EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

40 anos da Revolución dos Caraveis
O recente 25 de abril cumpríronse xa corenta anos da Revolución dos Caraveis. Nela, os militares portugueses subleváronse contra a ditadura de Salazar. O Exército rebelouse de forma pacífica para tentar instaurar un réxime libertario. Portugal entrou nunha fase de liberdade que nunca antes vivira, posto que a república fora interrompida por Oliveira Salazar e a súa ditadura fascista. Durante o réxime, o presidente republicano estaba ás ordes de Salazar que xa tiña formada unha institución policial fascista, a PIDE. Convocáronse eleccións ó longo deste período, mais os mandatarios utilizaban a fraude electoral para resultar gañadores de novo.

O dito réxime provocou que, a pesares da súa riqueza, o territorio portugués fose un dos máis pobres a nivel europeo.

Xa con Marcelo Caetano como gobernante (sucesor de Salazar), desenvolveuse o maior problema do réxime: nas colonias loitábase por unha independencia á que os fascistas responderon con masacres da poboación e escravitude para os colonos.

As Forzas Armadas eran rexeitadas polos mozos, que se vían obrigados a exiliárense para librárense de ingresar no Exército. Tamén os militares rexeitaban pelexar, cansos de batallas sen sentido. Deste xeito, formaron o Movemento das Forzas Armadas que se rebelou contra a ditadura salazarista. A maioría deles eran capitáns, polo que tamén se lles coñeceu como os Capitáns de Abril. Tentaban chegar á democracia sen violencia.

Así, o 25 de abril do 1974 as tropas saíron á rúa. Unha muller comezou a repartir caraveis aos soldados, caraveis que foron colocados nos canóns das armas. A Revolución logrou triunfar sen derramar máis que o sangue de catro persoas en Lisboa, que recibiran os tiros da policía criminal da DGS da ditadura. A súa memoria perdurou no pobo portugués a través dunha canción de Zeca Afonso, "Grândola, Vila Morena".

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2014 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Mercado de artesanía galega en Ourense
"Compren e compren moito". Esa foi a mensaxe máis repetida polas autoridades durante a inauguración da 18 edición da "Mostra de Artesanía", que tivo lugar na mañá de onte e que estará na Alameda da cidade ata o próximo 4 de maio.

Olga Santos, presidenta da asociación de artesáns de Ourense, foi a encargada de abrir a quenda de intervencións para dar por inaugurada a feira. A presidenta realizou un breve repaso por todas as actividades que ofrece esta nova edición do certame, que alcanza a súa maioría de idade, e recalcou o esforzo que supón cada ano para os profesionais do sector levar a cabo esta actividade e manterse activos. Tamén explicou que se regalará unha planta con motivo do Día da Nai. Ademais recordou a posta en marcha do primeiro Plan de Artesanía de Galicia, cuxo obxectivo é conseguir un sector artesán sólido e sostible.

Sandra Tornero Belloso, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2014 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
O secreto da lonxevidade
O mérito desta muller holandesa foi non só o de chegar aos 115 anos de idade (morreu en 2011). Tamén o feito de doar o seu corpo á ciencia, grazas ao cal un grupo de investigadores puido dar cun dos segredos da lonxevidade.

O estudo das células sanguíneas de Hendrikje van Andel-Schipper acaba de ser publicado polos seus autores, pertencentes a universidades de Holanda e Estados Unidos, na revista "Genome Research", e revela que durante a súa longa vida os seus leucocitos experimentaran máis de 400 mutacións.
Foi en 2011, tras o falecemento de Hendrikje, cando os científicos puideron estudar o seu xenoma. Agora, coa información xenética dos seus glóbulos brancos chegaron á conclusión de que gran parte das mutacións foron inofensivas.

Nas conclusións do estudo, os científicos desvelan que no momento da morte da anciá o sangue periférico "derivaba de dúas únicas células nai hematopoiéticas activas". Isto quere dicir que "a medida que envellecemos, a reserva de células nai hematopoiéticas diminúe ata que todas as nosas células son clons de só unhas poucas células parenterais".

Os investigadores aclaran que a medula ósea humana contén unhas 11.000 células nai hematopoiéticas, das que 1.300 se dividen de xeito activo e renovan as nosas células sanguíneas. Non obstante, no sangue de Hendrikje van Andel-Schipper, a maior parte das células derivaba de só dous desas células nai.

A anciá, a pesar da súa idade, estaba sa e conservara ata o seu falecemento as súas facultades mentais en perfecto estado.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2014 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro café para gatos ábrese en Nova York
Tomar un café na compaña de 16 gatos e levarse un á casa se se sente atraído por algún deles, é unha realidade no Cat Café que abriu o xoves pasado, no 168 da rúa Broadway, en Nova York, segundo unha publicación de The Wall Street Journal.

Este tipo de establecemento, común en Asia e Europa, é o primeiro en Estados Unidos e é patrocinado por unha marca de comida para gatos.

A cafetaría, que abre de xoves a domingo, de 10:00 a 19:00, tamén ofrece cada día "chats gato" con Carrie Ann Inaba, xuíz do programa Bailando coas estrelas e a veterinaria Deb Greco, cuxas charlas tamén se transmiten en liña.

Durante a inauguración, no amplo salón con mobles e ventanais reservado para os felinos, Wyatt dun ano e os seus peludos amigos gatos con raias gris e branca, xogaban e levantaban as súas patas no medio dos xornalistas que acudiron a cubrir a apertura.

En medio do constante rosmar, no salón contiguo o persoal da cafetaría servía preparacións realizadas en forno, e circulaban as cuncas de café denominadas Cat'achino, que na superficie da escuma tiñan debuxada a cara dun gracioso gato.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2014 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Couso Galán
Das ruínas do pasado, ao presente. Couso é o rexurdir dunha aldea. Sete anos de obra que conseguiron resucitar un lugar abandonado nos confíns de Sarreaus. Todo un paraíso de mans dunha soa persoa: José Galán, natural da Rioxa.

El afirma terse namorado do río Limia que cruza a aldea de arriba a abaixo. Este tolo amor que sentiu ao ver o que antes eran ruínas, fixo que comprase a vila e se empeñase en levantar casa por casa e pedra por pedra esta aldea galega deshabitada. Quixo deixar a un lado a típica imaxe dunha aldea abandonada que podemos ver por desgracia a miúdo no rural galego, para convertela en 2008 nunha preciosa imaxe de casas restauradas que seguen conservando os mesmos materiais que no pasado.

O motivo de que un rioxano rematase namorado da nosa terra galega aconteceu unha mañá de cazaría que compartía cun dos seus amigos. Decidiron parar para almorzar e explorar a zona, e aquelas fabulosas vistas atraparon o corazón de dous amantes da natureza. Xusto nese momento os dous preguntáronse comprar as casas e arranxalas pero nunca pensou que ese soño chegaría tan lonxe. Foi en 2001 cando empezaron a comprar as casas, pero en 2003 o seu amigo falece nun accidente, polo que arranxar Couso é como unha homenaxe. Case dúas décadas despois de que o seu último morador, Eligio, abandonase a aldea, Couso renace das súas cinzas.

Agora unha cantidade enorme de persoas visitan este lugar. José Galán conta que xamais recuperará todo o capital invertido en arranxar este pequeno lugar escondido entre unha fermosa natureza, pero aínda así énchese de orgullo e afirma que pagou a pena.

Couso converteuse nunha aldea rural, un lugar excelente onde pasar uns días rodeados da natureza, gozar da tranquilidade e da gastronomía galega.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2014 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Cuestión de oído: escoitar ben é saúde.
Ante os primeiros síntomas de perda de audición convén acudir a un especialista.
Consellos
Os síntomas iniciais son pouco percibidos ou ben tolerados pola persoa xa que é unha afectación progresiva.
Nun inicio perdese a capacidade para oír as consonantes, co que se perde capacidade para escoitar as palabras e desta forma o sentido das frases. Así, faise difícil diferenciar entre os sons do s, a t ou o ch.
A persoa afectada pide constantemente que se lles repita o devandito, por este motivo adoitan ser as persoas máis próximas, familiares ou compañeiros de traballo, os que primeiro detectan o problema.
Poden darse casos de hipersensibilidade auditiva, así, pásase de non oír a ter episodios repentinos de extrema sensibilidade a algún ruído.
Segundo explica Constantino Morera, presidente da Comisión de Otología da Sociedade Española de Otorrinolaringología (SEORL) e xefe de Servizo desta especialidade no Hospital A Fe de Valencia, a perda de audición é un síntoma non unha enfermidade e como tal é necesario acudir ao especialista para descubrir a súa posible orixe e proceder ao tratamento máis adecuado.
Ademais, o especialista apunta a que existen enfermidades nas que a hipoacusia é o único síntoma evidente, o que as converte nun signo de alarma moi a ter en conta.
Programas de detección precoz
Na actualidade, realízanse probas de 'screening' auditivo a todos os recentemente nados, o que permite identificar a aqueles que teñen algún tipo de hipoacusia conxénita. Nos máis pequenos ademais téñense en conta para esta detección precoz a existencia de factores de risco como os antecedentes familiares, as infeccións durante o embarazo ou os posibles traumatismos derivados do parto.
Neste sentido, Morera sinala que se avanzou moito na detección e tratamento dos nenos con hipoacusia, xa que nos seus distintos grados (leve, moderada, grave e profunda) existen audífonos moi avanzados para os niveis intermedios e implantes para os máis graves con moi bos resultados.
Para rematar, sinalar que existen condicións de saúde xeral como as implicadas na diabetes ou o tabaquismo que implican máis risco para o oído. Ademais, as infeccións como as otitis medias crónicas ou determinado tipos de fármacos, como algúns antibióticos ou tratamentos de quimioterapia, tamén poden producir danos no oído. O caso máis común de hipoacusia é o da presbiacusia ou perda auditiva asociada ao envellecimiento. Adóitase dar a partir dos 55 a 60 anos e baséase nunha perda fisiolóxica por deterioro da canle auditivo.

Por Fernándo Rodríguez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Reino Unido recoñece o pobo de Cornualles como minoría nacional.
O Reino Unido vén de recoñecer oficialmente aos e as córnicas como 'minoría nacional', nunha decisión que equipara o pobo de Kernow (Cornualles) co status que ten Cymru (Gales), Escocia e Irlanda do Norde. A decisión foi cualificada por Mebyon Kernow (o partdo nacionalista de Cornualles) como fantástica” polo que supón que oficialmente se recoñece que non son ingleses.

Con 3.500 km cadrados e 500.000 habitantes, este pequeno país celta é un gran descoñecido. Hai un milenio que foron subsumidos por Inglaterra, nunha asimilación que case finiquita a súa identidade como pobo. Desde hai case dúas décadas, e aos poucos, Kernow comezou a reivindicar a súa identidade nacional e auto-goberno.

A decisión adoptada por Londres implica que o Reino Unido deberá de protexer, manter, garantir a cultura e identidade córnica. Para @s nacionalistas, supón un pasiño adiante de cara a atinxir unha asemblea autónoma, da que carecen na actualidade (e que si teñen Escocia e Gales).

Campaña polo autogoberno

Co inicio de 2014 desde diferentes entidades e organizacións de Kernow apostouse por impulsar unha campaña de recollida de sinaturas en demanda de autogoberno. O partido nacionalista Mebyon Kernow (MK) quere implicar á cidadanía nun movemento que acade que Londres acepte dotar a Cornualles de institucións de goberno propias. Nunha enquisa, se ben do 2009, a metade das e dos córnicos eran favorábeis a esta demanda. Daquela impulsárase unha campaña semellante e que atinxira as 40.000 sinaturas, cifra non desdeñábel tendo en conta que Cornualles ten medio millón de habitantes.

No censo de 2011, o 14% d@s habitantes en Cornualles declaraban que a súa identidade nacional era a córnica.

Por Fernándo Rodríguez.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Juan Viaño, novo reitor da USC
O catedrático de Matemática Aplicada Juan Viaño será o novo reitor da Universidade de Santiago de Compostela tras obter unha axustada vitoria fronte ao seu rival, o catedrático Antonio López, co 50,53 por cento do voto ponderado.

Após unha xornada electoral marcada por unha escasa participación, que alcanzou a penas o 14,45 por cento do censo, o equipo liderado por Juan Viaño será o encargado de afrontar os problemas que afectan a institución académica compostelana, que sitúa na situación económica, a necesidade de impulsar uns novos presupostos e a rápida negociación dun novo plan de financiamento universitario.

Antonio López, único rival de Viaño a suceder a Juan Casares Long, conseguiu o 49.47% do voto ponderado. Dos 4.530 votos emitidos, uns 4.377 foron válidos, 153 nulos e 454 en branco.

Un total de 31.352 persoas estaban chamadas a participar na elección do novo reitor da USC, dos que finalmente emitiron o seu voto uns 4.530 integrantes dos catro sectores da comunidade universitaria que compoñen o censo. Dos sectores que compoñen o censo, a maior participación rexistrouse no profesorado doutor con vinculación permanente, cun 86.94%. Séguelle o persoal de administración e servizos, co 73,70 por cento, as restantes categorías de persoal docente e investigador (19.37) e do alumnado (1º, 2º, 3º Ciclo e postgraos propios), con solo un 6.67%.

Por Samuel Vázquez.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-04-2014 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Navalcarnero, emerxendo en Galicia.
Navalcarnero, poboación de 25.000 habitantes e a 400 quilómetros de Galicia, está poñendose de moda pola afeción do seu alcalde polos cruceiros e outra temática que crea moito ruído popularmente eentre as distintas persoas das cidades. E é que nuns poucos anos, a vila pasou a ter 150 cruces de predra.

O único que se realiza nesta poboación é rescatar os signos propios da cultura galega e tamén amosalos o resto do mundo. Antigamente o normal era sinalar as cruces de camiños con cruceiros, así que volveuse a colocar algúns onde xa as había. Servían para poder delimitar os camiños ou simplemente axudar os visitantes na súa orientación cando se encontraban dudosos no camiño.

Moitos destes cruceiros de diversos tamaños, base sinxela ou de varios chanzos e con e sen escultura na cruz foron mercados en Galicia ou Portugal a prezos que oscilan entre os 600 e os 18.000 euros. A oposición critica a proliferación de cruces a pesar dunhas arcas municipais cada vez máis escasas.

Estas iniciativas axudan a poder recuperar todo o valor históricos que contaba a nosa terra ademais de crear unha gran riqueza cultural necesaria nos tempos que ocorren no século XXI.

Por Samuel Vázquez.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
O monumento aos Mártires de Carral.
O historiador e primeiro presidente da Academia, Manuel Murguía fora o impulsor dunha interpretación dos feitos do 46 na que o elemento galeguista (provincialista) e o progresista do alzamento de Solís aparecen ligados de forma indisoluble. Así, nas páxinas de Los Precursores (1885), o Patriarca sitúa a Antolín Faraldo, heroe do 46 finado no desterro e principal ideólogo do provincialismo, no primeiro capítulo dun libro en cuxo limiar se declara que: "La importancia de nuestros hombres la medíamos por lo hecho a favor y por la gloria de la pequeña patria".

A inauguración deste monumento supuña, pois, a culminación dun longo proxecto iniciado case cincuenta anos atrás, durante o Bienio Progresista (1854-1856). Nestas datas, o 26 de abril de 1856, Murguía asinaba, aos 22 anos, un artigo titulado Aniversario nas páxinas de La Oliva, no que evocaba a Batalla de Cacheiras que el presenciara sendo rapaz nas rúas de Compostela dez anos antes, e facía referencia tamén ao proxecto do goberno liberal daquela no poder de erixir unha estatua aos "mártires de Carral" que el consideraba superfluo: "¡Hoy quiere elevárseles un monumento! ¡Un monumento! ¡Preguntad a los que les han llorado, en su infortunio, preguntadles si lo necesitan! No, os dirán: su monumento está aquí, y os señalarán el corazón".

Pouco podía agardar Murguía que ese monumento aos Mártires de Carral había tardar aínda case medio século en ser construído grazas ao apoio económico da emigración galega en América, e dunha listaxe de subscritores locais entre os que figuran Carolina Michaëlis, Eduardo Vincenti, Göran Bjorkman, Lugrís Freire, Tettamancy, Justo G. Areal, Andrés Martínez Salazar, Murguía, Pondal, os irmáns Florencio e Leandro Vaamonde, ou o anónimo "un labrego", e que se pode consultar completa nesta ligazón. [PDF 1.6Mb]

Xantar celebrado na horta de Alejos Bissi, en Carral. Entre os comensais, Francisco Tettamancy, Uxío Carré e Manuel Murguía.
Xantar celebrado na horta de Alejos Bissi, en Carral. Entre os comensais, Francisco Tettamancy, Uxío Carré e Manuel Murguía.

Co pasar do tempo, esta escultura converteuse nun verdadeiro lugar de peregrinación para as sucesivas xeracións de mozos e activistas galeguistas que o consideraron un símbolo do renacer galego e celebraron ao seu pé numerosas homenaxes e actos cívicos.

Por Serxio María.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal