Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Convidados Honorables.
Anos 60. The Beatles,é o grupo máis famoso do mundo, máis ca Xesucrito, segundo eles mesmos. As súas cancións reventan as listas coma nada. John Lennon e Paul McCartney convértense na dupla compositora por excelencia na historia da música contemporánea.
Anos 70. Eric Clapton, un home tranquilo enriba dos escenarios leva uns anos revolucionando a forma de tocar, é o máis veloz, o máis innovador, é o mellor do planeta á hora de palpar as seis cordas, a xente chámalle "God".
Anos 80. Bruce Springsteen, un rapaz de Nova Jersey leva uns anos salvando ao rock and roll máis macarra das poutas do aburrimento e a comercializando. A xente refírese a el coma "The Boss".
Anos 90. Nirvana, tres rapaces comezan en Seattle a súa propia lenda. Collen o rock alternativo e o punk e elévanos á máxima expresión, creando así o Grunge. Son a voz da xuventude da época, son a insignia da Xeración X.
¿Que pasa cando catro das figuras máis influintes de catro das décadas máis importantes da historia da música contemporánea cítanse no mesmo disco? Pronto o saberemos, xa que, o novo disco de Paul McCartney, contará con colaboracións de Clapton, Springsteen e os membros vivos de Nirvana.
A colaboración con Clapton non é nova, The Beatles e Clapton citáranse xa na grabación de When My Guitar Gently Weeps, na que Clapton interpretaba a guitarra principal.
O de Nirvana víase vir, xa que o pasado doce de decembro, Krist Novoselic, Dave Grohl e Pat Smear participaron xunto a McCartney no concerto benéfico de recadación de bens para a desastre do furacán Sandy, saíndo a escena e provocando as delicias dos espectadores.
Tamén con Springsteen se ten atopado McCartney, a salientar a actuación de ámbolosdous nos Grammys do 2012.
O disco deste Sir inglés ainda non ten data, pero esperemos que o tempo agardando, non sexa moi longo.


Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2013 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
María Xosé Queizán, Premio Irmandade do Libro pola súa traxectoria literaria.
Cada ano, a Federación Galega de Libreiros premia unha autora ou autor pola súa traxectoria na convocatoria dos seus premios. Nesta edición, XXII, a escritora María Xosé Queizán foi a escollida polo xurado para recoñecer a súa ampla dedicación ao mundo do libro como narradora mais tamén autora de ensaio, teatro, poesía, artigos xornalísticos, tradución e mesmo partillando noutros ámbitos da edición literaria como a dirección dunha publicación -a Festa da Palabra da que está á frente desde 1983- ou como directora de coleccións como As literatas de narradoras en Xerais.
O seu primeiro título foi a novela A orella no buraco en 1965 para inaugurarse despois no ensaio con A muller en Galicia, un título que iniciaría o seu traballo teórico no que publicaría posteriormente Recupereos as mans, sen dúbida dous libros de referencia nos ensaios do feminismo. Coñecida en especial como narradora, entre os seus títulos figuran Amantia, A semellanza, Amor de tango, O solpor da cupletista, Ten o seu punto a fresca rosa, Sentinela, alerta! ou Meu pai vaite matar. En poesía daríase a coñecer en 1991 con Metáfora da metáfora para seguir logo títulos como Despertar das amantes, Fora de min ou Cólera.
O xurado recoñece como motivación para premiar a Mª Xosé Queizán “a longa e moi definida traxectoria en traballar polo galego dende todos os xéneros, sendo pioneira na narrativa galega despois da guerra. Resultando ademais, que no ano dedicado ao teatro, María Xosé é precisamente unha persoa moi vinculada ao xénero dramático”. En teatro, publicou, entre outras, Antígona, a forza do sangue. Como tradutora achegou a nosa lingua obras de Margarite Yourcenar, Karen Blixen, Charlotte Perkins ou Emilia Pardo Bazán.
Os premios entregaranse o próximo día 20 nun acto que terá luga r na Casa da Cultura de Monforte no que se darán a coñecer tamén os nomes gañadores nas modalidades de libro, obra editorial, libraría, centro de ensino e fomento da lectura de 2012.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-04-2013 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Sambora, entre dúas ou máis augas.
Richie Sambora é e foi o guitarrista do grupo Bon Jovi. Dende aqueles primeiros pasos da banda na Nova Jersey de comezos dos oitenta ata a etapa máis reciente coa nova volta ás listas de éxitos pasando pola recoñecida época do glam metal a finais dos anos oitenta, Sambora acompañou a Jon Bon Jovi tocando, sempre de modo virtuoso, a guitarra.

Recentemente, na páxina web do grupo anunciábase a baixa do instrumentista con estas palabras :"Por cuestións personais, Richie Sambora non actuará nos concertos do que queda do actual tramo da xira. Todas as presentacións seguirán adiante tal e como estaban programadas". Polo momento descoñécense as causas ou cando volverá coa banda, que se atopa de xira presentando o seu último disco, What about Now.

O guitarrista, segundo informa Europa Press, non estivo presente no último concerto do grupo en Calgary, Canadá. Jon Bon Jovi, vocalista e líder da banda, explicou que se vira nunha encrucillada :"Tiña dúas opcións, ou coller as equipaxes e volver á casa ou vir aquí e dalo todo".

O afamado vocalista encargouse da maioría das partes de guitarra que adoitaba interpretar Sambora durante a actuación e tamén dixo : "Richie non está no cárcere nin no hospital, nin nada, pero non tocará connosco a curto prazo".

As rumores sobre Sambora son cada vez máis. Convén recordar que o guitarrista pasou por unha clínica de desintoxicación, por mor da súa adicción á bebida a comezos do ano 2011. Algúns medios comezaron a dicir que Jon expulsara a Richie da banda. Cousa que o propio cantante desmentiu a un xornal de Austin, Texas.

Esta banda comezará a súa xira por europa en maio, es esperamos que Sambora se atope ben para podelo disfrutar.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-04-2013 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova terapia xénica logra curar un tipo de leucemia grave en cinco pacientes.
Os investigadores do Memorial Sloan Kettering Cancer Center de Nova York manipularon unhas células do paciente para "ensinarlles" a atacar ás canceríxenas

Reprogramar genéticamente no laboratorio as células inmunes do noso propio corpo para conseguir que loiten contra as células tumorais. Este é o obxectivo perseguido por un grupo de investigadores do Memorial Sloan Kettering Cancer Center de Nova York, un dos centros máis prestixiosos de cancro do mundo, que conseguiu facer remitir un grave tipo de leucemia -pouco frecuente pero moi devastadora- en tres de cinco pacientes.

Os investigadores -que acaban de publicar o seu achado na revista "Science Traslational Medicine"- manipularon células T (un tipo de células que actúan de xeito defensivo dentro do corpo) dos pacientes para 'ensinarlles' a atacar unha proteína denominada CD19 e que está moi presente nos pacientes con leucemia linfoblástica aguda, un tipo de cancro menos frecuente en adultos que en nenos, pero no caso dos maiores, a súa supervivencia é de apenas un 40% (fronte ao 80%-90% dos nenos).

Os cinco pacientes do ensaio (de entre 23 e 66 anos) recaeran logo de recibir a quimioterapia estándar. A súa única opción era un trasplante de medula, pero debido ao rápido avance desta leucemia non estaban preparados para iso.

No estudo, dirixido por Renier Brentjes, os cinco pacientes mostraron unha desaparición completa da leucemia entre oito e 59 días logo de recibir as súas propias células T modificadas. e puideron someterse a trasplantes de medula ósea con posterioridad. Nun deles, todos os trazos de leucemia desapareceron totalmente en oito días. "Tiñamos esperanzas, pero non podiamos prever que a resposta serían tan profunda e rápida", explicou o doutor Brentjens.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-04-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Denegan a nacionalidade española a un emigrante senegalés por non saber o nome da muller de Rodríguez Zapatero.

Non poucos serán seguramente os españois que descoñezan a resposta a esta pregunta que, sen embargo, resultou determinante o pasado 28 de xaneiro no Registro Civil de Almería á hora de lle denegar a nacionalidade española ao inmigrante senegalés Magdou Ndoye, residente dende vai dez anos en España, alegando “non ter amosado suficiente grado de integración na sociedade española”
O cidadán foi sometido a un cuestionario no que tamén se lle preguntou polo nome do monarca ou polas cores da bandeira nacional. Cuestionario que non está esixido polo código civil, polo que supón unha ilegalidade que xa foi recurrida ante a Audiencia Nacional, que xa admitiu o trámite. O recurso adxunta dous folios de firmas de cidadáns, españois na súa maioría, o que proba a integración de Ndoye na sociedade.
Dende a Asociación Pro Dereitos Humanos de Andalucía, o coordinador da área de inmigración, Carlos Arce, explicou que a lei esixe que se acredite a citada integración, polo que a forma de facelo queda a discrecionalidade do xuíz do rexistro civil. O problema reside en que mentres nuns casos este trámite se soluciona mediante unha entrevista persoal, noutros se elabora unha batería de preguntas estándar coma a citada. Dende a Asociación consideran que, dada a subxectividade do asunto, canto menos deberiamos estar a falar de preguntas que a media da poboación española puidese contestar.

Aida González Vázquez, 2º B de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-04-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Dificultades económicas en seis de cada dez fogares galegos por culpa da Gran Recesión.
Teñen serios problemas para chegar a fin de mes Máis do 8% dos enquisados admite algún atraso en pagamento de recibos, pero cae o aforro e as familias que non se permiten ningún extra



Seis de cada dez fogares galegos teñen dificultades ou moitas dificultades para chegar co fin de mes (un 64% do total), segundo a enquisa conxuntural de fogares que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).


En concreto, case dous de cada dez (17,83% do total) presentan moitas dificultades, o que supón que este dato triplicara case se triplicara nun ano, no primeiro trimestre de 2013 con respecto ao do mesmo período do ano anterior, cando se situaba no 6,5%. En canto ao cuarto trimestre de 2012, a cifra de fogares con moitas dificultades sobe case seis décimas, xa que entón estaba en 17,26%.



Fronte a isto, actualmente, máis de catro de cada dez fogares (o 46,05% do total) recoñecen dificultades e máis de tres de cada dez (o 36,12%) chegan a final de mes con facilidade ou moita facilidade. Ademais, a enquisa do IGE tamén reflicte que un 28,37% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos últimos tres meses, o que supón diminuír a porcentaxe tanto en taxa intertrimestral e interanual, pois un 31,65% dos fogares non se permitira ningún extra no último trimestre de 2012 e un 31,46% tamén se privara de todo extra o primeiro trimestre do ano pasado. Así, o primeiro trimestre de 2013, pagaron unhas vacacións, viaxes ou estanzas de ocio un 6,96% dos fogares enquisados (7,47% hai un ano); saíron a cear, a cafetarías, ao cinema ou ao teatro un 52,93% (48,57% o primeiro trimestre de 2012) e fixeron fronte a imprevistos ou grandes compras o 16,2% dos preguntados (19,35% os tres primeiros meses do pasado ano).Segundo Estatística, se reduciu o aforro dos fogares, ao poder un 29,86% deles aforrar algo de diñeiro estes tres primeiros meses fronte ao 33,4% de 2012. Realizaron algún extra en produtos de alimentación case a metade dos fogares galegos (45,86%) e dous de cada dez (20,47%) fixeron algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-04-2013 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Desacordo.
Os portavoces dos tres grupos do Concello celebraron unha reunión onte para estudar a proposta do Club Deportivo Lugo para a adquisición de accións, por un importe aproximado aos 600.000 euros.

Do contido da reunión nada transcendeu, por acordo adoptado polos portavoces, que volverán reunirse na próxima semana. Con todo, antes do encontro, o representante do PP, Jaime Castiñeira, expuxo o bosquexo dunha proposta que pretendía expor. Cre que no canto de comprar accións por unha determinada cantidade, pode ser de maior interese social o facilitar a construción de campos de adestramento, algo así como unha cidade deportiva.

Aínda que a proposta non pasa de ser unha suxestión, Castiñeira di que o Concello ten que colaborar, pero pode facelo tamén facilitando ao club a consecución de patrimonio. Apuntou incluso a posibilidade de establecer un convenio, mediante o cal o Concello achegaría a cantidade que se pactase para a construción das novas instalacións. Deste xeito, garántese que a cidade non perderá o investimento pase o que pase no futuro co club.

Posibilidades

O portavoz popular indica que no municipio hai zonas nas que sería posible executar un proxecto como o que suxire. De pasada, e no medio dunha reflexión sobre este asunto, cita as posibilidades que ofrecen os terreos do antigo Club de Tenis, nas Gándaras.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-04-2013 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cen ombreiros onde convén arrimarse
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é o galego máis influente, desbancando do posto ao mesmísimo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que cae á terceira posición. No medio dos dous cóase Amancio Ortega, fundador do xigante téxtil Inditex ao que ser a terceira persoa máis rica do mundo non lle serve para desbancar o mandatario galego.

Este é o podio da listaxe dos 125 galegos con maior influencia –dos que reproducimos 100– que elabora anualmente El Correo Gallego e que vén de publicarse. Neste ránking, os políticos son quizais o colectivo máis numeroso, xa que aparecen tres no top 10 –entra ademais de Feijóo e Rajoy o vicepresidente galego Alfonso Rueda– e ata vinte entre os cincuenta máis influentes. Neles destacan nomes como Xosé Manuel Beiras, que con AGE volve á primeira liña e sitúase no posto 13º; ou o alcalde santiagués, Ángel Currás, que ocupa o posto 32º malia os escándalos do Concello. Outro dos gremios destacados é o dos empresarios, con Amancio Ortega, Manuel Jove, Pablo Isla ou José María Castellano moi ben situados, e onde existe unha ampla representación –téxtil, conservas, alimentación, motor...
O mundo do deporte limítase a David Cal, Gómez Noya, Sofía Toro e Moncho Fernández entre os cen primeiros, sen que aparezan futbolistas. E tamén está descafeinada a cultura, con Luis Tosar salvando a honra nun meritorio posto 19º e Manuel Rivas no 20º. Méndez Ferrín, ex presidente da RAG, está na posición 81ª. Médicos, xornalistas, docentes e xuíces completan unha listaxe onde Ana Pastor e Rosalía Mera lideran o ránking feminino e onde a Igrexa mantén o seu poder social co vilalbés Rouco Varela no posto número dez.


Sara Álvarez González
2º Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-04-2013 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Europa revoga unha patente relativa ao uso de células nai embrionarias
A Oficina Europea de Patentes (OEP), con sede en Múnic (sur de Alemaña), informou hoxe da revogación dunha controvertida patente relativa ao uso de células nai embrionarias humanas, aínda que non por razóns éticas, senón técnico-xurídicas. A patente, tal e como foi outorgada," debe ser revogada, pois se refire a contidos que no seu rexistro orixinal non estaban descritos, indicou Rainer Osterwalder, voceiro adxunto da OEP.

A solicitude de patente do reputado neurobiólogo alemán da Universidade de Bonn (oeste) Oliver Brüstle -adaptada xa polas obxeccións de tipo ético que suscitou- refírese ao uso de células nai embrionarias humanas sen danar ou destruír embrións humanos.No obstante, estas técnicas non se coñecían publicamente en 1998, cando se fixo o rexistro da patente, subliña a OEP.

"Trátase dunha decisión parcial importante. Reforza a protección de embrións humanos", declarou o experto en patentes de Greenpeace, Christoph Then, quen non obstante sinalou que a organización xa conta con que a sentenza será de novo recorrida.

Aprobada polo Supremo alemán
A finais de novembro pasado, o Tribunal Supremo alemán (BGH) aprobou as patentes de técnicas para o uso de células nai embrionarias de seres humanos, sempre e cando non impliquen a destrución de embrións humanos.

Esta sentenza supuxo un triunfo parcial para Brüstle na revisión dunha demanda presentada por Greenpeace, que solicitaba que as patentes con células nai embrionarias humanas fosen declaradas nulas.

Greenpeace solicita que as patentes con células nai embrionarias sexan declaradas nulas
O Tribunal de Xustiza europeo prohibiu en outubro de 2011 as patentes de técnicas para as que haxa que utilizar ou destruír previamente embrións humanos.

A sentenza do BHG establecía que a patente será nula se comprende células para as cales haxa que ter destruído embrións, pero continuará vixente se as células nai embrionarias humanas foron creadas utilizando outras técnicas.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-04-2013 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
O Goberno Feijóo pagoulle a empresas de Dorado 5.000 euros e o bipartito deulle 125.000
O xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, admitiu este xoves que a Xunta non só achegou subvencións e axudas a empresas de Marcial Dorado, senón que tamén formalizáronse "contratos" con distintos gobernos autonómicos e recoñeceu que, na súa etapa de xestión --entre 2009 e 2012--, a Administración autonómica pagou "facturas" por polo menos 5.000 euros con sinaturas vinculadas co narcotraficante.

En calquera caso, tras o Consello da Xunta, o presidente sinalou que "a maior axuda pública" que recibiron empresas de Dorado ascende a 125.000 euros e correspóndese con fondos solidarios "por danos producidos en instalacións das súas empresas" outorgados na época do bipartito de PSdeG e BNG, que gobernou entre 2005 e 2009.

Fronte a iso, defendeu que o actual Executivo "non deu axudas", senón que pagou 5.000 euros "por unha contraprestación de servizos" relativos, concretou, á compra de efectos navais, "entre outras cuestións".

Malia a insistencia dos xornalistas para que concretase a contía á que ascenden as axudas formalizadas na etapa do Goberno de Manuel Fraga, o presidente eludiu facelo e insistiu en que, unha vez que conclúa "o peiteado" de documentación e a análise "ano a ano", remitirá á Cámara todos os datos que solicite a oposición.

Iso si, reafirmouse en que a cantidade é "menor" que na época do bipartito e engadiu que el directamente non asinou ningún contrato con empresas de dourado.

"SEN TACHA LEGAL"

Remiso a protagonizar "outra comparecencia" no Consello da Xunta, insistiu en que as fotos publicadas por 'El País' nas que aparece nun iate con Dorado "son de hai 20 anos" e insistiu na "hipocrisía" da oposición polas súas "imputacións" ao criticalo por relacionarse con este cando non fora condenado, malia que PSdeG e BNG lle deron "axudas" ás súas sinaturas "cando xa estaba no cárcere".

"Sen poñer tacha de legalidade" sobre estas subvencións --que cifrou en polo menos 125.000 euros--, o presidente si incidiu de forma reiterada na "hipocrisía" dos grupos da oposición. "Onte (na Cámara galega) víronse con claridade as entrañas dos voceiros da oposición", remarcou, convencido de que comportamentos "hipócritas" como os seus contribúen "á desafección" dos cidadáns ante a política.

"Menos mal que no Código Penal non está tipificada a hipocrisía, algúns políticos téñense a desafección dos cidadáns gañada a pulso", subliñou o xefe do Executivo, quen animou a ver "o vídeo" da súa comparecencia no Parlamento e, tras ser preguntado sobre se el asinou algún contrato no exercicio das súas responsabilidades, respondeu que el "nin asinou, nin adxudicou, nin contratou" nada.

Por último, insistiu en que o seu Executivo trasladará "nos prazos requiridos" aos grupos da oposición "todos os datos de todas e cada unha das lexislaturas e de todos os contratos que soliciten". "Vaise aclarar todo", garantiu, para engadir que el non vai calar nin se deixa "amedrentar" nin acepta "pactos de silencio".


Jorge Vázquez 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-04-2013 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal