Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Iker Casillas súmase á campaña do Día Mundial da Auga 'A auga eres ti'
O futbolista do Real Madrid, Iker Casillas, sumouse á campaña de Nacións Unidas con motivo do Día Mundial da Auga cuxo lema de 2015 é 'A auga eres ti', que se celebra o próximo domingo en favor deste recurso prezado e reclamar auga e saneamento.

A campaña do 'World Water Day' busca sumar apoios mediante mensaxes nos próximos meses nos que se invita a contar o significado da auga para os usuarios nun anaco de papel e despois facerse unha autofoto ou gravar un video para publicalo despois coa etiqueta #WatserIs nas redes sociais Twitter, Facebook, Vine e Instagram.

Ademais, no marco da campaña, a ONU invita a entrar na web www.worldwaterday.org para coñecer distintos aspectos sobre a auga e obter material. "Este ano necesitámoste máis que nunca para celebrar a auga. E necesitamos que nos axudes para que os demais pensen o que significa para eles a auga", reclama a campaña.

Este ano, Iker Casillas, embaixador de Boa Vontade da ONU sumouse á campaña e lanzou unha mensaxe que recorda a saúde en touro á auga. "#WaterIs (a auga é) Saúde. O corpo dura semanas sen alimentos pero só uns días sen auga www.worldwaterday.org @UN_Water".

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Música que borra as distancias
A revolución dixital transformou a música en toda a súa amplitude: dende novas ferramentas para a composición e interpretación, ata a gravación, difusión e comercialización das creacións. Recentemente, a Orquestra Sinfónica de Galicia comezou a retransmitir concertos en directo a través de YouTube en calidade HD e o Centro de Supercomputación de Galicia e a Universidade de Santiago desenvolveron experimentos nos que a tecnoloxía permite a artistas borrar as limitacións espaciais para tocar xuntos.

O Cesga e o equipo de Canle Campus conectaron ao guitarrista e compositor galego Pablo Novoa co violinista italiano Sebastiano Frattini para que ambos os dous ensaiasen o clásico Sunny de Bobby Hebb e o ubicuo Get Lucky de Daft Punk. 2.700 quilómetros separábanos, Novoa en Cáceres e Frattini en Trieste, cuxo conservatorio Giuseppe Tartini desenvolveu a tecnoloxía LOLA que está a facer posible este tipo de colaboracións a distancia. «Sistemas como LOLA, utilizado na experiencia Cáceres-Trieste, eliminan todo o procesado posible para minimizar a latencia e incorporan interfaces de audio profesionais, mellorando a experiencia a nivel de interacción e de calidade de son nestes ámbitos, achegándose máis ao que serían as clases presenciais», explica Natalia Costas Lago, técnico superior de telecomunicacións do Cesga e responsable do experimento.

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Gaiman ennegrece o clásico conto de Perrault "A belle durminte"
A moza dormente e o fuso: Gaiman recorre a un texto clásico, un conto de fadas que provén da tradición oral e que xa foi recreado en anteriores ocasións, aínda que as máis famosas son A bela dormente do bosque do francés Charles Perrault (1697) e Rosita de Espino dos alemáns Jacob e Wilhelm Grimm (1812). Senón era esta historia bastante escura, Gaiman ennegrécea aínda máis ao prescindir da esperanza na anhelada chegada do príncipe e cargalo cun engadido de violencia. As fermosas ilustracións do debuxante británico Chris Riddell nacido en Sudáfrica non contribúen precisamente a dulcificalo, malia o que puidese parecer nalgún momento. Nin sequera acontece co efectivo recurso aos dourados, que soamente subliñan nun duro contraste ese firme e virtuoso trazo do negro sobre o branco.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Amparo Segarra, a artista ao descuberto
“Amparo Segarra. A creadora” é a exposición que a Fundación Granell abriu para mostrar a traxectoria artística dunha muller da que apenas se coñecía a súa dimensión creativa. Comisariada por Natalia Fernández Segarra, filla da propia Amparo e de Eugenio Granell, a exposición, que permanecerá aberta até o día 21 de xuño, visita non só a obra plástica senón tamén a súa traxectoria como actriz neste ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

A denuncia da inxustiza e desigualdade queda á vista nos collages que se expoñen no Museo Fundación Granell que recolle en especial obra dos anos cincuenta que a artista vive con Granell en Porto Rico. Descobre tamén a mostra a súa condición de actriz dando vida a papeis como Angustia en La Casa de Bernarda Alba, Maurya en Xinetes cara o mar de Synge ou a virtude en O home, a bestia e a virtude. A actividade teatral continuará en Nova York con obras de Benavente, Arniches e García Álvarez.

Amparo Segarra sería compañeira de vida e exilio de Eugenio Granell a quen coñecería no seu exilio cara América. A súa fuxida comeza o 8 de xullo de 1939 cando abandona unha Barcelona ocupada polos franquistas. Co seu fillo pequeno nos brazos atravesa os Pirineos nun tortuoso camiño que a artista recordaría no seu texto autobiográfico titulado “La guerra civil ha terminado”. “Baixando pola montaña, fíxeno a trompicóns e caendo a cada pouco. Ao neno chamáballe a atención que caera tanto. Levaba as alpargatas feitas anacos e cos dedos fora”, conta Amparo Segarra da súa difícil fuxida con Perpignan como primeiro destino no que busca a axuda do SERE e pide ingresar nun campo de concentración para mulleres. “Ao chegar, quedei horrorizada de ver a tantas mulleres e nenos detrás daquel aramado, agarradas a ela e mirándonos cun aspecto a non poder máis angustioso”, escribe tempo despois a artista.
No camiño do exilio a América coñecería a Eugenio Granell e xuntos iniciarían unha vida en común que se prolongaría até a morte do artista. Santo Domingo, Guatemala, Puerto Rico e os Estados Unidos foron destinos do seu longo exilio do que regresarían en 1985. A artista morrería en 2007 en Madrid, despois de doar a colección artística e bibliográfica á Fundación Granell, con sede na compostelá Praza do Toural na que agora se expón a súa obra.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-03-2015 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Os sindicatos agrarios tantean aos gandeiros coa vista posta nunha folga de entrega de leite polos baixos prezos
Os principais sindicatos lácteos galegos --Unións Agrarias (UU.AA.), Sindicato Labrego Galego (SLG) e Xóvenes Agricultores-- acordaron sondar aos produtores das súas comarcas se realizan unha folga de entregas de leite a finais deste mes polas diversas problemáticas que afectan o sector, como os baixos prezos que se pagan a gandeiros.

Diso informou a Europa Press o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, quen explicou que o sector busca proceder desde o "consenso" e pechar un calendario de mobilizacións desde "a unanimidade".

Deste xeito, Unións Agrarias, Sindicato Labrego e Xóvenes Agricultores consultarán cos gandeiros que conforma as súas organizacións de todo o territorio galego se queren ir á folga, así como diversas medidas a seguir. Tras iso, acordaron volver reunirse o xoves, 19 de marzo, en Santiago de Compostela co fin de tomar unha decisión definitiva.

Deste xeito, o sector busca facer ver a problemática que viven as explotacións pola baixada continua do prezo que se paga a produtores, o fin das cotas lácteas a partir de abril, a imposición de prezos por parte das industrias e o risco de que teñan que pagar 'supertasa' por sobreproducción, así como facer ver ás administracións que a reforma do 'paquete lácteo' debe protexer ao gandeiro de forma efectiva.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-03-2015 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Rianxo homenaxea a Manuel Antonio en catro singraduras
Catro singraduras, catro días, de homenaxe ao poeta de Rianxo que comezan no salón de plenos este sábado 14 de marzo coa presentación da Obra Completa de Manuel Antonio nun acto no que participarán o alcalde Adolfo Muíños, o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, o director da Fundación Barrié, Javier López e o editor literario da Obra Completa, Xosé Luís Axeitos. A seguir no auditorio, o alumnado da Escola de Música de Rianxo dará un concerto no Auditorio, espazo que acollerá a quinta feira, 19 de marzo, a segunda singradura, a representación teatral a cargo do alumnado da Escola Superior de Arte dramática de Galicia da obra M.4.A4, dirixida por Ricardo Solveira sobre textos de Manuel Antonio.

A terceira singradura será en barco para homenaxear ao poeta do mar. Sairá do porto de Rianxo e dirixirase á Illa Malveira coa poesía a bordo a cargo de Xesús Santos e Fernando Quintela entre outros e outras participantes. Será unha conmemoración especial que retomará a homenaxe que no ano 1935, hai oitenta anos, un grupo de amigos e admiradores proxectaban por medio de subscrición pública e que finalmente quedou frustrada. No auditorio de Rianxo, ás 20.30 horas, Xosé Luís Méndez Ferrín será o mantedor do recital poético no que intervirán Anxo Angueira, Marta Dacosta, F. R. Lavandeira, Alexandre Nerium, Manuel Rivas, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez e Miro Vilar, antes do peche musical pola Aula de Cultura Musical, UNED Senior de Rianxo.

O programa rematará o sábado 28 de marzo co concerto “A música no Rianxo da Belle Epoque”, da Aula de Cultura Musical coa colaboración da Escola de Música de Rianxo.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-03-2015 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Disney e o uso do tabaco.
Disney prohibirá o tabaco en todalas súas películas que estén dirixidas a nenos. Esta decisión afectará a tódolos títulos do estudio, incluidos os de Marvel, a menos que sexa históricamente necesario.

O presidente de Disney respondeu á pregunta dun asistente preocupado polo tema. Iger comprometeuse a acabar co tabaco nas películas que obteñan unha calificación PG-13 (non recomendada para menores de 13 anos) ou inferior, é dicir, para tódolos públicos.

O presidente do estudio, Bob Iger, asegurou que estará absolutamente prohibido fumar. Iger foi o encargado de anunciar esta noticia durante a reunión de inversores do estudio.

"Penso que é o correcto", comentou sobre a reciente decisión, da que quedaran exentas as películas que se centren nun personaje histórico que sexa coñecido pola súa afición a fumar, como é o caso da proxima cinta sobre Abraham Lincoln.

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza imponse no campionato estatal de Loitas Olímpicas: 11 medallas de ouro, 7 prata e 11 bronce
Galiza logrou uns excelentes resultados no Campionato do estado español de loitas olímpicas en categoría sénior e cadete que decorreron en Madrid. Un total de 29 medallas (11 de ouro, 7 de prata e 11 de bronce) foron conquistadas por deportistas galegos nesta cita na que Galiza proclamouse campioa en loita feminina sénior e cadete e en loita libre categoría cadete.

Galiza foi terceira en loita grecorromana (cadete) e loita libre olímpica (sénior), así como 8ª en loita grecorromana sénior. Para a Federación Galega de Loita e disciplinas asociadas, o “rotundo éxito dos loitadores galegos” resúmese en que o noso país é un terzo das preseas en xogo a nivel estatal.

Por clubs tamén houbo resultados sobresaíntes: Keltoi de Vila de Cruces foi campión do Estado de Loita Feminina cadete e o Club San Ignacio de Vigo: Bronce en Libre Olímpica cadete e Libre feminina sénior.

“Dos 50 deportistas desprazados ata Madrid, 29 obtiveron medalla, polo que o traballo de calidade que están a levar os Clubs en Galiza, está a dar os seus resultados. O traballo de formación da base deportiva, ten como consecuencia directa o bo resultado na categoría cadete, que o ano pasado tivo tantos problemas a nivel nacional. A falta de resultados do ano anterior, veuse compensada sobremaneira durante este ano 2015”.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
OS MELLORES DEBUXOS DA XERACIÓN DOS 90:
Quen non quixo ser o Detective Conan? Quen non viu esa obra da natureza como era Gatocan? O topete único de Titeuf? A inesquecible risa do paxaro tolo? Os superpoderes de Son Goku?
Aquí chega un bo recordó dalgunhas delas:

1. “Titeuf”
A cabalo entre a preadolescencia e "a idade do pavo", o personaxe francés de Titeuf foi característico polo seu particular peiteado e a súa forma de vivir. Ese " Como mola!" foi unha expresión que utilizamos durante a nosa época de instituto e o amor secreto á par que platónico que sentía por Nadia, era o paradoxo que nos acontecía a nós "coa rapaza guapa da clase". Ignorábanos.

2. “Las tres mellizas”
O almorzo servíase con historia. Os castigos da Bruxa Aburrida a Teresa, Elena e Ana percorrían os acontecementos históricos máis importantes, así como os lugares de influencia, para que os nenos coas galletas chocolateadas con Nesquik aprendesen dende primeira hora do día.

3. “Las supernenas”
Pétalo, Burbuja e Cáctus creadas polo profesor Utonio con azucre, especias, moitas cousas bonitas e unha substancia X que lles outorgou poderes sobrenaturais. Estas nenas foron unhas das primeiras superheroínas que invadiron a televisión do noso salón. A verdade é que son moi coquetas.

4. “Los Rugrats”
Que aventuras en cueiros teremos vivido nós! Supoño que poucos (ninguén) vos acordaredes das vosas peripecias cando aínda non sabiades nin camiñar. Pois ben, esta serie mostrounos o desastre que eramos e o traballo que dabamos. Descubridores por natureza, Tommy, Chuckie, Phil, Lil, e Angelica percorrían a casa e arredores en busca de aventuras. Sen esquécesenos, o can sorrinte e fiel chamado Spyke.

5. “La banda del patio”
Sen dúbida, a mellor serie e a máis influente da nosa época. É tal o grao de realidade que hai no día a día desta cuadrilla de amigos, que sabiamos os seus nomes e as súas fazañas. Todos nos puxemos a gorra como T.J. e queriamos ser o líder da nosa cuadrilla gastando bromas arreo. O grupo mostrábanos unha heteroxeneidade que existía en calquera patio de calquera colexio e máis no tempo de recreo. O deportista era Vince, a adorable Spinelli con "malas pulgas", a intelixente Gretchen, o afable mangallón Mikey e o rapaz novo Gus. Non se nos esquezan Randalf, o acusón, e a disciplinada profesora Finster.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
O vídeo de Enrique Iglesias xa se difunde nas redes sen os planos das cidades galegas.
Nas versións curtas do vídeo de Enrique Iglesias que están a rular pola rede xa teñen desaparecido as imaxes das cidades galegas (na metraxe orixinal aparecían todas as galegas, menos Pontevedra). Mesmo así, a Xunta negou no Parlamento a posibilidade de rescindir o contrato co cantante, o que lle reclamaba o BNG co apoio de toda a oposición. Todos os grupos da oposición coinciden: os 302.000 euros que a Xunta lle deu a Enrique Iglesias para a gravación do seu videoclip “Día y noche” é un despilfarro, unha vergoña e un insulto para os galegos e galegas e, moi especialmente, para a xente do mundo da cultura. As críticas aínda arrecian máis cando se comproba o que desde que se coñece o vídeo se sospeitaba, que os planos do inicio nas que se agrupaban as imaxes galegas desaparecen na difusión do que aparece como versión “oficial” da canción.

Para a deputada do BNG, Ana Pontón, que defendeu a iniciativa no Parlamento era fácil supor que o que está a pasar acontecería. O feito de que as imaxes da Torre de Hércules, da praia das Catedrais ou das pontes de Ourense non tivesen como fondo a canción e se agrupasen no inicio do vídeo facían adiviñar que a intención era eliminalas en canto fose posíbel.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-03-2015 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal