos escapáronse do radar algúns experimentos moralmente cuestionables.

É o caso da manipulación xenética que, en segredo e violando a lei chinesa, o doutor Hei Jiankui levou a cabo o ano pasado en dúas xemelgas para facelas inmunes á sida. O anuncio destes primeiros bebés modificados xeneticamente desatou un escándalo mundial que danou aínda máis a maltreita reputación da ciencia chinesa. «Aos occidentais horripílanos a posibilidade da manipulación xenética e a creación de bebés de deseño porque pensamos en ˝Un mundo feliz˝, Hitler, Stalin e un Estado totalitario creando un Exército de clons. Pero aos chineses, xaponeses e coreanos non lles parece unha barreira moral infranqueable porque non pensan niso, senón en que o seu fillo vai ter mellores notas ou vai ser máis guapo e vaise a casar máis facilmente», explicaba en decembro a ABC José Pastor, biólogo español.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
A Audiencia Nacional decide continuar o proceso sobre a prórroga de Ence
ENCE poderá defender nos tribunais a continuidade da súa actividade en Pontevedra. A Audiencia Nacional acepta seguir adiante co proceso xudicial a pesar de que o Goberno se desentendera da defensa da concesión que aprobara o executivo anterior. Os responsables da factoría cren que é unha boa noticia, aínda que lamentan que a decisión do Goberno fai que a súa posición sexa menos sólida.
A loita xudicial entre o Concello de Pontevedra e a factoría de celulosa de ENCE non escribiu o seu último capítulo. A pesar de que o Goberno renunciara a defender a ampliación da concesión aprobada polo executivo anterior, a Audiencia Nacional está disposta a escoitar as partes en litixio. Deulles prazo tanto á multinacional como ao seu comité de empresa para que contesten á demanda que no seu día presentou o concello. A decisión supón un respiro para a empresa que temía que os xuíces arquivaran o caso tras a marcha atrás do Goberno. Con todo, lamentan que a súa posición sexa menos sólida que hai uns meses porque xa non contan coa defensa da Administración xeral do Estado. O Goberno de Mariano Rajoy decidiu en 2016 prorrogar o permiso para que ENCE siga fabricando celulosa á beira da ría ata o 2073, unha pretensión contra a que o Concello presentou a demanda actual.



Rodrigo Míguez Fernández
1º BACH B/Nº 3

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello de Ministros autoriza a licitación das obras da ligazón Orbital de Santiago por case 20,8 millóns
O Consello de Ministros autorizou este venres ao Ministerio de Fomento a licitar o contrato de obras da nova ligazón Orbital de Santiago de Compostela entre a AP-9 coa Autovía de Lugo A-54 e o aeroporto de Lavacolla, por un valor estimado de 20,8 millóns de euros.

O obxectivo, tal como indicou Fomento nun comunicado, é definir unha nova conexión da Autoestrada do Atlántico coa Autovía A-54, o aeroporto e os polígonos industriais e comerciais Tambre e Costa Vella situados ao norte da capital galega.

"As obras consistirán na construción dunha nova ligazón da AP-9, resolto mediante unha glorieta superior sobre o tronco da autoestrada e catro novos ramais", explicou o Goberno, quen indicou que a ligazón Orbital conectarase de forma "directa" mediante un novo viario con sección de autovía de 800 metros de lonxitude, coa actual ligazón de San Marcos da A-54.
Así mesmo, executarase un novo carril de trenzado entre os vehículos que se incorporan sentido A Coruña ao tronco, desde a ligazón de Santiago Norte, cos vehículos que saen desde a AP-9 cara á ligazón Orbital.

"Esta nova ligazón permitirá desconxestionar tráficos da actual ligazón de Santiago Norte da AP-9 en horas punta, onde conflúen tanto os tráficos que se dirixen cara ao centro cidade como os xerados polos polígonos industriais antes citados. Desta forma, os tráficos cara aos polígonos pasarán a encamiñarse preferentemente a través da nova ligazón Orbital", destacou Fomento.

Ademais, a nova ligazón Orbital completará as conexións entre a autoestrada e o aeroporto internacional de Lavacolla.


Neste sentido, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, valorou como unha "boa noticia" a luz verde que deu este venres o Consello de Ministros para o comezo da licitación das obras da ligazón Orbital.
Así, Noriega asegurou en rolda de prensa que "é positivo" que se inicie a licitación dun proxecto no cal "se traballou moito", aínda que evitou facer valoracións sobre o "contexto" no que se produce este anuncio, debido ao arranque da campaña electoral.

Ademais, sinalou sentirse "contento" e lembrou que no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (OXE) presentado polo Goberno de Pedro Sánchez non se recollía esta actuación, "pero ao estar cos orzamentos prorrogados de 2018 si se pode facer, xa que estes si a recollían".

"Paréceme marabilloso. Estamos a falar dunha licitación dun Goberno do Partido Socialista, cuns orzamentos prorrogados do Partido Popular. Quen gaña é Santiago de Compostela", apostilou Noriega, tras o cal engadiu que tamén a Xunta de Galicia realizara unha petición para que esta licitación levase a cabo.

Pola súa banda, o candidato do Partido Popular á alcaldía de Compostela, Agustín Hernández, subliñou que esta autorización de licitación produciuse "grazas a unha tramitación iniciada polo Goberno de Mariano Rajoy, ao comezo das expropiacións fai máis dun ano, a unha iniciativa que o PP levou ao pleno do Concello esixindo ao Ministerio a licitación e grazas a que os OXE de 2019 non foron aprobados".

Segundo Hernández, "grazas a todo isto" o Consello de Ministros puido este venres autorizar a licitación do Orbital, polo que, ao seu xuízo, "hoxe é un gran día para o tecido empresarial, para a cidade e para Galicia".
"Cando tivemos noticias de que os OXE de 2019 non ían ser aprobados, levamos esta iniciativa ao pleno, xa que ao estar vixentes os OXE de 2018 estaba tamén vixente a cantidade destinada polo Goberno de Mariano Rajoy para esta actuación. É unha boa noticia e a partir de agora toca que se presenten as empresas, que comecen as obras e que se acaben canto antes", sentenciou Hernández, quen tamén denegou facer lecturas políticas sobre o momento no que se produciu este anuncio.



Ángela I. Baig 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
A prevención de incendios chega ao centro urbano de A Coruña
A Concellaría de Medio Ambiente puxo en marcha o plan municipal de prevención de incendios cos traballos de corte de maleza e vías e camiños de titularidade municipal. En concreto, as tarefas de limpeza s ejan iniciado na zona de Eirís, pero está previsto que ata o mes de setembro e en tres quendas diferentes leven a cabo nun total de 26 puntos da cidade.

O programa municipal ten como obxectivo manter controlado o crecemento da vexetación, eliminar posibles focos nos que se poidan iniciar lumes, ademais de favorecer tanto a visibilidade como o acceso en diferentes zonas urbanas e periurbanas.
Xunto ao programa de corte de maleza en camiños, o plan para a prevención de incendios inclúe ademais a limpeza de solares de propiedade municipal, así como a notificación aos propietarios de parcelas privadas, sobre as que o Concello non pode actuar, para que leven a cabo o seu mantemento.


Aitana Lanzós 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Atopan no Histórico Provincial de Ourense manuscritos dun colaborador de Alfonso X dos séculos XIII e XIV
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) garda na súa colección de pergameos un valioso manuscrito, recentemente identificado, da obra haxiográfica de Bernardo de Brihuega, estreito colaborador do rei Afonso X (1252-84). Trátase de dous fragmentos ?un bifolio e unha folla solta? en castelán das «Vidas y pasiones de los Apóstoles», datables a finais do século XIII ou comezos do XIV, que constitúen o testemuño máis antigo conservado desta obra, da que até agora só se coñecían algunhas copias tardías (desde segunda metade do XIV até comezos do XVI) en latín, castelán e portugués.

Os fragmentos en cuestión teñen o valor engadido de pertenceren a un códice haxiográfico moi coidado, seguramente de procedencia rexia, en que se copiaría a tradución castelá íntegra do libro II de Bernardo de Brihuega sobre a vida e as paixóns dos apóstolos. Neste caso, o contido conservado nos dous fragmentos correspóndese con varios capítulos da vida e paixón de Santo Tomás, San Marcos e San Andrés.

É moi relevante, ademais, que o bifolio fora reutilizado como capa dun libro de apeo dos bens do convento feminino de Santa Clara de Allariz, único mosteiro galego de fundación real, pois permite reconstruír o itinerario cultural do códice desde a corte castelá até o territorio galego e a súa eventual difusión ao reino portugués nas primeiras décadas do século XIV.

A colección haxiográfica de Bernardo de Brihuega, compilada baixo o mecenado do rei Sabio, estaba composta por cinco libros sobre a historia da Salvación e dos seus protagonistas a partir do Novo Testamento: a vida de Xesús e de Santa María (libro I), as vidas e paixóns dos apóstolos (libro II), as paixóns dos mártires (libro III), as vidas dos confesores (libro IV) e as vidas das virxes (libro V).


Alba Osorio 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-04-2019 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Polémica con tallas grandes
Con el post, que ha tenido miles de interacciones, la compañía “se comprometía a representar a mujeres hermosas de todas las formas, tamaños y tipos de piel”, escribió Gillete en Twitter después de que se desatara una ola de críticas. Co post, que tivo miles de interaccións, a compañía “comprometíase a representar a mulleres fermosas de todas as formas, tamaños e tipos de pel”, escribiu Gillete en Twitter despois de que se desatase una onda de críticas.

Camilo Blanco 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal