Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nove ucraínos chegan a Castroverde: "Teño o meu fillo comigo, pero alí quedaron moitos familiares"
Na Praza do Concello de Castroverde chegan dous coches cargados de xente, conducidos por dous veciños, Héctor Pérez e Paulo Ribeiro, e os seus pasaxeiros son nove exiliados da guerra de Ucraína aos que levan a España fuxindo do horror.

Cando os coches paran, o mozo Sergio, de só 16 anos, sae e axiña chega unha muller para abrazalo. É Luda, a súa nai, unha ucraína que vive na Coruña desde hai case quince anos. Os seus ollos brillan cando volve atopar co seu fillo. "Hai moita emoción. Xa teño o meu fillo comigo, pero alí quedaron moitos familiares e o que está a pasar é horrible. Esperemos que Europa axude a parar todo isto”, di coa voz rota.

Sergio é unha das nove persoas que trouxeron a España Héctor e Paulo, panadeiros de profesión. O luns, tras ver na televisión imaxes dunha nena entrando nun quirófano en Ucraína, subíronse aos seus vehículos e dirixíronse ata a fronteira polaca para recoller aos refuxiados que quixesen vir. Tiñan sitio para oito, pero cando desde A Coruña lles pediron que trouxesen a Sergio, non o dubidaron. "Asumiría a multa, paga a pena", di Pérez.


María Ferreiro - 1º Bach-A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2022 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Case trescentas persoas preguntan na Coruña polo fin da guerra: "Necesitamos axuda"

"Pedimos axuda a Europa". Foi a petición máis repetida nas horas de manifestación de onte en María Pita, A Coruña. En total, unhas 300 persoas, que comezaron ás 12 horas, concentráronse con pancartas e moitas coa bandeira de Ucraína ao ombreiro. Yrina Chetalova foi unha das primeiras en falar. Fíxoo sen poder conter as bágoas: “Mañá pode vir aquí Putin. O noso pobo está só agochado. Teño un fillo que está alí coa súa muller e o seu fillo de 5 anos. Levan catro días nun búnker, non teñen auga, pero non poden saír a comprar porque poden morrer”. A súa é unha historia común entre os manifestantes. Ao seu carón está a súa filla, Alina, e o seu neto, Erik. “Hoxe somos nós, pero mañá podes ser ti”, advirten. Outra das mulleres que interveu na concentración foi Natalia Kondroshkin, que ten vinte anos na cidade herculina. "Os meus pais viven en Ucraína e están aterrorizados. Miña nai di a ver se morre agora para que deixe de ser unha preocupación para nós”, di entre bágoas a muller, que engade: “Isto non é de política, é de vida”. Entre os rusos que acudiron á convocatoria estaba Mikjail Iudim, natural de Serbia e residente na Coruña desde 2014. “Estamos en contra desta guerra. Non queremos a Putin”.


Emma Xu Somoza Penela 1°BACH-A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2022 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
FORTALEZA DE MONTERREI TERÁ CATRO LOCAIS HOSTELEIROS PARA APROVEITAR O TIRÓN TURÍSTICO DO AVE
A fortaleza de Monterrei vai a ser obxecto dun importante proxecto que, a través dun plan de xestión de este ben de interse cultural, rehabilitará o conxunto patrimonial para convertilo nun recurso turístico de referencia. O Consello da Xunta decidiu invertir 16,9 millóns de euros —dos fondos europeos do Plan Xacobeo Next Generation— para actuar tanto nos espacios públicos como nas edificacións e as estructuras defensivas, co dobre obxectivo de garantizar a súa conservación ao tempo que se facilita o seu uso como polo de atracción cultural e de visitantes á zoa.
De feito a rehabilitación da fortaleza defensiva reforzando a súa conservación estructural é só unha das partes do plan. Otura das iniciativas que se pretende poñer en marcha é recuperar catro edificacións de titularidade pública que se destinarán aos usos hoteleiros e gastronómicos. Prevese crear 40 habitacións e un espazo de restauración con produtos de proximidade nos que, obviamente, non faltarán os viños da súa denominación de orixe. E é que, segundo destacou Núñez Feijoo, o obxectivo da Xunta, é dotar á comarca de recursos para fortalecer as sinerxias que abre a chegada da alta velocidade a Ourense, máxime tendo en conta a cercanía de A Gudiña, onde está a estación de entrada a Galicia do AVE.
Outros aspectos que inclue o proxecto é un plan de movilidade para garantir que o acceso tanto á fortaleza como ao Parador de Turismo alí ubicado sexa o máis sostible posible; un completo estudo arqueolóxico que incluirá a trama da vila medieval, ou a creación de productos turísticos dixitais e de comercialización. A Xunta prevé licitar o proxecto a fianais deste ano e que as obras se executen entre o 2023 e o 2025.


Carla Mascareñas Miranda
1º A Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2022 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Coronavirus en Ourense. Segundo día de repunte positivo
Rexistrouxe por segundo día consecutivo un repunte dos novos contaxios detectados na Comunidade, 1.794, acompañado dun incremento dos casos activos, que se sitúan en 16.933, 568 máis que na derradeira xornada.
Segundo os datos publicados pola Consellería de sanidade para este venres, na área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, rexistráronse 260 casos novos. tendo en conta os casos que foron dados de baixa, actualmente na provincia hai 2.057 casos activos, 122 máis que a pasada xornada. os últimos decesos comunicados para a área sanitaria de Ourense son: unha muller de 89 anos, o día 1 de marzo e o 2 de marzo, un home de 91 anos.
En Galicia este 4 de marzo cúmprense dous anos do primeiro caso confirmado de Covid-19 en Galicia, detectado nun home de 49 anos de idade que obtuvo o positivo por este coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). Desde entón un total de 503.010 persoas contaxiáronse da covid-19 en Galicia. Ademais, neste tempo, 3.118 persoas faleceron tras ser diagnosticados con este virus.


Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-03-2022 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0