Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Goberno central recorta nun 62 % a súa asignación á Academia Galega

Os presupostos xerais do Estado teñen prevista unha asignación para a Real Academia Galega (RAG) de 380.840 euros. Esta cifra supón unha rebaixa orzamentaria do 62 % sobre o ano anterior, no que a mesma partida dispuña de un millón de euros redondo para a RAG.
O recorte de 619.160 euros é, tanto en cifras absolutas como relativas, o maior realizado polo Goberno central para calquera das institucións de rango e cometidos similares aos que ten a academia que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. A comparativa de datos entre os dous exercicios, que se pode consultar no documento do Ministerio de Hacienda, reflicte un recorte en todas as institucións que ronda o 20-25 %, tres veces menos do axuste na asignación da Academia Galega.
Ademais da redución para este ano, a asignación que o Goberno central destina para a RAG estreárase no pasado exercicio do 2011, cunha década de retraso con respecto as institucións catalá e vasca. Fontes da Real Academia confirmaron onte estas cifras, explicando que non foran notificadas oficialmente por parte do Goberno e que, polo tanto, descoñecían os motivos dunha redución que consideran inxustificada.

Sara Álvarez González
Nº1 1ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao e Rosalía na fachada

En plena restauración da súa casa en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o artista Anxo Baranga non se puxo a escoller cores para a fachada. Alomenos non no sentido habitual. No seu caso ten optado de momento polo branco e polo negro, aínda que aventura que en breve meterá tamén cor; pero non para pintar a brocha gorda, senón para perfilar coma se se tratara dun cadro e plasmar un gran Castelao, a Rosalía ou ao vilamartinés máis ilustre, Florencio Delgado Gurriarán. Como único axudante, un galleiro co que chegar ás partes máis lonxe do chan.

«A idea é ir facendo un gran mural da cultura galega, poñendo tamén a Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro... Os nosos símbolos, que, por outro lado, moitos non coñecen», conta Baranga. De feito, moitos veciños lle teñen dito aquilo de que a muller da fachada lles soa «¡dos billetes de 500 pesetas!», conta o artista sen disimular a súa sorpresa. «Moita xente non coñece os nosos símbolos, e iso é algo que me gustaría poder cambiar con este proxecto, que ten un marcado sentido didáctico», prosigue Baranga falando dunha ambiciosa idea que aínda non ten nome. O que está moito máis perfilado é o concepto global.

Os grandes nomes da cultura non estarán sós na fachada de Córgomo, datada no 1901. Tamén haberá, na planta baixa, oco para xente con menos repercusión. De momento xa están os gaiteiros de Follas Novas, da que formou parte o pai de Anxo. «E a idea é ir debuxando a xente do pobo, aqueles que traballaron pola cultura, e tamén aos veciños que queiran estar, para que vexan que tamén eles son parte da cultura galega», prosigue o artista.

Baranga ten claro que é un proxecto a longo prazo, e incluso se atreve a aventurar que non o dará rematado nunca. Xustifícao en que co tempo aparecerá alguén novo que engadir, «e tamén é posible que haxa quen se aburra de verse pintado e pida que o quite», di cun sorriso Así que cada paseo ata Córgomo pode

sorprender ao visitante cunha nova estampa da casa, escondida nunha calella ao lado da praza do pobo. O mesmo lugar que o artista afincado en Barcelona visita sempre que lle é posible, en especial durante os períodos de vacacións.

Unha festa para o 25 de xullo

A casa é o só o punto de partida, a escusa e o escenario para unhas xornadas previstas para conmemorar o día da patria. O día 24 haberá unha lectura de textos, para a que xa mostraron o seu interese os grupos de teatro da comarca, e aproveitarase o acto para reclamar o día das letras para Florencio Delgado Gurriarán; e para o 25 Baranga traballa en convocar un debate político, «para escoitar aos xestores do país e da cultura, que teñen un papel fundamental».

Reclama facer unha festa máis alá do sentido relixioso que se asocia a cada 25 de xullo, co Santiago como protagonista. «E facelo para os que estamos tan lonxe de Santiago, que celebremos a festa do país, unha festa laica», di. Para iso ofrece a súa casa, a que cualifica como «a casa da cultura galega».

O artista afincado en Barcelona reivindica un festexo laico para o día da patria.

Magdalena Sepa 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Enquisa sobre a situación económica das familias galegas

En Galicia as familias non están vivindo o mellor dos tempos, polo menos no capítulo económico. Os efectos negativos da crise non van parar petos hole e máis e máis familias que viven en pensións ou de desemprego, en detrimento dos ingresos do traballo. De feito, un millón de familias catastrais en Galicia, 31,43% son realizadas polos beneficios, pensións ou sexa, o desemprego, ou subsidio de desemprego. O feito preocupante, con base en decembro de 2010, contén o galego Estatísticas Institute (IGE), na súa última investigación sobre Condicións de Vida das Familias. Significa que a renda que ven nunha das tres familias procedentes dos subsidios de vivenda do estado. En 2007 este porcentaxe foi do 29%, o que significa que nos últimos tres anos aumentou un 2%. En números reais, foi de máis de 292.000 familias con beneficios de ingresos para uns 331.500. Pero tal dato non é animador, moito peor é a relativa aos ingresos auferidos. De acordo cos rexistros da IGE na investigación anterior, en 2007, o tipo de ingresos de 40,31% das familias de Galicia viñeron de traballo, unha cifra que a finais de 2010 caeu a 32,92%, representando unha caída de 8%. Son pouco máis do que 347,200 familias.

Rocío Fernández
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2012 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
O concelleiro compostelán de Cultura acusa a Bassi de atacar os símbolos de Galicia

A preguntas dos xornalistas sobre o acto protagonizado por Leo Bassi na praza do Obradoiro, o concelleiro de Cultura de Santiago, César Currás, cualificouno como "un ataque aos símbolos de Galicia, utilizando o antigo himno do Reino de Galicia e o traxe galego para facer unha bufonada".

Sobre o impedimento do acceso á sala de prensa municipal, Ángel Currás reiterou que "respondeu estritamente a unha cuestión de seguridade". Neste sentido, explicou que "estaba prevista unha rolda de prensa, pero non a entrada de máis de 100 persoas, como sucedeu finalmente". Indicou que "a convocatoria da rolda de prensa estaba incluída na axenda institucional, feito que demostra o correcto proceder do Grupo de Goberno, en contraste coa anterior lexislatura, onde se nos negou reiteradamente incluír actos do PP nesa axenda".

Samuel Gallego Mayor
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 07:40
# Ligazón permanente a este artigo
Escribano séntese
O exdeputado do PPdeG Javier Escribano afirmou sentirse "lexitimado" para ostentar calquera responsabilidade política, despois de que o Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol arquive a causa contra el por supostos delitos de suborno e tráfico de influencias, aberta no marco de investigación da 'Operación Arena'.
En rolda de prensa, acompañado polo seu avogado, Francisco Javier Fernández Tarrío, Escribano afirmou sentirse "vítima dun momento político", despois de que o caso saíse á luz pública poucos meses antes das eleccións xerais, e tamén dunha "carnizaría mediática".
Así, avanzou que estuda emprender accións xudiciais contra publicacións que puideran vulnerar "a súa honra" e tampouco descartou facelo polas investigacións policiais.
Ao respecto, manifestou non estar "de acordo" coa actuación policial e as súas afirmacións sobre o suposto regalo dun coche por parte do empresario Fermín Duarte, responsable da empresa Manmer, contra o que o xulgado mantén abertas as dilixencias por un suposto delito contra o medio pola importación de áridos de Holanda que poderían ser contaminantes.
Ao fío diso, preguntado se estuda emprender accións xudiciais contra a Policía, precisou que "non", pero non descartou facelo contra algúns membros. "Ao mellor se existen unhas ovellas negras que tiveron uns intereses que haberá que estudar", sinalou.
Escribano deu a rolda de prensa dando lectura a un comunicado, aínda que admitiu preguntas ao termo deste. Tamén achegou aos medios de comunicación o auto do xulgado, contra o que cabe recurso. Nel, o xuíz Alejandro Morán afirma que non se obtiveron "suficientes indicios racionais de criminalidade como para afrontar unha fase de axuizamento".
Ademais, engade que se a instrución "chegou ata aquí, é porque no seu día houbo algunhas evidencias", pero precisa que non foron "determinantes". Así, sobre o tráfico de influencias, argumenta que a actuación de Escribano "como deputado autonómico, para os efectos penais, entraba dentro do razoable", afirma en alusión á información que transmitiu ás autoridades administrativas sobre os problemas de Duarte en relación a a venda de áridos.

RAquel Iglesias Meiriño
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 07:32
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas ‘Galician Connection’ na Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura acolle dende este mércores e ata o 13 de abril as xornadas 'Galician Connection', un encontro internacional de músicos galegos e do mundo como Paquito D'Rivera ou Guadi Galego, que contará cun programa formativo con clases prácticas, debates e un concerto no Museo de Galicia.
A intención da coordinadora do evento, a gaiteira Cristina Pato, é que o encontro "estableza relacións" entre diferentes tradicións galegas e a 'world music' para favorecer "unha maior proxección internacional" da música galega.

Así mesmo, o foro abordará a música como factor de desenvolvemento económico e social, analizará os condicionantes e claves á hora de elaborar programacións musicais cun grande valor engadido para artistas e públicos e estudará estratexias de posicionamento internacional das diferentes músicas do mundo, con especial atención á galega
Para iso, 'Galician Connection' contará coa colaboración especial de Paquito D 'Rivera, unha das grandes figuras da música cubana. Xunto a el, participarán figuras punteiras das músicas tradicionais de China, Asia e Arxentina como Wu Tong, Sandeep Das ou Emilio Solla e destacados representantes da música galega como Guadi Galego e Anxo Pintos.
Ademais, tamén estarán presentes neste encontro internacional sobre as músicas do mundo directores de festivais internacionais, como o APAP de Nova York, o Festival Internacional de Jazz de Barcelona ou o HUM Ensemble de India.

As actividades estarán abertas ao público, polo que os interesados poderán participar nun programa de formación "exclusivo" impartido por "seis mestres", que inclúe foros de debate sobre a 'world music', asistencia e ensaios, clases prácticas nas que descubrir novas técnicas instrumentais, e encontros "cara a cara" nos que os participantes poderán falar cos músicos invitados.



María Álvarez Álvarez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
A literatura infantil e xuvenil galega esquiva a crise e gaña prestixio
O presidente do colectivo profesional explica que este tipo de publicacións son as que "gozan de mellor saúde" xa que supoñen o 21,6% do total dos libros que se editan

O libro infantil e xuvenil é o que goza de mellor saúde dentro do sector do libro nun contexto complicado para a edición, segundo Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores. A literatura infantil e xuvenil en galego representa o 21,6% do total de títulos que se publican anualmente na comunidade e un 25% no cómputo de exemplares editados, mentres que en vendas alcanza o 30%, segundo os datos do colectivo de editores galegos. "A literatura infantil e xuvenil é a que mellor se está comportando na contorna de crise e a súa situación continúa sendo esperanzadora", asegura Bragado.

Segundo un estudo da asociación realizado con datos do ISBN (Número Estándar Internacional de Libros) e do Comercio Interior do Libro, en 2010, último ano do que se dispoñen cifras, publicáronse en Galicia 550 títulos de literatura infantil e xuvenil, un 27,3% máis que en 2009, ano en que a edición sufriu unha caída do 28,9% respecto ao ano anterior, que foi o de maior produción, con 608 títulos editados. As cifras demostran unha clara evolución ao alza no número de títulos en galego editados desde 1991 neste sector, pasado de 139 a 550", detalla o representante dos editores, que destaca ademais que o 80% das obras editadas son novidades.

O Anuario iberoamericano sobre o libro infantil e xuvenil 2012 que publica SM tamén constata a saúde de ferro do libro infantil e xuvenil, que igualou en 2010 os exemplares producidos en 2009, mostrando "maior estabilidade e madurez no axuste entre a oferta e a demanda", conclúe este estudo, que destaca tamén un repunte do catálogo de títulos vivos, cun crecemento do 8,8% -en 2009 foi apenas do 0,8%-.

Pero a literatura infantil e xuvenil galega non só mantense activa fronte á crise, senón que gaña prestixio fóra das fronteiras da comunidade. Os títulos galegos son xa incondicionales na prestixiosa lista The White Ravens que edita a Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich (Alemania) e que se presenta cada ano no marco da Feira do Libro Infantil de Bolonia (Italia), que se celebrará do 19 e 22 de marzo. No catálogo de The White Ravens 2012, entre os sete títulos publicados en España, figuran dous galegos: Zimbo, editada en castelán e en galego pola editorial OQO; e A viaxe de Olaf, de Kalandraka. O pasado ano, outros dous libros galegos, Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto e editado por Kalandraka; e Ou pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo e editado por Xerais, entraron a formar parte da prestixiosa lista.

"A literatura infantil e xuvenil galega comezou un pouco coa edición moderna e apenas ten trinta anos. Con todo, os premios importantes conseguidos por escritores como Agustín Fernández Paz ou editoriais como Kalandraka e OQO contribuíron a crear un aura ao redor do sector moi importante", recoñece Bragado.

Precisamente os recoñecementos internaciones conseguidos o pasado ano pola literatura infantil e xuvenil é un dos aspectos que destaca o Anuario Iberoamericano sobre o Libro Infantil e Xuvenil 2012 da editorial SM, que dedica un importante apartado á edición literaria en Galicia. O artigo destaca, ademais da inclusión de Ou pintor do sombreiro de malvas e Contos para nenos que dormen deseguida en The White Ravens 2011, o VII Premio Iberoamericano SM concedido o pasado ano a Agustín Fernández. Ademais, o escritor lucense afincado en Vigo será o primeiro escritor da literatura galega incluído na antología Best European Fiction 2012 que edita Dalkey Press cun dos relatos do seu libro Ou único que queda é ou amor e é o candidato español da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) para o Premio Andersen, que concede o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) cada dous anos como recoñecemento a unha "contribución duradera á literatura infantil e xuvenil" dun escritor e dun ilustrador. Desde a súa constitución en 1956, só un español, José María Sánchez-Silva, autor de Marcelino, pan e viño, obtivo este premio, en 1968.

Así mesmo, dous libros galegos estarán na Lista de Honor de 2012 do IBBY: Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, na modalidade de escritores, e Kakfa e a boneca viaxeira, traducido por Carmen Torres, na de tradutores. Esta exclusiva selección de títulos recóllese nun folleto e nunha exposición itinerante, que se presentan no marco dos congresos bienales da organización internacional. Pero ademais, outros dous creadores galegos, Fina Casalderrey e Miguelanxo Prado optan ao Astrid Lindgren que concede o Goberno sueco. O anuario destaca tamén o importante números de premios de ámbito autonómico á literatura infantil e xuvenil, entre eles o Ou Barco de Vapor e o Merlín.

Emilio Gonzalez Padrón 2ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-04-2012 07:21
# Ligazón permanente a este artigo
O Congreso aproba que o Goberno colabore coas actividades do ano Celso Emilio Ferreiro

A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei do Grupo dos Socialistas para instar ao Goberno a colaborar coas diferentes institucións galegas e coa Fundación Celso Emilio Ferreiro na realización de actividades, exposicións, publicacións e demais accións que se consideren oportunas no marco da conmemoración este 2012 do ano dedicado ao poeta.

A deputada socialista Laura Seara, autora da iniciativa, recordou que este ano 2012, no que se cumpre o centenario do nacemento de Ferreiro, foi declarado unanimemente polo Parlamento de Galicia como "Ano Celso Emilio" e para a súa celebración está prevista a realización de numerosas actividades relacionadas coa figura do escritor.

Na comisión rexistrouse un rifirrafe entre as deputadas ourensanas Laura Seara (PSOE) e Ana Belén Vázquez (PP), xa que a popular descualificou o texto asegurando que parecía escrito por un "adolescente" tras buscar no 'Canto do Vago e a exsecretaria de Estado replicou acusando o seu colega de "pasarse de lista" e avisándoo de que "a desmemoria é un monstro cargado de ingratitude".

Así, Laura Seara criticou o intento de confusión realizado pola deputada galega do PP, que negou mesmo que Celso Emilio Ferreiro militase no PSOE. "O escritor ourensano Celso Emilio Ferreiro foi un grande defensor da liberdade e da democracia, cunha dilatada actividade política de compromiso con Galicia, así como un dos grandes poetas da postguerra española", reivindicou a socialista.


EMILIO GONZÁLEZ PADRÓN 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-04-2012 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Mos recrea a expulsión dos franceses a pesar da choiva

Arde o Pazo dos Marqueses de Mos. E é unha pena, porque se trata dunha xoia arquitectónica recentemente restaurada. Bo, en realidade non hai chamas reais, só o recordo do día no que se incendiou de verdade, en 1809. Por iso hoxe volveron os fumes e os enfrontamentos á zona, para recrear a batalla que os habitantes da Louriña mantiveron contra os franceses.

Os chuvascos intermitentes fixeron que se demoren algúns dos actos, a pesar de que a organización habilitou unha gran carpa en previsión do mal tempo. A escenificación corre a cargo a 75 actores afeccionados, de varias asociacións mosenses (A.C. A Cividade de Louredo, C.C.D Sta. Eulalia de Mos, A.V.V. Chan do Bosque, C.S.C.D. As Pedriñas, A.V.V. A Nosa Terra) e tamén a agrupación do Casco Vello de Vigo e as Heroicas Alarmas de Pontesampaio, que representan aos veciños de Mos e da comarca e ás tropas francesas dirixidas polo xeneral Maucune. O público puido gozar tamén de 38 postos onde se vende artesanía e degústanse consumicións de produtos galegos. A festa continua esta tarde e acabará na próxima madrugada tras a escenificación do saqueo do antigo pazo dos marquesas de Mos que foi recuperado pola comunidade de montes hai catro anos.


JULIÁN IGLESIAS 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-04-2012 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
O Goberno centrais recorta nun 62 % a súa asignación á Academia Galega
Vos presupostos xerais do Estado teñen prevista unha asignación para a Real Academia Galega (RAG) de 380.840 euros. Esta cifra supón unha rebaixa orzamentaria do 62 % sobre ou ano anterior, non que a mesma partida dispuña dun millón de euros redondo para a RAG.

Ou recorte de 619.160 euros é, tanto en cifras absolutas como relativas, ou maior realizado polo Goberno central para calquera dás institucións de rango e labores similares aos que ten a academia que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. A comparativa de datos entre vos dous exercicios, que se pode consultar non documento do Ministerio de Facenda, reflicte un recorte en todas as institucións que rolda ou 20-25 %, tres veces menos do axuste na asignación dá Academia Galega.

Ademais dá redución para este ano, a asignación que ou Goberno central destina para a RAG estreárase non pasado exercicio do 2011, cunha década de atraso con respecto as institucións catalá e vasca. Fontes dá Real Academia confirmaron onte estas cifras, explicando que non foran notificadas oficialmente por parte do Goberno e que, polo tanto, descoñecían vos motivos dunha redución que consideran inxustificada.

Comparando coas institucións de similar carácter á galega, a redución ten unha porcentaxe parecida nos casos do Institut d?Estudis Catalans, que pasou de 976.468 euros non 2011, aos 761.650 previstos para ou 2012. Ou recorte, non caso catalán, supón un 22 % menos.

Ese 22 % é a mesma porcentaxe de redución que ten a Academia da Lingua Vasca, ao contar dun ano para outro con 107.410 euros menos, pasando de 488.250 a 380.840 euros. Pero ou caso vasco ten unha particularidade porque ou ministerio que agora é de Educación e Cultura, e que ou ano pasado era só de Educación, ten dúas partidas diferentes para institucións vascas. Ademais dá Academia figura nos presupostos a Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza, que ou ano pasado recibiu 649.490 euros e que este ano recibirá 324.750. Neste caso, a redución está por riba dá media do conxunto, chegando ata ou 49 %, aínda así moi por debaixo do recorte dá galega. Sumadas as dúas institucións vascas que reciben fondos do Goberno central, a porcentaxe de redución quedaría non 35,7 %.

Outros casos evidencian que ou recorte xeral medio non se aplicou non caso galego. Por exemplo a Asociación de Academias da Lingua Española recibirá 143.820 euros este ano fronte aos 169.810 obtidos ou ano pasado, ou que supón un 25 % menos.

A achega especial que a Real Academia da Historia recibe para a actualización e mantemento do polémico Dicionario Biográfico Español tamén pode ser un caso a ter en conta. Non 2011, esta publicación recibiu 193.390 euros. Este ano ten unha partida de 163.790 euros (outro 25 % de recorte). Esta achega, ademais, ten un carácter extraordinario posto que a Academia dá Historia recibirá, segundo vos orzamentos deste ano 2012, un total de 753.720 euros, fronte aos 889.930 do 2011. A redución para esta academia volve situarse como nos casos anteriores non 25 %.


YAGO EIREY 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-04-2012 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal