Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fotografía para expandir o territorio: Galiza, Portugal, Brasil
En pé de igualdade, a fotografía contemporánea galega, brasileira e portuguesa danse a man no proxecto Territorio Expandido que a área de Cultura da Deputación da Coruña instalou na Dársena da cidade, por vez primeira empregado como espazo expositivo. A mostra supón o encontro destas culturas, non só por se tratar dunha mostra colectiva de 37 creadores e creadoras das tres procedencias, senón tamén porque o proxecto está ao coidado dun comisariado colectivo composto pola directora do festival Encontros de Fortaleza, Patricia Veloso, pola directora artística do festival Encontros da Imagem de Braga, Ângela Ferreira, e dos responsábeis do Outono Fotográfico, Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez.

“Territorio Expandido é así máis que unha exposición colectiva de fotografía contemporánea na rúa, á pé do mar, senón tamén o lugar de encontro de tres culturas próximas, irmáns, mais, infelizmente, sen moitas pontes de comunicación entre elas, por iso nos compracemos en acoller este encontro que provén dos tres festivais de fotografía e confiamos en que desta iniciativa xurdan moitas máis como pontes de comunicación imprescindíbeis”, sinalou a responsábel da área de Cultura e Vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín.

“No proxecto, a fotografía contemporánea toma a rúa, fóra dos habituais espazos expositivos, para sorprender e facer reflexionar, atravesando fronteiras e achegándose ao público, para intensificar tamén ese encontro tamén necesario entre a xente e as novas linguaxes da arte”, apuntou tamén Goretti Sanmartín dun proxecto que, como explicou, vai máis alá da propia exposición para promover encontros de profesionais e persoas amadoras da fotografía por medio de conferencias, presentacións de libros, obradoiros ou mesas redondas que se desenvolven este fin de semana na cidade da Coruña.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 23-04-2016 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
'O Quixote' en 17.000 tuits, un libro que acaba de rematar de reescribirse
En vésperas de que se cumpra o catrocentos aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes, a enxeñosa aventura que iniciou o informático prexubilado Diego Buendía -escribir os máis de dous millóns de caracteres do Quixote en 17.000 tuits- chegou á súa fin. Se a Don Quixote a febre que lle mantivo en cama seis días devolveulle a cordura, a Buendía -que reside en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona)- foi un proceso febril o que lle levou a trasladar á rede social a través da conta @elquijote1605 a obra máis destacada da literatura española.

Dezasete meses despois de que comezase este reto, o 1 de setembro de 2014, a conta ten máis de 7.000 seguidores de diversos países do mundo. "A resposta foi abafadora, a xente está moi agradecida, felicítanche, dinche que é un traballo extraordinario", explica o informático nunha entrevista, na que indica que na última semana enviou mensaxes directas a todos os seus seguidores para agradecerlles o acompañamento.

Os tuits co texto da soada obra aparecen cada sesenta minutos e a meticulosidade coa que se publican é consecuencia do algoritmo que el mesmo desenvolveu. Ao longo do último ano e medio, a aventura só sufriu incidentes en "dúas ó tres ocasiones" e dun deles Buendía decatouse polo aviso dunha seguidora que unha noite informoulle de que "facía catro ou cinco horas que non saía nada". O motivo, explica o informático, era un fallo no servidor. Para recuperar "o desfasamento" na publicación de tuits, Buendía colleu O Quixote e tecleou el mesmo os parágrafos que faltaban. Unha acción que se repetiu o venres 22 de abril desde Alcázar de San Juan (Cidade Real), "un núcleo cervantino", desde onde publicou o último tuit ás 12:00 horas.

Buendía quere que a última mensaxe sexa retuiteado por todos os seguidores. Normalmente, recibe por cada un deles "catro, cinco ó seis retuits", aínda que outros chegaron a ser compartidos por case 500 persoas, como o segundo: "Nun lugar da Mancha, de cuxo nome non quero acordarme". O informático puxo tamén en marcha unha páxina web (www.quixote17000.es) con múltiples funcións, entre as que destacan un buscador de palabras no Quixote, outro buscador de tuits ou a posibilidade de descubrir cada vez que accedes unha cita aleatoria da soada obra.

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2016 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
A masacre contra o activismo
A violencia en Colombia contra o activismo político e social sobrepasa o concepto de 'guerra suxa', sendo cualificada por ONGs e colectivos de “exterminio”. Esta semana presentouse perante o Parlamento británico o informe ‘Silenciados: o asasinato de activistas políticos en Colombia’, elaborado pola organización inglesa Justice for Colombia. No documento recóllese como 534 activistas foron asasinados entre 2011 e 2015, unha media de dous asasinatos por semana.

Antioquía (94 activistas executados) e Cacuca (59) foron os departamentos máis golpeados por unha violencia que se deu en 26 dos 32 departamentos colombianos e da que responsabilizar os grupos paramilitares de extrema dereita.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2016 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Un neno nace en Polonia 55 días despois da morte da súa nai
Estaba morta, pero levaba unha vida dentro. En decembro pasado foi trasladada, inconsciente, ao hospital universitario de Breslavia (Polonia) a causa do tumor cerebral que padecía e do que non se quixo operar porque entendía que podía pór en perigo ao seu fillo. Pero, pouco despois, os médicos certificaron o inevitable: morte cerebral, o que significa que, desde un punto de vista legal, falecera. A muller, con todo, mantiña as constantes vitais. Foi entón cando a familia viu a luz. Quería que o neno se salvase custe o que custe e non había tempo que perder. E así foi como, sen demasiada esperanza, os médicos aplicaron á muller de 41 anos a respiración artificial mediante un ventilador, mantivéronlle a presión arterial, alimentárona e medicárona para evitar infeccións. Pero para que o bebé fose viable nun parto prematuro por cesárea aínda quedaba moito tempo.

A nai morta aguantou 55 días, xusto o tempo necesario para que o nacemento fose viable. Naceu o pasado xaneiro, ás 27 semanas, cun quilo de peso. Despois de algo máis de tres meses na incubadora, o bebé foi dado de alta a pasada semana, xa con tres quilos.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2016 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Noite dos Libros.
Madrid é a rexión máis lectora de España: un 79% dos madrileños leu polo menos un libro no último ano, as bibliotecas públicas recibiron máis de 13 millóns de visitas e fixeron sete millóns de préstamos. E aínda máis: é tamén a autonomía que máis libros produce.


Hoxe todo esto se fai visible na décimoprimeira edición d’A Noite dos Libros, a xornada na que toda cadea do libro, do escritor cara ao autor, pasando polo editor ou libreiro, saca peito coa organización de máis de 600 actividades en todo tipo de espazos.


“Traballamos nun terreo ben cultivado”, di Anuncia Fernández de Córdova, directora da Oficina de Turismo e Cultura da Comunidades de Madrid. “Queremos fomentar o hábito de ler, que, ademáis de ser indispensable para a transmisión da cultura, é un importante recurso económico”.



Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-04-2016 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Prince aos 57 anos.
Aínda que bastante desaparecido da esfera pública nos últimos, foi un dos cantores da música popular máis influintes da década dos 80 e unha icona pop para varias xeracións de xente nova. Cantor, autor, multiinstrumentista e performer, deixou varios temas para a historia, como Kiss, Little Red Corvette, Purple Rain ou When Doves Cry.


Prince Rogers Nelson, que así se chamaba, morreu en circunstancias que aínda se descoñecen, pero cancelara a comezos deste mes algúns concertos. A semana pasada tamén estivo hospitalizado algúns días.


Nado en Minneapolis en 1958, comezou no mundo da música a finais dos 70 pero non triunfa até os 80 cunha das cancións máis coñecidas da historia, 'Purple rain', que editou en 1984 e que o levou tamén ao cinema, acadando un Oscar á mellor banda sonora orixinal ao ano seguinte. Editou 39 álbums ao longo da súa vida, dous deles en 2015 (HITNRUN Phase One e Two). Acadou sete Grammys.


Só estivo en Galicia nunha ocasión. Foi o 29 de xullo de 1990 nun auditorio do máis sorprendente: o campo de fútbol do colexio Santa María del Mar dos xesuítas da Coruña, por mor das malas relacións entre o Concello e o Deportivo. Aquel día, Galicia dividiuse en dous: os que ían (ou quererían) ver a Prince, e os que foron ver a Madonna, que estaba exactamente a mesma noite en Vigo, con camisola do Celta e bandeira local incluída.


Ana Rodríguez Diz, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-04-2016 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta, condenada por "infracción grave" dos dereitos de traballadores do Sergas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desestimou o recurso presentado pola Xunta contra a sentenza da Audiencia de Ourense na que foi condenada por non renovar o contrato dunha auxiliar de enfermaría do hospital de Verín cando esta estivo de baixa por enfermidade.

A Audiencia de Ourense e o TSXG sinalan que o Sergas usa o encadeado de contratos temporais para ocultar contratacións indefinidas, unha vía que, din, é "fraudulenta"
O Superior de Xustiza ratifica a decisión adoptada en primeira instancia e coida que o Sergas cometeu unha "infracción grave" dos dereitos da traballadora "ao non renovarlle o seu nomeamento" a unha persoa que "levaba traballando de maneira continuada e ininterrompida durante un prolongado período de tempo", neste senso superior a 4 anos, "pola única razón da baixa por enfermidade".

Así, obriga a que o Sergas restitúa a traballadora no seu posto mentres non sexa creada ou provista a praza que ocupa de maneira temporal através do correspondente procedemento de "concorrencia competitiva" ou amortizada "se por circunstancias ben xustificadas, resultase innecesaria".

Asemade, na sentenza o Tribunal Superior de Xustiza sinala que a administración estivo a usar unha "via fraudulenta" para "ocultar unha contratación indefinida do persoal". Isto é, usaba contratos temporais encadeados para manter nun mesmo posto de traballo a mesma persoa durante 4 anos. Un feito que, sinala o tribunal, constitúe unha "relación xurídica indefinida temporal" que, aliás, foi finalizada "aproveitando unha baixa temporal" algo que, di, "non é de recibo".
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-04-2016 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Unha parte do cerebro non descansa cando durmimos fóra.

Cando as persoas dormen por primeira vez nun lugar descoñecido, como unha habitación de hotel, por exemplo, a miúdo senten coma se non durmisen ben. Investigadores descubriron, como revelan nun artigo publicado este xoves en Current Biology, a razón: nesas condicións, un dos hemisferios do cerebro mantense máis esperto para vixiar.


Esas imaxes revelaron algo inesperado: durante a primeira noite de soño, os dous hemisferios do cerebro mostraron diferentes patróns de actividade. Un dos lados do cerebro durmía máis lixeiramente que o outro. Por razóns que os investigadores aínda non comprenden, a parte máis esperta do cerebro foi sempre o lado esquerdo. O grao de asimetría observado naqueles patróns cerebrais estaba relacionado coa dificultade que unha persoa experimentaba para caer durmida, unha medida crítica no efecto da primeira noite. É importante destacar que o hemisferio con menor profundidade do soño tamén mostrou unha maior resposta aos sons. Esas asimetrías observadas durante a primeira noite de soño non eran evidentes nas sesións posteriores do soño. Sasaki di que as persoas poderían ser capaces de reducir este efecto ao traer a súa propia almofada ou aloxarse en hoteis con habitacións similares entre si. Tamén é posible que as persoas que teñen que durmir en novos lugares a miúdo aprendan a apagar esta vixilancia nocturna.



Laura Feijoó González, 4ºA.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-04-2016 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Plántanse fronte ao matadoiro de Monforte para evitar o sacrificio das vacas de Axulfe.
Grupos de persoas convocadas a través das redes sociais tratan de deter esta mañá o sacrificio das vinte e catro vacas sobreviventes da granxa de Axulfe, a explotación gandeira de Chantada na que a Garda Civil atopou os corpos en descomposición de polo menos outras 39 reses.
Fronte ao matadoiro da empresa Mafrilemos en Monforte concentráronse ás sete da mañá unha vintena de persoas con carteis nos que podían lerse lemas como «Stop matanzas» ou «Todos os matadoiros son campos de concentración». Empregados da empresa confirmáronlles que nas instalacións pasara a noite uno dos tenreiros da granxa de Chantada e que estaba previsto sacrificalo esta mesma mañá.


Polo momento, este sacrificio está paralizado, á espera de ver que resultado dan as xestións que manteñen grupos de defensa dos animais ante o xulgado de Chantada que investiga o caso de Axulfe e ante a Consellería do Medio Rural.


O propietario da granxa tomou a decisión de sacrificar a todos os animais que quedaban vivos e a Consellería do Medio Rural concedeulle onte os permisos necesarios para facelo. As reses foron enviadas onte pola mañá a diferentes matadoiros, como o de Monforte. Ao parecer, a maior parte delas atópanse nun matadoiro de Betanzos.



José Javier Nieto Blanco, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-04-2016 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
A aparición de bandas xuvenís en Galicia alerta a pais e profesores.

A aparición en Galicia de bandas xuvenís converteuse nunha das principais preocupacións da comunidade educativa galega. Nunca antes mostrouse esa inquietude desde os colexios e institutos de Galicia. «Tivemos 33 demandas de asesoramento e información nos tres primeiros meses deste ano. Cando pasamos de 0 a 33 é porque hai unha preocupación ao redor dun problema, no que imos incidir dunha maneira moi especial». O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, reflectiu así esa inquietude nun receso da reunión da comisión de seguimento do plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar en Galicia, que analiza os riscos en colexios e institutos. Villanueva explicou que cando se incrementa ese interese por parte da comunidade escolar é «porque se detectou un problema e trátase de evitar que uns alumnos teñan esa tendencia para participar en bandas xuvenís». O aumento da demanda de información sobre bandas xuvenís produciuse en zonas do sur de Pontevedra, na provincia de Lugo e na cidade da Coruña, «onde houbo pelexas multitudinarias e enfrontamentos entre bandas», apuntou o delegado, aínda que non quixo concretar que centros educativos demandaron información sobre ese problema.

De todos os xeitos, a primeira preocupación de pais, profesores e alumnos son as novas tecnoloxías. Os riscos da internet e as redes sociais, o mal uso da mensaxería nos móbiles mantéñense desde hai anos no número uno das demandas de información por parte da comunidade educativa galega. As novidades son moitas, polo que é necesaria unha actualización case permanente, polo que a partir da próxima semana o plan director de seguridade escolar contará co asesoramento do colexio galego de enxeñeiros informáticos para ofrecer unha formación específica aos especialistas da Policía Nacional e da Garda Civil. «Neste tema prodúcense constantes cambios e trátase de que eses coñecementos poidan trasladarse á comunidade educativa aos pais», explicou o delegado do Goberno, quen advertiu que ao redor das redes sociais hai que realizar «un control nos colexios, pero tamén nas casas».

O acoso escolar figura como o segundo motivo de inquietude para os pais e profesores. Os expertos do plan de seguridade escolar de Galicia destacan ademais a relación deste asunto coas novas tecnoloxías ante a constatación de que «os acosadores utilizan as redes sociais na maior parte dos casos». Por ese motivo, as charlas sobre acoso incluirán a partir de agora tamén os riscos da internet e as redes sociais.
En terceiro lugar aparece a violencia machista, unha preocupación que tamén parece ir en aumento á vista da demanda de información que se solicita nos últimos meses desde a comunidade educativa.

A comisión de seguimento, na que están representadas a Garda Civil e a Policía Nacional, a Consellería de Educación, o Ministerio de Educación, os municipios e as unidades de loitas contra a violencia machista da Delegación do Goberno, detectaron un aumento da demanda de información por parte dos pais. Iso reflíctese cos 32.383 asistentes ás charlas sobre seguridade escolar no segundo trimestre do curso, un 75 % máis que no primeiro.

Ademais das charlas dirixidas a profesores, pais e alumnos, o plan director de seguridade escolar tamén establece a vixilancia policial nos colexios e na súa contorna. Tanto a Garda Civil como a Policía Nacional, co apoio das policías locais, realizan controis rutineiros nos colexios e institutos de toda Galicia, pero tamén se realizan intervencións policiais ante a aparición de conflitos ou de indicios de que se está producindo algún delito. No primeiro trimestre deste ano as forzas de seguridade realizaron 3.495 intervencións de vixilancia e control en 537 centros escolares de Galicia e conseguiron desactivar seis puntos de venda de droga na contorna dos colexios.

O delegado do Goberno confirmou que na reunión da comisión de seguimento da convivencia e a seguridade escolar en Galicia tamén se abordou o tema da instalación de cámaras de vixilancia nos colexios e institutos. Santiago Villanueva recoñeceu que o tema se tratou na reunión por parte dos expertos, «que pensan que garantindo a lei, a intimidade e a protección de datos, é positiva a instalación de cámaras en determinados espazos para aumentar a seguridade de alumnos e profesores».


«Estamos moi preocupados pola seguridade nos centros educativos de Galicia -asegurou Villanueva- e creo que é positivo que haxa videovigilancia con cámaras que estean perfectamente sinalizadas. Isto está pensado para incrementar a seguridade escolar».



José Javier Nieto Blanco, 4ºB.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-04-2016 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal