Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O gran álbum dos emigrantes españois en Estados Unidos

Dentro de poucos anos, aqueles españois que están en Hawai traballando pola súa salvación serán bos cidadáns estadounidenses". Este recorte en The Washington Post do 14 de decembro de 1907 ilustra a chegada de decenas de miles de emigrantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Andalucía, Valencia... entre o último terzo do século XIX e comezos do XX a unha terra que lles prometía oportunidades. Campesiños e obreiros que non sabían nin unha palabra de inglés e con apenas unhas moedas nos petos, reuniron o valor de embarcarse a Estados Unidos para fuxir da miseria ou dun servizo militar obrigatorio cuxo probable destino era morrer nas guerras norteafricanas.

As fotos (coa pátina sepia ou en branco e negro) daquelas vidas permaneceron espalladas en álbums familiares, caixóns, caixas ou baúis como os que tiña Elena Barquilla na súa casa de Trujillo (Cáceres), forrados con xornais de 1913 e repletos de imaxes dos seus bisavós en California.

Agora, un precioso libro, Invisible Immigrants Spaniards in the US (1868-1945), de James D. Fernández e Luís Argeo, reuniu 327 fotos e documentos que contan a aventura daqueles españois que fixeron as Américas. "O meu avó paterno, na cuberta do SS Aquitania. Chegou en 1926 e traballou de fogueiro en Newark", detalla o pé dunha desas instantáneas, na que se ve a un grupo no que sobresae a boina negra de Adolfo Losada.

Este gran álbum (en edición bilingüe, inglés e español) do que Fernández (Nova York, 1961) denomina "o heroísmo do cotián" forma parte dun proxecto que inclúe un arquivo dixitalizado e dúas películas xa exhibidas, para alumar un capítulo da historia de España "sobre o que hai moito descoñecemento", sinala o xornalista Luís Argeo (Pedras Brancas, Asturias, 1975). “Falouse sobre todo dos que se foron a Latinoamérica. En EE UU, os españois foron invisibles, en comparación coa cantidade de italianos ou irlandeses que emigraron”.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2015 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Educación
A comunidade educativa xa ten nas súas mans o borrador do real decreto que regulará as chamadas reválidas de primaria, secundaria e bacharelato, eses exames finais que nos dous últimos casos deseñaranse desde Madrid. Dunha primeira lectura do texto, destaca sobre todo unha ausencia: calquera mención na reválida de bacharelato -a nova selectividade- ás linguas cooficiais.

Este esquecemento está corrixido nun real decreto anterior, o que regula o currículo de secundaria e bacharelato. Nese caso, na disposición adicional sétima fálase de que «a materia Lingua Cooficial e Literatura deberá ser avaliada nas avaliacións finais (...) e terase en conta na mesma proporción que a materia Lingua Castelá e Literatura»; tamén di que «corresponde ás Administracións educativas competentes concretar os criterios de avaliación, os estándares de aprendizaxe avaliables e o deseño das probas, que se realizarán de forma simultánea ao resto das probas que compoñen as avaliacións finais».

Á marxe da excepción da lingua cooficial, no novo decreto apúntanse asuntos xerais dos exames finais:

Primaria. Farase ao terminar sexto, correrá a cargo da Xunta, no caso galego, e valorará a competencia matemática, lingüística e de ciencia e tecnoloxía. Cada alumno terá un informe propio, que terá «carácter informativo e orientador».

Secundaria. As probas serán preparadas polo Ministerio de Educación, e as de tipo oral serán feitas polo persoal do centro do alumno, supervisado e validado por profesorado externo. Este obterá o título de graduado en ESO cunha valoración ponderada: o 70 % da nota final será a media das súas materias durante a ESO e o 30 % as probas.

Bacharelato. Esta reválida é obrigatoria para obter o título de bacharel (agora non), e a nota da avaliación suporá o 40 % do total; o 60 % principal é para a media das materias cursadas os dous anos. Non hai materias para subir nota pensando nunha carreira concreta. A elección das materias para o exame inclúen obrigatoriamente todas as troncais, o que supón na práctica que, ao contrario do que ocorre agora, todos os bachareis deberán examinarse de Historia de España.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2015 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Como lle afecta o clima e o tempo á xente?
O tempo e o clima aféctalle á xente de maneiras diferentes. Se o tempo permite un bo fluxo de auga, a xente pode cultivar os campos e poden manterse cos produtos agrícolas. Varias das actividades humanas primarias seguen este molde de produción e consumición. Pero cando o tempo e o clima dalgunha rexión cambia, poden afectar de forma adversa a vida dos seus habitantes.

O tempo e o clima afecta a vida humana en moitos aspectos, incluíndo o social, económico, físico e ecolóxico. Durante as últimas décadas, o clima da terra deteriorouse debido ao gradual aumento da temperatura global. Como resultado, os niveis dos mares aumentan e hai unha reducida capa de neve nas alturas. Os científicos aseguraron que seguramente a temperatura aumentará máis nos próximos anos debido ás concentracións dos gases de invernadoiro.

Un cambio no tempo e as codicións atmosféricas tamén resultarán en cambios na alimentación, o aire e a calidade da auga, así como tamén dos ecosistemas. Polo tanto, producirá un efecto desvastador na xente no longo prazo. Os cambios no tempo e o clima transformarán a distribución das especies alerxénicas de pole, resultando en enfermidades infecciosas que se esparexen polas poboacións e a xente morrerá debido á onda de calor. O cambio de clima pode levar á mala nutrición, a diarrea e as enfermidades respiratorias, especialmente nos asentamentos urbanos.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2015 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Un "hacker" podería borrar todos os vídeos de YouTube
Tivo na súa man a posibilidade de borrar todo YouTube, de acabar un por un con todos os seus vídeos, pero non o fixo. O "hacker" ruso Kamil Hismatullin puido acabar dun plumazo con todo o contido da rede social de vídeo de Google e causar o caos. Podería levar por diante algúns dos vídeos máis vistos, como o famosísimo Gangnam Style, que "rompeu" no seu momento os contadores de YouTube, pero non o fixo!
No seu lugar, este "hacker" decidiu informar ó equipo de YouTube sobre cómo descubriu que podía borrar vídeos de calquera usuario na rede social. Cando todo se resolveu deixou, incluso, un vídeo mostrando o procedemento paso a paso para os usuarios que teñan curiosidade por sabelo.

https://www.youtube.com/watch?v=NarxB7NG6e0

Nerea Rial Conde, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-04-2015 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
“EL VELO NOS TAPA LA CARA, NO LA MENTE”
«Te vi conduciendo y llevabas velo». Esto é o que lle dixo fai pouco unha muller en Pontevedra a Fátima Mlibda. Cando conta estas anécdotas non pode evitar sonreír. A Souad Nahil un cliente comezoulle a falar con xestos aínda despois de que ela se lle dirixese a el nun perfecto castelán. Galicia é a terceira comunidade de España con menos residentes musulmáns e, por tanto, con menos musulmás. Aínda non nos familiarizamos con elas e eso que algunhas levan aquí anos. 
Tanto os pais de Fátima como os de Souad chegaron de Marruecos a finais dos 80 atraídos polo traballo no mar ou os transportes. Elas sumáronse despois coas súas nais. Son a segunda xeración. A que intenta integrarse sorteando os estereotipos da sociedade receptora e, ao mesmo tempo, as fortes tradicións que imperan no seu entorno. 
«Queremos que nos conozcan», conta Souad. O rol da muller musulmá en Galicia e no resto de España, caracterizouse pola súa escasa visibilidade. Hai poucas estadísticas sobre a súa actividade e influenza. Acostuman aislarse máis nas súas comunidades o unas súas familias. Un papel que, parece, queren cambiar. «Llevo aquí desde niña y sé cómo son los gallegos, sin embargo la mayoría no tiene ni idea de cómo soy yo. Estos días estoy asistiendo a un curso que imparte la Cámara de Comercio de Pontevedra. Uno de mis compañeros me ha confesado que nunca pensó que fuera tan inteligente el día que me conoció», di unha aínda sorprendida Souad. Ela ten xa a nacionalidade española e como outras tantas mozas españolas acaba de quedarse no paro. Comparte piso coa súa irmá en Vigo, para aforrar gastos, e síguese formando. 
«Hice un curso de técnico de rayos, trabajé en el departamento de control de calidad de una empresa hasta hace poco y hubo una época en la que incluso compaginé dos empleos». Con 29 anos, non se casou. «Mis padres me insinúan a veces que lo vaya pensando, pero todavía tengo otros objetivos». Un deles é a asociación Chicas Musulmanas en Galicia. Acábana de fundar e suman xa unhas trinta socias. Fátima é a presidenta. «No queremos dar pena ni que crean que por llevar este velo somos sumisas, que estamos oprimidas. Me cubre la cabeza, no la mente», remarca. 
Estos días non paran. Deron unha charla na Cruz Roja e na plaza da Peregrina colocaron mesas informativas. A maioría están ou estudaron unha carreira ou un ciclo formativo. Son mozas, teñen entre 19 y 30 anos. A dúbida é ¿cando se casen poderán seguir facendo o mesmo? Souad insiste aquí na súa autonomía. «Tenemos más independencia de la que pensáis. No nos manda ninguna mezquita ni ningún hombre, esto lo hacemos nosotras». 
Non se atreven, sen embargo, a definirse como feminista. «Reivindico el papel de las mujeres, gracias a ellas prosperan las sociedades». Fátima incide no mesmo: «No estamos encerradas en nuestras casas, la prueba es que nos esforzamos por tener un futuro mejor». É neste momento cando fai unha paréntese. «Hay mucha confusión con términos como por ejemplo la yihad. Muy pocos saben que su significado en árabe es esfuerzo. Esforzarme es lo que hago yo por estudiar, por buscar trabajo y por ayudar a mis padres, no lo que hacen un grupo de locos». 
Non son alleas ás novas que estos días se repiten. Cada semana coñecemos un caso novo de mozos, entre eles tamén mulleres, que son reclutados polo Estado Islámico en España. Hai casos en Ceuta e Melilla, pero tamén en Barcelona, Ávila, Ciudad Real ou Badalona, donde foron detidos dous irmáns e tamén os seis pais. «Me fastidia que tengamos que pagar por lo que hacen cuatro personajes», remarca Fátima. «Yo, en mis 21 años, no voy a coger y dejarlo todo. Las chicas que están reclutando son la mayoría muy jóvenes e influenciables. Les hacen un lavado de cerebro. Desde  luego me dan mucha pena, no saben lo que les espera. ¿Cómo me voy a ir yo a un país que está en guerra como Siria?». Os atentados contra a revista francesa Charlie Hebdo ou contra o Museo do Bardo, en Túnez, fixeron rebotar a islamofobia. «El problema es que no entienden el Islam, lo interpretan como quieren. A nosotras también nos afecta. Las mujeres también sufren la violencia», dice Salma, unha estudiante musulmá de 20 anos. 
Outra universitaria, Nassima, añade: «Siempre me he sentido muy famosa. Cuando paso la gente se detiene y me mira. Supongo que por curiosidad. Tras el ataque de París hubo unos días en los que las miradas eran diferentes, como atacantes. El viernes de esa semana, después de clase, hice la maleta y me fui a coger el autobús para irme a casa. Lo pasé muy mal. Me puse nerviosa y casi me confundo de parada. Luego, dentro, la radio estaba tan alta? Desde entonces no uso maleta ni mochila, prefiero llevar muchas bolsas. Todo esto es un dolor doble. Por un lado ves que el Estado Islámico mata a gente inocente, incluidos musulmanes y, por otro, te ven como una terrorista». Tras media vida en Galicia, non se plantean voltar ao país no que naceron os seus pais. «Siempre me he sentido integrada, mis amigos son españoles y aparte de alguna que otra anécdota nunca viví ningún tipo de rechazo. Tal vez soy afortunada por vivir en Vigo y no en un pueblo o en una ciudad más grande», opina Souad. Fátima, que terminou o ciclo de Comercio e Márketing, asinte. «Nunca voy a olvidar que soy marroquí, pero no tengo pensado volver. Tendría que empezar de cero. Mi vida está aquí». 

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2015 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Os ourensáns viaxan un 15% máis nesta Semana Santa
Durante a Semana Santa Ourense espera recibir moitos visitantes pero tamén nesta ocasión serán numerosos aqueles que decidan que fan eles as maletas e marchar uns días a desconectar fóra da cidade ou a provincia. Así o confirman nas distintas axencias de viaxes que operan na capital Das burgas, nas que afirman que este ano o número de reservas se incrementou entre un 10 e un 15%, outro síntoma de que a situación económica comeza a mellorar para moitos. Iso si, na maior parte dos casos os destinos preferidos polos clientes para estes festivos son relativamente próximos, explican dende Halcón Viajes. Portugal, Andalucía e mesmo a propia comunidade galega acolleron a ourensáns con ganas de cambiar de aires, que pasaron nesas zonas unha media de tres ou catro noites. Os máis viaxeiros, e os que buscan sol e praia, aproveitaron para unha escapada a Canarias ou a Madeira, aproveitando os voos directos dende Galicia. As escapadas curtas a algunha cidade europea, acolléndose sempre ás ofertas que poñen á venda as axencias, foron tamén un recurso moi socorrido para os ourensáns. Así o confirman na oficina ourensá de viaxes Nautalia, onde tamén este ano notaron un incremento das vendas de cara á Semana Santa. En canto aos destinos, aseguran que Europa é o preferido, con cidades clásicas como Londres, París ou Roma, ás que tamén se sumaron outras como Ámsterdam ou Milán. Por suposto tamén hai os que se inclinan por reservar hoteis na capital española co ánimo de gozar da oferta cultural, de ocio ou das súas tendas durante estes días.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2015 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
WOOLET, A CARTEIRA INTELIXENTE
Woolet é unha carteira intelixente que pretende acabar cun suceso máis común do que nos gustaría recoñecer: que, nun momento dado, nos vaiamos dun sitio e collamos o móbil, os lentes, as chaves... e esquezámonos a carteira. E, grazas a este wearable, iso nunca volverá pasarnos.

Woolet funciona cunha serie de circuítos internos que se encargan de establecer a distancia entre a túa carteira e ti. Así, se en calquera momento te afastas demasiado dela, o teu móbil emitirá un son para avisarte de que seguramente te a esteas a deixar esquecida. Para iso, a carteira estará vinculada á app que terás instalada no móbil.

E se xa estás a pensar que ao mellor eses circuítos poden poñer en perigo algún elemento da túa carteira, tranquilo: o funcionamento de Woolet non afecta en absoluto ás túas tarxetas de crédito, co que poderás compatibilizar ambas as dúas cousas sen ningún tipo de problema.

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2015 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
As imaxes da pobreza en Europa impactan en Bissau a través do proxecto 'Causas Comúns'
“Ninguén podía crer que en Europa houbera persoas que viven na rúa ou que piden esmola”. Con esta sorpresa reaccionou a poboación africana ás fotografías da mostra ‘Europa, realidade dun soño’, autoría de Gabriel Tizón, que está a xirar por Guinea Bissau no marco do proxecto Causas Comúns, cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e o Concello de Pontevedra. Así o explicou o presidente da Plataforma de ONGD de Bafatá, Boubakar Djalo, na presentación que esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela.
Era a primeira vez que acollían unha exposición fotográfica na rexión e, segundo o guineano, fíxolles cambiar a concepción do vello continente, pois “na televisión e nos xornais só aparecen dúas imaxes: o fútbol e as telenovelas, os demais acontecementos non se mostran”. As fotografías sobre a pobreza e o recorte de dereitos en Europa están a percorrer distintas aldeas do rural “porque de aí sae o 85% da emigración clandestina”, indicou Djalo.
No entanto, Gabriel Tizón precisou que o proxecto “non pretende aleccionar”. “En ningún momento lle dixemos a ninguén que non emigrara, só facilitamos información”, comentou o fotoxornalista, que ademais compartiu o seu oficio nun obradoiro con fotógrafos guineanos “porque eles son quen teñen que contar o que acontece no seu país”.
A traballadora social Rocío Botana, que tamén participou da iniciativa sobre o terreo, incidiu en que Causas Comúns busca “tender pontes” e, de feito, xa é máis ca un proxecto fotográfico. Alén das formacións impartidas para asociacións que buscan dar resposta ás necesidades da zona, xurdiron grupos de traballo con diferentes entidades e hoxe o proxecto encamíñase xa cara actividades culturais e de comunicación. Todo isto “sen caer na pena nin na caridade, cedéndolle o protagonismo á poboación local”, insistiu Tizón durante o acto.
Tras esa primeira fase en Guinea Bissau, Causas Comúns vén de regresar a Galicia coa exposición ‘África, soños e mentiras’, que nestes intres se amosa en Pontevedra e que a partir do verán visitará diferentes concellos socios do Fondo Galego. O obxectivo do proxecto é informar e sensibilizar a través da fotografía como idioma común, tanto ao pobo galego como ao guineano, sobre o incumprimento dos Dereitos Humanos en África e en Europa.
Así quedou patente esta mañá na presentación que tivo lugar na Fegamp tras a Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na derradeira xuntanza da lexislatura expúxose o Plan de actividades para 2015, que xirará arredor do décimo aniversario de Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido a persoal das administracións socias. Tamén se aprobou o balance económico de 2014 e o orzamento previsto para o presente exercicio.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 87 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2015 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Intensa Luz na súa volta á casa
As entradas esgotáronse hai semanas e tiña o aplauso garantido desde que saltou, con puntualidade, ao escenario. Luz Casal, roquera e dama da canción, reapareceu esta noite ante o público galego sobre as táboas do novo auditorio de Ferrol, a pé de ría na enseada de Caranza.
'Boas noites', saudou tras entoar 'Almas xemelgas', o tema que bautiza o seu último disco.
Era un regreso moi esperado, porque a súa axenda de concertos se ha ir acurtando nos últimos anos. Viaxou a China en febreiro e, a principios de marzo, ofreceu unha minigira por Francia que a levou de volta á península o pasado venres, cun recital no Liceo de Barcelona.
Esta noite recalou en Ferrol, a única cita con Galicia fixada até agosto e que é parte da xira de 'Almas Xemelgas' (2013), o seu último disco de estudo con 17 temas en castelán, portugués, italiano e francés.
Miúda, áxil e vestida de azul, intercaló melodías do último álbum como 'Ela e eu', 'Por que non volves amor?' Ou 'Xa non me contes a túa vida', cos seus grandes temas de outrora como 'Entre os meus recordos', que dedicou aos ausentes "onde queira que estean", 'É por ti' ou 'Non me importa nada'.
María Luz Casal Paz (Boimorto, A Coruña, 1958) ou, simplemente Luz, canta coa mesma enerxía e racho que a fixeron tan popular no noventa, especialmente en Francia.
Aos seus 56 anos, con 13 discos ás súas costas e un longo parón obrigado por un cancro de mama, a cantante coruñesa non perdeu nadiña de nada da intensidade da súa mocidade musical, pero conduce os matices da súa voz con máis acougo.
Acompañada por cinco músicos sen que nada fixese sombra ao seu vozarrón, esperábaa un auditorio maduro ao que puxo a cantar 'Un novo día brillará' e que aplaudiu con entusiasmo 'Bicarei o chan'.
O recital pasou das melodías pausadas ao rock enerxético para regresar ao sentimento sen saltos abruptos.
Este xoves, Luz Casal presentou na Coruña a IV edición do Festival da Luz, unha cita ecléctica coa música para todos os públicos e idades que se celebrará na súa aldea natal, en Boimorto, o 12 e 13 de setembro con fins benéficos que este ano irán a Médicos sen Fronteiras.
As entradas, de 10 a 15 euros para todo o fin de semana, abren a porta ás actuacións de Juan Can, Annie B. Sweet, María del Mar Bonet, Burning, Amancio Prada, Delorean, Miguel Poveda ou Eladio e os Seres Queridos.
O recital de Luz encádrase dentro do ciclo Son(s) de Ferrol da concellaría de Cultura de Concello de Ferrol para este semestre, no que tamén actuarán Leiva (18 de abril) e Lori Meyers (25 de abril), nun dos poucos concertos que os granadinos darán este ano.
A oferta péchaa o barítono Leo Nucci que, o próximo 17 de abril, ofrecerá en Ferrol o seu único concerto en España.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2015 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
As taxas universitarias manteranse en Galicia ao mesmo prezo que en 2012
En plena polémica pola reforma do sistema de graos e másterres que pretende impulsar o Ministerio de Educación e que podería duplicar o custo que pagan as familias por enviar aos seus fillos á universidade, a Xunta decidiu conxelar por cuarto ano consecutivo as taxas universitarias para o próximo curso. Isto beneficiará a uns 64.000 alumnos. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que, deste xeito, Galicia seguirá sendo a comunidade autónoma cos prezos públicos das carreiras e os másters máis baixos de toda España.

No caso dos graos universitarios, o prezo medio das primeiras matrículas -que representan o 84 por cento do custo total- manterase en 11,89 euros cada crédito, o máis baixo de España, mentres que en Cataluña, por exemplo, custa 33,52 euros. Para as segundas matrículas as tarifas medias son de 16,46 euros; 26,62 euros para a terceira matrícula e 33,92 euros para a cuarta e sucesivas.

Tamén se conxelarán as taxas dos másteres, que seguirán custando 26,49 euros por cada crédito, fronte aos 65,87 euros que pagan en Cataluña.

Segundo os cálculos de Feijóo, se se compara o que pagan os universitarios galegos polas taxas universitarias coa tarifas medias que se aplican no resto do territorio nacional, o aforro para as familias de Galicia é de 19 millóns de euros cada ano.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-04-2015 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal