Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS BAÑISTAS XA O NOTAN
A pasta negra impregnou xa as pedras e a area das tres praias, a de Tasarte, a de Tasartico e a de Veneguera. Algúns bañistas víronse afectados e se pode observar os seus negros pés tras caminar na zona.

Operarios con pequenas palas intentaban retirar o máximo posible, axudados por voluntarios, que son veciños da zona. Ata o momento, recolleron máis de 100 kilos da zona marítima que é Reserva da Biosfera e na que numerosas especies xa se veron afectadas.

No centro de recuperación de fauna intentan salvar a catro exemplares de pardela asfixiados polos restos viscosos.

Na zona do fundimento, o primeiro día de traballo o robot detectou tres fugas. Escápanse de 5 a 10 litros á hora. A uns dos kilometros mar adentro, un equipo de Antena3 tamén encontrou restos de hidrocarburo.

Dende Fomento pedíronse o sellado destas fisuras. Témese que un cambio de tempo leve novas manchas de fuel ás costas de Tenerife e a Gomera.

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Documentos policiais proban o asasinato de Lorca
Un informe de 1965 da Xefatura Superior de Policía de Granada revela que Federico García Lorca foi asasinado xunto a outra persoa e define ao poeta como «socialista e masón», á vez que lle atribúe «prácticas de homosexualismo».O documento, ao que han ter acceso a Ser e eldiario.é, foi redactado pola terceira brigada rexional de investigación social da devandita Xetafura e no seu asunto lese: «Antecedentes do poeta Federico García Lorca».No mesmo, datado en Granada o 9 de xullo de 1965, sinálase que Lorca era «un masón pertencente á logia ALHAMBRA na que adoptou o nome simbólico de HOMERO, descoñecéndose o grao que alcanzou na mesma».O texto asegura que o poeta «estaba conceptuado como socialista pola tendencia das súas manifestacións e polo vinculado que estaba a Fernando dos Ríos, como tamén polas súas estreitas relacións con outros xerifaltes de igual signo político».

Ademais, indica que «estaba tachado de prácticas de homosexualismo, aberración que chegou a ser voxpópuli, pero o certo é que non hai antecedentes de ningún caso concreto».No documento asegúrase que Lorca foi detido na vivenda dos seus amigos, os irmáns Rosales , onde se refuxiou, e que o lugar foi rodeado «con gran aparello por Milicias e Gardas de Asalto».

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Premio dos Clubs de Lectura 2015: Agustín Fernández Paz.
O escritor Agustín Fernández Paz, outorgado co gallo do Día Mundial do Libro, recibe o Premio dos Clubs de Lectura 2015, por ser o máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo do pasado curso. O 5 de xuño en Compostela na VIII Xornada dos Clubs de Lectura, Fernández Paz recollerá o novo premio.

Dous novos libros

Os dous novos títulos do escritor son A neve interminable (Xerais) máis Amizades secretas (Edebé). En Amizades secretas, o escritor diríxese ás crianzas de menor idea coa historia dunha rata curiosa que vive no tobo dunha casa nunha cidade vella na que vai vivir Beatriz e a súa familia. Con A neve interminable regresa o autor ao misterio e o medo nun diálogo cun dos seus libros máis lidos, o Cartas de inverno publicado vinte anos atrás. A historia da novela desenvólvese na Fonsagrada, na hospedaxe onde se instala un equipo de guionistas para traballar na serie de televisión As fronteiras do medo. Unha neve interminábel aillará ao grupo do resto do mundo.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-04-2015 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
A WEBSERIE GALEGA MÁIS EXITOSA
“Gafas e Pallaso", a webserie ideada por seis estudantes galegos, con poucos medios e unha alta dose de imaxinación, corre como a pólvora pola Internet e colocouse na súa estrea como a segunda máis vista do panorama nacional nesta modalidade.

Detrás dos cinco capítulos, de dez minutos de duración cada un, en que participan personaxes tan coñecidas como o humorista Dani Mateo, o presentador galego da TVG Xosé Ramón Gayoso, ou as estrelas do YouTube Lory Money e Wismichu, escóndense dous anos de incesante traballo de alumnos de Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Saturados do mercado existente, este grupo de mozos, de entre 21 e 25 anos de idade, idearon unha serie "de humor absurdo" ou "humor mierder" como o prefiren chamar, e isto en galego, xa que era un ámbito no que, nesta lingua, aínda non se fixera nada, "este tipo de humor non existía", detalla Pita.

Trátase dunha carencia que non impediu que o proxecto, que xa foi merecedor dun premio, conte con actores, maquilladores, figurantes, cámaras, deseñadores gráficos, e até artistas convidados, algo polo que os integrantes da serie "están profundamente agradecidos" a todos os que colaboraron con eles.

Así, con moito humor, moita vontade e tamén moita cara, "Gafas e Pallaso" superou as expectativas dos seus creadores, que agora esperan que o seu segundo capítulo exceda as cifras rexistradas polo primeiro, que obtivo 10.000 visitas en só unha semana.

Por agora, non teñen ningún outro proxecto en mente, xa que continúan a traballar "en se daren a coñecer", algo que nun momento tan complicado para a industria audiovisual non é fácil, polo que advirten de que continuarán "metendo moita tralla", sobre todo a través das redes sociais.

"Gafas e Pallaso" pretende ser un sopro de aire fresco que provoque gargalladas, e isto coas aventuras e desventuras de dous amigos que viven nun día a día con grandes proporcións do inverosímil e absurdo.

Abondan as parodias, os gags visuais, clixés, arquetipos megautilizados, a bizarrada, as parvadas máis parvas, o humor negro e, mesmo, sostén Alexandre Pita, "algunha pincelada de humor intelixente".

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 19-04-2015 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
O PP oponse a que haxa máis galego na administración de xustiza
Esta sexta feira (17 de abril) o Partido Popular rexeitou incorporar como requisito para exercer funcións xurisdicionais en Galiza o "cominio oral e escrito" da lingua propia.

O grupo que apoia o goberno da Xunta opúxose a unha iniciativa parlamentaria presentada pola deputada do BNG, Ana Pontón, na que visaban icorporar este punto á reforma do Poder Xudicial á fin de equiparar o estatus do que gozan neste sector da administración o galego e o castelán. Porén, o voceiro do PP, Agustín Baamonde xustificou a oposición do seu partido asegurando que debían ser respectadas as opcións individuais das persoas usuarias da xustiza e tamén d@s profesionais da xudicatura.

Porén, Pontón retrucou preguntando ao deputado popular por que que cando no Estado se esixe o coñecemento do español é “un acto de liberdade” mais se na Galiza se esixe o coñecemento do galego para o Partido popular, “é unha atrocidade”.

Só o 5% das sentenzas en galego

Na Galiza só o 5% das resolucións se escriben na lingua de noso convertendo a súa presenza en practicamente testemuñal. Neste senso, Carlos Varela, ex-Fiscal Superior de Galiza e membro da Irmandade Xurídica Galega, ten recoñecido sen ambaxes que "a situación do galego neste eido é aínda precaria e pode acreditarse que o dereito do cidadán a recibir servizo na súa lingua de elección non está actualmente garantido".

“Vostedes defenden a imposición do castelán e van en contra do Plan de Normalización lingüística”, recriminou a parlamentar do BNG perante a negativa do PP a que, pola vía legal, se garantan os dereitos lingüísticos do pobo galego.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2015 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 120.000 maiores de 65 anos viven sós en Galicia e un 44% de mozos está cos pais
O número de fogares con maiores de 65 anos que viven solos en Galicia creceu en 2014 un 9,6% respecto a 2013, ata alcanzar as 121.500 persoas, o que supón unhas 10.700 máis que as 110.800 que estaban nesta situación o ano anterior.

Así figura na Enquisa Continua de Fogares de 2014 feita pública este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), na que aumentan en 2014 un 0,5% os fogares en Galicia ata os 1.074.600, aínda que descende a poboación residente ao pasar de 2.731.600 persoas en 2013 a 2.715.200 2014.

O tamaño medio na Comunidade é de 2,52 persoas por fogar, e sofre unha caída respecto ás 2,55 persoas por fogar que había en 2013, aínda que está lixeiramente por enriba da media española (2,51).

De acordo coa información estatística na que figura o valor medio de 2014, os fogares unipersonales incrementáronse dende os 250.700 ata os 259.000 (un 24,1% do total).

Un total de 121.500 das persoas que viven soas teñen máis de 65 anos, mentres que 137.600 teñen menos de 65 anos. Dos maiores de 65 anos, 88.000 son mulleres e 33.400 homes (en 2013 eran 78.700 mulleres e 32.100 homes).

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2015 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
NON PODE IR A CLASE POLA SÚA COR DE PELO.
Emily Reay é unha moza de 17 anos á que prohibiron asistir a clase, nada máis que pola súa cor de pelo.

Estamos acostumados a escoitar casos de xente á que expulsas das súas escolas por mal comportamento, por algunha pelexa... Sin embargo, o único delito que cometeu esta adolescente británica é ter o pelo louro.

Ao parecer, a escola Trinity considerou que o seu tono de pelo é inapropiado. Non explicaron o por qué o tono vermello de Emily é menos válido que o moreno ou o negro, pero dende a dirección pediron que rebaixe a súa tonalidade para poder asistir a clase.

A moza asegurou que ao principio chorou moito, pero logo decidiu colgar unha canción en youtube defendiendo a súa cor de pelo.

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2015 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
O proxecto “O mundo que queremos” reúne case 600 estudantes
Preto de 600 estudantes pertencentes a nove institutos galegos inscritos no proxecto Cooperación Galega “O mundo que queremos” participaron onte nun encontro intercentros en Santiago, onde presentaron os resultados deste proxecto de educación para o desenvolvemento. Esta iniciativa, que pretende promover a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as dinámicas locais e a desigualdades globais, está financiada pola Dirección Xeral de Exteriores e coa UE e está a ser executado polas ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Mundo Cooperante, coa colaboración de Educo, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Tempo de Loaira e o grupo de Teatro dxs oprimidxs ‘100tolas’.

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2015 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
O futuro do galego nas XXIV Xornadas de Lingua e Literatura
O profesor Cibrán Arxibai, a escritora Marta Dacosta, a presidenta de Galiza Cultura, Pilar García Negro, o Secretario Nacional da CIG-Ensino,Anxo Louzao, o Presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira, máis o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Carrera compoñen a mesa redonda sobre o futuro da lingua galega coa actual política lingüística que terá lugar ás 16.30 horas nas XXIV Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola AS-PG e a CIG-Ensino.

O amplo debate, con representación da administración e das principais entidades de defensa da lingua, forma parte do intenso programa das xornadas que cada ano se desenvolven en Compostela e á que asisten centos de participantes, en especial, profesorado de Lingua e Literatura Galega. As xornadas terán lugar nesta edición no IES As Fontiñas e iniciaranse ás 10.30 horas cunha mesa redonda arredor do pensamento a obra gráfica e literaria de Castelao na que participarán o profesor e investigador, Xoán Carlos Garrido Couceiro, a profesora e ensaísta Goretti Sanmartín Rei e o humorista gráfico, Xosé Lois, o Carrabouxo.

Arredor d´A Esmorga

A vinculación da literatura e o cine con “A Esmorga” como pano de fondo é o tema da seguinte cita do programa coa intervención do ensaísta e investigador Francisco Rodríguez Sánchez, a actriz Sabela Arán e Ignacio Vilar, director de cine que levou a novela de Blanco Amor á pantalla grande.

Ademais da mesa redonda, á tarde completarase con tres seminarios, un sobre as familias léxicas plurilingües a cargo de Xosé Luís Janeiro Espiñeira, outro arredor da experiencia de normalización lingüística nos centros impartido pola profesora Pilar Ponte e a terceira será a sección habitual do programa “A autora fala da súa obra” que trae ao foro de lingua e literatura á escritora Verónica Martínez Delgado.

As Xornadas rematarán cunha actuación musical de Guillerme Ignacio (Quempallou) e Rubén Fernández (Albariza).

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 19-04-2015 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Gabriel García Marquez: Un ano da morte do creador do realismo máxico
Gabriel García Márquez faleceu fai este venres un ano, tras unha vida nutrida de anécdotas persoais que o achegaron ao mundo máxico das súas novelas, convertido nun personaxe mítico, como o recordan os seus achegados en México, país no que viviu os seus últimos anos.

E é que nos seus 87 anos de vida o colombiano foi facéndose a si mesmo non só como o gran mestre do realismo máxico, senón como un personaxe fabuloso, todo un mito. «El ensinoume que os límites da literatura e a realidade non existen», conta a directora do Instituto Nacional de Belas Artes, Cristina García Cepeda. Ela tivo «o privilexio» de contar coa súa amizade durante os seus últimos anos de vida e hoxe conta: «non se ha ir, segue entre nós, segue na miña alma e no meu ser e recórdoo cada día máis».

«Gabo ensinoume que grazas á amizade a vida é mais rica e gozosa» e tamén que «as palabras nunca salguen baleiras do corazón», contou García Cepeda. Entre os seus moitos recordos, recórdao na súa amada Cartaxena de Indias (Colombia), «vestido de branco, co chapeu, sempre sen perder a humildade e a grandeza que o distinguían».

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2015 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal