Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Non, o Everest non é a montaña máis alta do mundo
O Chimborazo tirou ao chan uno das grandes marcas mundiais, o da altura do Everest. Ata agora, a monumental montaña do Himalaya presumía, cos seus 8.848 metros sobre o nivel do mar, de ser a máis elevada do mundo. Pero un grupo de científicos franceses e ecuatorianos propuxéronse no principio do ano medir o punto máis afastado do centro da Terra. Sabían que as latitudes próximas á liña ecuatorial están máis afastadas do núcleo terrestre. Por iso trasladáronse a Ecuador . Colocaron no cume da súa montaña máis alta -6.268 metros sobre o nivel do mar- un sistema GPS. E os resultados desmontaron o mito. O Everest atópase a 6.382,605 quilómetros do centro da Terra. O punto máis alto do volcán ecuatoriano supéralle en dous quilómetros; sepáranlle do corazón do planeta 6.384,416 quilómetros.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-04-2016 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
O Edificio Tecnolóxico Aeroespacial abre coa oportunidade de "construír un novo sector"
O Edificio Tecnolóxico Aeroespacial foi inaugurado este venres en Nigrán (Pontevedra), constituíndo o segundo polo aeroespacial de Galicia, xunto ao centro de Rozas, que conxuntamente, segundo destacou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentan unha oportunidade para a comunidade galega de "construír un novo sector económico".

O acto de inauguración, que concluíu cun corte de fita innovador, ao cortar as fitas de numerosos globos, que ascenderon ata o teito, tivo lugar no mañá deste venres no Parque de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra) e contou con máis de 200 asistentes e a presenza de numerosas autoridades.

Feijóo subliñou que este edificio tecnolóxico, que acollerá un centro de innovación, un viveiro de empresas e a sede de novas empresas, será un espazo para impulsar o sector aeronáutico e aeroespacial e un punto de encontro para que traballen xuntos investigadores, tecnólogos, empresas, universidades e centros de coñecemento.





Ana Rodríguez Diz, 4°C.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-04-2016 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas para empatizar coa dura vida dos migrantes.

Ninguén está a salvo de ser emigrante ou refuxiado. Esta afirmación, así como pórse na pel das persoas que buscan asilo noutros países, son os piares do ciclo “A solidaridade como único horizonte”, que se celebra os días 8, 9 e 10 de abril no Centro Cultural Puerta de Toledo e no Centro Sociocultural Casino de la Reina. Malia a ondada de migracións que experimenta Europa, as reaccións á chegasa de persoas que escapan de conflitos, da pobreza ou outras adversidades rozan a indiferenza. Por iso, estas xornadas teñen o obxectivo de divulgar o tema, transmitirá coñecemento e inspirar empatía cara aos afectados.

Os organizadores do evento sentían a necesidade de contribuir de alguna maneira a suavizar o sufrimento dos refuxiados. “Estabamos indignados fronte a inoperatividade e a falta de sensibilidade dos políticos e as institucións”, afirma Daniel Marías, xeógrafo e profesor na Universidade Carlos III de Madrid, que creou o evento xunto coa xestora cultural Belén Punzón. “Por ter familia e traballos, non podemos deixar todo e axudar en Lesbos, por exemplo. Por iso pensamos no que podíamos facer no noso campo de acción, que é o da cultura e a educación.”

Os centros culturais elexidos ubícanse nos arredores de Lavapiés, o barrio máis multicultural da capital. Por esta zona está tamén a porta de Toledo, que ten o valor simbólico de ser una das entradas históricas a Madrid. “Vivimos nunha cidade cosmopolita e, sen esconder as dificultades que conleva o facer que a xente de culturas distintas se entendan, cremos que é posible e que temos que traballar nesa liña”, asegura o profesor.



Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-04-2016 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
«Temos moito medo. O menor díxonos que nos ían acoitelar vivos»
Un home de etnia xitana e o seu fillo de 16 anos sementaron o pánico nun bar da estación de autobuses de Xinzo cara ás dez e media da noite do mércores. Encañonaron cunha pistola ao dono do establecemento e a varios clientes, esnaquizaron diferentes elementos do local cunha porra e dispararon varios tiros ao aire no exterior do establecemento. Os dous foron detidos o xoves.

Todo comezou cando o pai, D. S. R., de 38 anos, un individuo de carácter violento e que no pasado protagonizou varios incidentes en locais da zona, entrou no bar Estación fumando un cigarro. Tras esixir con modos altivos que se lle servise un chupito, o camareiro indicoulle que non podía fumar dentro do local porque está prohibido pola normativa.

A agresividade do home -en evidente estado de embriaguez- pasou nese momento a maiores. Empezou a ameazar ao traballador dicindo que el facía o que lle daba a gana. No medio da disputa dialéctica, tirou un cigarro aceso ao camareiro e amagó con lanzarlle unha botella á cabeza.

Tras permanecer uns momentos no local, en actitude moi agresiva, abandonouno precipitadamente. Volveu ao cabo duns dez minutos co seu fillo, menor de idade. Entraron de novo no local e o menor, que portaba unha pistola, ameazou supostamente a varios clientes do bar e ao camareiro, apuntándolles no peito. Mentres, o seu pai, armado cunha maza golpeaba e esnaquizaba varias mesas, cristais e elementos do establecemento.

Tras intimidar coa pistola aos presentes, o menor saíu do local e supostamente disparou varias veces ao aire e ao rótulo do local. A Garda Civil achou alí un casquillo do calibre 6,35.

Unha das persoas ameazadas, que pediu manter o anonimato, asegurou: «Temos moito medo, non é para menos. O menor díxonos que nos ían a rajar vivos».

Os dous homes foron detidos pola Garda Civil de Xinzo e pasaron a disposición xudicial. Impútanselles cargos de tenencia ilícita de armas, ameazas e danos, polos que o adulto podería ser condenado ata a catro anos de prisión.

Algúns clientes do establecemento afirmaron que o presunto agresor xa protagonizara minutos antes outro incidente nun bar próximo, ao que non se lle permitiu a entrada debido o seu estado.

Un dos tiros, segundo estas fontes, rebotó nunha esquina do cartel anunciador do establecemento e pasou preto duns clientes que estaban a tomar unhas consumicións na terraza do outro local.

Durante a tarde noite, o individuo deambularía polas rúas do centro limiano en actitude ameazante cun bastón, golpeando diversos elementos do mobiliario público.

Tras realizar os disparos ao aire, pai e fillo fóronse tranquilamente a durmir á súa casa, situada a escasos metros da estación de autobuses de Xinzo. Foron detidos xa pasado o mediodía do xoves tras indagar a Garda Civil sobre o sucedido a noite anterior.




José Javier Nieto Blanco, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-04-2016 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Concentracións en Compostela, Vigo e A Coruña pedirán o domingo a liberdade de Andrés Bódalo.
A CUT convoca para este domingo tres concentracións nas cidades galegas de Santiago, vigo e Coruña para pedir a liberdade de Andrés Bódalo,sindicalista andaluz preso desde hai uns días, condenado por agredir un concelleiro. Para a CUT, Bódalo enfróntase a unha represión “ pola súa actividade sindical a prol das traballadoras e traballadores”.

“A caverna quere ver na quebra de liberdade deste compañeiros o funcionamento rigoroso do poder xudicial, mais todo ao contrario esta condena demostra a falta de independencia dos diferentes poderes e a utilización da institución xudicial ao servizo da corrección daquelas condutas ao seu ver reprochables, que son a defensa permanente dos intereses das obreiras e obreiros, cun compromiso activo e permanente”, afirma o sindicato galego.





Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-04-2016 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
WhatsApp protexerá todos os mensaxes dos intrusos.

Varios usuarios de WhatsApp atopáronse este martes cun aviso amarelo na xanela de conversación cos seus usuarios por parte do servizo de mensaxería. A compañía comprada por Facebook en 2014 comezará a aplicar por defecto encriptación de punto a punto.
Isto significa que as mensaxes que se envíen non poderán ser vistos por ninguén máis que o seu emisor e o seu receptor, nin sequera pola mesma compañía.
Esta iniciativa xorde deseguido do enfrontamento entre Apple e o Departamento de Xustiza de Estados Unidos. Este último solicitáballe á compañía de Cupertino que desbloquease o iPhone dun dos autores do tiroteo de San Bernardino, California, que tivo lugar a finais do ano pasado, co fin de atopar indicios dos motivos do atentado. Aínda que Apple negouse rotundamente a brindar acceso para preservar a privacidade de todos os usuarios, o FBI logrou desbloquear o teléfono sen a súa axuda grazas ao asesoramento dunha compañía israelí.
Así mesmo, WhatsApp cóbrese de posibles solicitudes desta índole por parte de calquera ente de goberno, debido a que eles non teñen ningún acceso ás mensaxes que se intercambian os usuarios.
A encriptación é un método de protección cibernética que cifra os datos para que soamente quen ten a chave poidan acceder a eles. É dicir, que se un ciberdelincuente tentase interceptar unha mensaxe de WhatsApp soamente verá unha serie de caracteres sen sentido. Quen posúe a chave para descifralo son quen o envía e quen o recibe.
WhatsApp comezara a traballar na encriptación total de punto a punto hai dous anos, cando comezou a ofrecer a protección soamente nas conversacións entre dous usuarios pero non nos grupos. Ademais, nese entón soamente se encriptaban as mensaxes con texto, pero as imaxes, os vídeos e os audios non.
Nun posteo de blogue anunciando esta nova actualización, WhatsApp enunciou: A idea é simple: cando envías unha mensaxe, a única persoa que o pode ler é a persoa ou grupo ao que se lle envía a mensaxe. Ninguén pode ver dentro desa mensaxe. Nin os cibercriminales. Nin os hackers. Nin os réximes opresivos. Nin sequera nós.
A axencia de noticias Reuters solicitou as opinións do Departamento de Xustiza estadounidense e do FBI, pero non obtivo resposta.




Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-04-2016 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
A irmá de Juan Carlos I, Messi ou Almodóvar, algúns dos implicados nunha gran rede de branqueo en Panamá
Pilar de Borbón, irmá do rei emérito Juan Carlos I, o futbolista Leo Messi, o director de cine español Pedro Almodóvar ou Micaela Domecq, esposa do exministro Arias Cañete, son só algúns dos nomes que aparecen no novo caso de corrupción destapado este domingo polo Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación e no que participan medios españois como La Sexta ou O Confidencial

A eles súmase unha longa lista na que aparece o nome de doce xefes de Estado, 128 políticos e 61 familiares ou socios próximos a líderes de todo o mundo. Os papeis de Panamá destapan o funcionamento do despacho panameño Mossack Fonseca, un dos principais en creación de sociedades opacas.

O nome de Pilar de Borbón non é o único que español que aparece na longa lista. Micaela Domecq Solís-Beaumont, esposa do exministro de Agricultura e actual comisario europeo Miguel Arias Cañete- tamén forma parte dos papeis de Panamá. Segundo o Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación, Domecq foi apoderada da sociedade panameña Rinconada Investments, unha compañía creada no ano 2005, xusto cando o seu marido era portavoz de Economía do PP na oposición. Segundo os papeis, esta sociedade está inactiva desde xaneiro do 2010.

Os papeis de Panamá tamén inclúen á estrela do FC Barcelona, Leo Messi, que xunto ao seu pai Jorge Horacio Messi, utilizaron un despacho uruguaio para facerse cunha sociedade panameña coa que terían facturado os seus dereitos de imaxe ás costas da Axencia Tributaria desde o 13 de xuño do 2013, un día despois de que se coñecese que o xogador evadira máis de catro millóns de euros entre o 2007 e o 2009.

Entre os implicados na rede aparecen máis personalidades vinculadas co mundo do fútbol. Michel Platini, presidente da UEFA, recorreu ao bufete Mossack Fonseca para administrar unha sociedade constituída en Panamá no ano 2007, xusto cando foi nomeado presidente do organismo deportivo.

Pola súa banda, o director de cine Pedro Almodóvar e o seu irmán e produtor Agustín Almodóvar foron apoderados, desde xuño de 1991, da sociedade Glen Valley Corporation rexistrada nas Illas Virxes Británicas, un territorio considerado en España como un paraíso fiscal. A firma mantívose activa desde o 22 de marzo de 1991 ata o 11 de novembro de 1994 e a súa tramitación xestionouse desde o despacho da firma panameña Mossack Fonseca en Xenebra (Suíza).

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 03-04-2016 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Os exames revelan que non hai "indicios criminais" na morte de Brais Bogo
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confirmou hoxe que as investigacións sobre a morte de Brais Bogo, cuxo corpo foi achado o martes no río Sar, ao seu paso polo barrio compostelano de Conxo, non mostran "indicio criminal" algún. Villanueva, consultado pola prensa tras participar nun almorzo informativo na capital galega, explicou que a autopsia "confirma morte por ahogamiento", en concreto "por inmersión", e cos datos que se coñecen "non hai nada que nos indique unha situación diferente".

"Polos datos que temos non foi unha morte violenta", constatou o delegado do Goberno que, en todo caso, sinalou que continúan as investigación. Villanueva sinalou que o corpo de Brais Bogo presenta unha "serie" de impactos pero que son consecuencia "de ser arrastrado polas augas, por golpes coas pedras ou ca vexetación" da canle. Reiterou que é "moi difícil" determinar si se caeu, tirou ou resbalou.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 03-04-2016 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia, vista polos autores de América Latina que a visitaron
O obrigado eran as crónicas de españois sobre América, a visión fascinada da metrópole sobre as salvaxes colonias. Isto non cambiou ata que o escritor arxentino Domingo Faustino Sarmiento visita España en 1846. Allende o Atlántico empezarán a xurdir figuras ilustradas que senten a necesidade de viaxar, coñecer e ofrecer o seu propio retrato sobre a nai patria. Madrid, Castela e Andalucía acaparan enseguida a atención do foráneo.

As pésimas comunicacións -máis inexistentes que deficientes- impiden o traslado inmediato deste fenómeno a Galicia. O traballo de José Esteban (Sigüenza, 1936) reúne os froitos da apertura da ruta galega xa entrado o século XX, e ata finais da década dos anos setenta. O investigador guadalaxareño preparou para o selo coruñés Edicións do Vento unha antoloxía que recolle unha heteroxénea colección de textos cuxo nexo común é a crónica que sobre esa experiencia da Galicia vivida entregan estes autores hispanoamericanos, cada un no seu particular grao de elaboración. Só inclúe Esteban unha excepción, a do poeta nicaraguano Rubén Darío, o único que non pisou chan galaico e cuxo texto é «unha acesa defensa de Emilia Pardo Bazán como escritora nun mundo de homes que a vilipendiaba polo só feito de ser muller», apunta Eduardo Riestra, responsable de Edicións do Vento, e que aceptou a proposta de Esteban porque o considera como «un dos maiores especialistas en literatura española da primeira metade do século XX».


Antía Corral, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-04-2016 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
A SERIEDADE DO CÓMIC ANTE A MOSTRA DO SEU VALOR CULTURAL
O Salón Internacional do Cómic de Granada cumpre 21 anos cunha revisión do seu formato para defender o papel cultural de historias gráficas e viñetas e achega ata o centro da cidade presentacións de exemplares, firmas de autores e demostracións, esta vez gratuítas.
O cómic non é só cousa de nenos e a súa evolución, que sumou aos cómics tradicionais as historias gráficas ou a influencia de estilos como o manga ou o anime, convertérono nunha expresión cultural que move no país preto de cen millóns de euros ao ano, segundo os datos do Ministerio de Cultura.
Para continuar escribindo esta historia e sumar viñetas e máis viñetas, edicións e edicións, o Salón Internacional do Cómic de Granada reinventouse para celebrar os seus vinte e un anos e achegar estes trazos e as historias enmarcadas nos seus bocadillos ao público xeral.
Esta iniciativa organizada pola Asociación Edicións Catavento, en colaboración co Instituto Andaluz da Mocidade (IAJ), a Deputación e o Concello de Granada, píntase seria e afástase do "frikismo" da súa primeira parte, algo máis lúdica e pintoresca
O director do Salón do Cómic, Alejandro Casasola, detallou que esta segunda parte ten trazos similares a unha feira do libro e, polo seu carácter gratuíto e a súa localización céntrica, servirá para consolidar a cita e achegar o cómic de toda a vida e as súas redefinicións a un novo público.
Na recentemente estreada deriva de poñerse serios, o Salón mantén os encontros entre autores e editores para ofrecer a debuxantes unha oportunidade laboral, a que perseguirán durante o fin de semana 250 debuxantes que mostrarán as súas historias gráficas e cómics a editores nacionais e internacionais como Titan Cómics, IDW Publish ou Radeby Agency
A segunda fase, a 'cultureta' deste Salón do Cómic, inclúe ademais unha programación de exposicións como a de Stan Sakai, deseñador ademais do cartel desta edición, que ofrece medio centenar de orixinais do creador do famoso cómic "Usagi Yojimbo".


Patricia González, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-04-2016 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal