|
|
|
|
| CORRELINGUA 2009 |
|
O mércores 6 de maio os alumnos de 2º ESO asistirán ao CORRELINGUA 09 polas rúas de Ourense e na Praza Maior. |
|
|
|
|
| A MARISCALA: A DECAPITACIÓN DA LINGUA? |
|
O luns 4 e o martes 5 de maio, a compañía de teatro DO QUE NON CHE VOS HAI, formada por alumnos do colexio, baixo a dirección do profesor Xián, representará, en versión libre, A MARISCALA: A DECAPITACIÓN DA LINGUA?. Está baseada na obra de Ramón Cabanillas O MARISCAL.
Asistirán os alumnos de ESO e bacharelato.
Sorte para os actores. |
|
|
|
|
| FESTA DA LINGUA |
|
Os alumnos de 6º de primaria que participaron no concurso literario Frei Martín Sarmiento, participarán o día 30 de abril na Festa da Lingua que terá lugar en Vilagarcía de Arousa, no pavillón de FEXDEGA |
|
|
|
|
| MAIO DAS LETRAS |
|
 XA TEMOS O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O "MAIO DAS LETRAS".
MAIO DAS LETRAS
ACTOS
30 abril: Festa da Lingua
Pavillón Feiral de FEXDEGA, Vilagarcía de Arousa. 6º de Primaria.
4 e 5 de maio: A Mariscala: a decapitación da lingua?
Teatro no salón de actos do colexio para secundaria e bacharelato.
16:45 h. Compañía do que non che vos hai.
6 de maio: Correlingua 2009
Actividade polas rúas de Ourense e na Praza Maior. 2º ESO.
7 de maio: Xogos Florais 40ª edición
Teatro Principal. Entrada con invitación.
20:30 h
12 e 13 de maio: Contacontos
Día 12: alumnos de infantil (3-4 anos).
Día 13: alumnos de infantil (5 anos) e 1º ciclo de primaria.
10:00 h. Salón de actos do colexio
15 de maio: O MUSIGAL
Concerto musical no Salón de actos do colexio.
19:30 h. Entrada gratuíta.
Exposicións sobre o autor homenaxeado este ano:
RAMÓN PIÑEIRO
XUÑO: Teatro
Obra teatral para alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria.
Salón de actos do colexio.
|
|
|
|
|
| Correlingua 2009 |
|
Os nosos alumnos de 2º da ESO partipirán por primeira vez na carreira pola lingua do vindeiro 6 de maio, mércores, en horario lectivo.
Podedes consultar os datos da actividade no enlace correspondente. Esperemos que aproveiten a actividade e que o pasen de cine. |
|
|
|
|
| RESULTADOS DAS VOTACIÓNS DO PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO NO NOSO COLEXIO |
|
 VOTACIÓN DOS LECTORES DOS LIBROS DO PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO:
1ª CATEGORÍA:
-Un cabalo de lume 149 votos.
-Apuntes de vainilla 131 votos.
-O sorriso de Claudia 123 votos.
2ª CATEGORÍA:
-A lagoa das nenas mudas 170 votos.
-O carteiro de Bandag 159 votos.
-A nena pálida 157 votos.
3ª CATEGORÍA:
-O ceo dos afogados 393 votos.
-Plastilina nos pulmóns 393 votos.
-O son das buguinas 373 votos.
4ª CATEGORÍA:
-O único que queda ... 348 votos.
-Comedia bífida 315 votos.
-V49 226 votos.
5ª CATEGORÍA:
-Made in Galiza 17 votos.
-Case perfecto 15 votos.
-Así nacen as baleas 13 votos.
|
|
|
|
|
| O MUSIGAL |
|
Co gallo do "Maio das Letras", o día 15 de maio (venres) pola tarde, faremos no centro un acto musical en galego. ¿Apatéceche actuar?
Está aberta a participación a alumnos, profesores, pais, ex-alumnos e todos aqueles que quieran festexar con nós este día.
Pórse en contacto cos profesores José Antonio Blanco ou Elías Piñeiro.
¡Ánimo! |
|
|
|
|
| UN POUCO DE HUMOR... |
|

|
|
|
|
|
| RAMÓN PIÑEIRO. LETRAS GALEGAS 09 |
|
Un video sobre a Ramón Piñeiro, a quen se lle adica este ano o Días das Letras Galegas. |
|
|
|
|
| ÚLTIMO TRIMESTRE CHEO DE ACTIVIDADES |
|
Chega o último trimestre deste curso e etará cheo de actividades a prol do galego: excursións, teatro, contacontos, poesía, exposicións... Iremos avisando de todas estas actividades. ¡Feliz trimestre! |
|
|
|
|