Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GEORGE, O CAN QUE LLE SALVOU A VIDA
John Dolan tiña 41 anos cando, na primavera do 2013, a sorte chamou á súa porta por segunda vez. Unha sorte precedida dunha terrible vida, un can chamado George e un gran talento. Porque John era un mendigo que non tiña un teito baixo o que gorecerse dende había tempo, que entraba e saía do cárcere sen que iso lle importase demasiado, que consumía drogas, un ionqui. En resumo, era unha de tantas persoas que habitan as rúas e que apenas vemos cando pasamos ao seu lado. Ata que un día George se cruzou na súa vida e o salvou, como o propio John conta. Dende entón, estes dous inseparables amigos coidaron o un do outro e lograron namorar ademais de a moitos viandantes, a galeristas, artistas e críticos de arte. Porque Dolan ten o talento de debuxar e George o de ter logrado que o seu amo non se rendese por duro que fose o camiño.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
O Ministerio de Xustiza paraliza a contestada privatización do Rexistro Civil
O Ministerio de Xustiza aparcou a reforma do Rexistro Civil que entregaba a súa xestión aos rexistradores, para abrir un período de negociación con sindicatos, operadores xurídicos e partidos políticos en busca dun consenso xa que a proposta actual era rexeitada pola maioría do sector.

Unha decisión que foi ben acollida polos principais sindicatos do ámbito de Xustiza que celebraron que o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, atendese as súas recomendacións, o que supón unha nova rectificación -tras a derrogación de parte da Lei de Taxas Xudiciais- doutro dos proxectos estrelas impulsados polo seu antecesor no cargo, Alberto Ruiz-Gallardón.

Precisamente foi o titular de Xustiza quen anunciou esta tarde a paralización da cesión do Rexistro Civil ao corpo de rexistradores e o inicio dun diálogo coas partes implicadas sobre o modelo de reforma deste servizo público.

"O Goberno non vai propor un modelo de reforma do rexistro civil que non sexa compartido polo conxunto dos axentes", sinalou Catalá, que explicou que abandona a proposta que até agora había promovido e tamén a data que tiña prevista para polo en marcha (15 de xullo).

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos Galego volve ás rúas o 17 de maio para garantir o futuro da lingua
A plataforma cidadá Queremos Galego volverá ás rúas o vindeiro 17 de maio en manifestación e concentracións que se desenvolverán en distintas cidades e vilas galegas ás 12 do mediodía co lema “Galego, garantía de futuro”.

Na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo están xa confirmadas as mobilizacións que se convocarán baixo o lema “Galego, garantía de futuro” co que se quere poñer á vista que “a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua”, explicou o voceiro da plataforma cidadá, Marcos Maceira que volveu, como xa fixera despois da multitudinaria manifestación do 8 de febreiro, lembrar que o presidente Feijóo segue sen recibir ás entidades defensoras da normalización lingüística.

“O actual goberno da Xunta actúa irreponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía”, sinalou Maceira ao tempo que fixo fincapé en ámbitos nos que a presenza da lingua está en grave perigo de desaparición como a dobraxe, os servízos de atención telefónica, a educación infantil, a formación profesional a distancia e de adultos, a administración electrónica, a xustiza ou a saúde.


Lamentaron desde Queremos Galego que após a masiva manifestación do 8 de febreiro, a sociedade galega tivera como única resposta un “anuncio propagandístico” sinalaron, en relación co “Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico" que ven de anunciar o goberno mais que, malia telo reclamado en reiteradas ocasións, continúan sen recibir por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüísticas.

“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo de ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer”, afirmaron no acto de presentación das mobilizacións do 17 de maio para o que Queremos Galego chamou á sociedade a participar porque, segundo defenderon, “o pobo galego ten que se o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días do ano”.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-04-2015 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Fernández Paz, o máis lido nos clubs de lectura
O Premio dos Clubs de Lectura 2015 engádese agora ao numeroso ronsel de recoñecementos do escritor Agustín Fernández Paz. Outorgado co gallo do Día Mundial do Libro, o premio destaca ao escritor como o máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo do pasado curso. Fernández Paz recollerá o novo premio o vindeiro 5 de xuño na VIII Xornada dos Clubs de Lectura que se desenvolverá en Compostela.

Dous novos libros

A neve interminable (Xerais) máis Amizades secretas (Edebé) son os dous novos títulos que o escritor vén de sumar a súa xa dilatada conta de libros. Con A neve interminable regresa o autor ao misterio e ó medo nun diálogo cun dos seus libros máis lidos, o Cartas de inverno publicado vinte anos atrás. A historia da novela desenvólvese na Fonsagrada, na hospedaxe onde se instala un equipo de guionistas para traballar na serie de televisión As fronteiras do medo. Unha neve interminábel aillará ao grupo do resto do mundo. En Amizades secretas, o escritor diríxese de novo ás crianzas de menor idea coa historia dunha rata curiosa que vive no tobo dunha casa nunha cidade vella na que vai vivir Beatriz e a súa familia.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-04-2015 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Un monumento pola memoria fronte á illa de San Simón
“Memoria das vítimas do terror franquista en Vilaboa”, é a lenda que se recolle no monumento que se inaugurará o vindeiro 26 de abril ás 19 horas no peirao de Santa Cristina, nunha iniciativa promovida pola asociación A Regaduxa.

Letras de ferro cortén incrustradas nas pedras do dique do peirao lembrarán, entre outras vítimas, aos presos da illa que fixeron traballos forzados para construír a estrada que vai cara o peirao de Santa Cristina.

O acto será conducido por Tereixa Carro, directiva da Regaduxa e bisneta de Abelardo Sobral, canteiro de Postemirón asasinado en 1936, un dos nomes que ese sentirán na lectura por parte de 15 mozos e mozas do Instituto do Toural dos nomes das persoas represaliadas despois do golpe militar de 1936.

En representación das familias represaliadas intervirá Carlos Casal que lerá uns treitos do Diariode Pepe Casal, seu avó que estivo preso na Illa de San Simón ademais de na cadea de Pontevedra e no Forte de San Cristóbal. O acto rematará cun lanzamento de flores ao mar en memoria das vítimas xunto coa actuación do dúo Dous na fronteira.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-04-2015 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Un terremoto devasta Nepal e causa uns 1.200 mortos
Nepal sufriu un sismo de magnitude 7,9 na escala de Richter, segundo o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos (USGS), que deixou 1.170 mortos, a maior parte deles no val central do país, onde se atopa Katmandú, o lugar máis afectado polo sismo. Son cifras oficiais do Centro Nacional de Operacións de Urxencia, dependente do Ministerio do Interior nepalí.

O sismo sentiuse no norte da India, dende Calcuta ata a fronteira con Paquistán, especialmente no leste, en zonas do norte fronteirizo coa nación do Himalaya.

Entre os monumentos esnaquizados destaca o Dharahara ou Torre Bhimsen, un emblemático monumento de Katmandú erixido no século XIX e recoñecido pola súa importancia arquitectónica pola Unesco.

O gran terremoto de Nepal engrosa a lista dos peores movementos sísmicos dos últimos anos.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
O Mellor Olivo Monumental do Ano está no Pazo de Ortigueira
Foron moitos os poetas da península que, ao longo da historia, dedicaron versos aos olivares: Lorca, Machado ou Miguel Hernández. Estas árbores centenarias permanecen no imaxinario colectivo como un dos símbolos da cultura e a paisaxe mediterráneas. A súa incrible lonxevidade permite a contemplación e estudo de especímenes que viron nacer e morrer a decenas de xeracións.

O vento, a auga e o paso dos días foron modelando algúns exemplares destas árbores, convertíndoas en fermosas esculturas naturais. O recoñecemento deses olivos monumentais é reivindicado hoxe en día pola Asociación Española de Municipios do Olivo, a través dun premio que otorgan de forma anual a un exemplar singular, pola súa idade, a súa evolución así como polo marco no que se atopa. A asociación está formada por máis de 120 concellos dende Navarra ate Andalucía.

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURA
Un estudo de entre 6.000 europeos puxo á sociedade española como a maior consumidora de libros e prensa escrita durante a fin de semana. Esta porcentaxe (22%) supón o dobre que os británicos, e está por diante de alemáns, franceses e italianos.

Por sexos, e durante a fin de semana, as mulleres eran máis lectoras que os homes hai dez anos, de acordo cos datos extraidos do estudo (28 por cento de mulleres fronte a un 19 por cento de homes). Esta marxe mantense na actualidade (26 por cento de mulleres fronte a un 16 por cento de homes).

Estar conectado a Internet ou nas redes sociais son os hábitos que os europeos dedican máis tempo hoxe en día durante a fin de semana que hai unha década. A maioría de persoas utilízaa para ver que publicaron os seus contactos e estar á orde do día coas noticias máis recentes.
En referencia ao uso persoal de Twitter e Facebook, cada español sobe de media 3,53 publicacións a Twitter e a Facebook entre a noite do venres e a do domingo.

Facendo referencia á lectura, quero lembrar que o pasado xoves 23 de abril foi o Día Mundial do Libro e no noso Colexio Divina Pastora Franciscanas, realizouse unha actividade para celebrar dito día. Durante toda a mañá, no balcón da Biblioteca do colexio, realizáronse diversas lecturas de contos ou poemas en diferentes linguas: castelán, galego, inglés e alemán, todas as estudadas neste colexio. Unha forma nova e orixinal de celebrar este día como se merece, xa que a lectura nos proporciona moitos beneficios e coñecementos nas nosas vidas.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Google recibe una demanda de discriminación por idade
Un traballador tecnolóxico de Florida de 64 anos demandou a Google despois de que a empresa descartase contratalo debido á súa idade.

Un novo proceso xudicial podería abrirse contra Google se prosperan as alegacións de Robert Heath, un candidato que se postulou para un posto de enxeñaría de software en 2011 e foi rexeitado pola súa idade.

Segundo parece, o demandante, que naquela época tiña 60 anos, reclama que non foi tida en conta a súa candidatura no proceso de selección debido á súa idade, algo que considera inxusto xa que contaba con ampla experiencia en compañías tecnolóxicas como IBM, Compaq e Xeneral Dynamics.
Heath está a buscar que os tribunais acepten xulgar unha demanda colectiva que englobaría a todos os candidatos de máis de 40 anos que non foron contratados por Google, expoñen no Wall Street Journal.

Na demanda deféndese que mentres a idade media dos programadores informáticos en Estados Unidos é de 43 anos, en Google apenas chega aos 29 anos.
Nese sentido, a empresa TIC con empregados de menor idade é AOL, que rexistra unha media de 27 anos, mentres que nas que teñen traballadores de idade máis avanzada destacan HP, con 39 anos de media, así como Oracle e IBM, ambas as dúas situadas nos 38 anos.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Unha xoiaría de Xapón replica en ouro o casco de Darth Vader
Para celebrar o lanzamento da sétima entrega da franquía A guerra das galaxias, unha xoiaría xaponesa forxou unha réplica en ouro do casco de Darth Vader e acuñou moedas do mesmo material coa silueta do vilán. O busto permanecerá exposto ata o 6 de maio na xoiaría Ginza Tanaka de Tokyo. O casco -cuxo prezo é demasiado alto como para que ninguén o compre-, non está en venda e creouse en colaboración con Disney. Os prezos de cada moeda -que si se comercializan o público- oscilan entre os 503 e os 3.020 euros. A xoiaría tardou catro meses en executar o proxecto, co que quere «conmemorar» o lanzamento da sétima entrega da saga: Star Wars: O despertar da Forza.

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2015 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal