Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha curta galega gaña o certame internacional de 7 billion actions
«Un tipo cualquiera», a curtametraxe do compostelán Pedro Díaz, foi un do tres gañadores do certame internacional organizado por 7 billion actions. Presentáronse unhas duascentas cintas pero un xurado profesional elixiu os dez finalistas que se someteron ao veredicto do público, a través de Facebook. O de Pedro Díaz foi a única curta español finalista e conseguiu o premio, valorado en 4.000 euros.

Dirixido polo compostelán Pedro Díaz, a curtametraxe trata a desesperación de envellecer só e empobrecido, facendo referencia a unha historia do debuxante Carlos Jiménez e bebendo de escenas moi próximas ao neorrealismo italiano de Vittorio de Sica. Xunto a Díaz, licenciado en Comunicación Audiovisual en Santiago, estudante de dirección de cinema en Barcelona e natural do pequeno pobo de Proupín, en Ames, traballaron de xeito conxunto outros dous galegos: na edición, Sergio Rodríguez Fernández, vigués co que coincidiu na facultade de Santiago e o coruñés Alejandro Almau, compositor da banda sonora orixinal da cinta «Night will come».

O actor catalán Armando Aguirre Bertolín encabeza a repartición de «Un tipo calquera», despois de traballar no cinema, varias series da televisión catalá e ser recoñecido no mundo teatral con diferentes distincións e premios.

Elena Corral 1º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-04-2012 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
O nosos ancestros usaban o lume 300.000 anos antes do pensado
Esta noticia, publicada en 'Proceedings of the National Academy of Sciences', determina que os ancestros do ser humano usaban o lume 300.000 años antes do que se pensaba.

A Cueva Wonderwerk, onde se atopou, ten un gran tamaño e está situada cerca do borde do deserto de Kalahari, onde xa realizara excavacións Peter Beaumont e descubrira un extenso rexistro de ocupación humana.

Agora, o proxecto de investigación estivo a facer un análisis detallado do material da excavación de Beaumont e o análisis dos sedimentos revelaron restos de plantas incineradas e fragmentos de ósos queimados. Os investigadores tamén atoparon amplias probas de decoloración da superficie, o cual é típico da queima.

O antropólogo da Universidade de Toronto, Michael Chazan, indicou que 'o control do lume sería un importante punto de inflexión na evolución humana'. Ademáis, explicou que 'o impacto da cocción de alimentos está ben documentado, e o impacto de control do lume tocaría todos os elementos da sociedade humana'. 'Socializar en torno a un lume, podería ser un aspecto esencial do que nos fai humanos', apuntou.

Sara Álvarez González
1º A Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-04-2012 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia, a segunda comunidade con máis investimento no 2012
O investimento do sector público estatal nas comunidades autónomas superará este ano os 15.500 millóns de euros, cifra case un 25 % inferior á de 2011. Só crecerá no País Vasco e en Galicia. A comunidade recibirá 1.706 millóns. É un 9,48 % máis que no 2011 que a sitúa como a segunda no ránking absoluto, só por detrás de Andalucía, grazas aos investimentos previstos para o AVE.

O tren de alta velocidade recibe algo máis de 1.000 millóns dos Orzamentos: 701 para o Ourense-Olmedo-Zamora da conexión con Madrid; e 312 para a finalización do Eixo Atlántico.

Da cifra total, Andalucía segue sendo a comunidade máis beneficiada, con 1.851 millóns de euros, aínda que a redución respecto do investimento en 2011, tal e como figuraba no proxecto de orzamentos dese ano, é do 37,7 %.

Ademais de en Galicia, só sobe o investimento no País Vasco -en concreto un 17,35 %, ata os 521 millóns de euros.

Sara Carroceda González, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-04-2012 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa Galiza morre entre labaradas
Un dos maiores tesouros da Europa atlántica, as Fragas do Eume, o derradeiro bosque atlántico intacto e case sen perturbacións do home, morre! , está morrendo baixo as labaradas pola neglixencia e pasividade dos políticos; sabemos dabondo que ao pobo galego non lle interesa protexer o idioma de seu, aínda que é o que o mantén como pobo diferenciado, mais tampouco lle interesa protexer a súa Terra, esa que caracteriza aos galego polo mundo adiante como montañosa e verde e fonte da nosa eterna morriña? Até onde chega a autoxenreira?

A Xunta de Galicia cifrou en máis de 500 as hectáreas afectadas polo incendio que se declarou durante a tarde de onte no parque natural das Fragas do Eume (A Coruña), de alto valor ecolóxico, que se mantén activo cun nivel de alerta 1, o máis elevado, pola proximidade das chamas as vivendas.

A Consellería de Mar e Medio Rural, nun comunicado difundido esta mañá, facía unha nova estimación "provisional" da superficie afectada polo lume que se orixinou onte a media tarde no municipio coruñés da Capela, entre As Pontes e Pontedeume.
Pola súa banda, o alcalde da Capela, o socialista Manuel Meizoso, en declaracións á Radio Galega asegurou que as chamas devoraron xa unhas 2.000 hectáreas.

Un total de 224 militares da Unidade Militar de Emerxencias (UME) traballan na extinción do lume xunto a vinte brigadas forestais, que contan co apoio de cinco helicópteros e catro avións, medios que, segundo a Xunta, iranse incrementando ao longo da mañá.

Unhas 200 persoas tiveron que ser desaloxadas onte pola tarde nas aldeas de Ou Coto, Vilariño, A Ribeira e Teixido, na Capela, onde inicialmente detectouse a primeira fronte dun lume que se avivou con rapidez polo forte vento, que non cesou de soprar durante o día e complicou o traballo das brigadas de extinción.

Fontes dos bombeiros do Eume indicaron a Efe que o incendio da Capela está "baixo control", pero indicaron que o lume se dividiu en varios focos, algúns dos cales cruzaron o río Eume e afectan á outra beira, no municipio de Vilarmaior.

A Xunta localiza outro foco na parroquia de Cabalar, na Capela, cunhas 100 hectáreas afectadas desde as 17:57 da tarde de onte.
Distintas fontes confirmaron que o incendio afectou gravemente ao parque natural do Eume, un bosque atlántico protexido que se estende por toda a conca do río Eume sobre unha superficie dunhas 9.000 hectáreas e un dos puntos máis visitados da comarca.
A Garda Civil mantén cortados desde onte os accesos ao parque natural e desaloxou o mosteiro de Caaveiro, un cenobio do século XII no alto dun montículo en pleno bosque que fora rehabilitado recentemente e que era un das paraxes máis espectaculares de Galicia.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-04-2012 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
O LICEO ADICA O XI PREMIO LITERARIO CARLOS CASARES Á GASTRONOMÍA
O Liceo de Ourense prepárase para a undécima edición do Premio Literario Carlos Casares, no que haberá microrrelatos de non máis de 1.500 caracteres e coa novidade de tratar o tema amplo da gastronomía. Non valen nin guías nin recetarios. O premio será de 1.500 euros que patrocina o Grupo Cuevas . Os textos presentaranse por sextuplicado, en galego ou en castelán, antes do 11 de maio e o premio entregarase o 25 do mesmo mes, nas festas do Liceo.

José Luis Troitiña di que se circunscribe á gastronomía, «onde Carlos tiña relación con traballos dedicados a este tema». Engadiu que ao buscar un patrocinador, dado o orzamento xusto do Liceo, «saíu ou Grupo Cuevas , tamén ourensán como Casares e como ou Liceo».

O xerente de Cuevas , Artur Yuste, expuxo que tras 145 anos de vida da empresa «queremos entrar noutros espazos, achegar noutros ámbitos como a gastronomía e a literatura». Considera que ao mundo literario pode achegar «moitísima esencia a modalidade gastronómica». Neste premio participa cada ano unha media de 700 traballos chegados, di Troitiña, de países como México, Canadá, Cuba ou Arxentina, entre outros.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-04-2012 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
O colexio de xornalistas condena as "coaccións" aos traballadores da CRTVG
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa condena ao "asalto" ás instalacións da Compañía de Radio Televisión de Galicia en San Marcos, a primeira hora da tarde deste venres, por parte dun grupo de persoas que se identificaron como afectado polas preferentes. Así, o colexio, a través dun comunicado, quixo mostrar a súa "solidariedade" cos traballadores que "sufriron presións" e viron "invadido" o seu lugar de traballo.
Explica que "independentemente da comprensión que poida suscitar calquera colectivo afectado por unha situación destas características", e da "crítica lexítima" que se poida facer da liña editorial dun medio, "exercela desa forma é condenable e invalídaa de raíz".
Desta forma, o colexio defende que os criterios de elaboración da información "deben ser sempre profesionais" e advirte de que "pretender influír neles, sexa pola coacción física ou por intereses políticos ou económicos, é inadmisible".

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-04-2012 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal